Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Tecnoloxía Química Código 610G01041
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Ruiz Bolaños, Isabel
Correo electrónico
isabel.ruiz@udc.es
Profesorado
Kennes , Christian
Ruiz Bolaños, Isabel
Soto Castiñeira, Manuel
Correo electrónico
c.kennes@udc.es
isabel.ruiz@udc.es
m.soto@udc.es
Web
Descrición xeral O obxecto fundamental da materia "Tecnoloxía Química" é a aplicación dos coñecementos da Enxeñaría Química á resolución dos problemas ambientais, introducindo diferentes procesos que se empregan no tratamento de efluentes líquidos e gaseosos, e na xestión e valorización de residuos sólidos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 Coñecer e aplicar as técnicas analíticas.
A10 Coñecer a cinética do cambio químico, incluíndo a catálise e os mecanismos de reacción.
A11 Coñecer e deseñar operacións unitarias de Enxeñaría Química.
A13 Comprender a Química dos principais procesos biolóxicos.
A14 Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química.
A15 Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A19 Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A21 Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
A22 Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos.
A24 Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
A25 Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria.
A28 Adquirir, avaliar e utilizar os principios básicos da actividade industrial, xestión e organización do traballo.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aplicar os coñecementos da Química na identificación dos principais problemas medioambientais que afectan as augas, efluentes gaseosos e resíduos sólidos. A10
A13
A14
A16
A24
A25
A28
B1
B3
B7
Coñecer as tecnoloxías dispoñibles para abordar a contaminación da auga e da atmósfera, e da xestión de residuos sólidos. A7
A11
A13
A14
A15
A16
A24
A25
A28
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C2
C5
C6
C8
Realizar un pequeno estudo relacionado con algún dos eidos que se abordarán nas clases teóricas A7
A19
A20
A21
A22

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introdución á enxeñaría ambiental. Panorámica xeral da problemática ambiental e da súa xestión.
Tema 2. Tratamento de augas residuais. Introdución. Procesos de tratamento físico. Fundamentos dos tratamentos biolóxicos. Tecnoloxías do tratamento biolóxico.
Tema 3. Tratamento de efluentes gasosos. Introdución. Sistemas de eliminación de partículas contaminantes. Tecnoloxías de tratamento de gases e vapores contaminantes.
Tema 4. Valorización e tratamento de residuos. Introdución. Clasificación de residuos. Valorización e xestión de residuos. Tecnoloxías de tratamento de residuos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 A10 A13 A14 A19 A21 A25 A28 C2 C8 16 32 48
Solución de problemas A7 A11 A13 A14 A15 A16 A20 A21 A25 B1 B3 B4 B5 C2 7 17.5 24.5
Portafolios do alumno A14 A16 A20 A21 A22 A24 B6 C2 C5 C8 6 21 27
Proba mixta A13 A14 A16 A24 B2 B3 B7 C6 2 8 10
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesorado dos contidos teóricos da materia
Solución de problemas Nestas sesións abordarase a resolución de exercicios prácticos relacionados co deseño de algún dos equipos empregados no tratamento dos contaminantes.
Portafolios do alumno En cada un dos 3 bloques temáticos, o alumnado realizará, individualmente ou en grupo, un traballo baseado en artigos de investigación proporcionados polo profesorado, co obxecto de afondar nalgún dos aspectos tratados na aula. O último día de aula, de cada bloque, o alumnado fará unha breve exposición oral do traballo.
Proba mixta Ao final do curso, nas datas previstas para elo, realizarase unha proba escrita que formará parte da avaliación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Descrición
O profesorado programará unha sesión específica en cada bloque temático para definir o traballo e resolver as dúbidas do alumnado respecto das actividades encomendadas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A7 A11 A13 A14 A15 A16 A20 A21 A25 B1 B3 B4 B5 C2 Para a súa avaliación, se solicitará ao alumnado a realización e entrega dalgúns dos exercicios propostos. 10
Portafolios do alumno A14 A16 A20 A21 A22 A24 B6 C2 C5 C8 O/A alumno/a terá que entregar un traballo en cada un dos bloques temáticos, baseado en artigos científicos proporcionados polo profesorado e facer unha breve exposición oral. Cada un destes traballos contabilizará un terzo da nota neste apartado (un 15% da nota global). 45
Proba mixta A13 A14 A16 A24 B2 B3 B7 C6 Na proba, que terá lugar no período establecido de exames, valoraránse os coñecementos adquiridos polo alumno. 45
 
Observacións avaliación

Para superar a materia o alumno terá que acadar unha nota mínima de 4 sobre 10 na proba mixta, e unha cualificación global igual ou superior a 5 sobre 10. No caso de que o alumno non acade a puntuación mínima na proba mixta, aínda no caso de que a cualificación global sexa superior a 5 sobre 10, a materia figurará na acta como suspensa (4,5).

Na segunda oportunidade só é posible mellorar a cualificación da proba mixta.

Só os alumnos que non realicen ningunha das actividades avaliables terán a consideración de "non presentados".

Os alumnos que sexan avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas, dacordo coa normativa académica, non se cubríu na primeira oportunidade.

No caso de alumnado con dispensa académica adoptaranse medidas adicionais para que o estudante poida superar a materia, flexibilizando os horarios de entrega de exercicios e presentación oral.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na oportunidade correspondente.


Fontes de información
Bibliografía básica Deublein, D. and Steinhauser, A. (2008). Biogas from waste and renewable resources: an introduction. Wiley-VCH
Henze, M. et al. (2008). Biological Wastewater Treatment. IWA Publishing
Kennes, C. and Veiga, M.C. (2001). Bioreactors for waste gas treatment. Kluwer Academic Publishers
Metcalf and Eddy (1995). Ingeniería de Aguas Residuales. Tratamiento, vertido y reutilización.. Labor.
Davis e Masten (2005). Ingeniería y ciencias ambientales. McGraw-Hill

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Enxeñaría Química/610G01033

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Os traballos realizados polos alumnos/as serán enviados a través do campus virtual en formato pdf.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías