Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Histoloxía Código 610G02008
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Castro Castro, Antonio Manuel
Correo electrónico
antonio.castro@udc.es
Profesorado
Alba González, Anabel
Castro Castro, Antonio Manuel
Díaz Prado, María Luz
Lamas Criado, Iban
Manso Revilla, Maria Jesus
Yañez Sanchez, Julian
Correo electrónico
anabel.albag@udc.es
antonio.castro@udc.es
luz.diaz@udc.es
iban.lamas@udc.es
maria.jesus.manso@udc.es
julian.yanez@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral A Histoloxía, xunto coa Citoloxía, integra unha das materias formativa básicas do Grao en Bioloxía, abordando o seu estudo o complexo mundo da célula (Citoloxía) e os seus niveis de organización superiores (Histoloxía). A Histoloxía, por tanto, ten como obxecto de estudo a organización estrutural dos tecidos como asociacións específicas celulares, a súa correlación coa función (fisioloxía) que desempeñan e os procesos de histoxénese. Neste sentido, o seu coñecemento e dominio é imprescindible na formación de todo biólogo, ao tratarse a Histoloxía dunha disciplina básica para que o/as alumno/as comprendan e encaren adecuadamente o resto das materias que integran o Grao, e na súa proxección profesional, especialmente naquelas saídas profesionais relacionadas cos ámbitos sanitario, educativo e investigador.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A4 Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A5 Analizar e caracterizar mostras de orixe humana.
A11 Identificar e analizar material de orixe biolóxica e as súas anomalías.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B8 Sintetizar a información.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a estrutura básica dos diferentes tecidos vexetais e animais. A1
A29
B3
B4
B8
Diferenciar os distintos tipos de tecidos vexetais e animais en preparacións microscópicas e imaxes. A1
A5
A11
A29
A30
B3
B4
Comprender a importancia da interrelación funcional dos distintos tecidos que integran os órganos vexetais e animais. A1
B3
Coñecer a estrutura básica dos distintos órganos vexetais e animais. A1
A29
B3
B4
B8
Coñecer e familiarizarse coa terminoloxía, metodoloxía e fontes bibliográficas propias da Histoloxía. A4
A30
A31
B3
B4
B5
B8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introdución á Histoloxía.
A Histoloxía como disciplina. Concepto de tecido, órgano, aparato e sistema. Métodos de estudo en Histoloxía.
Tema 2. A parede celular vexetal.
Características xerais. Funcións. Composición. Síntese compoñentes. Estrutura: lámina media, parede primaria e parede secundaria. Orixe e formación. Comunicacións intercelulares: plasmodesmos e punteaduras.
Tema 3. Organización histolóxica das plantas vasculares.
Características básicas do corpo vexetal. Desenvolvemento das plantas vasculares. Crecemento primario e crecemento secundario. Tecidos e órganos vexetais. Clasificación dos tecidos vexetais. Organización interna das plantas: disposición dos tecidos vexetais.
Tema 4. Meristemos.
Definición. Caracteres estruturais e función das células meristemáticas. División celular e tipos de tabicación. Clasificación. Meristemos primarios: concepto, tipos, localización e función. Meristemos secundarios: concepto, tipos, disposición e función.
Tema 5. Tecidos vexetais simples.
Parénquima. Características das células parenquimáticas. Orixe. Localización. Tipos e funcións do parénquima.
Colénquima. Características das células colenquimáticas. Orixe. Distribución. Tipos e función do colénquima.
Esclerénquima. Características xerais. Esclereidas e fibras: estrutura, distribución, orixe, tipos e función.
Tema 6. Tecidos vasculares I.
Xilema. Características xerais e función. Compoñentes. Elementos condutores (traqueidas e elementos das traqueas): estrutura, orixe e diferenciación. Traqueas: concepto e tipos. Elementos non condutores: parénquima e esclerénquima asociado. Clasificación. Xilema primario: protoxilema e metaxilema. Tipos. Xilema secundario: formación e organización. Aneis de crecemento. Albura e duramen.
Tema 7. Tecidos vasculares II.
Floema. Características xerais e función. Compoñentes. Elementos condutores (células cribosas e elementos dos tubos cribosos): estrutura, orixe e diferenciación. Células albuminíferas e células acompañantes. Elementos non condutores: parénquima e esclerénquima asociado. Clasificación. Floema primario: protofloema e metafloema. Floema secundario: formación e organización.
Feixes vasculares líbero-leñosos.
Tema 8. Tecidos protectores.
Epiderme. Características xerais. Distribución, orixe e funcións. Estrutura das células epidérmicas. A cutícula: estrutura, composición e función. Estomas: estrutura, orixe, distribución, función e clasificación. Tricomas: concepto, función e clasificación.
Periderme. Concepto. Localización, orixe e función. Compoñentes: felema, felóxeno e felodermis. Lenticelas. Cortiza secundaria.
Tema 9. Tecidos e estruturas secretoras.
Concepto. Clasificación. Estruturas secretoras externas. Estruturas secretoras internas.
Tema 10. Introdución á histoloxía animal.
Os tecidos animais: características xerais, funcións e clasificación. Fecundación e embrioxénese temperá. Histoxénese. Procedencia embrionaria dos tecidos animais.
Tema 11. Tecido epitelial I.
Concepto de epitelio. Orixe. Funcións. Características dos epitelios. Lámina basal. Polaridade. Especializacións. Nutrición. Inervación. Renovación e rexeneración dos epitelios. Clasificación xeral dos epitelios: criterios. Epitelios de revestimento: clasificación, tipos e distribución.
Tema 12. Tecido epitelial II.
Epitelios glandulares. Características xerais. Clasificación. Concepto de glándula. Glándulas exocrinas: estrutura, clasificación e función. Glándulas endocrinas: concepto, localización, organización, tipos celulares e función
Tema 13. Tecido conectivo.

Caracteres xerais. Orixe. Funcións. Clasificación. Tecido conxuntivo: tipos celulares e matriz extracelular. Variedades de tecido conxuntivo: mesénquima, mucoso, laxo, denso, reticular e elástico.
Tema 14. Tecido adiposo. Características xerais. Funcións. Tipos. Tecido adiposo común ou unilocular: características citolóxicas, distribución, fisioloxía e orixe. Tecido adiposo pardo ou multilocular: características citolóxicas, distribución, fisioloxía e orixe.
Tema 15. Tecido cartilaxinoso.
Características xerais. Funcións. Pericondrio. Células da cartilaxe. Matriz cartilaxinosa. Histoxénese e crecemento da cartilaxe. Tipos de tecido cartilaxinoso: cartilaxe hialina, elástica e fibrosa.
Tema 16. Tecido óseo.
Características xerais. Funcións. Periostio e endostio. Constituíntes do tecido óseo: células e matriz ósea. Organización do tecido óseo. Tipos de tecido óseo: reticular e laminar. Estrutura macroscópica: óso esponxoso e óso compacto. Estrutura microscópica do óso: laminillas óseas e osteonas. Histoxénese: consideracións xerais. Osificación intramembranosa e endocondral.
Tema 17. Tecido sanguíneo.
Características xerais. Funcións. Compoñentes. Plasma sanguíneo. Elementos formes. Eritrocitos. Leucocitos granulocitos: neutrófilos, eosinófilos e basófilos. Leucocitos agranulocitos: linfocitos e monocitos. Plaquetas. Estrutura e función.
Hematopoiese: concepto e significado funcional. Medula ósea e diferenciación das células do sangue.
Tema 18. Introdución ao sistema inmunitario.
Características xerais. Tipos de inmunidade: inmunidade innata e adquirida. Características xerais das células do sistema inmunitario. Anticorpos (inmunoglobulinas). Sistema do complemento. Moléculas do complexo maior de histocompatibilidade. Inmunidade humoral e inmunidade celular.
Tema 19. Tecido muscular I.
Características xerais. Tipos e funcións. Tecido muscular estriado esquelético. Organización. A célula ou fibra muscular esquelética: estrutura xeral. A miofibrilla estriada. Unión neuromuscular: placa motora. Mecanismo da contracción muscular.
Tema 20. Tecido muscular II.
Músculo estriado cardíaco e músculo liso.
Tecido muscular estriado cardíaco: xeneralidades. Estrutura da célula muscular cardíaca. Discos intercalares. Regulación.
Tecido muscular liso: características xerais. Estrutura da célula muscular lisa. Regulación. Organización. Distribución.
Tema 21. Tecido nervioso I.
Características xerais e tipos celulares. Organización. A neurona: estrutura, función e clasificación. Neuroglía: características xerais, clasificación, orixe e función. Neuroglía central: tipos, estrutura e función. Neuroglía periférica: tipos, estrutura e función.
Tema 22. Tecido nervioso II.
Fibras nerviosas e impulso nervioso. Fibras nerviosas: xeneralidades e clasificación. Fibra nerviosa amielínica. Fibra nerviosa mielínica: xeneralidades. Estrutura e formación da vaina de mielina. Nervios periféricos. Sinapse: concepto e tipos.
Contidos prácticos.
-Preparación de mostras biolóxicas para a súa observación ao microscopio óptico: Obtención de mostras biolóxicas. Fixación. Inclusión en medios non acuosos (inclusión de mostras en parafina). Inclusión en medios acuosos. Seccionado. Tinción e tipos de colorantes. Montaxe e medios de montaxe.
-Tecidos vexetais e organización da folla: Estrutura histolóxica da folla de anxiosperma-dicotiledónea (en sección transversal). Epiderme e observación de tricomas ou pelos epidérmicos.
-Tecidos vexetais e organización do talo: Estudo dos tecidos condutores en seccións lonxitudinais de talo de Cucurbita. Estrutura do talo primario de monocotiledónea, Zea mays (en sección transversal). Estrutura do talo secundario de ximnosperma-Pinus (en sección transversal).
-Tecidos vexetais e organización da raíz: Estrutura de raíz primaria de Ranunculus (en sección transversal). Estrutura de raíz primaria de monocotiledónea (en sección transversal).
-Tecido epitelial e tecidos conectivos. Observación e identificación de epitelios de revestimento e glandulares, e de diferentes tecidos conectivos (tecido conxuntivo, adiposo e cartilaxinoso): Estrutura da glándula tiroides (glándula endocrina) de mamífero. Estrutura do páncreas (glándula anficrina) de mamífero. Estrutura de traquea de mamífero.
-Tecido óseo: Estudo da estrutura do óso compacto diafisario (en sección transversal). Estudo do proceso de osificación endocondral (en sección lonxitudinal de óso en desenvolvemento).
-Tecido sanguíneo: Estudo (identificación) dos elementos formes en frotis sanguíneo humano. Observación de fotografías e micrografías electrónicas de eritrocitos, leucocitos e plaquetas.
-Tecido muscular: Observación dos diferentes tipos de tecido muscular. Observación de fotografías e micrografías electrónicas de fibras musculares (estriadas e lisas).
-Tecido nervioso: Observación de neuronas, neuroglía e fibras nerviosas en seccións do sistema nervioso central de vertebrados (en tincións arxénticas e/ou hematoxilina-eosina). Estudo da estrutura e ultraestrutura da neurona, fibras mielínicas e amielínicas mediante fotografías e electromicrografías.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 1 0 1
Sesión maxistral A1 A29 27 70.2 97.2
Prácticas de laboratorio A1 A4 A5 A11 A29 A30 A31 B3 B4 B5 15 19.5 34.5
Aprendizaxe colaborativa A1 A29 B3 B5 B8 6 6 12
Proba obxectiva A1 A29 B3 B5 B8 2 0 2
Proba mixta A1 A29 B4 B8 3 0 3
 
Atención personalizada 0.3 0 0.3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Dedicarase unha primeira sesión á presentación da materia onde se exporán os distintos apartados contidos na guía docente (estruturación, competencias, programa-contidos, planificación, metodoloxía, avaliación, recursos bibliográficos, etc.) e onde o alumnado poderá expor calquera dúbida ou cuestión relativa aos mesmos. Tanto a guía docente como os calendarios e horarios do curso poderanse consultar na plataforma Moodle e na web da Facultade de Ciencias da UDC.
Sesión maxistral Ao longo do cuadrimestre impartiranse 27 leccións maxistrais de 50 minutos de duración sobre os contidos básicos correspondentes ao programa. Durante as mesmas o profesor explicará os fundamentos teóricos da materia axudándose de debuxos, esquemas ou presentacións con computador (devanditos contidos poranse a disposición do alumnado a través da plataforma Moodle; xunto con distintos arquivos e ligazóns a páxinas web, vídeos, etc. relacionados cos contidos da materia). O profesor tamén resolverá as dúbidas e cuestións expostas polo alumnado. As explicacións das clases maxistrais deberán ser asimiladas polo alumnado mediante a elaboración de apuntamentos e posterior estudo coa axuda da bibliografía recomendada. Así mesmo, para un total aproveitamento destas, recoméndase que o alumnado revise previamente os aspectos fundamentais dos devanditos temas no material posto á súa disposición a través de Moodle e/ou nos textos recomendados.
Prácticas de laboratorio Impartiranse un total de 15 horas de prácticas de laboratorio (distribuídas en 1 sesión de 1 hora e 7 sesións de 2 horas de duración), sendo estas obrigatorias (e necesaria a súa realización para superar a materia). Consistirán na observación de diferentes preparacións microscópicas e identificación de tecidos e órganos (tanto vexetais como animais), abordándose tamén os fundamentos das técnicas histolóxicas básicas e a súa aplicación. Durante as devanditas sesións, o profesor exporá os obxectivos da práctica e orientará as observacións do alumnado, aclarándolle as dúbidas que poida ter sobre a identidade das estruturas observadas. Para a súa abordaxe porase á disposición do alumnado distinto material de consulta.
Aprendizaxe colaborativa Ao longo do cuadrimestre, dedicaranse 6 sesións, de 50 minutos de duración, a traballar en grupos reducidos (aproximadamente 10 alumnos). Durante as mesmas trataranse e discutiranse diversos temas relacionadas cos contidos da materia, realizándose actividades relacionadas cos mesmos para cuxa resolución se empregará bibliografía específica (impresa ou mediante o emprego de recursos electrónicos).
Proba obxectiva Dedicaranse 2 das sesións en grupos reducidos á realización de probas obxectivas, a fin de coñecer o grao de asimilación dos contidos impartidos. As actividades entregadas serán resoltas en grupos reducidos, supoñendo as mesmas o 10% da cualificación final.
Proba mixta O aproveitamento e rendemento do alumnado serán avaliados de forma continua a través de preguntas tipo test e/ou de resposta curta sobre os contidos das clases maxistrais e sesións en grupos reducidos. Así se poderá coñecer o modo no que o alumnado vai asimilando os contidos e mellorar os procesos en curso e o rendemento alcanzado. Realizaranse dous exames parciais teóricos escritos e un práctico durante o período lectivo da materia (segundo cuadrimestre), así como un exame final para o/as alumno/as que ou ben non superasen devanditos exames teóricos e/ou práctico, ou ben non se presentaran aos mesmos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Descrición
O alumnado é libre de consultar tódalas súas dúbidas durante as sesións teóricas (maxistrais, grupos reducidos) ou prácticas. Así mesmo contará coa posibilidade de resolver calquera dúbida relacionada coa materia asistindo ás titorías individualizadas no horario reservado para iso (ver horario en http://ciencias.udc.es/grao-en-bioloxia).
No caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, éste poderá empregar as mesmas canles ou poderá prantexar as súas dúbidas a través do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A29 B4 B8 Realizaranse dous exames parciais teóricos escritos (e un práctico, ver apartado prácticas de laboratorio) durante o período lectivo da materia (o primeiro dos exames parciais comprenderá os temas 1 ao 9 do programa e representará un 40%, mentres que o segundo dos exames parciais a realizar comprenderá os temas 10 ao 22 e suporá o 60%), así como un exame final para o/as alumno/as que ou ben non superasen os devanditos exames parciais teóricos e/ou práctico, ou ben non se presentaran aos mesmos. Os exames teóricos consistirán en preguntas tipo test (de resposta múltiple) e/ou de resposta curta sobre os contidos das clases maxistrais e sesións en grupo reducido. 65
Proba obxectiva A1 A29 B3 B5 B8 Realizaranse 2 probas (escritas) ao longo do cuadrimestre: a primeira incluirá contidos relacionados coa histoloxía vexetal, e a segunda abordará parte dos contidos relacionados coa histoloxía animal. Ditas probas consistirán nunha combinación de distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de resposta breve, de identificación de esquemas/imaxes, de completar e/ou de asociación.
10
Sesión maxistral A1 A29 A asistencia e participación activa nas clases teóricas (maxistrais e grupos reducidos) e prácticas terase en conta no sistema de avaliación a aplicar. 5
Prácticas de laboratorio A1 A4 A5 A11 A29 A30 A31 B3 B4 B5 O alumnado realizará un exame práctico que suporá o 20% da cualificación final. O exame práctico consistirá na identificación, interpretación e análise de imaxes de cortes histolóxicos e/ou preparacións microscópicas, tanto vexetais como animais. Así mesmo este poderá incluír cuestións relativas aos fundamentos e aplicacións das técnicas histolóxicas básicas.
20
Aprendizaxe colaborativa A1 A29 B3 B5 B8 A asistencia e participación activa nas clases teóricas (maxistrais e grupos reducidos) e prácticas terase en conta no sistema de avaliación a aplicar.
0
 
Observacións avaliación

Consideracións xerais:

O alumnado disporá de dúas oportunidades
oficiais para superar a materia. Así
mesmo, realizaranse 2 exames parciais teóricos e un exame práctico
liberatorios ao longo do cuadrimestre.

Coma xa se indicou, as prácticas son obrigatorias e necesaria a súa realización para superar a materia.

A cualificación de Non
Presentado aplicarase no caso de que o/a alumno/a non
se presentase ás probas correspondentes nas oportunidades oficiais de avaliación.

Aspectos e criterios de avaliación:

1. Alumnado con dedicación completa

Na
oportunidade de final de cuadrimestre teranse en conta, para o cómputo
da cualificación global, os distintos apartados recollidos no sistema de
avaliación, debéndose superar cada un destes para proceder ao cálculo
da cualificación final (global). Como xa se indicou, realizaranse dous
exames parciais teóricos escritos (e un práctico) durante o período
lectivo da materia (o primeiro dos parciais representará un 40%, mentres
que o segundo suporá o 60%), así como un exame final para o/as alumno/as
que ou ben non superasen devanditos exames teóricos e/ou práctico, ou
ben non se presentaran aos mesmos, representando o 65% da cualificación final. O exame práctico suporá o 20% da cualificación final. A realización das actividades expostas (proba obxectiva) durante as sesións en grupo reducido suporá o 10% da cualificación final,
mentres que a asistencia e participación activa nas clases teóricas
(maxistrais e sesións en grupo reducido) e prácticas suporá o 5% da cualificación final.

Na
segunda oportunidade poderase/n recuperar a/s parte/s non
superada/s, teórica (no seu conxunto) e/ou práctica, representando éstas
o 80% e o 20% da cualificación final, respectivamente.

2. Alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia

Tanto
na oportunidade de final de cuadrimestre como na segunda oportunidade teranse en conta, para o
cómputo da cualificación global, a calificación obtida no exame teórico e
a correspondente á parte práctica (ver máis arriba formato de ámbolos
dous exames), representando éstas o 80% e o 20% da cualificación final, respectivamente.

Nota:
Para que se teñan en conta as cualificacións nas distintas actividades
suxeitas a avaliación é preciso superar (alcanzar o 50% da
cualificación) cada un dos apartados que integran o devandito sistema de
avaliación. De non alcanzarse dita puntuación nalgunha delas e aínda
que a media dos distintos apartados sexa igual ou superior a 5 (sobre
10) a materia figurará como suspensa e a cualificación de 4,9.


Fontes de información
Bibliografía básica Evert, RF (2008). Esau Anatomía vegetal. Meristemas, células y tejidos de las plantas: su estructura, función y desarrollo. Ed. Omega. 3ª Edición
Brüel, A, Christensen, EI, Tranum-Jensen, J, Qvortrup, K y Geneser, F (2015). Geneser. Histología. Ed. Médica Panamericana. 4ª Edición
Alonso Peña, JR (2011). Manual de Histología Vegetal. Mundi-Prensa
Ross, MH y Pawlina, W (2016). Ross. Histología. Texto y atlas. Correlación con Biología Molecular y Celular. Ed. Wolters Kluwer, 7ª Edición
Welsch, U (2014). Sobotta. Histología. Con la colaboración de Thomas Deller. Ed. Médica Panamericana. 3ª Edición
Bibliografía complementaria

Histoloxía Vexetal

  • Álvarez Nogal, R 2008, Prácticas de citología-histología de plantas y animales, Universidad de León-Secretariado de Publicaciones, León.
  • Bowes, BG & Mauseth, JD 2008, Plant structure. A colour guide, 2ª edición, Ed. Manson Publishing, Londres.
  • Bracegirdle, B & Miles, PH 1975, Atlas de estructura vegetal, Ed. Paraninfo, Madrid.
  • Cortés, F 1990, Cuadernos de Histología Vegetal, Marban, Barcelona.
  • Esau, K 1985, Anatomía Vegetal, Omega, Barcelona.
  • Evert, RF 2006, Esau´s plant anatomy, Wiley-Interscience, Hoboken.
  • Fahn, A 1985, Anatomía Vegetal, Pirámide, Madrid.
  • Fahn, A 1990, Plant Anatomy, Pergamon Press, Oxford.
  • Gómez Segade, P 2012, Atlas de histología vegetal, Ed. Lulu, Madrid.
  • Krommenhoek, W, Sebus, J & van Esch, GJ 1986, Atlas de Histología Vegetal, Ed. Marban, Madrid.
  • Paniagua, R, Nistal, M, Sesma, P, Álvarez-Uría, M, Fraile, B, Anadón, R & Sáez FJ 2007, Citología e Histología Vegetal y Animal, 4ª edición, McGraw-Hill Interamericana, Madrid.
  • Raven, PH, Evert, RF & Eichhorn, SE 1991, Biología de las plantas, Ed. Reverté, Barcelona.
  • Santamarina Siurana, MP 2009, Atlas de anatomía vegetal, Universidad Politécnica de Valencia, Valencia.
  • Stevenson, FF & Mertens, TR 1990, Anatomía Vegetal, Limusa, México.

 

Histoloxía Animal

  • Bergman, RA, Afifi, AK & Heidger, PM 1997, Histología, McGraw-Hill Interamericana, México.
  • Berman, I 2003, Color atlas of basic histology, 3ª Edición, Lange Medical Books/McGraw-Hill, Nueva York.
  • Bloom, W & Fawcett, DW 1995, Tratado de Histología, Interamericana, Nueva York.
  • Boya Vegue, J 2011, Atlas de histología y organografía microscópica, 3ª edición, Editorial Médica Panamericana, Madrid.
  • Cónsole, G & Vidal, M 2017, Atlas de histología. Clasificación, correlación clínica, autoevaluación, Ediciones Journal, Buenos Aires.
  • Contamina Gonzalvo, P, Parra, P & García Rojo, M 2011, Prácticas de histología: primer curso, Prensas Universitarias, Zaragoza.
  • Cui, D, Naftel, JP, Lynch, JC & Yang, G 2011, Histología con correlaciones funcionales y clínicas, Wolters Kluwer Lippincott Williams & Wilkins, Filadelfia.
  • Eynard, AR, Valentich, MA & Rovasio, RA 2008, Histología y embriología del ser humano: bases celulares y moleculares, 4ª edición, Médica Panamericana, Buenos Aires.
  • Fawcett, D & Jensh, RP 1999, Compendio de Histología, McGraw-Hill Interamericana, Madrid.
  • Fortoul, T 2013, Histología y biología celular, 2ª edición, McGraw Hill, México D.F.
  • Gartner, LP & Hiatt, JL 2008, Texto atlas de Histología, 3ª edición, McGraw-Hill Interamericana, México.
  • Gartner, LP & Hiatt, JL 2011. Atlas en color de histología, 5ª edición, Panamericana, Madrid.
  • Gartner, LP & Hiatt, JL 2011, Histología básica, Elsevier, DL, Barcelona.
  • Geneser, F 1985, Atlas color de Histología, Panamericana, Madrid.
  • Kerr, JB 2010, Functional histology, 2nd edition, Mosby, Sydney.
  • Kierszenbaum, AL & Tres, LL 2012, Histología y Biología Celular. Introducción a la Anatomía Patológica, 3ª edición, Elsevier, Barcelona.
  • Kühnel, W 2005, Atlas color de citología e histología, 11ª edición, Editorial Médica Panamericana, Madrid.
  • Lee, LMJ 2014, Lippincott's pocket histology, Wolters Kluwer. Lippincott Williams & Wilkins, Philadelphia.
  • Leeson, CR, Leeson, TS & Paparo, AA 1990, Texto Atlas de Histología, Interamericana-McGraw-Hill, México.
  • López Rodríguez A & Salguero Molpeceres, O 2012, Iniciación a la microscopía óptica histológica, 2ª edición, Librería Técnica Bellisco: Fundación Universidad Alfonso X el Sabio, Madrid.
  • Lowe, JS & Anderson, PG 2015, Histología humana, 4ª edición, Elsevier, Madrid.
  • Mescher, AL 2013, Junqueira's basic histology: text and atlas, 13th ed., McGraw-Hill, New York.
  • Montuenga, L, Esteban, FJ & Calvo, A 2009, Técnicas en histología y biología celular, Elsevier-Masson, Barcelona.
  • Olmos, G, Miralles, A 2003, Prácticas de citología e histología, Universitat de les Illes Balears, Palma (Islas Baleares).
  • Ovalle, WK & Nahirney, PC 2013, Netter's essential histology, 2nd edition, Elsevier/Saunders, Philadelphia.
  • Paniagua, R, Nistal, M, Sesma P, Álvarez-Uría, M, Fraile, B, Anadón, R & Sáez FJ 2007, Citología e Histología Vegetal y Animal, 4ª edición, McGraw-Hill Interamericana, Madrid.
  • Ponce Bravo, S 2016, Histología básica. Fundamentos de biología celular y del desarrollo humano, Panamericana, Madrid.
  • Ross, MH, Pawlina, W & Barnash, TA 2012, Atlas de histología descriptiva, Panamericana, Buenos Aires.
  • Ruiz, MS, Rodicio, C & Corujo, A 1985, Cuaderno de prácticas de citología e histología vegetal y animal, Universidad de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela.
  • Sepúlveda Saavedra, J & Medina Hernández, RM 2011, Histología. Biología celular y tisular. Instructivo de laboratorio, 5ª edición, McGraw-Hill Interamericana, México.
  • Singh, I 2011, Textbook of human histology: with colour atlas and practical guide, 6th edition, Jaypee Brothers Medical Publishers, New Delhi.
  • Welsch, U 2013, Sobotta: histología. Con la colaboración de Thomas Deller, 3ª edición, Panamericana, Buenos Aires.
  • Wheater, PR 1987, Histología funcional. Texto y atlas en color, 2ª Edición, Ed. JIMS, Barcelona.
  • Young, B & Heath, JW 2000, Wheater´s Histología funcional texto y atlas en color, 4ª edición, Elsevier, Madrid.

 

 

RECURSOS WEB

Xerais

https://books.google.es/

https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed

 

Histoloxía/Organografía vexetal

http://www2.estrellamountain.edu/faculty/farabee/BIOBK/BioBookPLANTANAT.html

http://www.biologia.edu.ar/botanica/index.html

http://images.botany.org/

http://atlasveg.ib.usp.br/English/focara.html

http://www.sbs.utexas.edu/mauseth/weblab/

http://mmegias.webs.uvigo.es/inicio.html

http://www.ujaen.es/investiga/atlas/

 

Histoloxía/organografía animal

http://www.kumc.edu/instruction/medicine/anatomy/histoweb/

http://www.meddean.luc.edu/lumen/MedEd/Histo/frames/histo_frames.html

http://www.udel.edu/Biology/Wags/histopage/histopage.htm

http://www.e-histologia.unileon.es/1inicio/home/Indexhistol800x600.html#Principio

http://www.ujaen.es/investiga/atlas/

http://mmegias.webs.uvigo.es/inicio.html

http://www.lab.anhb.uwa.edu.au/mb140/

http://histologyatlas.wisc.edu/

http://campus.usal.es/~histologia/histologia.htm


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Citoloxía/610G02007

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Bioquímica I/610G02011

Materias que continúan o temario
Organografía microscópica/610G02009
Bioloxía do desenvolvemento/610G02010

Observacións

A brevidade no tempo entraña o perigo de que o/as alumno/as non estean adaptado/as aínda ao sistema de estudo e traballo propio da ensinanza universitaria, e podería levar ao fracaso se o proceso de adaptación e mentalización non se fai convenientemente. Neste sentido, é importante o estudo constante e os repasos periódicos a medida que se avanza nos contidos da materia. Recoméndase ler ou traballar o tema das leccións maxistrais ou sesións en grupo reducido así como tomar notas ou apuntamentos durante as mesmas. Recoméndase ao alumnado que atope unha especial dificultade no seguimento das clases ou na abordaxe dos temas que integran o programa (tanto teórico como práctico) da materia a asistencia ás titorías individualizadas no horario reservado para iso (ver horario en http://ciencias.udc.es/grao-en-bioloxia).




(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías