Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Laboautomatización Código 610G01038
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Penedo Blanco, Francisco Jose
Correo electrónico
francisco.penedo.blanco@udc.es
Profesorado
Penedo Blanco, Francisco Jose
Correo electrónico
francisco.penedo.blanco@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/
Descrición xeral Unha parte moi importante do traballo que se fai nun laboratorio consiste na realización de medidas, análise dos resultados obtidos e utilización de novas condicións experimentais en función dos mesmos. En moitas ocasións estas operacións pódense realizar de forma automática mediante un PC sen a necesidade de estar presente durante o proceso, utilizando os equipos dispoñibles no laboratorio. Nesta asignatura ensinaranse distintas estratexias para poder realizar este tipo de control automático que facilita o traballo diario dun laboratorio.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
- Non haberá cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Prácticas a través de TIC (computa na avaliación)

*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesións maxistrais, prácticas de laboratorio e proba mixta pasarán a modalidade online

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais e para resolver dúbidas.
– Moodle: Diariamente, segundo a necesidade do alumnado.
– Teams: Sesións semanais en gran grupo para o avance dos contidos teóricos, no horario fixado no calendario de clases, e prácticas de laboratorio online facendo uso de simuladores de equipamento de laboratorio.


4. Modificacións na avaliación
- Non hay variacións

*Observacións de avaliación:
- Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Disporán de todos os materiais de traballo dixitalizados en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A15 Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A19 Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A21 Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
A22 Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos.
A23 Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental.
A25 Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Coñecer os aspectos básicos no control de equipos e na comunicación entre equipos e PC. - Observar e coñecer os moi diversos campos de aplicación dos sistemas de control. A15
A16
A19
B4
B7
C2
C3
C8
Coñecer os elementos básicos de programación dentro da estructura do programa Labview A20
A22
A23
A25
B3
C3
C6
Desenvolver procedimentos para a adquisición e análise de datos obtidos nos instrumentos usados no laboratorio A19
A20
A21
A22
A23
A25
B2
B3
B5
C3
C6
Procesar os datos numéricos obtidos na captura, e elaborar informes finais de resultados, no formato adecuado ao experimento ou control A20
A22
B3
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
-Conceptos xerais en control de sistemas -Principios básicos. Tipos de control. Sistemas de estados discretos. Diagramas de control. Obxetivos xerais e criterios de avaliación. Datos dixitais e analóxicos. Controles lóxicos programables (PLC)
-Introducción á programación gráfica usando LabVIEW - Panel frontal, diagrama de bloque, barras de ferramentas e menús emerxentes. Instrumentos virtuais.
-Compoñentes dun instrumento virtual -Controles, indicadores e constantes. Estructuras e execución por fluxo de datos. Tipos de datos en LabVIEW.
-Operacións básicas cos distintos tipos de datos -Operacións lóxicas. Operacións aritméticas. Construcción de arrays e clusters.
-Utilización de estructuras -Bucles for e while. Toma de decisións usando estructuras Case. Secuencias. Fórmulas. Estructuras avanzadas.
-Presentación e almacenaxe de datos -Realización de gráficos. Arquivos de entrada e saída.
-Operacións avanzadas -Creación de subVI's. Variables locais e "shift registers". Nodo de propiedades. Edición do icono e de conectores.
-Control de instrumentaxe -Tipos de conexións. Envío de instruccións coa conexión RS232

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A15 A16 A21 A23 A25 B3 B5 C2 7 14 21
Prácticas a través de TIC A15 A16 A20 B2 B3 B4 C2 C3 C6 2.5 10 12.5
Prácticas de laboratorio A15 A16 A19 A20 A22 A23 B2 B3 B5 B7 C3 C6 C8 22 44 66
Proba mixta A15 A20 A21 A22 A25 B2 B3 C3 C6 2 10 12
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases maxistrais onde se desenvolven os contidos teóricos fundamentais e aspectos principais do manexo do programa Labview
Prácticas a través de TIC Resolveránse exercicios sinxelos por email e/ou moodle, co obxeto de familiarizarse co uso do programa e/ou exemplificar procesos lóxicos de programación.
Prácticas de laboratorio Prácticas de laboratorio onde se aplicarán os coñecementos adquiridos para a resolución de situacións típicas con equipamentos científicos
Proba mixta Proba final de avaliación dos coñecementos adquiridos na materia, teóricos e experimentais

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Prácticas a través de TIC
Descrición
Nas prácticas a través de TIC os alumnos deberán levar a cabo exercicios propostos onde se verificarán o correcto entendemento dos fundamentos básicos da materia, e seranlles clarificadas aquelas dúbidas que non teñan sido capaces de solventar. Todo o proceso levaráse a cabo online.

No laboratorio poñeránse en práctica os coñecementos previos mediante o diseño dunha aplicación de control de equipamento de laboratorio, dirixido paso a paso polo profesor. Estas prácticas son presenciais, por mor do uso de equipo de análisis específicos (ver plan de continxencias para excepcións).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A15 A16 A19 A20 A22 A23 B2 B3 B5 B7 C3 C6 C8 Avaliaráse a utilidade e funcionalidade da aplicación de control computerizado de equipos de investigación diseñada polo alumno.

45
Prácticas a través de TIC A15 A16 A20 B2 B3 B4 C2 C3 C6 Avaliaránse as respostas online a cuestións prácticas curtas sobre os contidos teóricos 20
Proba mixta A15 A20 A21 A22 A25 B2 B3 C3 C6 Avaliaránse a asimilación dos conceptos básicos teóricos e as habilidades adquiridas no control e manipulación de datos experimentais
35
 
Observacións avaliación

En xeral:

  - Non se avaliará positivamente se nalgunha das tres metodoloxías non se acada un mínimo de 5 puntos sobre 10

  - A nota mínima de aprobado é de 5 sobre 10 no promedio ponderado

  - Para ter en conta as cualificacións nas distintas actividades suxeitas a avaliación é necesario obter a puntuación mínima indicada anteriormente en cada unha delas. Polo tanto, de non acadarse dita puntuación mínima nalgunha das actividades, ainda que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a materia figurará como suspensa (4.5).

  - A cualificación de "non presentado" aplicaráse só no caso de que a participación do alumno en actividades avaliables represente menos do 25% da cualificación total.

Para a segunda oportunidade de avaliación:

  - As probas non superadas na primeira oportunidade repetiránse nesta segunda. Importante: por mor do escaso tempo entre primeira e segunda, as dúas primeiras probas realizaránse concentradas en poucos días, antes da proba mixta. A programación concreta das mesmas depende do número de alumnos que teñan que presentarse nesta oportunidade, e faráse pública ao remate da primeira.

  - Poderáse conservar calquera das tres cualificacións da primeira oportunidade (cun mínimo de 5 puntos sobre 10).

  - Non se conservará ningunha nota dun curso a outro. Nos seguintes cursos académicos o proceso de ensinanza-aprendizaxe,
incluida a avaliación, iníciase de novo, o que implica que o alumno
que non supere a materia neste curso deberá realizar todas as
actividades programadas para o novo curso.

  - Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a Matrícula de Honra se o número máximo destas para o curso non se
esgotaron na primeira oportunidade.

       Para cualquera oportunidade de avaliación:

  - O alumnado con dedicación a tempo parcial non ten un tratamento distinto dos de matrícula normal. No caso específico de alumnado con exención de asistencia, a proba mixta poderá ser online, mais nas prácticas de laboratorio (ver epígrafe 6, "Atención persoalizada") isto non é factible. Non sendo posible predecir antes do comenzo do curso o impedimento de asistencia, o profesor estudará cada caso concreto, coa fin de adaptar a avaliación desta parte.


Fontes de información
Bibliografía básica Hernández Gaviño, Ricardo (2010). Introducción a los sistemas de control: Conceptos, aplicaciones y simulación con MATLAB. Prentice Hall
Travis, J. and Kring, J. (2008). LabVIEW for Everyone Graphical Programming Made Easy and Fun. Prentice Hall
del Río Fernández, J; Shariat-Panahi, S.; Sarriá Gandul, D. y Lázaro, A.M. (2011). LabVIEW Programación para sistemas de instrumentación. Garceta
Seborg, D.E.; Edgar, T.F.; Mellichamp, D.A. (2004). Process Dynamics and Control. John Wiley & Sons
Various (2000-2014). Reports and colaboration papers from National Instruments, in PDF and PPS format (restricted sharing in the asignature web cloud).

- Outras fontes bibliográficas moi específicas e variables que só se atopan online, aparecerán como arquivos PDF na web da asignatura (dentro da web moodle.udc.es) e estarán accesibles ao longo do curso.

Bibliografía complementaria

-Artículos de investigación relacionados coa temática, procedentes de distintas fontes, como por exemplo o Journal of Chemical Education ou Journal of Automated Methods & Management in Chemistry


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química Física 1/610G01016
Química Física 2/610G01017
Química Física 3/610G01018

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Química Física Avanzada/610G01020

Materias que continúan o temario

Observacións

- Coñecementos previos; Matemáticas de análise e estadística básicas, integrais numéricas, estadística de axustes por mínimos cuadrados, métodos numéricos iterativos de resolución de ecuacións.

- Tendo en conta que as fontes de información atópanse en inglés, recoméndase que os alumnos teñan un nivel de comprensión de inglés leído medio.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías