Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Xeoloxía Código 610G02004
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Grandal D`Anglade, Aurora
Correo electrónico
aurora.grandal@udc.es
Profesorado
Bao Casal, Roberto
Blanco Calvo, Luis Alejandro
Sanjurjo Sanchez, Jorge
Taboada Castro, Maria Teresa
Correo electrónico
roberto.bao@udc.es
alejandro.blancoc@udc.es
jorge.sanjurjo.sanchez@udc.es
teresa.taboada@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende que os alumnos adquiran os coñecementos sobre o medio físico que lles serán necesarios para o desenvolvemento da súa carreira profesional como biólogos. O medio físico (os procesos xeolóxicos internos e externos e os riscos asociados) constitúe a base física dos ecosistemas, das comunidades biolóxicas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
ningunha
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Docencia expositiva, docencia interactiva en grupo reducido, prácticas de laboratorio
*Metodoloxías docentes que se modifican
A saída ao campo substituirase por unha actividade relacionada coa zona de estudo, mediante vídeos e imaxes, e a elaboración dunha memoria descritiva.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
titorías por correo electrónico ou Teams
4. Modificacións na avaliación
ningunha
*Observacións de avaliación:
as probas obxectivas sobre os contidos teóricos terán un caracter eminentemente integrador, e centraranse en reflexións sobre os contidos teóricos
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
non hai

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Catalogar, avaliar e xestionar recursos naturais.
A22 Describir, analizar, avaliar e planificar o medio físico.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
A32 Desenvolverse con seguridade no traballo de campo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.
B10 Exercer a crítica científica.
B13 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir os coñecementos básicos sobre os procesos xeolóxicos internos e externos A6
A22
A30
A31
A32
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B13
Coñecer os riscos asociados aos procesos xeolóxicos A6
A22
A31
A32
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B13
Coñecer a historia da Terra e dentro da mesma a evolución da vida e a súa relación cos grandes cambios no medio físico A6
A22
A30
A31
A32
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B13
Coñecer os recursos naturais A6
A22
A30
A31
A32
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B13

Contidos
Temas Subtemas
I. A formación da Terra 1. Orixe da Terra
2. Estrutura da Terra: modelo xeoquímico
3. Estrutura da Terra: modelo dinámico. Tectónica de Placas
4. Dinámica da Terra: a enerxía da Terra
5. Orixe e evolución da hidrosfera. Orixe e evolución temperá da atmosfera
II.As rochas da Terra 6. As rochas magmáticas: plutónicas e volcánicas
7. As rochas metamórficas. Tipos de metamorfismo
8. As rochas sedimentarias: detríticas, químicas e biolóxicas





III. Xeoloxía Histórica. 9. Estratigrafía e cronoestratigrafía. O tempo en Xeoloxía. Cronoloxía absoluta e relativa. A escala xeocronolóxica. Eóns, eras e períodos
10. O Eón Arcaico.
11. O Eón Proterozoico
12. O Eón Fanerozoico I: o Paleozoico
13. O Eón Fanerozoico II: o Mesozoico
14. O Eón Fanerozoico III: o Cenozoico

IV. Temas complementarios 15. Paleontoloxía humana
16. O cambio climático


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A22 B8 B9 28 70 98
Seminario A22 B4 B5 B6 B7 B8 B10 8 16 24
Saídas de campo A6 A22 A32 B8 B9 5 5 10
Prácticas de laboratorio A22 A30 A31 10 5 15
Proba obxectiva A22 B3 B4 B6 B8 B9 B10 B13 2 0 2
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases maxistrais presenciais de 50 minutos de duración. Na primeira hora de clase explicarase o programa da materia e o método docente que se empregará. As horas seguintes dedicaranse a impartir os contidos teóricos do programa
Seminario Formulación e resolución de problemas e cuestións relacionados directa e indirectamente cos temas desenvolvidos nas clases maxistrais, baixo a dirección do profesor
Saídas de campo Estudo dos afloramientos de corpos rochosos e das súas formas e interpretación da súa xénese e representación. Estudo de formas de relevo e procesos xeolóxicos actuais e fósiles
Prácticas de laboratorio Desenvolvemento do temario práctico con observacións sobre material escollido e utilización de criterios de clasificación. Formulación de exercicios conceptuais
Proba obxectiva
Exercicio composto por unha relación de preguntas sobre calquera contido da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Saídas de campo
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial para o alumnado co profesor, polo que implica unha participación obrigatoria para o alumnado. A forma e o momento no que se desenvolverán indicaranse en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia. A solución de problemas prácticos en talleres servirán para constatar e orientar os contidos da materia e a súa asimilación polos alumnos ao ter lugar en grupos reducidos. Este seguimento tamén pode ter lugar en grupos reducidos durante as prácticas de laboratorio e no campo. A atención personalizada pode levarse a cabo de forma non presencial a través do correo electrónico ou do campus virtual. Esta modalidade non presencial será a que se desenvolva principalmente para alumnos con dedicación a tempo parcial ou a distancia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A22 B4 B5 B6 B7 B8 B10 Avaliación continua da capacidade para obter, seleccionar e comprender a información. Procesado e síntese da mesma. Avaliación do traballo en equipo. 10
Saídas de campo A6 A22 A32 B8 B9 Valoraranse as observacións e atención, así como a aplicación dos coñecementos á hora de interpretar as observacións, mediante unha memoria de campo. 10
Prácticas de laboratorio A22 A30 A31 A avaliación virá da asistencia e realización das prácticas, así como de probas prácticas durante as mesmas. 10
Sesión maxistral A22 B8 B9 Expoñeranse os temas nos 40-45 minutos iniciais, e finalizaranse as sesións con actividades interactivas para facer reflexionar aos alumnos sobre os contidos presentados. 70
 
Observacións avaliación

É obrigatoria a asistencia ao 80% de todas as actividades programadas.
Para superar a materia é necesario obter en cada unha das actividades como mínimo un 4,5 sobre 10 e ter unha cualificacion global de 5 sobre 10.
Para obter a cualificación de non presentado (NP) bastará con non presentarse ao exame final ordinario.

Quen non aproben o curso mediante actividades de avaliación continua
deberán realizar o mesmo tipo de actividades de forma autónoma, aínda
que baixo a supervisión do persoal docente.

Tanto no exame final como na segunda oportunidade en xullo, manteranse
as cualificacións das actividades aprobadas anteriormente e só terán que
ser avaliadas as que non fosen aprobadas.

- A avaliación dos contidos teóricos (incluída a escala xeocronolóxica)
realizarase mediante un exame escrito, presencial ou por medios
telemáticos se fose necesario.

- A proba de contidos do traballo en grupo reducido consistirá na
resolución dunha pregunta similar ás formuladas durante o curso mediante
o uso de bases de datos bibliográficas (Web of Science).

- A avaliación do traballo de laboratorio consistirá na entrega dun
traballo sobre recoñecemento de rocas

- A avaliación da actividade sobre o terreo consistirá na entrega dun
traballo bibliográfico sobre os aspectos xeolóxicos da zona de estudo
elixida para este curso.

Os estudantes a tempo parcial ou con exención de asistencia deben compensar a non asistencia ás actividades a través do
mesmo sistema descrito.


Fontes de información
Bibliografía básica

Recomendaranse textos durante o curso a medida que se necesiten durante a explicación teórica. Os textos recomendados son os que traten o tema de Xeoloxía xeral existentes na biblioteca da Facultade de Ciencias. Tratarase de proporcionar información específica sobre temas concretos durante a exposición teórica ben nas clases maxistrais ben nos grupos reducidos.

os textos principais son:

•Skinner B. & Porter S. THe Dynamic Earth. An introduction to physical geology. X-440

•Hamblin & Christiansen. Earth’s Dymamic Systems. X-447 and X-860

•Wicander & Monroe. Historical Geology. X-330 -333

•Wicander & Monroe. The changing Earth. X-366

•Cowen. History of Life. X-132 - 135)

•Levin. The Earth through time. X-850 – 852

•Mazen. The story of Earth. The first 4.5 billion years, from stardust to living planet  X-37

•Prothero. The story of the Earth in 25 rocks : tales of important geological puzzles and the people who solved them X-39

•Anguita & Moreno. Procesos geológicos internos. X-27

•Anguita. Origen e Historia de la Tierra. X-32

•Tarbuck & Lutgens. Ciencias de la Tierra : Una Introducción a la Geología Física. X-808 - 810

•Mediavilla. La historia de la Tierra. X-792 -793