Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Traballo de fin de Grao Código 610G01043
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Cuarto Obrigatoria 15
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Andrade Garda, Jose Manuel
Avecilla Porto, Fernando Francisco
Barriada Pereira, José Luis
Beceiro Gonzalez, Maria Elisa
Bermúdez García, Juan Manuel
Canle López, Moisés
Carlosena Zubieta, Alatzne
Castro Garcia, Socorro
Esteban Gomez, David
Fernandez Lopez, Alberto A.
Fernandez Sanchez, Jesus Jose
García Romero, Marcos Daniel
Gonzalez Castro, Maria Jose
Herrero Rodriguez, Roberto
Lopez Mahia, Purificacion
Lopez Torres, Margarita
Martinez Cebeira, Montserrat
Moreda Piñeiro, Jorge
Muniategui Lorenzo, Soledad
Pazos Chantrero, Elena
Peinador Veira, Carlos
Penedo Blanco, Francisco Jose
Perez Sestelo, Jose
Platas Iglesias, Carlos
Prieto Blanco, Maria del Carmen
Riveiros Santiago, Ricardo
Rodriguez Barro, Pilar
Rodriguez Blas, Maria Teresa
Sanchez Andujar, Manuel
Sarandeses Da Costa, Luis Alberto
Soto Ferreiro, Rosa Maria
Turnes Carou, Maria Isabel
Valdiglesias García, Vanessa
Vazquez Garcia, Digna
Veiga Barbazan, Maria del Carmen
Vilariño Barreiro, Maria Teresa
Correo electrónico
jose.manuel.andrade@udc.es
fernando.avecilla@udc.es
jose.barriada@udc.es
elisa.beceiro.gonzalez@udc.es
j.bermudez@udc.es
moises.canle@udc.es
alatzne.carlosena@udc.es
socorro.castro.garcia@udc.es
david.esteban@udc.es
alberto.fernandez@udc.es
jesus.fernandezs@udc.es
marcos.garcia1@udc.es
m.j.gonzalez.castro@udc.es
r.herrero@udc.es
purificacion.lopez.mahia@udc.es
margarita.lopez.torres@udc.es
monserrat.martinez.cebeira@udc.es
jorge.moreda@udc.es
soledad.muniategui@udc.es
elena.pazos@udc.es
carlos.peinador@udc.es
francisco.penedo.blanco@udc.es
jose.perez.sestelo@udc.es
carlos.platas.iglesias@udc.es
m.c.prieto.blanco@udc.es
ricardo.riveiros@udc.es
pilar.rbarro@udc.es
teresa.rodriguez.blas@udc.es
m.andujar@udc.es
luis.sarandeses@udc.es
rosa.soto.ferreiro@udc.es
isabel.turnes@udc.es
vanessa.valdiglesias@udc.es
d.vazquezg@udc.es
m.carmen.veiga@udc.es
teresa.vilarino@udc.es
Web http://http://ciencias.udc.es/tfg-quimica
Descrición xeral O Traballo de Fin de Grao (TFG) supón a realización, por parte de cada estudante e de forma individual, dun proxecto, unha memoria, un iforme ou un estudo concreto, pero non exclusivamente de recompilación bibliográfica, baixo a supervisión de un ou dous directores (cando menos un deles debe impartir docencia no Grado en Química).
A materia posibilita ao estudante a integración dos coñecementos e habiliddes adquiridos durante os seus estudos de grao, con espírito crítico e autonomía. Ademais, permite avaliar a madurez do estudante respecto ao manexo de fontes bibliográficas e a súa capacidade de presentación de resultados, utilizando un deseño e linguaxe apropiados, tanto oral como escrito.
Plan de continxencia Plan de continxencia ante un posible confinamento por mor da pandemia de SARS-Covid-19. 1. Modificacións nos contidos. Non haberá necesariamente modificacións nos contidos, se ben os profesores, de acordo cos estudantes, poderán facer transformacións no plan de traballo descrito no Anexo 1b no caso de ter que adaptarse a un traballo de revisión bibliográfica ou de tipo mixto bibliográfico-experimental e de elaboración integramente online. 2. Metodoloxías. *Metodoloxías docentes que se manteñen. Mantéñense todas as metodoloxías previstas, se ben se realizarán as modificacións precisas para que se poidan levar a cabo nunha contorna online. A presentación oral pasará a realizarse a online mediante o emprego da ferramenta TEAMS oficial da Universidade da Coruña. *Metodoloxías docentes que se modifican. Ningunha. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. A comunicación entre os alumno e os titores levarase a cabo, segundo as necesidades do traballo, a través das distintas ferramentas a disposición do profesorado e do alumnado da Universidade da Coruña. Entre estas cómpre salientar as video-conferencias por TEAMS e o correo electrónico. 4. Modificacións na avaliación. Non se realizan modificacións na estrutura da avaliación do Traballo de Fin de Grao. *Observacións de avaliación: A parte oral da avaliación (exposición do traballo por parte do alumno) realizarase online a través da ferramenta TEAMS oficial da Universidade da Coruña. A sesión será gravada polo tribunal. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. Non se realizan modificacións.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
A14 Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A24 Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Mostrar de modo sintético e a través da aprendizaxe demostrada na elaboración e defensa do TFG que o estudante adquiriu, en conxunto, as competencias xerais do Grao. A1
A14
A16
A24
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Traballo de Fin de Grao Contidos propios dos módulos de:
- Química Analítica
- Química Física
- Química Inorgánica
- Química Orgánica
- Outras áreas fronteirizas da Química, en asociación coas anteriores.

Os temas dos TFG proporanse de xeito que exista correspondencia coas competencias xerais recollidas no Grao.

Os estudantes poderán propoñer temas ou liñas para que sexan tidos en conta e, de ser o caso, incorporados na oferta pública.

Garantirase un número de temas e direccións suficiente para cubrir a totalidade dos estudantes matriculados no TFG cada curso académico.
Será competencia do equipo directivo do centro facer pública a oferta anual de posibles traballos a realizar.
A asignación de traballos farase seguindo o principio de igualdade, mérito e capacidade, tentando respectar as preferencias manifestadas polo estudantado implicado.

Se o/a estudante ten que desenvolver parte do TFG ou a súa totalidade nunha empresa ou noutro organismo distinto á UDC, no marco dun convenio de prácticas, unha das persoas que dirixa o traballo, con categoría de titulado superior, poderá pertencer a esa entidade, co fin de que colabore na definición e o desenvolvemento do TFG.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B1 B7 1 0 1
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A14 A16 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C4 C5 C6 C7 C8 280 28 308
Eventos científicos e/ou divulgativos B1 C4 C5 C6 C8 2 0 2
Traballos tutelados A1 A14 A16 A24 B2 B3 C1 C2 C3 C6 C8 1 32 33
Presentación oral A24 B7 C1 C3 1 20 21
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade onde se lle explica ao estudante en que consistirá o seu Traballo de Fin de Grao, se lle proporciona orientación sobre as fontes bibliográficas que debe manexar, a metodoloxía máis axeitada a empregar e o modo de planificar o seu traballo.
Investigación (Proxecto de investigación) Traballo individual e autónomo do estudante, orientado polo(s) director(es) do traballo.
No desenvolvemento do traballo, o estudante deberá afrontar un problema de índole química de acordo co método científico, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia, por recomendación do director ou interese persoal, a eventos científicos e / ou divulgativos organizados na Facultade e relacionados coa temática do Grao en Química. A asistencia a estos eventos deber servir para mellorar as competencias en materia de presentación e defensa do propio traballo.
Traballos tutelados Traballo individual e autónomo do estudante, baixo a tutela do director.
O alumno deberá presentar unha memoria escrita resumindo toda a labor realizada durante o TFG. Dita memoria deberá incluir, como mínimo, unha introdución, unha sección ou capítulo que recolla os obxectivos, antecedentes existentes sobre o tema que se trate, unha parte relativa aos materiais e métodos ou procedementos experimentais, os resultados obtidos, a súa discusión e análise crítico e razoado, as conclusións que se tiren do traballo, e unha bibliografía. Asemade, cando menos un resumo inicial e as conclusións do TFG deberán estar redactadas en inglés.
Presentación oral Exposición e defensa oral do traballo ante un tribunal.
A presentación e defensa do TFG farase en acto público.
O estudante disporá de un tempo máximo de 15 minutos (se ben recoméndase unha duración de 10 minutos) para expoñer os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu traballo. Con posterioridade terá que atender ás preguntas, aclaracións, comentarios e suxestións que lle poidan formular os membros do tribunal de avaliación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Presentación oral
Actividades iniciais
Traballos tutelados
Descrición
O director adicará, como mínimo, o tempo previsto nas normas de PDA da UDC para o seguimento do estudante.
O estudante recibirá indicacións das características do traballo e orientación na súa planificación e no seu desenvolvemento.
O director realizará un seguimento continuado do traballo, incluido a supervisión dos resultados obtidos, a discusión dos mesmos e a extracción de conclusións, e velará polo cumprimento dos obxectivos fixados. Tamén se supervisará a redacción da memoria de TFG e a elaboración da presentación oral da mesma. Valoraranse os avances do estudante e realizaranse propostas de mellora.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A14 A16 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliación continua por parte do(s) director(es) de todo o proceso de realización do TFG, tendo en conta os diferentes elementos indicados na correspondente plantilla de avaliación elaborada para tal fin.
O 50% da cualificación final do TFG corresponde a avaliación do(s) director(es) do traballo.
50
Presentación oral A24 B7 C1 C3 O tribunal valorará a presentación oral e a defensa do traballo presentado, de acordo cos distintos elementos indicados na plantilla de avaliación elaborada para tal fin.
O 50% da cualificación final do TFG corresponde a avaliación do tribunal, na que a avaliación da presentación oral representa o 17.5% e a defensa e discusión dos resultados representa o 15%
32.5
Traballos tutelados A1 A14 A16 A24 B2 B3 C1 C2 C3 C6 C8 O tribunal valorará a calidade final da memoria presentada, de acordo cos distintos elementos indicados na plantilla de avaliación elaborada para tal fin.
O 50% da cualificación final do TFG corresponde a avaliación do tribunal, na que a avaliación da memoria escrita presentada representa o 17,5%.
17.5
 
Observacións avaliación

As instrucións relativas á presentación dos TFG figuran como Anexo IV do Regulamento do TFG do Grao en Química.

A cualificación final do Traballo de Fin de Grao é competencia do tribunal. Unha vez realizada a exposición e defensa do TFG, o tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde, tendo en conta a avaliación outorgada polo director do traballo. A cualificación final establecerase de acordo co Procedemento de oferta, adxudicación e defensa de TFG para o Grado en Química.

Poderá acceder á mención de matrícula de honra o estudantado que obtiver unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos, segundo o criterio do tribunal avaliador.

No caso de o/a estudante obteña a cualificación de suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Enviaráselle(s) copia deste informe á(s) persoa(s) que dirixiron o TFG.

A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos TFG levaranse a cabo de conformidade co previsto na normativa da UDC (artigo 31 da Normativa de Avaliación, Revisión e Reclamación das Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario).

A matrícula dá dereito ao alumno a presentarse, exclusivamente, ás dúas oportunidades fixadas en cada curso académico, de conformidade co previsto na normativa académica da UDC.

No suposto de que o alumno non supere o TFG na convocatoria anual, deberá matricularse de novo do TFG, pero non será precisa unha nova adxudicación, sempre que exista acordo entre titor e estudante, e así o solicite o estudante.

NORMAS DE ESTILO DA MEMORIA ESCRITA

A memoria deberá presentarse coa sinatura e conformidade do director/directores, segundo se expresa no procedemento. Porén, esta nunca substituirá á necesaria autorización telemática da defensa na Secretaría Virtual.

O TFG deberá incluír, como mínimo, o título, un resumo (máximo 250-300 palabras) xunto coas palabras chave, unha introdución, unha sección ou capítulo que recolla os antecedentes existentes sobre o tema que se trate, unha parte relativa aos materiais e métodos ou procedementos experimentais, o plan de traballo cun cronograma, os resultados obtidos, a súa discusión e/ou análise crítica e razoada, as conclusións, e unha bibliografía. Cando menos o título, o resumo, as palabras clave e as conclusións deberán estar redactadas nos tres idiomas (castelán/galego/inglés).

O formato da memoria será avaliado, e terá que seguir os seguintes requisitos básicos:

1. Extensión: mínimo de 35 páxinas e máximo de 50 páxinas ou mínimo de 10.000 palabras e máximo de 15.000 palabras (esta cifra correspondese cunhas 40-45 páxinas con certa carga gráfica). Neste cómputo non estarán incluídas a portada, os resumos e o índice pero sí os anexos.

2. Tipo e tamaño de letra: Times New Roman 12 puntos / Arial 11 puntos (ou similares)

3. Marxes: superior/inferior: 2,5 cm; esquerdo/dereito:3 cm

4. Espazo interlineal: 1,5 liñas

5. Separación entre parágrafos: 12 puntos

6. Poderanse engadir anexos con gráficos/táboas/figuras de gran tamaño, se o alumno así o precisase.

7. A portada da memoria deberá seguir o modelo recollido no Anexo IV do Regulamento do TFG do Grao en Química.

Quedará a criterio do director o emprego de software de detección de plaxiarismo na memoria, se ben recoméndase a súa revisión coa ferramenta Turnitin. Aquelas memorias nas que non se realice a análise poderán presentarse, se ben non quedarán recollidas no repositorio institucional da Universidade da Coruña (RUC).

NORMAS SOBRE A PRESENTACIÓN ORAL 

1. Para a defensa pública do TFG, cada estudante disporá dun tempo máximo de 15 minutos (se ben recoméndase unha exposición de 10 minutos), do que será debidamente informado polo tribunal. Neste tempo deberá expoñer os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu traballo.

2. Trala exposición do estudante os membros do tribunal, por quendas, realizarán as observacións e preguntas que consideren acaídas, se ben recoméndase un tempo máximo de 5 minutos por membro do tribunal. O tempo de debate en ningún caso poderá exceder os 20 minutos no conxunto das intervencións.


Fontes de información
Bibliografía básica

O director ou directores do traballo proporán a bibliografía específica e adecuada ao traballo a desenvolver polo alumno.

Bibliografía complementaria R. Holliman, J. Thomas, S. Smidt, E. Scanlon, E. Whitelegg (2009). Practising Science Communication in the Information Age, sections 1-3. Oxford: Oxford University Press
S. Harrad, L. Batty, M. Diamond, G. Arhonditsis (2008). Student Projects in Environmental Science. Chichester: John Wiley & Sons Ltd.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Tal e como establece a normativa da UDC: "Sen prexuízo do disposto en cada plan de estudos, o alumno que superase 180 créditos, incluídos todos os da primeira metade, poderar realizar a matrícula do traballo de fin de grao no período ordinario de matrícula, ou nos prazos outorgados para ampliación da matrícula nos estudos de grao... O alumno, que teña superados o resto dos crédidtos da súa titulación, poderá defender o devandito traballo na convocatoria correspondente ao período do primeiro cuadrimestre ou na convocatoria correspondente ao período do segundo cuadrimestre e, de ser o caso, na oportunidade de xullo, ou naquela oportunidade que se fixe atendendo ao réxime especial previsto nas instruccións mencionadas"

Así, será preciso ter superados 225 créditos do Grao (todas as materias excepto o TFG) para que o alumno poda facer entrega da memoria e proceder á defensa do Traballo de Fin de Grao.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías