Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Medio ambiente e calidade Código 610G01037
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Andrade Garda, Jose Manuel
Correo electrónico
jose.manuel.andrade@udc.es
Profesorado
Andrade Garda, Jose Manuel
Lopez Mahia, Purificacion
Correo electrónico
jose.manuel.andrade@udc.es
purificacion.lopez.mahia@udc.es
Web http://http://campusvirtual.udc.es
Descrición xeral É unha materia que versará sobre os principais contaminantes, as súas fontes e efectos no medio ambiente, así como a lexislación aplicable en cada medio. Adquisición dos coñecementos básicos relacionados cos sistemas de xestión de calidade e ambientais. Identificación de problemas ambientais e aplicación de estratexias químico-analíticas para a súa avaliación. Interpretación de datos ambientais de acordo coa lexislación e/ou normativas específicas. Realizarase unha introdución aos sistemas de Xestión de Calidade e de Xestión Ambiental. Discutirase que debe entenderse como calidade dun laboratorio e presentaranse algunhas ferramentas típicas para o control da calidade e ambiental.


Competencias do título
Código Competencias do título
A14 Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química.
A15 Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A17 Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos).
A19 Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica.
A23 Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental.
A26 Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
A28 Adquirir, avaliar e utilizar os principios básicos da actividade industrial, xestión e organización do traballo.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber identificar os principais contaminantes e as súas fontes. Saber identificar e predecir os efectos no medio. Saber identificar e aplicar a lexislación aplicable en cada medio. Saber establecer estratexias químico-analíticas para a evaluación da calidade ambiental dun medio (dende a mostraxe até a interpretación de datos). A15
A16
A17
A19
A23
B2
B3
B4
C3
C4
Saber os principios básicos dos sistemas de Xestión de Calidade e de Xestión Medioambiental segundo os modelos internacionais. Saber interpretar a información derivada de ditas ferramentas. Saber identificar a importancia dos recursos humáns. A14
A16
A26
A28
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C3
C7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Química Analítica do Medio Ambiente. Natureza e campo de aplicación. Definición e tipos de contaminación. Necesidade da Química Analítica nos problemas medioambientais. Tipos de análises. Nocións sobre lexislación medioambiental.
Tema 2. Principais contaminantes atmosféricos. Control analítico da contaminación atmosférica. Contaminación atmosférica: emisión e inmisión. Principais contaminantes e as súas fontes. Efectos no medio ambiente e na saúde. Parámetros de calidade do ar. Redes de vixilancia e control. Lexislación específica. Toma de mostra. Investigación analítica dos principais contaminantes na atmosfera.

Tema 3. Principais contaminantes do medio acuático. Control analítico da contaminación no medio acuático.
Caracterización físico-química das augas. Parámetros de calidade das augas. Principais contaminantes e a súa orixe. Lexislación específica. Toma de mostra: augas, sedimentos e organismos. Investigación analítica dos principais contaminantes en augas.
Tema 4. Principais contaminantes no chan e na vexetación: fontes e efectos. Control analítico da contaminación. O solo como receptor de verquidos e residuos. Orixe, transporte e destino dos principais contaminantes. Lexislación específica. Toma de mostra: solo e vexetación. Investigación analítica dos principais contaminantes.
Tema 5. A calidade no laboratorio químico Calidade dun laboratorio de análise. Perspectiva do cliente. Perspectivas do laboratorio/empresa. A calidade como proceso.
Tema 6. Introducción aos Modelos Internacionais para a Xestión da Calidade Definición formal de calidade. ISO 9000, ISO 17025. Aspectos fundamentais que contemplan ambas normas. Algunhas dificuldades habituais. Discusión dalgúns aspectos críticos que configuran a calidade dun laboratorio. Ferramentas básicas empregadas no control da calidade: diagramas de Pareto, de Ishikawa, de afinidade. Cartas de control. Outras ferramentas.
Tema 7. Introducción aos Sistemas Internacionais de Xestión medioambiental Importancia da empresa na protección ambiental. A idea de Taguchi: calidade e Sociedade. Introducción aos modelos ISO 14000 e Europeo de Autoxestión e Autocontrol, EMAS.
Prácticas de laboratorio Abordarán o proceso analítico da forma máis completa posible, dende a toma de mostra até a interpretación do resultado. Versarán sobre problemas reais dentro do campo medioambiental.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A15 A16 B2 B3 B4 B5 B7 C3 7 17.5 24.5
Prácticas de laboratorio A17 A19 A23 A26 B7 9 25 34
Proba mixta A14 A15 A28 B2 C1 3 0 3
Sesión maxistral A15 A16 A28 B6 C4 C7 16 28.8 44.8
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Como complemento das clases maxistrais realizanse seminarios adicados á resolución dalgúns dos problemas e cuestións que, previamente terán sido entregados ao estudante. Neles interpretaranse datos e resolveranse problemas reais relacionados con parámetros indicadores da calidade do ar, augas e solo. Tamén se discutirá algún exemplo de puntos críticos no control da calidade dos laboratorios.
Prácticas de laboratorio O estudante aplicará en mostras reais os conceptos teóricos estudados ao longo do curso e será capaz de constrastar os resultados obtidos coas especificacións da lexislación específica. Ao rematar as prácticas terá que entregar unha memoria do traballo feito que inclúa un informe e/ou análise crítica e detallada sobre os resultados obtidos.
Proba mixta Constará de afirmacións a validar empregando varias alternativas indicadas, para que o estudante seleccione a que mellor resposte á pregunta. Ademáis realizaranse preguntas nas que se deixa un espazo limitado para a súa contestación. Terán que resolverse exercicios numéricos.
Sesión maxistral Abordarán os contidos máis importantes do programa. Para un total aproveitamento das mesmas, recoméndase ao alumno que teña lido previamente os aspectos fundamentais do tema a tratar (nos textos recomendados). Para a impartición das mesmas empregaranse medios audiovisuais e/ou informáticos e fomentarase o diálogo para a correcta comprensión dos contidos, a resolución de dúbidas e o fomento do sentido crítico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Seminario
Descrición
A atención persoal que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial cos alumnos, de xeito que implica a participación obrigatoria dos mesmos, baixo a supervisión do profesor, que pode resolver dúbidas, organizar a busca bibliográfica, etc.

O alumno con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita).


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A14 A15 A28 B2 C1 O exame consistirá en preguntas tipo test de resposta única, preguntas de resposta breve e exercicios numéricos e/ou de estudo de casos.
70
Prácticas de laboratorio A17 A19 A23 A26 B7 Valorarase de forma continua o traballo experimental (destreza, actitude, orde, atención,..) e a memoria entregada.
15
Seminario A15 A16 B2 B3 B4 B5 B7 C3 Valorarase a participación dos alumnos nas clases, ademáis da resolución das cuestións e/ou exercicios plantexados.
15
 
Observacións avaliación

O traballo do alumno será avaliado de forma continua e periódica a
través da asistencia regular ás actividades avaliables, a súa participación nos
traballos de seminario, a resolución de cuestións e exercicios expostos polo
profesor (que haberán de ser entregados no prazo que se indique), polas
prácticas de laboratorio e pola proba mixta.

A realización das prácticas é obrigatoria e a súa non realización
impide a superación da materia; ao final das mesma deberán entregar un informe
do procedemento, resultados obtidos e interpretación dos mesmos.

O
alumno obterá cualificación de Non Presentado cando faga menos do 25% das
actividades avaliables.

PRIMEIRA
OPORTUNIDADE

Para superar a materia é preciso obter na proba mixta e nas prácticas unha nota
mínima de 5 (sobre 10). A cualificación final da materia non será inferior á nota da proba mixta nin á cualificación resultante de ponderar o resto de actividades avaliables.

SEGUNDA
OPORTUNIDADE

Na segunda oportunidade realizarase a proba mixta e manteranse as
notas obtidas nas prácticas e seminarios namentras que a calificación
obtida na proba mixta nesta oportunidade substituirá á obtida na primeria
oportunidade. Para superar a materia nesta convocatoria é preciso obter na
proba mixta unha nota mínima de 5 (sobre 10). A cualificación final da materia non será inferior á nota da proba mixta nin á cualificación resultante de ponderar o resto de actividades avaliables.

Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á
matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se
cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade.

ADICACIÓN
A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA

O alumno con recoñecemento de adicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia será avaliado unicamente mediante
as cualificacións obtidas nas probas mixtas (85%) e nas prácticas (15%). A
realización das prácticas facilitarase dentro da flexibilidade que permitan os
horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. Isto aplica a ambas oportunidades.

CURSOS SUCESIVOS

Polo que se refire aos sucesivos cursos académicos, o proceso de
ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico e, por
tanto, voltaría a comezar co novo curso, incluídas tódalas actividades e
procedementos de avaliación que sexan programadas para o devandito curso.


Fontes de información
Bibliografía básica BADIA, A. (2002). Calidad, Modelo ISO9001. Deusto
OROZCO, C.; PEREZ, A.; GONZALEZ, n.; RODRIGUEZ, F.J.; ALFAYATE, J.M. (2003). Contaminación ambiental: una visión desde la Química. Madrid : International Thomson Editores
MANAHAN, S.E. (2000). Environmental chemistry. Boca Raton, Lewis
SAGRADO, S.; BONET, E.; MEDINA, M.J.; MARTIN-BIOSCA, Y (2005). Manual práctico de calidad en los laboratorios. Madrid, AENOR
OROZCO, C.; PEREZ, A.; GONZALEZ, n.; RODRIGUEZ, F.J.; ALFAYATE, J.M. (2003). Problemas resueltos de contaminación ambiental : cuestiones y problemas resueltos . Madrid : International Thomson Editores

Bibliografía complementaria PATNAIK, P (2000). Handbook of environmental analysis chemical pollutants in air, water, soil, and solid wastes. Boca Raton, CRC Press
F.W. Fifield and P.J. Haines. (2000). Environmental analytical chemistry. Oxford, Backwell Science
JURAN, J.M.; GRYNA, F.M. (1993). Manuel de control de calidad. Madrid, Díaz de Santos, McGraw Hill
BAIRD, C (2014). Química ambiental. Barcelona, Reverté


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química Analítica 1/610G01011
Química Analítica 2/610G01012
Química Analítica Instrumental 1/610G01013
Química Analítica Instrumental 2/610G01014

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Química Analítica Avanzada e Quimiometría/610G01015

Materias que continúan o temario
Traballo de fin de Grao/610G01043

Observacións

Ter coñecementos básicos dos métodos clásicos e instrumentais de análise (volumetrías, gravimetrías, métodos de separación, técnicas electroanalíticas, ópticas e cromatográficas).

Ter coñecementos, a nivel de usuario, das ferramentas informáticas comúns (follas de cálculo, procesador de textos, navegación pola web, etc).

Coñecementos básicos de inglés.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías