Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Citoloxía Código 610G02007
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Manso Revilla, Maria Jesus
Correo electrónico
maria.jesus.manso@udc.es
Profesorado
Díaz Prado, María Luz
Folgueira Otero, Mónica
Manso Revilla, Maria Jesus
Yañez Sanchez, Julian
Correo electrónico
luz.diaz@udc.es
m.folgueira@udc.es
maria.jesus.manso@udc.es
julian.yanez@udc.es
Web
Descrición xeral O curso atópase no primeiro ano do grao e o único precedente que a meirande parte dos alumnos ten, provén dos coñecementos da bioloxía na educación secundaria. O curso está incluído no núcleo de formación básica común, así que atópase no primeiro semestre do primeiro curso para facilitar aos alumnos as habilidades básicas necesarias para outras materias. Aínda que o curso denominase de forma abreviada Citoloxía, os contidos axustanse máis a unha Bioloxía Celular onde se teñen en conta de modo integrado outros aspectos ademáis dos meramente estructuráis.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A4 Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B9 Formarse unha opinión propia.
B11 Debater en público.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as características e propiedades dos diferentes tipos celulares como unidades anatómicas e funcionais dos seres vivos, su posible orixe e interrelación A1
B4
B9
B11
Coñecer a estructura, orixe e función dos compoñentes celulares, facendo especial énfasis nas células eucariotas A1
A4
B4
B9
B11
Coñecer os mecanismos que subxacen á dinámica dos procesos vitais e sociales das células A1
B4
B9
B11
Coñecer e familiarizarse coas metodoloxías, fontes bibliográficas e termos técnicos propios da Bioloxía Celular, facendo uso nalguns casos do método científico para o seu estudo. A1
A4
A30

Contidos
Temas Subtemas
INTRODUCCIÓN:
Concepto e antecedentes históricos da Bioloxía Celular
Niveles de organización e clasificación dos seres vivos
MEMBRANA PLASMÁTICA E SUPERFICIE CELULAR Estructura e organización da membrana plasmática
Transporte de moléculas a traverso da membrana
A superficie celular
Adhesión e unión celular
CITOSOL E CITOESQUELETO O Citosol
O Citoesqueleto
Estructuras microtubulares complexas
SÍNTESIS E DEGRADACIÓN DE MACROMOLÉCULAS Ribosomas
Retículo endoplasmático
Complexo de Golgi
Lisosomas
A CONVERSIÓN ENERXÉTICA Mitocondrias
Plastidios
Microcorpos
O NÚCLEO CELULAR E A ORGANIZACIÓN DO XENOMA EUCARIÓTICO O Núcleo celular
A Cromatina
Os Cromosomas
O CICLO VITAL DA CÉLULA O ciclo celular
A división celular
A meiose
A morte celular
A CÉLULA NO SEU CONTEXTO SOCIAL Comunicación e sinalización celular
O cancro
Leccións prácticas (prácticas de laboratorio) - Introducción á microscopía óptica
- Estudo de bacterias e fungos
- Estudo de protozoarios (Protista) e células animais
- Estudo de células vexetais
- Observación de estructuras subcelulares vexetais
- Fraccionamento celular
- Estudo dos cromosomas e a mitose
- Tinguido e estudo das células sanguíneas
- Fundamentos da microscopía electrónica


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 21 63 84
Discusión dirixida A1 B4 B9 B11 3 6 9
Prácticas de laboratorio A1 A4 A30 15 15 30
Proba mixta A1 4 4 8
Seminario A1 B4 B9 B11 4 8 12
Lecturas A1 B9 0 3 3
Actividades iniciais A1 1 0 1
Debate virtual A1 B4 B9 0 2 2
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións presenciáis de 50 minutos de duración dalguns dos contenidos correspondentes ao programa. Para un total aproveitamento destas, recoméndase que o alumno lera previamente pola súa conta os aspectos fundamentais de ditos temas nos textos recomendados y completado os cuestionarios referentes ao mesmo.
Discusión dirixida En grupos reducidos de 10 alumnos, trataránse (1) temas de actualidade en bioloxía celular e as súas implicacions, e (2) discutiránse e resolveránse cuestions teórico-prácticas relacionadas cos contenidos da asignatura e que o alumno debe resolver individualmente con anterioridade usando a bibliografía pertinente.
Prácticas de laboratorio Nas prácticas de laboratorio, ademáis de abordar algúns aspectos teóricos relacionados cos aparatos e as metodoloxías experimentais, adquérense as destrezas manuais propias de técnicas citolóxicas sinxelas. O alumno deberá realizar unha memoria donde detallaránse o objextivo de cada práctica ou protocolo seguido e os resultados obtidos, e na que o alumno deberá describir, dibuxar e interpretar as observacions levadas a cabo. A asistencia ás prácticas é condición necesaria para ser evaluado. No caso de darse circunstancias que impidan a súa asistencia, éstas deberán ser comunicadas ó profesor encargado debidamente xustificadas.
Proba mixta Nesta categoría inclúense tanto as dúas probas de control da aprendizaxe que se realizarán ao longo do curso, como o exame final sobor dos contenidos teóricos e prácticos da asignatura, todos elles contendo preguntas de tipo test de dúas entradas y preguntas cortas.
Seminario En grupos reducidos de 10-15 alumnos, traballaranse algúns temas do temario designado con antelación polo profesor, e do que cada alumno elaborará un resumo, esquema (1-2 páxinas) ou glosario de termos do que que terá que entregara copia por escrito ao profesor ao final da sesión. A sesión consiste na posta en común dirixida polo profesor do que os alumnos do grupo teran extraído do seu traballo previo sobre dito tema.
Lecturas Poñeránse ao dispor do alumno dous documentos seleccionados relacionados cos temas introductorios á asignatura para que realice unha lectura comprensiva dos mesmos.
Actividades iniciais Consiste nunha sesión de presentación da asignatura onde expoñeranse e explicaranse a súa estructuración, actividades, criterios de avaliación, etc... contidos na guía docente e na o alumno poderá resolver cualquera dúbida ou cuestión relativa aos mesmos
Debate virtual Propoñeranse temas ou supostos relacionados coa asignatura, que os alumnos terán que construir ao longo do curso con as súas aportacions postas en común no foro e argumentar ou discutir as dos outros.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Discusión dirixida
Prácticas de laboratorio
Descrición
O alumno/a é ceibe de consultar toda-las súas dúbidas xurdidas nas sesions maxistrais e máis extensamente nos seminarios e as discusions dirixidas. Ademáis contará coa posibilidade de resolver calquera dúbida relacionada coa materia nas tutorías persoalizadas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 Ao longo do curso haberá 2 controles así como un exame final dos contidos teóricos e prácticos de toda-la asignatura, todos eles con preguntas de tipo test de duas entradas e preguntas cortas. 90
Prácticas de laboratorio A1 A4 A30 Ao final do período de prácticas, o alumno estará obrigado a presentar un informe sobre as actividades realizadas coa resolución de problemas relacionados con eles. Para a avaliación das prácticas teránse en conta algunhas das prácticas feitas así como certas cuestions seleccionadas do cuestionario asociado ellas. 10
 
Observacións avaliación

A asistencia ás prácticas é condición necesaria para a consideración de presentado e poder presentarse ao exame final.

O exame final na primeira convocatoria (ao rematar o 1º
cuatrimestre) representará o 70% da calificación final e o 30%
restante lo constituirá el promedio dos resultados obtenidos en los 2
controles y la memoria de prácticas (20% y 10%, respectivamente). Considerarase como alumno presentado todo aquel que houbera participado alo menos no 25% das actividades da asignatura (Prácticas mais 1 Seminario).
Adicionalmente, conscientes de que durante o curso os alumnos
comezan a exercitarse en certas competencias transversais (e en
ciertos casos de xeito autónomo), valorarase sempre en modo positivo a
participación activa nos
seminarios e discusions dirixidas. En particular, os
traballos de seminario entregados e o conxunto das aportacions
relevantes feitas polo alumno/a no foro serán valoradas ata
un punto que engadirase á calificación final obtida.

Excepcionalmente, no caso de que o estudante, por razons xustificadas (estudantes con dedicación a tempo parcial ou
circunstancias específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade), non
puidera realizar toda-las probas de avaliación continua, o profesor
adoptará as medidas que estime convintes para non dañar a súa cualificación.

Na segunda convocatoria (exame de Xullo) terase en conta únicamente o resultado do exame para a cualificación
final sempre e cando téñanse realizadas as prácticas, condición
necesaria para ser avaliado, e independentemente da cualificación
obtida nelas.

As matrículas de honra concederánse preferentemente entre os/as alumnos/as presentados na primeira convocatoria.


Fontes de información
Bibliografía básica Karp, G. (2009). Biología Celular y Molecular. McGraw-Hill. Interamericana
Paniagua, R.; Nistal, M.; Sesma, P.; Álvarez-Uría, M.; Anadón, R.; Fraile, B.; Sáez, FJ. (2007). Citología e Histología Vegetal y Animal: Biología celular. Interamericana-McGraw-Hill
Alberts, B. y col. (2011). Introducción a la Biología celular. Panamericana
Cooper, GM. (2010). La célula. Marbán

Bibliografía complementaria Platner, H.; Hentschel, J. (2011). Biología Celular. Panamericana
Lodish, H.; Berk, A.; Zypursky, S.; Matsudaira, P.; Baltimore, D.; Darnell, J. (2005). Biología Celular y Molecular. Panamericana
Alberts, B.; Johnson A.; Lewis, J.; Raff, M.; Roberts, R. & Walter, P (2004). Biología Molecular de la célula. Omega
Pollard, T.D; Earnshaw WC. (2002, 2008). Cell Biology. Saunders


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A adaptación no seu primeiro anona universidade esixe un esforzo importante para todos os alumnos/as. A aprendizaxe inclúe a incorporación de conceptos fundamentais do tema,a familiaridade co traballo de laboratorio, a elaboración de informes de prácticas, a busca e procesamento de información dende distintas fontes e a presentación e defensa de traballos. A brevidade de tempo, e os amplos contidos do curso, poden implicar o risco de que os estudantes non esteán adaptados para o sistema de estudo e de traballo da Universidade, e pode rematar no fracaso se o proceso de adaptación e concienciación non se fan axiña. É moi importante, polo tanto o estudo constante e os repasos periódicos para o avance. Recomenda-se vivamente ler ou traballar o tema das conferencias con antelación, e tomar notas relevantes durante as presentacións dos mesmos, así como completar os cuestionarios relativos a ése tema dentro dos dous días inmediatamente despois da exposición dos contidos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías