Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Prácticas externas 1 Código 610G01044
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Andrade Garda, Jose Manuel
Blas Varela, Andrés M. de
Kennes , Christian
Correo electrónico
jose.manuel.andrade@udc.es
andres.blas@udc.es
c.kennes@udc.es
Web http://http://ciencias.udc.es/practicas-profesionales-q
Descrición xeral Os alumnos poderán optar por cursar prácticas profesionais externas, en empresas ou institucións, por un total de 4,5 ou 9 créditos ECTS, no canto de 1 ou 2 materias optativas.
A Facultade de Ciencias ven desenvolvendo dende o curso 2005/06 un programa de prácticas profesionais, cunha participación promedio no entorno dos 50-70 alumnos por ano, polo que ten ampla experiencia na xetión deste tipo de actividad.
Para poder participar nunha estadía en prácticas o alumno deberá:
1) Estar matriculado no Grao en Química da Facultade de Ciencias.
2) Ter superado cando menos 120 créditos ECTS, que deben incluir todos os de formación básica.
3) Superar o proceso selectivo que se puidera establecer.
Os dous primeiros requisitos deberán reunirse ao peche da convocatoria de prácticas, non computándose os créditos obtidos con posterioridade.
Non poderán ser beneficiarios de estadías en prácticas os estudantes que manteñan algunha relación contratual coa correspondente empresa ou entidade, agás autorización obtida de conformidade coa normativa interna da UDC.
Só se recoñecerán académicamente aquelas estadías que:
a) Teñan sido cubertas mediante un proceso convocado en concorrencia libre e competitiva e cuha selección baseada en mérito e capacidade.
b) Se desenvolvan nunha praza ofertada ou aprobada pola Facultade. Se dita praza non correspondense á oferta realizada póla Facultade, senón que fose promovida noutro ámbito (Consello Social da UDC, Fundación UDC, outros organismos, etc.), recabarase a información que fose precisa para confirmar o cumprimento dos obxectivos arriba indicados sobre concurrencia competitiva con selección baseada en mérito e capacidade.
c) Teñan sido realizadas baixo a titoría dun titulado superior pertencente á empresa, organismo público de investigación ou institución equiparable que oferte a praza, preferiblemente da mesma titulación ou titulacións afíns á do estudante.
d) Obteñan un informe favorable da Comisión de Docencia e Validacións sobre a actividade realizada, baseado no informe aportado e na valoración feita polos titores académico e de empresa.
O proceso de avaliación, previo á decisión da Comisión de Docencia, aterase á normativa de cualificacións da UDC.
Plan de continxencia Plan de continxencia para a materia por mor da pandemia do virus SARS-Covid-19. As prácticas externas non poderán levarse a cabo nun contexto de confinamento. En todos os casos atenderase ó dictado polas autoridades sanitarias e educativas, moi especialmente no referido á valoración do traballo xa realizado polo/a estudante antes do confinamento.

Competencias do título
Código Competencias do título
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Mellorar no coñecemento do entorno profesional e capacidade de aplicar os coñecementos académicos adquiridos ao entorno profesional. B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Segundo o plan de traballo acordado coa empresa ou institución para cada estudante. Segundo o plan de traballo acordado coa empresa ou institución para cada estudante.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Resumo B3 C1 C6 C7 0 10 10
Traballos tutelados B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 100 0 100
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Resumo Memoria do traballo realizado durante o período de prácticas. Debe constar das seguintes partes e pola citada orde:

1. INDICE (Debe de recoller os documentos dos que consta o informe)

2. DATOS DO ALUMNO
2.1 Breve información sobre o alumno (apelidos, nome, DNI, dirección de contacto, teléfonos e dirección de correo electrónico)
2.2 Indicar se a memoria foi revisada pola empresa e as condicións de confidencialidade requeridas pola mesma.

3. DATOS DA EMPRESA
3.1 Breve información sobre a empresa (nome, situación, sector de actividade, organigrama, número de empregados, etc...)

4. RESUMO DAS PRÁCTICAS
4.1 Resumen do traballo desenvolvido polo alumno durante o período das prácticas.

5. ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS
5.1 Obxectivo das prácticas. Neste apartado débense de recoller os obxectivos que se perseguen co traballo.
5.2 Traballo encomendado. Fundamento teórico e experimental das diferentes actividades desenvolvidas durante o periodo de prácticas tendo en conta, no seu caso, o segredo profesional ao que está obrigado.
5.3 Distribución temporal. Distribución das tarefas realizadas, especificando a duración das mesmas e as unidades ou Departamentos nas que se realizaron.
5.4 Formación recibida. Cursos, programas informáticos, seminarios, charlas, etc...
5.5 Nivel de integración dentro do departamento e relacións co persoal.

6. CONCLUSIÓNS
6.1 Adecuación ás ensinanzas recibidas na Facultade para o desempeño da práctica.
6.2 Valoración persoal da aprendizaxe conseguida ao longo de toda a práctica.
6.3 Valoración do nivel de integración dentro do departamento e relacións co persoal.
6.4 Declaración de responsabilidade do alumno (modelo Anexo I).

7. BIBLIOGRAFÍA E FONTES DE INFORMACIÓN (Bibliografía citada no texto, incluidos os recursos electrónicos)
Traballos tutelados A empresa ou institución nomeará un titor, que deberá ser un titulado superior, preferiblemente da mesma titulación ou titulacións afíns á do estudante, e que se encargará das seguintes funcións:

1. Proporcionar ao Centro unha breve descrición do traballo a realizar polo alumno, indicando os coñecementos específicos e habilidades que ha de ter o alumno para levalo a cabo e indicar a formación que adquirirá o alumno durante a realización do traballo.
2. Orientar ao alumno durante a realización do traballo.
3. Elaborar un informe final, dirixido ao Decanato da Facultade no que se avalíe o grao de aproveitamento acadado polo estudante.

O alumno terá ademáis un titor académico na Facultade, que será quen revise o informe emitido polo alumno, facendo por escrito as recomendacións e puntualizacións pertinentes para correxilo e melloralo. Á vista destas recomendacións, o alumno revisará o documento e o entregará no Negociado de alumnos xunto cunha instancia solicitando a súa avaliación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Resumo
Descrición
A atención personalizada servirá para facer un seguimiento detallado das actividades e da evolución do alumno, contribuíndo á súa avaliación continuada.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O titor nomeado pola empresa ou institución, que deberá ser un titulado superior, preferiblemente da mesma titulación ou titulacións afíns á do estudante, elaborará un informe final, dirixido ao Decanato do Centro (ANEXO IV), no que se avalíe o grao de aproveitamento acadado polo estudante. 50
Resumo B3 C1 C6 C7 Para acadar recoñecemento académico, sempre que a estadía desenvolvida cumpra as condicións especificadas na normativa, o alumno deberá remitir ao Decanato do Centro un relatorio detallado dos traballos e actividades realizadas. Tal relatorio será elaborado dacordo cun modelo (ANEXO VII).
O titor académico revisará o informe emitido polo alumno, facendo por escrito as recomendacións e puntualizacións pertinentes para correxilo e melloralo. Á vista destas recomendacións o alumno revisará o documento e o entregará no Negociado de alumnos xunto cunha instancia solicitando a súa avaliación.
O informe do alumno será avaliado pola Comisión de Docencia e Validacións do centro que, tendo en conta o informe do titor da empresas e as recomendacións do titor académico, outorgará a cualificación que aparecerá na acta.
50
 
Observacións avaliación

Valorarase no seu conxunto, a labor realizada durante as prácticas e a memoria realizadas sobre as mesmas.

Recoméndase ao alumnado consultar a rúbrica de avaliación publicada na web do Centro.

Unicamente aqueles estudantes que completen ó período de traballo na empresa/institución (traballos tutelados) e que entreguen a memoria resumo das tareas para a súa avaliación poderán obter unha cualificación superior a 4,5 (sobre 10). Os estudantes que non completen o período de traballo na empresa/institución recibirán unha cualificación proporcional ás horas traballadas, inferior sempre a 4,5 (sobre 10). No caso de non poder rematar o período de traballo por causas de forza maior, o estudante poderá alegar perante o/a decano/a do centro, que podera suspender o efecto desta norma de avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica

En cada caso, o titor/a na empresa ou institución e o titor/a académico/a suxerirán as fontes de información más acaídas ao plan de traballo.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas 1/610G01001
Matemáticas 2/610G01002
Física 1/610G01003
Física 2/610G01004
Bioloxía/610G01005
Xeoloxía/610G01006
Química Xeral 1/610G01007
Química Xeral 2/610G01008
Química Xeral 3/610G01009
Laboratorio de Química 1/610G01010
Química Analítica 1/610G01011
Química Analítica 2/610G01012
Química Física 1/610G01016
Química Física 2/610G01017
Química Inorgánica 1/610G01021
Química Inorgánica 2/610G01022
Química Orgánica 1/610G01026
Química Orgánica 2/610G01027
Química, Información e Sociedade/610G01031
Laboratorio de Química 2/610G01032

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Traballo de fin de Grao/610G01043

Observacións

Ë recomendable tentar cursar as prácticas pre-profesionais durante o verán anterior a comenzar o cuarto curso, co fin de que o segundo semestre quede máis despexado a nivel horario.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías