Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Xeografía física Código 610G02006
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Santos Fidalgo, Luisa
Correo electrónico
luisa.santos@udc.es
Profesorado
Lado Liñares, Marcos
Sanjurjo Sanchez, Jorge
Santos Fidalgo, Luisa
Correo electrónico
marcos.lado@udc.es
jorge.sanjurjo.sanchez@udc.es
luisa.santos@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo xeral e global dos principais elementos da Xeografía da Natureza, das súas relacións internas e dos seus elementos significativos, introducindo o estudo do relevo, do clima, das augas, da biosfera e da paisaxe de modo integrado.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Catalogar, avaliar e xestionar recursos naturais.
A22 Describir, analizar, avaliar e planificar o medio físico.
A23 Avaliar o impacto ambiental. Diagnosticar e solucionar problemas ambientais.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A32 Desenvolverse con seguridade no traballo de campo.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.
B10 Exercer a crítica científica.
B11 Debater en público.
B12 Adaptarse a novas situacións.
B13 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Desenvolvemento das capacidades de interpretación e síntese da información que suministra a bibliografía, os distintos tipos de cartografía e a fotointerpretación. A6
A22
A23
A30
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
Traballar de forma autónoma con iniciativa, procura de bibliografía e datos en diversas fontes. A6
A22
A23
A30
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
Adquisición dun desenvolvemento adecuado das capacidades de aplicación, análise e valoración dos coñecementos adquiridos no contexto práctico que o futuro exercicio profesional esixe. A6
A22
A23
A30
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13

Contidos
Temas Subtemas
I. INTRODUCIÓN 1. Xeografía Física: concepto, división e relación con outras ciencias
2. O sistema Terra e os seus subsistemas
3. A superficie terrestre. Topografía global
II. A ATMÓSFERA E O SISTEMA HIDROLÓXICO DA TERRA 4. Composición e estructura da atmosfera
5. A enerxía do sistema atmosférico
6. Ventos e circulación atmosférica
7. Interacción océano-atmosfera. Circulación oceánica
8. Humidade atmosférica e balance hídrico
9. Formas de precipitación, masas de aire e sistemas frontais
10. Zonación climática da Tierra
11. O cambio climático
III. A BIOSFERA 12. Clima, solo, flora e fauna
13. Formación do solo, propiedades e clasificación
14. Procesos bioxeográficos. Fitoxeografía e Zooxeografía
IV. A EVOLUCIÓN DO RELEVO E DA PAISAXE 15. Meteorización e movementos de masas
16. Sistemas fluvial e lacustre
17. Sistemas costeiros
18. Sistema cárstico
19. Sistema glaciar
20. Sistema desértico

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B1 B3 28 70 98
Prácticas de laboratorio A30 10 5 15
Traballos tutelados A6 A22 A23 B2 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 B13 8 16 24
Saídas de campo A32 5 5 10
Proba obxectiva B8 2 0 2
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Trátase de asimilar uns contidos teóricos básicos a partir das clases maxistrais.
Prácticas de laboratorio As prácticas representan un complemento indispensable ás leccións teóricas. Nelas abordarase a aprendizaxe dos métodos e técnicas máis comúns para o tratamento da información xeográfica. O obxectivo será que o alumno desenvolva as capacidades de interpretación, síntese e análise da información que suministra a bibliografía, a cartografía, e a fotoxeoloxía, grazas ó coñecemento global da materia e da súa aplicabilidade. Ademais preténdese que o alumno adquira nocións básicas acerca da utilización da información xeográfica e da súa análise espacial empleando ferramentas informáticas (Sistemas de Información Xeográfica).
Traballos tutelados Estes consistirán na elaboración de temas ou traballos individuais ou en grupos, propostos polo profesor, sobre diversos aspectos da materia. Requírese: búsqueda e manexo da información, esquematización das ideas principais, división do traballo, discusión en grupo e exposición dos contidos na clase. Asimesmo os alumnos poderán participar voluntariamente nunha actividade de Aprendizaxe-Servizo (ApS). Os resultados das actividades expostas anteriormente serán avaliados. O profesor asesorará permanentemente o desenvolvemento das diferentes actividades da aprendizaxe.
Saídas de campo Complemento do resto das actividades.
Proba obxectiva Cuestionarios eliminatorios dos contidos teóricos da asignatura, consistentes en preguntas curtas ou de tipo test e comentarios e identificación de diagramas ou fotografías.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Saídas de campo
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos do traballo presencial para o alumnado co profesor, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado. A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso según o plan de traballo da materia.

A vía non presencial para a atención personalizada realizarase mediante correo electrónico, plataforma virtual ou medios semellantes.

Os estudantes co recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia tamén poderán entregar o traballo aos docentes e disporán da mesma estrutura de tempos e esquema para recibir atención personalizada dos profesores, tanto pola vía presencial como a non presencial.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A30 Avaliación continua. 20
Traballos tutelados A6 A22 A23 B2 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 B13 Traballos elaborados polos alumnos e presentación dos mesmos. 30
Proba obxectiva B8 Cuestionarios eliminatorios dos contidos teóricos da asignatura. 50
 
Observacións avaliación

A asistencia ás clases prácticas de gabinete (incluíndo a entrega dos exercicios solicitados) e a elaboración dos traballos de seminario son condicións necesarias para ser avaliado. A participación nas prácticas e realización do traballo suporá o 50% da cualificación final (prácticas: 20% e traballo: 30%). Os exames dos contidos teóricos representan o 50% da mesma. Para superar a materia, a teoría ten que estar aprobada (5 sobre 10 en cada proba). Adicionalmente valorarase a presentación dos seminarios, así como a participación activa neles, asistencia e participación nas tutorías, saída campo, visita AEMET, etc., puidendo aumentar ata un punto o valor da cualificación final. Os alumnos que non superen o exame eliminatorio serán avaliados nos exames oficiais das convocatorias de Xuño e Xullo. Nestas convocatorias avaliarase do mesmo xeito (porcentaxes), mediante exame dos contidos teóricos e prácticos e entrega dos traballos de seminario. En todas elas, manterase a cualificación dos traballos realizados, aínda que se poderá presentar outro que supere a cualificación obtida previamente. Para obter a cualificación de NON PRESENTADO, os alumnos non poderán participar en máis dun 40% das actividades avaliables programadas.

Todas as observacións previas son aplicables aos estudantes a tempo parcial. Casos excepcionais: no caso de que o estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera realizar todas as probas de avaliacion continua, o Profesor/es adoptará/n as medidas que considere/n oportunas a tal efecto. Para a concesión das Matrículas de Honra priorizarse aos alumnos de primeira oportunidade.













Fontes de información
Bibliografía básica

De Blij, H.J., Muller, P.O. y Williams, R.S. 2004. Physical Geography. The global environment. Oxford University Press, Oxford.

López Bermúdez, F., Rubio Recio, J.M. y Cuadrat, J.M. 1992. Geografía Física. Cátedra, Madrid.

Strahler, A.N. y Strahler, A.H. 1994. Geografía Física. Omega, Barcelona.

Bibliografía complementaria

Briggs, D. y Smithson, P. 1992. Fundamentals of Physical Geography. Routledge, London

Gabler, R.E., Sager, R.J., Wise, D.L. y Petersen, J.F. 1999. Essentials of Physical Geography. Thomson Learning, London.

Strahler, A.N. y Strahler, A.H. 2002. Physical Geography: science and systems of the human environment. John Wiley and Sons, New York.

Hamblin, W.K. y Christiansen, E.H. 2001. Earth’s Dynamic Systems. Prentice Hall, London.

Skinner, B. J. & Porter, S. C. 1995. The Dynamic Earth. An Introduction to Physical Geology. John Wiley and Sons, New York.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xeoloxía/610G02004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Ecoloxía I: Individuos e ecosistemas/610G02039
Ecoloxía II: Poboacions e comunidades/610G02040
Edafoloxía/610G02045

Observacións

Recoméndase ter superada a materia do primeiro cuatrimestre “Xeoloxía”. Recoméndase a asistencia e participación nas clases teóricas. Recoméndase o coñecemento do idioma inglés cun nivel de comprensión de lectura medio. Requírese saber redactar, sintetizar e presentar ordenadamente un traballo, así como a aplicación a un nivel de usuario de ferramentas informáticas (uso de Internet, procesador de textos, presentacións, etc.).



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías