Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Laboratorio de Química 2 Código 610G01032
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Prieto Blanco, Maria del Carmen
Correo electrónico
m.c.prieto.blanco@udc.es
Profesorado
García Romero, Marcos Daniel
Lopez Mahia, Purificacion
Martinez Cebeira, Montserrat
Ojea Cao, Vicente
Peinador Veira, Carlos
Prieto Blanco, Maria del Carmen
Rodriguez Gonzalez, Jaime
Ruiz Pita-Romero, Maria
Correo electrónico
marcos.garcia1@udc.es
purificacion.lopez.mahia@udc.es
monserrat.martinez.cebeira@udc.es
vicente.ojea@udc.es
carlos.peinador@udc.es
m.c.prieto.blanco@udc.es
jaime.rodriguez@udc.es
maria.ruiz.pita-romero@udc.es
Web
Descrición xeral A materia pretende proporcionar os coñecementos e as habilidades necesarias para a determinación experimental de propiedades fisicoquímicas básicas e a elucidación estrutural dos compostos químicos mediante a aplicación de técnicas espectrométricas, espectroscópicas e electroquímicas

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
A7 Coñecer e aplicar as técnicas analíticas.
A9 Coñecer os rasgos estruturais dos compostos químicos, incluíndo a estereoquímica, así como as principais técnicas de investigación estrutural.
A10 Coñecer a cinética do cambio químico, incluíndo a catálise e os mecanismos de reacción.
A12 Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas.
A14 Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química.
A15 Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A17 Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos).
A19 Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A21 Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
A23 Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental.
A26 Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Levar a cabo operacións estándar de laboratorio para a preparación, separación e purificación de compostos manexando de forma segura materiais, reactivos e residuos. A1
A9
A12
A14
A15
A16
A17
A20
A21
A23
A26
B2
B3
B4
C1
Aplicar as técnicas espectroscópicas e espectrométricas na determinación da estrutura dos compostos químicos. A1
A9
A14
A15
A16
A21
B2
B3
B4
C1
C3
Ser capaz de aplicar técnicas electroquímicas e espectroscópicas para a determinación das propiedades físico-químicas básicas dos compostos. A1
A7
A10
A17
A19
A23
A26
B2
B4
C1
C3
Dispoñer de coñecementos suficientes para interpretar os resultados obtidos no laboratorio, resolver problemas e plantexar solucións. A14
A15
A20
A21
B2
B3
C1

Contidos
Temas Subtemas
Operacións estándar de laboratorio. Preparación, separación e purificación de compostos químicos
Técnicas espectrométricas na determinación da estrutura molecular. Aplicación da resonancia magnética nuclear de 1H e 13C, a espectrometría de masas, e a espectroscopia infravermella para a determinación estrutural. Frecuencias características dos principais grupos funcionais. Táboas de aditividade.
Técnicas electroquímicas e espectroscópicas na caracterización físicoquímica de compostos. Aplicacións cuantitativas de técnicas electroquímicas: potenciometría e conductimetría. Determinación de velocidades de reacción. Determinación de constantes de equilibrio. Aplicacións espectroscópicas cualitativas e cuantitativas; aplicación da lei de Beer xeneralizada

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A9 A21 B3 4 0 4
Seminario A1 A9 A14 A15 A16 A21 B3 C1 C3 3 4.5 7.5
Obradoiro A1 A9 A14 A15 A16 A21 B2 B3 B4 C1 C3 10 15 25
Prácticas de laboratorio A1 A7 A10 A12 A14 A16 A17 A19 A20 A21 A23 A26 B3 B4 C1 39 65.5 104.5
Proba práctica A1 A7 A14 A15 A17 A19 A20 A21 A23 A26 B2 B3 B4 2 2 4
Proba mixta A1 A9 A14 A15 B2 B3 2 2 4
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na primeira sesión levaráse a cabo unha presentación xeral da materia: obxectivo, contidos e organización da materia. En sesións posteriores explicaranse as nocións básicas de instrumentación, calibración, e fundamentos de espectrometría de masas.
Seminario Aspectos xerais da utilización das técnicas de determinación estrutural.

Obradoiro Resolución de casos prácticos de determinación estrutural. Resolveranse os problemas propostos, elaborando estratexias que requiran a integración de datos procedentes das distintas técnicas espectroscópicas para a elucidación estrutural. Emprego de programas informáticos para a estimación de datos de RMN. De maneira previa ao desenvolvemento dalgunhas sesións, os alumnos deberán elaborar solucións por escrito para algúns dos problemas propostos.
Prácticas de laboratorio Se levará a cabo a preparación, a separación, a determinación da estrutura e as propiedades fisico-químicas básicas de compostos químicos, mediante combinación de diversos procesos e técnicas experimentais. O alumno desenvolverá as prácticas de laboratorio programadas e será necesaria a elaboración dos informes de laboratorio, que recollerán os datos obtidos e a súa discusión, así como as respostas ás cuestións prantexadas, para profundar na comprensión dos experimentos realizados.
Proba práctica Realización dunha proba práctica no laboratorio e resolución de cuestións acerca dos contidos prácticos impartidos.

Proba mixta A proba mixta constará de preguntas e problemas a resolver relacionados coa temática das clases expositivas, dos talleres/seminarios impartidos (determinación estrutural) e das prácticas de laboratorio.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Obradoiro
Descrición
O alumno contará coa axuda do profesor na resolución das dúbidas e cuestións que poidan xurdirlle, na preparación das solucións escritas aos problemas de determinación estrutural o na elaboración dos informes do traballo realizado no laboratorio. Ademais, pode facer uso dos períodos de titorías personalizadas adicionalmente ás horas lectivas.

O alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ou de modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade, será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A7 A10 A12 A14 A16 A17 A19 A20 A21 A23 A26 B3 B4 C1 Valorarase a organización, a actitude e a actividade desenvolvida nas sesións de laboratorio, así como os informes de laboratorio correspondentes, que deberán ser entregados para a súa avaliación 40
Proba mixta A1 A9 A14 A15 B2 B3 A proba mixta constará de problemas de elucidación estrutural a partir de datos espectrométricos e/ou espectroscópicos análogos aos realizados durante as sesións de seminario e taller.

30
Proba práctica A1 A7 A14 A15 A17 A19 A20 A21 A23 A26 B2 B3 B4 Realización dunha proba práctica no laboratorio para a determinación dalgunha propiedade fisico-química básica xunto á resolución de cuestións acerca dos contidos prácticos impartidos. Farase en cada grupo ao rematar as sesións prácticas.
20
Obradoiro A1 A9 A14 A15 A16 A21 B2 B3 B4 C1 C3 Valorarase a actitude e a actividade do alumno durante as sesións, así como as resolucións escritas dos problemas propostos de elucidación estrutural.
10
 
Observacións avaliación

A
asistencia a todas as actividades avaliables é necesaria para superar a
materia. Para aprobar a materia será preciso obter na proba mixta, na proba
práctica e nas prácticas de laboratorio unha nota igual ou superior ao 4 e
conseguir, sumadas as cualificacións de todas as actividades avaliables, unha
nota mínima de 5 sobre 10. Por tanto, de non alcanzar a puntuación mínima
nalgunha das probas, a materia figurará como suspensa, aínda que a
cualificación media sexa igual ou maior que 5 (nese caso a puntuación asignada
será de 4,5).

Os
alumnos que non superasen a proba práctica deberán repetila na primeira
oportunidade. A cualificación será non presentado se participou en actividades
que sumen menos do50% da calificación total. No que respecta á segunda
oportunidade de avaliación, as cualificacións das probas da segunda
oportunidade substituirán ás obtidas nas probas da primeira oportunidade. A
cualificación dos obradoiros poderase conservar na segunda oportunidade ou, de
maneira alternativa, como parte final da proba mixta da segunda oportunidade, os
alumnos poderán realizar un exercicio avaliable, con actividades análogas ás
desenvolvidas nos obradoiros durante o curso. As cualificacións das prácticas
de laboratorio obtidas na primeira oportunidade conservaranse para a segunda
oportunidade de avaliación. A proba práctica deberá repetirse na segunda
oportunidade no caso de tela suspensa.

O
alumnado avaliado na segunda oportunidade só poderá optar á Matrícula de Honra
se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade
na primeira oportunidade. O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a
avaliación, refírese a un curso académico completo, e por tanto volverá comezar
cun novo curso académico, incluídas todas as actividades e procedementos de
avaliación que se programen para devandito curso.

Para
o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia, ou de modalidades específicas de aprendizaxe e apoio
á diversidade, as prácticas son obligatorias e a súa realización facilitarase
dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos
materiais e humanos. No caso de que o estudante non puidera realizar todas as
probas de avaliación continua, o profesor adoptará as medidas oportunas para
non prexudicar a súa cualificación.


Fontes de información
Bibliografía básica Skoog, D. A; Holler, F. James; Nieman, Timothy A. (2001). Análisis químico cuantitativo. Reverté
Kellner, R. (2004). Analytical chemistry a modern approach to analytical science. Wiley-VCH
Connors, K .A. ( 1987). Binding Constants. The Measurement of Molecular Complex Stability. Wiley & Sons: New York
Espenson, J. H. (2002). Chemical Kinetics & Reaction Mechanisms.. 2ª ed, McGraw-Hill.
Levine, I. N. (2004). Fisicoquímica . 5ª ed., McGraw-Hill, Madrid.
Hesse, M.; Meier, H.; Zeeh, B. (Traducido por Herrera Fernández, A.; Martinez Alvarez, R.; Söllhube) (1995). Métodos Espectroscópicos en Química Orgánica. Síntesis
Willard, Hobart H. (1991). Métodos instrumentales de análisis. Ed. Iberoamericana
Crews, P.; Rodríguez, J.; Jaspars, M. (2009). Organic Structure Analysis. Oxford Univ. Press
Atkins P.W., De Paula, J. (2002). Physical Chemistry.. 7ª ed., Oxford University Press, Oxford.
Pretch, Cleks, Seibl, Simon: (2000). Tablas para la determinación estructural por métodos espectroscópicos. Traducción 3ª Edición por Antonio Herrera y Roberto Martinez,. Verlag Ibérica
Gavira Vallejo, J. M.; Hernanz Gismero, A. (2007). Técnicas fisico-químicas en medio ambiente. UNED

Bibliografía complementaria George, B.; McInTyre (1987). Infrared Spectroscopy. John Wiley
McLafferty, F. W.; Turecek, F. Interpretation of Mass Spectra. (1993). Interpretation of Mass Spectra. University Science Books


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química Xeral 1/610G01007
Química Xeral 2/610G01008
Química Xeral 3/610G01009
Laboratorio de Química 1/610G01010
Química Analítica 1/610G01011
Química Física 1/610G01016
Química Inorgánica 1/610G01021
Química Orgánica 1/610G01026

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Química Analítica 2/610G01012
Química Física 2/610G01017
Química Inorgánica 2/610G01022
Química Orgánica 2/610G01027

Materias que continúan o temario
Química Analítica Instrumental 1/610G01013
Química Analítica Instrumental 2/610G01014
Química Analítica Avanzada e Quimiometría/610G01015
Química Física 3/610G01018
Ampliación de Química Orgánica/610G01028
Experimentación en Química Orgánica/610G01029
Química Orgánica Avanzada/610G01030

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías