Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Tecnoloxía Química Código 610G01041
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Ruiz Bolaños, Isabel
Correo electrónico
isabel.ruiz@udc.es
Profesorado
Ruiz Bolaños, Isabel
Correo electrónico
isabel.ruiz@udc.es
Web
Descrición xeral A materia “Tecnoloxía Química” é unha optativa que se imparte no 4º curso do Grao en Química. O obxecto fundamental da materia é aportar ao alumno os coñecementos básicos da Enxeñaría cun enfoque Ambiental, introducindo diferentes procesos empregados no tratamento e valorización de augas, efluentes gasosos e residuos.

La materia “Tecnología Química” es una asignatura optativa que se imparte en el último curso del Grado en Química. El objetivo fundamental es aportar al alumno conocimientos básicos en Ingeniería Ambiental, haciendo una introducción a los distintos procesos empleados en el tratamiento y valorización de aguas, efluentes gaseosos y residuos.

The subject “Chemical Technology” is an elective course offered in the last year of the degree in Chemistry. The main objective of the course is to provide the students with basic knowledge of environmental engineering. It introduces the most important processes used in water treatment and recovery, waste gas treatment and waste treatment and disposal.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 Coñecer e aplicar as técnicas analíticas.
A10 Coñecer a cinética do cambio químico, incluíndo a catálise e os mecanismos de reacción.
A11 Coñecer e deseñar operacións unitarias de Enxeñaría Química.
A13 Comprender a Química dos principais procesos biolóxicos.
A14 Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química.
A15 Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A19 Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A21 Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
A22 Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos.
A24 Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
A25 Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria.
A28 Adquirir, avaliar e utilizar os principios básicos da actividade industrial, xestión e organización do traballo.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender o deseño e a operación dos reactores químicos e biolóxicos. A10
A11
A15
A24
A28
B3
B7
Coñecer as problemáticas da contaminación da auga e do aire e da xestión de residuos, así como as tecnoloxías dispoñibles para abordalas. A7
A13
A14
A16
A19
A20
A21
A22
A24
A25
A28
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C2
C5
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introdución á enxeñaría ambiental. Operacións de separación. Tipos de reactores e biorreactores.
Tema 2. Tratamento de augas residuais. Introdución. Procesos de tratamento físico. Fundamentos dos tratamentos biolóxicos. Tecnoloxías do tratamento biolóxico.
Tema 3. Tratamento de efluentes gasosos. Introdución. Sistemas de eliminación de partículas contaminantes. Tecnoloxías de tratamento de gases e vapores contaminantes.
Tema 4. Valorización e tratamento de residuos. Introdución. Clasificación de residuos. Valorización e xestión de residuos. Tecnoloxías de tratamento de residuos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A10 A11 A13 A15 A21 A25 A28 16 40 56
Traballos tutelados A10 A11 A14 A16 A21 A22 A24 A25 A28 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C5 C6 C8 6.5 26 32.5
Prácticas de laboratorio A7 A14 A15 A19 A20 A21 B3 B4 B5 B7 9 9 18
Proba mixta A13 A14 A16 A24 B2 B3 B7 C6 2 3 5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos da materia, bases teóricas.
Traballos tutelados Os alumnos realizarán un traballo, individual ou en grupo reducido, sobre algún tema relacionado co contido do programa que será exposto na aula.
Prácticas de laboratorio Realizaranse prácticas no laboratorio nas que se estudarán sistemas de tratamento experimentais.
Proba mixta Ao final do curso, nas datas previstas para elo, realizarase unha proba escrita que formará parte da avaliación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O profesor atenderá ao alumno na resolución das dúbidas que lle poidan xurdir ao realizar as actividades encomendadas. Levarase a cabo no horario de titorías do profesor.

No caso de situacións excepcionais debidamente justificadas poderán adoptarse medidas adicionais para que o estudante poida superar a materia, flexibilizando os prazos de entrega do traballo tutelado ou os horarios de realización das prácticas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A10 A11 A14 A16 A21 A22 A24 A25 A28 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C5 C6 C8 A realización do traballo é obrigatoria. Valorarase a calidade dos traballos realizados en canto a contido e referencias bibliográficas, así como a presentación escrita e oral.

25
Prácticas de laboratorio A7 A14 A15 A19 A20 A21 B3 B4 B5 B7 A realización das prácicas é obrigatoria. Valorarase o traballo experimental realizado no laboratorio e o informe no que se recollerán obxectivos, resultados, tratamento dos datos e conclusións.
10
Proba mixta A13 A14 A16 A24 B2 B3 B7 C6 Na proba, que terá lugar no período establecido de exames, valoraránse os coñecementos adquiridos polo alumno. 65
 
Observacións avaliación

Para superar a materia o alumno terá que acadar en cada unha das actividades que contabilizan na avaliación unha nota mínima de 4 sobre 10, e unha cualificación global igual ou superior a 5 sobre 10. No caso de que o alumno non acade a puntuación mínima nalgunha das actividades, aínda no caso de que a cualificación global sexa superior a 5 sobre 10, a materia figurará na acta como suspensa (4,5).

Na segunda oportunidade só é posible mellorar a cualificación da proba mixta, manténdose as cualificacións do traballo e das prácticas obtidos no curso.

Só os alumnos que non realicen ningunha das actividades avaliables terán a consideración de "non presentados".

Os alumnos que sexan avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas, dacordo coa normativa académica, non se cubríu na primeira oportunidade.

O proceso de ensino-aprendizaxe incluida a avaliación refírese a un curso académico, e  polo tanto, os alumnos que non superen a materia e volvan matricularse, terán que realizar todas as actividades programadas, sen manteren ningunha das cualificacións obtidas en cursos previos.

No caso de situacións excepcionais debidamente justificadas poderán adoptarse medidas adicionais para que o estudante poida superar a materia, flexibilizando os prazos de entrega do traballo tutelado ou os horarios de realización das prácticas.


Fontes de información
Bibliografía básica
    • Henley EJ y Seader JD. Operaciones de separación por etapas de equilibrio en ingeniería química. Ed. Reverté, Barcelona (1988).
    • Ramalho, R. S. Tratamiento de aguas residuales. Ed. Reverté. Barcelona (1996).
    • Metcalf and Eddy. Ingeniería de Aguas Residuales. Tratamiento, vertido y reutilización. Labor. Barcelona (1995).
    • Henze, M., van Loosdrecht, M. C. M., Ekama, G.A. and Brdjanovic, D.. Biological Wastewater Treatment. IWA Publishing (2008).
    • APHA, Standard Methods for the Examination of Water and Wastewater. 20th ed., Washington DC, USA. (1998).
    • Kennes, C. and Veiga, M.C. Bioreactors for waste gas treatment. Kluwer Academic Publishers (2001).
    • Deublein, D. and Steinhauser, A. Biogas from waste and renewable resources: an introduction. Wiley-VCH, (2008).
    • Anderson, W.C. Innovative site remediation technology (Vol 1-8), American Academy of Environmental Engineers, (1993).
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Enxeñaría Química/610G01033

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

É aconsellable que os alumnos sexan capaces de comprender textos en inglés, xa que unha parte das fontes de información están publicadas nesa lingua.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías