Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Física Código 610G02002
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Domínguez Pérez, Montserrat
Correo electrónico
montserrat.dominguez.perez@udc.es
Profesorado
Cabeza Gras, Oscar
Domínguez Pérez, Montserrat
Garcia-Garabal Mosquera, Sandra Maria
Segade Zas, Luisa Maria
Correo electrónico
oscar.cabeza@udc.es
montserrat.dominguez.perez@udc.es
sandra.garcia-garabal@udc.es
luisa.segade@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Física está plantexada co fin de que os alumnos adquiran unha serie de coñecementos sobre os conceptos físicos básicos e a súa aplicabilidade na Bioloxía, os cales serán necesarios para abordar o estudo doutros campos e materias dentro da titulación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A22 Describir, analizar, avaliar e planificar o medio físico.
A26 Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B8 Sintetizar a información.
B10 Exercer a crítica científica.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os conceptos básicos de Física nas súas diferentes ramas: Mecánica, Física de Fluídos, Ondas, Termodinámica, Electromagnetismo e óptica A22
B2
Saber relacionar os conceptos físicos coa Bioloxía A26
B10
Aplicar os coñecementos teóricos á resolución de problemas básicos de física, orientados a fenómenos biolóxicos A22
A26
B1
B2
B8
Coñecer e familiarizarse coas metodoloxías, fontes bibliográficas e termos técnicos propios da Física, usando o método científico para o seu estudo A30
B3
B4
Aprender as técnicas básicas do Laboratorio de Física, así como aprender a medir magnitudes físicas fundamentais como poden ser a densidade, viscosidade, tensión superficial, calor específica... A26
A30
A31
B5
B8

Contidos
Temas Subtemas
Introdución á Física
.


Magnitudes físicas.
Medida, dimensións e unidades.


Análise vectorial Vectores. Tipos. Compoñentes
Operacións con vectores
Momento dun vector
Descrición do movemento Cinemática. Movemento. Características
Velocidade e aceleración
Análise de distintos tipos de movementos
Movemento e forzas Dinámica. Leis de Newton
Cantidade de movemento
Forza da gravidade
Tipos de forzas
Rozamento
Estudo do equilibrio Principios da Estática
Centro de gravidade
Momento de inercia. Teorema de Steiner
Biomecánica. Leis de escala Forza muscular. Momento
Leis de escala. Ritmo metabólico
Enerxía mecánica. Conservación Traballo e potencia
Enerxía potencial e cinética
Conservación da enerxía total
Medios deformables Elasticidade. Lei de Hooke
Tracción. Módulo de Young
Contracción lateral. Coeficiente de Poisson
Coeficiente de compresibilidade
Flexión
Cizalla
Torsión.
Estudo dos fluidos perfectos. Estática e dinámica Densidade e peso específico
Presión. Unidades e medida
Ecuación fundamental da Hidrostática
Principios de Pascal e Arquímedes
Ecuación de continuidade
Teorema de Bernouilli. Aplicacións
Fluidos reais Viscosidade
Modos de circulación de fluidos
Número de Reynolds
Réximen laminar. Ecuación de Poiseuille
Medida da viscosidade. Viscosímetro de Ostwald
Movemento de sólidos no seno de fluidos

Fenómenos de superficie Forzas moleculares. Tensión superficial
Lei de Laplace
Capilaridade. Lei de Jurín
Movementos armónico e ondulatorio Movemento armónico simple. Péndulo
Clases de ondas
Ecuación do movemento ondulatorio.
Velocidade de propagación das ondas
Enerxía e intensidade do movemento ondulatorio
Efecto Doppler
Acústica. Ultrasóns Velocidade do son
Cualidades do son
Sensación sonora
Reverberación
Ultrasóns
Termodinámica. Temperatura. Sistemas termodinámicos
Variables termodinámicas
Equilibrio termodinámico
Proceso termodinámico
Principio cero da Termodinámica. Temperatura.
Medida da temperatura. Escalas e termómetros

Estudo dos gases. Ecuacións de estado Gases ideais. Leis
Ecuación de estado dun gas ideal
Gases reais. Ecuación de Van der Waals
Teoría cinética dos gases
Primeiro Principio da Termodinámica. Calor e traballo.
Enerxía interna
Traballo termodinámico
Diagrama pV
Calor. Natureza. Efectos
Transmisión da calor
Enerxía interna
Primer Principio da Termodinámica.
Entalpía
Transformaciones dos gases ideais

Segundo Principio da Termodinámica.
Concepto de Máquina Térmica
Enunciados do Segundo Principio da Termodinámica
Ciclo de Carnot
Concepto de Entropía. Cálculos

Conceptos de electricidade e biomagnetismo Carga eléctrica. Lei de Coulomb
Campo e potencial eléctricos
Dipolos
Capacidade. Condensadores
Intensidade da corrente. Lei de Ohm
Resistencia eléctrica
Enerxía da corrente eléctrica
Forza magnética sobre unha partícula
Leis de Laplace y Faraday
Correntes alternas


Radiación e radioactividade Relación de De Broglie
Enerxía de enlace. Pérdida de masa
Fisión e fusión
Radiactividade. Semidesintegración.
Dosimetría física e biolóxica
Efectos biolóxicos da radiación ionizante
Nocións de Optica Ondas electromagnéticas
Espellos e lentes
Instrumentos ópticos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B1 1 0 1
Análise de fontes documentais A26 B8 0 3 3
Prácticas de laboratorio A26 A30 A31 B5 B8 14 14 28
Solución de problemas A22 A26 B1 B2 B8 8 24 32
Proba obxectiva A22 A26 B2 B10 4 0 4
Sesión maxistral A22 B1 B3 B10 28 42 70
Traballos tutelados B3 B4 B5 B8 B10 0 9 9
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O primeiro día de aulas falicitarase o programa da materia, a metodoloxía, os criterios de avaliación, así como un calendario detallado de cada unha das actividades. Esta información quedará ao alcance do alumno na plataforma Moodle.
Análise de fontes documentais Indicarase aos alumnos as fontes bibliográficas necesarias, tanto de problemas coma dos temas teóricos e traballos tutelados, ao obxecto de que poidan consultar ou ampliar os aspectos tratados na aula. As titorías individuais permitirán reforzar este campo.
Prácticas de laboratorio Nas seis sesións de laboratorio os alumnos traballarán en grupos de dous, realizando diferentes prácticas. Facilitaráselles un guión de cada práctica así como o material necesario para a súa montaxe e realización, estando atendido en cada momento polo profesor que lles resolverá aquelas dúbidas que vaian xurdindo.
Ao finalizar as prácticas, cada grupo haberá de presentar unha memoria na que se recolla o traballo realizado e os resultados obtidos.
Con anterioridade ás sesións prácticas está prevista unha sesión de aula na cal se explicará a forma de realizar as prácticas e a expresión dos resultados en forma numérica e/ou gráfica, coa indicación das incertezas.
Solución de problemas Unha vez finalizada a exposición teórica dos contidos de cada un dos bloques temáticos, dedicaranse sesións de aula á resolución de problemas de aplicación. Os problemas propostos entregaranse previamente por medio de boletíns. Neles, xunto cos enunciados, figurarán os resultados, ao obxecto de que os alumnos poidan ir realizando un proceso continuo de autoavaliación. Estes boletíns serán de dous tipos: uns xenerais (para todos os alumnos de gran grupo) e outros complementarios que se entregarán aos distintos grupos reducidos.
As sesións de seminario dedicaranse á resolución daqueles exercicios que presenten dificultades especiais.
Proba obxectiva Realizaranse dúas probas escritas, unha a mediados do curso e outra ao final, sobre contidos teóricos e problemas. Os alumnos que superen ditas probas estarán exentos de examinarse deses contidos no exame final de xuño (ou xullo).
Sesión maxistral O contido básico dos bloques temáticos será abordado na aula mediante explicacións impartidas polo profesor, procurando que os alumnos participen activamente ao longo das sesións. Ao final de cada sesión colgaranse no Moodle os contidos básicos dos temas vistos.
Traballos tutelados Con carácter voluntario propoñeranse aos alumnos traballos complementarios. A realización do traballo farase en grupos cuxa composición se estruturará no seu momento, dependendo do total de alumnos matriculados. Estes traballos estarán enfocados cara a aplicacións concretas no campo da Bioloxía.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Atenderase aos alumnos, a título individual, en todos aqueles aspectos teórico-prácticos que así o esixan: orientación sobre fontes documentais, aspectos concretos a tratar dentro dos traballos tutelados e dúbidas que se lle presenten tanto nos temas teóricos coma na resolución de problemas.

ALUMNOS A TEMPO PARCIAL: os alumnos que se acollan á modalidade de matrícula a tempo parcial recibirán unha orientación específica para planificar as súas tarefas de xeito semanal.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A26 A30 A31 B5 B8 A cualificación total das prácticas representará 1,5 puntos sobre a nota global final e a avaliación realizarase en base á memoria presentada.
A asistencia á sesión de aula previa e ás sesións de laboratorio é condición necesaria para ser avaliado, por tanto, son de carácter obrigatorio.
Consideraranse superadas as prácticas ao alcanzar un mínimo de 0,7 puntos sobre 1,5.
15
Solución de problemas A22 A26 B1 B2 B8 A participación nas sesións de Seminario supoñerá un máximo de 0,5 puntos sobre a nota global final. 5
Proba obxectiva A22 A26 B2 B10 A puntuación de cada unha das dúas probas obxectivas supoñerá un máximo de 3,5 puntos sobre a nota global final. En cada proba a parte teórica supoñerá un máximo de 1 punto e por tanto a parte de problemas os 2,5 puntos restantes.
Establécese como requisito o alcanzar un mínimo de 1,4 puntos sobre o total de 3,5 puntos en cada proba obxectiva parcial para ter opción de superar a materia.
70
Traballos tutelados B3 B4 B5 B8 B10 O traballo tutelado supoñerá un máximo de 1 punto sobre a nota global final. 10
 
Observacións avaliación

CUALIFICACIÓN DE NON
PRESENTADO:

A cualificación de Non
Presentado resérvase para aqueles alumnos que non realicen as prácticas na súa
totalidade e non se presenten ás distintas probas obxectivas. A non presentación ás
probas obxectivas, coas prácticas realizadas e aprobadas, supoñerá a cualificación de
suspenso. Na oportunidade de xullo conservaranse as notas de prácticas, participación
nos seminarios e traballo tutelado.

PRÁCTICAS DE
LABORATORIO:

Dado que a asistencia ás
sesións das prácticas de laboratorio é condición necesaria para ser avaliado, a
non asistencia sen causa xustificada (consultar o listado de causas xustificadas
no Artigo 12 das "Normas da avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario" vixente)
implicaría o seguinte:

a) unha falta non xustificada supón a redución
ao 50 % da nota final obtida,

b) mais dunha falta non xustificada supón o
suspenso da materia.

A realización das prácticas
farase exclusivamente durante o calendario oficial previsto polo centro.

ALUMNOS MATRICULADOS A TEMPO
PARCIAL:

A avaliación dos alumnos
que se matriculen a tempo parcial desglosarase da seguinte forma:

a) As prácticas de
laboratorio representan un valor máximo de 1,5 puntos. Son de carácter obrigatorio
podendo realizarse dentro do calendario oficial en calquera quenda de mañá ou
tarde. No caso de falta non xustificada, aplicaranse os mesmos criterios que se
describiron con anterioridade para os alumnos de matrícula ordinaria.

b) O traballo tutelado
representa un máximo de 1 punto. É de carácter opcional.

c) A proba obxectiva representa
un valor máximo de 7,5 puntos. Poderase realizar por parciais ou nas oportunidades
oficiais. Aplicaranse proporcionalmente os mesmos criterios que se describiron
con anterioridade para os alumnos de matrícula ordinaria.

ALUMNOS CON ADAPTACIÓNS ACADÉMICAS:

No caso de alumnos con necesidades específicas de aprendizaxe e dacordo cas indicacións da Unidad Universitaria de Atención a la Diversidad (ADI), o profesorado adaptará as actividades de avaliación continua e obrigatorias para que o alumno poida optar a superar a materia.

CUALIFICACIÓN DE
SUSPENSO:

O alumno que non alcance
o mínimo esixido nalgunha das actividades, aínda que a nota de todas elas
alcance o aprobado, terá un 4,5 en actas, é dicir, suspenso.


Fontes de información
Bibliografía básica Kane y Sternheim (1994). Física. Barcelona. Reverté.
Cussó, López y Villar (2004). Física de los procesos biológicos. Barcelona. Ariel
Jou, Llebot y Pérez (1994). Física para las ciencias de la vida . Barcelona. Mc. Graw- Hill
Young and Geller (2007). Sears and Zemansky's College Physics. Pearson International Edition

Bibliografía complementaria Hewitt, Suchocki and Hewitt (2010). Conceptual Physical Science Explorations. Pearson International Edition
Hewitt, Suchocki y Hewitt (2016). Física conceptual. Pearson
Tippler, P (2005). Fisica I y II. Barcelona. Reverté
Ortuño (1996). Física para biología, medicina, veterinaria y farmacia . Barcelona. Crítica
Serway, R.A. and Jewitt, J.W. (2014). Physics for Scientist and Engineers. USA. Cengage Learning
Wilson, J.D. and Hernández-Hall, C.A. (2015). Physics Laboratory Experiments. USA. Cengage Learning
Burbano y Burbano (1991). Problemas de Física . Barcelona. Mira
Young, H.D. and Geller, R.M. (2007). Sears and Zemansky's College Physics. USA. Pearson
Feynman, R. P. (2005). The Feynman lectures on physics. Vol. I, II and III. Addison-Wesley


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas/610G02003

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías