Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Bioquímica e Bioloxía Molecular Código 610G02013
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Rodriguez Torres, Ana Maria
Correo electrónico
ana.rodriguez.torres@udc.es
Profesorado
Freire Picos, María Ángeles
Rodriguez Belmonte, Esther
Rodriguez Torres, Ana Maria
Vizoso Vázquez, Ángel José
Correo electrónico
maria.freirep@udc.es
esther.belmonte@udc.es
ana.rodriguez.torres@udc.es
a.vizoso@udc.es
Web http://ciencias.udc.es/bcm
Descrición xeral A Bioquímica e a Bioloxía Molecular abordan o estudo da vida ó nivel das moléculas e das interaccions que se dan entre elas. Hoxe en día estos estudos son a base de moitas investigacions (dende investigación biomédica a aspectos moleculares aplicables ó estudo de poboacións naturais, aplicacions agrícolas, medio-ambientais, etc). Nesta asignatura afondarase en aspectos moleculares básicos para a vida dende la síntese de mRNA e proteínas ata a regulación da expresión xénica mediada por sistemas de transducción de señais. Ista asignatura do 3º curso do grado en Bioloxía busca tanto aumentar os coñecementos do alumnado na materia como desenrolar a súa capacidade de relacionar información e aplicala cara á resolución de distintos casos e a proposta de experimentos ou pequenos proxectos de investigación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Illar, analizar e identificar biomoléculas.
A12 Manipular material xenético, realizar análises xenéticas e levar a cabo asesoramento xenético.
A17 Realizar bioensaios e diagnósticos biolóxicos.
A27 Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B10 Exercer a crítica científica.
B11 Debater en público.
B13 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O enfoque das conferencias é mellorar o coñecemento ea capacidade de reflexionar sobre unha disciplina que tamén xa no campo profesional esixen unha boa práctica e unirse aos principios éticos. As prácticas están máis enfocados na experiencia de saber facer e saber ser/estar relacionado co campo de Bioquímica e Bioloxía Molecular. A8
A12
A17
A27
A29
A30
A31
B1
B2
B3
B4
B5
B7
B10
B11
B13

Contidos
Temas Subtemas
1.-Transcrición basal RNA polimerasas elementos do promotor proximal, factores xerais de transcrición Mecanismo da transcrición: inicio elongación e terminación. Técnicas para o estudo de selección dos puntos de inicio e terminación transcripcional e estudo de interaccións acedos nucleicos-Proteínas.
2.-Transcrición regulada e implicación da cromatina na regulación transcripcional. Activadores e represores. Dominios de unión a DNA: Interaccións DNA-Proteínas. Complexos remodeladores da cromatina. Acetilación, desacetilación e outras modificacións de histonas na regulación da expresión génica. Técnicas para o estudo de regulación transcripcional. Exemplos de regulación de xenes concretos.
3.-Procesamiento de RNA e coordinación dos procesos cotranscripcionales en eucariotas Corte e poliadenilación de RNA. Eliminación de intrones. Procesamiento de RNA ribosómico e transferente.
4.-O RNA como regulador da expresión génica Edición de RNA. Control da calidade do mRNA. Papel de SnRNA e regulación da trancripción. sncRNAs e o mecanismo de silenciamiento génico. O RNA antisentido na regulación da tradución. Aplicacións do RNA antisentido. RNomicas.
5.-Tradución de proteínas. Elementos implicados na tradución e pasos esenciais: mRNA, tRNA e ribosomas. Etapas: Inicio, elongación e terminación. Diferenzas en eucariotas. Síntese proteica na mitocondria. Inhibidores traduccionales. Mutacións supresoras.
6.-Procesamiento proteico Modificacións postraduccionales das proteínas. Plegamiento: Chaperonas e Priones. Ubiquitinación e SUMOilación. Degradación programada: o Proteasoma.
7.-Direccionamiento de Proteínas. Translocación cotraduccional e postraduccional. Clasificación e distribución das proteínas recentemente sintetizadas. Tráfico entre nucleo e citoplasma. Regulación do transporte e destino das biomoléculas na célula.
8.-Principios xerais da sinalización celular.
Tipos de comunicación intercelular. Pasos da comunicación intercelular. Organización da sinalización e vías de regulación. As moléculas señalizadoras: tipos e funcións.
9.-Recepción dos sinais e transducción intracelular dos sinais. Receptores de membrana e intracelulares: tipos e mecanismos de activación. Sistemas de segundos mensaxeiros, fervenzas de fosforilación e transducción de sinais ao núcleo.
10.-Exemplos de coordinación da actividade fisiológica. Sinais do crecemento e proliferación celular: regulación do ciclo celular, a apoptosis e o cancro. Sinais da senescencia celular.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A8 A12 A17 A27 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B13 15 22.5 37.5
Solución de problemas A29 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B11 B13 7 14 21
Sesión maxistral A29 B2 B3 B4 B7 B10 B11 B13 24 60 84
Análise de fontes documentais A29 B1 B3 B5 B7 B10 B11 B13 1 2 3
Proba mixta A29 B2 B3 B7 B10 B13 2.5 0 2.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Enfocadas ao estudo da expresión xénica, tanto co traballo en bases de datos, como pola análise de expresión de xenes reporteiros e/ou co estudo de expresión de proteínas.
Solución de problemas Neste apartado se incluira a formulación e resolución de problemas de distinta índole que se traballarán fundamentalmente en grupos reducidos.
Sesión maxistral Exposición oral complementada con medios audiovisuais co fin de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Potenciarase ademais a participación dos alumnos.
Análise de fontes documentais Lectura e comprensión de traballos de investigación.
Proba mixta Proba utilizada para a avaliación dos coñecementos, capacidades, destrezas, aptitudes, actitudes, etc. adquiridos polo alumno ao longo do curso, e que inclúe distintos tipos de preguntas: curtas, de desenvolvemento, de resposta múltiple, etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Sesión maxistral
Análise de fontes documentais
Descrición
As tarefas que deberá realizar o alumnado serán guiadas polo profesorado.

É importante a asistencia a tutorías de modo individual para aclarar dúbidas concretas, de sesións maxistrais ou de tarefas encomendadas. As colectivas son ademais necesarias para comentar formulación e desenvolvemento de seminarios, interpretación de resultados de prácticas, etc.

O horario de TUTORÍAS especificarase ao comezo do curso. Os alumnos tamén poderán solicitar cita previa e resolver dúbidas concretas, por correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A8 A12 A17 A27 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B13 A asistencia é obrigatoria. O alumnos interpretarán os resultados obtidos e presentarán un traballo que incluirá un pequeno proxecto de investigación relacionado co traballado nas prácticas.
20
Proba mixta A29 B2 B3 B7 B10 B13 Avaliaranse os coñecementos adquiridos po-los alumnos-as tanto nas sesions maxistrais como nos problemas traballados en grupo.
50
Solución de problemas A29 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B11 B13 Traballo do alumno no grupos reducidos: seminarios e posibles controis .
22.5
Análise de fontes documentais A29 B1 B3 B5 B7 B10 B11 B13 Actividade de extracción e manexo de información científica e divulgativa que se traballará en grupos e elaboración dunha actividade divulgativa para expoñer na clase de grupos reducidos na que tamén haberá un debate. 7.5
 
Observacións avaliación

.-É necesario ter APROBADAS as 3 partes: Actividades (Controis traballos en Grupos Reducidos_Seminarios) Prácticas e Proba Mixta, de forma independente, para facer a suma e superar a materia.

.-De cara á Cualificación Final, nas Actas (en calquera das 2 oportunidades: Xuño ó Xullo), só se sumaran as notas das partes (Proba Mixta,Prácticas e Seminarios) se na Proba Mixta se alcanza o 45% do seu valor. De non alcanzar o devandito porcentaxe, nas Actas aparecerá só a nota de 4.

.-No exame final da 2ª oportunidade_ Xullo poderase recuperar a nota só das partes da materia teórica (proba mixta) da 1ª oportunidade_Xuño. Non haberá exame de Prácticas na 2ª oportunidade de Xullo. 

.-A asistencia ás prácticas de laboratorio é condición necesaria para ser avaliado. A non asistencia sin unha razón xustificada adecuadamente impide a superación da materia. Os alumnos que superasen as prácticas en cursos anteriores poderán solicitar a sua convalidación.

.-Para obter un Non Presentado os alumnos non poden participar en máis dun 15% das actividades avaliables programadas. 

.-Segundo a normativa de cualificacións e actas nos Graos e Másteres, a Comisión de Calidade da Facultade, acordou a recomendación de que se concederán Matrículas de Honra a aqueles alumnos que obtivesen as máximas cualificacións na primeira avaliación (Xuño).

.-Para os alumnos con dedicación a tempo parcial ou exención de asistencia, na convocatoria de Xuño e Xullo haberá un exame específico de avaliación global
 
.-Excepcionalmente, no caso de que o estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera realizar todas as probas de avaliación continua, o Profesor/es adoptará/n as medidas que considere/n oportunas a tal efecto. 

.-Aparte dos exámes dos alumnos que cursan a asignatura en inglés, e debido ó feito de que o inglés é unha competencia transversal no el Grao en Bioloxía, algúns materiaies e preguntas curtas na clase ou no exame (relacionadas co traballado nos grupos reducidos e nas prácticas) podrían estar en inglés. En caso de dúbida, a profesora axudará ó alumno a entendela pregunta.

Fontes de información
Bibliografía básica Lodish, Berk, Matsudaria, Kaiser et al., (2008). Biología Celular y Molecular. Ed. Médica Panamericana
Karp G. (2011). Biología Celular y Molecular. Conceptos y experimentos. McGraw-Hill Interamericana Eds., S.A. de C.V., traducción de la 6ª ed. de Cell and Molecular Biology
Elliot, W.H. & Elliot, D.C. (2002). Bioquimica y Biologia Molecular. Ariel, S.A.
Stryer,L, Berg, J.M. %Tymoczko, J.L. (2013). Bioquímica: con aplicaciones clínicas. Ed. Reverté, 7ª Ed.
Lewin B. (2011). Genes X. Jones and Bartlett Publishers, LLC
Bruce, Alberts [et al.]. (2008). Molecular biology of the cell. New York : Garland Science, 5th ed.
Lodish, Berk, Krieger, Kaiser et al., (2013). Molecular Cell Biology. WhFreeman
Whitford, D. (2005). Proteins: Structure and Function. John Wiley & Sons, Ltd.
Meister G. (2011). RNA Biology. Wiley-VHH
Herráez, A. (2012). Texto inlustrado de Biología Molecular e ingeniería genética. Elsevier
.-Na plataforma Moodle incluiránse enlaces a páxinas web relacionadas cos diferentes contidos dos temas.
Bibliografía complementaria Krauss, Gerhard. (2008). Biochemistry of signal transduction and regulation.. Weinheim : Wiley-VCH. 2nd ed.
Rhoads R. (2010). miRNA Regulation of the translational machinery. Springer
Dalbey, R.E. & von Heijne, G. (2002). Protein targeting, transport & translocation. Academic Press
Meyers, R.A. (2007). Proteins: from analytical to structural genomics (Volume I and II). Wiley-VCH Verlag GmbH & Co.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Bioquímica I/610212101
Bioquímica II/610212202
Xenética molecular/610G02020

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Fundamentos Bioquímicos de Biotecnoloxía/610212620

Observacións
.-Recoméndase asistir as tutorías tanto grupais como individuais para conseguir mellores resultados.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías