Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Microbioloxía aplicada e control microbiolóxico Código 610G02016
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Torres Vaamonde, Jose Enrique
Correo electrónico
enrique.torres@udc.es
Profesorado
Herrero Lopez, Maria Concepcion
Poza Domínguez, Margarita
Torres Vaamonde, Jose Enrique
Correo electrónico
concepcion.herrero@udc.es
margarita.poza.dominguez@correo.udc.es
enrique.torres@udc.es
Web
Descrición xeral Asignatura na que se tratan os conceptos, procedementos e métodos do control microbiolóxico, a interacción normal e patóxena dos microorganismos con animais, os coñecementos básicos da microbioloxía ambiental e a aplicación dos microorganismos nos procesos industriais a grande escala.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A2 Identificar organismos.
A4 Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A9 Identificar e utilizar bioindicadores.
A11 Identificar e analizar material de orixe biolóxica e as súas anomalías.
A13 Realizar o illamento e cultivo de microorganismos e virus.
A14 Desenvolver e aplicar produtos e procesos de microorganismos.
A15 Deseñar e aplicar procesos biotecnológicos.
A21 Deseñar modelos de procesos biolóxicos.
A25 Desenvolver e aplicar técnicas de biocontrol.
A27 Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.
B10 Exercer a crítica científica.
B11 Debater en público.
B12 Adaptarse a novas situacións.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Función e aplicacións dos microoganismos no ámbito clínico, ambiental e industrial. A1
A4
A11
A14
A15
A21
A30
A31
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C3
C6
C8
Coñecer e utilizar métodos e técnicas empregados no control microbiolóxico. A1
A2
A4
A9
A13
A14
A15
A25
A27
A30
A31
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C3
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
UNIDADE 1. - CONCEPTOS E PROCEDEMENTOS DO CONTROL MICROBIOLÓXICO TEMA 1. - CONTROL POR AXENTES FÍSICOS

TEMA 2. - CONTROL POR AXENTES QUÍMICOS

TEMA 3. - AXENTES ANTIMICROBIANOS QUIMIOTERAPÉUTICOS
UNIDADE 2. - MÉTODOS DO CONTROL MICROBIOLÓXICO DA CALIDADE TEMA 4. - IMPORTANCIA DO CONTROL MICROBIOLÓXICO DE CALIDADE: CRITERIOS MICROBIOLÓXICOS

TEMA 5. - MOSTRAXE: PLANS OU PROGRAMAS DE MOSTRAXE MICROBIOLÓXICA

TEMA 6. - PROCEDEMENTOS DE ANÁLISE MICROBIOLÓXICA DE PRODUTOS COMERCIAIS

TEMA 7. - INDICADORES MICROBIOLÓXICOS DE CALIDADE E INOCUIDADE
UNIDADE 3. - MICROORGANISMOS E ENFERMIDADE TEMA 8. - MICROBIOTA NORMAL. PATOXENICIDADE MICROBIANA

TEMA 9. - INTERACCIÓN MICROBIANA COAS DEFENSAS DO HOSPEDADOR

TEMA 10. - INMUNOPATOLOXÍA E TERAPÉUTICA INMUNOLÓXICA

TEMA 11. - TÉCNICAS INMUNOLÓXICAS PARA A DETECCIÓN E IDENTIFICACIÓN DE MICROORGANISMOS
UNIDADE 4. - MICROBIOLOXÍA AMBIENTAL TEMA 12. - OS MICROORGANISMOS COMO COMPOÑENTES DOS ECOSISTEMAS. CICLOS BIOXEOQUÍMICOS

TEMA 13. - INTERACCIÓNS MICROBIANAS

TEMA 14. - MICROORGANISMOS EN AMBIENTES NATURAIS
UNIDADE 5. - UTILIZACIÓN E APLICACIÓNS INDUSTRIAIS DOS MICROORGANISMOS TEMA 15. - MICROORGANISMOS INDUSTRIAIS E FORMACIÓN DE PRODUTOS

TEMA 16. - ENXEÑARÍA XENÉTICA: PRINCIPIOS BÁSICOS E APLICACIÓNS

TEMA 17. - PROCESOS INDUSTRIAIS. BIORREACTORES. ESCALADO E PROCESADO

TEMA 18. - CRECEMENTO DOS MICROORGANISMOS EN SISTEMAS INDUSTRIAIS
UNIDADE 6. - PRODUTOS INDUSTRIAIS UTILIZANDO MICROORGANISMOS TEMA 19. - FERMENTACIÓN ALCOHÓLICA

TEMA 20. - FERMENTACIÓN LÁCTICA

TEMA 21. - PRODUCIÓN DE ÁCIDOS ORGÁNICOS, ANTIBIÓTICOS, VITAMINAS E ENCIMAS
PRÁCTICAS DE LABORATORIO Práctica 1. Fermentación alcohólica

Práctica 2. Fermentación láctica

Práctica 3. Obtención de metabolitos microbianos de interese

Práctica 4. Determinación da sensibilidade aos antibióticos das bacterias

Práctica 5. Control de microorganismos por axentes físicos

Práctica 6. Determinación experimental do tempo de redución decimal: obtención do valor D

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A15 A21 A25 B9 B8 B7 B6 B3 B12 B11 B10 C3 C6 C8 30 67.5 97.5
Prácticas de laboratorio A1 A2 A4 A9 A11 A13 A14 A25 A30 A31 15 15 30
Solución de problemas B2 B4 B5 6 9 15
Proba mixta A14 A15 A21 A27 B2 2.5 0 2.5
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizarase a exposición, por parte dos profesores/ás responsables, dos contidos teóricos da materia. Na exposición utilizaranse distintos recursos baseados en TICs e na utilización de recursos web.
Prácticas de laboratorio As prácticas son se asistencia obrigatoria. Nas sesións de laboratorio realizaranse na práctica os procesos que foi exposto nas sesións maxistrais.
Solución de problemas Poñerase en práctica a resolución de problemas relativos a diferentes aspectos do contido da materia. Os coñecementos adquiridos na resolución de problemas serán valorados na proba mixta.
Proba mixta Realizarase unha a proba escrita sobre os contidos explicados nas sesións maxistrais e na resolución de problemas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Proba mixta
Descrición
Dentro da atención personaliza inclúense titorías, tanto para as sesións teóricas (sesións Maxistrais) coma para as sesión de resolución de problemas e as prácticas de laboratorio. Tamén se poden incluír sesións de preparación dos exames de teoría e de prácticas. Tamén se reservan horarios específicos de Atención Personalizada para a revisión das probas, prácticas e demais aspectos que se avalían na Proba Mixta.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas B2 B4 B5 Realizarase unha avaliación continua da elaboración de problemas e cuestionarios, os cales serán avaliados e supoñerán o 10% da nota final. Ademais, os coñecementos adquiridos na resolución de problemas serán valorados na proba mixta. 10
Prácticas de laboratorio A1 A2 A4 A9 A11 A13 A14 A25 A30 A31 Asistencia obrigatoria. Avaliación continua durante o desenvolvemento destas (5%). Exame (15%). 20
Sesión maxistral A15 A21 A25 B9 B8 B7 B6 B3 B12 B11 B10 C3 C6 C8 Avalíase a través da proba mixta. 0
Proba mixta A14 A15 A21 A27 B2 Proba escrita dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais (50%) e na resolución de problemas (20%). 70
 
Observacións avaliación
A asistencia ás sesións de resolución de problemas e ás prácticas de laboratorio é obrigatoria.

A non realización das prácticas impide a superación da materia, polo que aqueles alumnos que non as realicen non poden presentarse a exame (proba mixta).

O alumno deberá superar tanto as prácticas coma a proba mixta para superar a materia.

Para superar as prácticas, ademais da asistencia, é imprescindible aprobar o exame correspondente.

Para a avaliación continua, no que se refire á resolución de problemas, cada estudante deberá entregar resoltos os correspondentes boletíns de problemas previamente á asistencia a cada sesión e na forma indicada polo profesor. Finalmente, deberá acudir á correspondente sesión.

Proba mixta: estará constituída por dúas partes, unha teórica (50%) e outra de resolución de problemas (20%).

Para aprobar a materia deberá superarse cada unha das partes avaliables: teoría, prácticas e resolución de problemas.

Baseándose na avaliación continua poderá valorarse especificamente a progresión do alumno ao longo de todo o cuadrimestre cun máximo dun punto.

Para que un alumno sexa considerado como NON PRESENTADO" non deberá ter realizado a proba mixta.

No caso de non aprobar a materia na primeira opción, na segunda oportunidade deberá superarse a parte non aprobada. Se é a teoría, repetindo a parte correspondente da proba escrita, o mesmo no caso da resolución de problemas. Se son as prácticas, repetindo o exame.

No caso de que varios alumnos optaran á obtención de Matrícula de Honra e non se puidesen concender todas, concederáselle a aqueles alumnos que obtivesen a máxma cualificación na primeira oportunidade.

No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e axeitadamente xustificadas, o profesorado podería eximir total ou parcialmente ó alumnado en que concorra de parte do proceso de avaliación. Dito alumnado tería que someterse a un exame particular que non deixase dúbidas sobre o seu nivel de coñecementos, competencias, habilidades e destrezas.

Fontes de información
Bibliografía básica
DURIEUX, A y SIMON, JP (eds.) 2001. Applied Microbiology. Kluwer Academic Publishers FORSYTHE, SJ y HAYES, PR, 2002. Higiene de los alimentos, microbiología y HACCP. Editorial Acribia. Zaragoza. España. ICMSF (2000). Microorganismos de los alimentos 1. Su significado y métodos de enumeración. Editorial Acribia, s.a. Zaragoza. España. ICMSF (2000). Microorganismos de los alimentos 2. Métodos de muestreo para análisis microbiológicos: principios y aplicaciones específicas. Editorial Acribia, s.a. Zaragoza. España. MADIGAN, MT, MARTINKO JM, DUNLAP, PV y CLARCK, DP, 2009. Brock, Biología de Los Microorganismos 12ª Edición. Pearson Education. Madrid. MOSIER, NS y LADISCH, MR, 2009. Modern biotechnology. John Wiley & Sons, Inc. RATLEDGE, C y KRISTIANSEN B. (Eds) 2001 Basic Biotechnology – Second Edition Publisher: Cambridge University Press. SMITH, JE. 2006. Biotecnología. Editorial Acribia. Zaragoza. THIEMAN, WJ y PALLADINO, MA, 2010. Introducción a la biotecnología. Prentice Hall. WILLEY, JM, SHERWOOD, LM y WOOLVERTON, CJ 2009 Microbiología de Prescott, Harley y Klein. 7ª Edición. McGraw-Hill-Interamericana de España. Madrid.
Bibliografía complementaria
Recursos web: Inclúese neste apartado algúns URL que recompilan recursos, imaxes, repositorios de técnicas, bases de datos,etc. relacionados coa Microbioloxía Aplicada, Biotecnoloxía e Control microbiolóxico: http://www.microbialcellfactories.com/start.asp http://www.microbialcellfactories.com/start.asp http://www.eng.rpi.edu/chme/ http://www.eng.rpi.edu/chme/ http://wiki.yeastgenome.org/ http://wiki.yeastgenome.org/ http://www.phys.ksu.edu/gene/ http://www.phys.ksu.edu/gene/ http://www.asm.org/ http://www.asm.org/ http://www.bio.davidson.edu/courses/genomics/genomics.html http://www.bio.davidson.edu/courses/genomics/genomics.html http://www.nsta.org/ http://www.nsta.org/ http://fangman-brewer.genetics.washington.edu/index.html http://fangman-brewer.genetics.washington.edu/index.html http://vadlo.com/ http://vadlo.com/ http://www.lgcstandards-atcc.org/ http://www.lgcstandards-atcc.org/ Outros materiais de apoio: Os alumnos dispoñerán de material de apoio na Plataforma MOODLE de apoio á formación da UDC. Ao longo do curso iranse incorporando materiais, actividades, probas de control, etc., tanto elaborados polo profesor como polos alumnos, que irán cambiando ao longo do curso.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Microbioloxía/610G02015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Técnicas en Microbioloxía/610G02017
Microbioloxía e biotecnoloxía ambiental/610G02018

Observacións
As presentacións de clase que son facilitadas aos alumnos na plataforma Moodle son unha guía para o estudo dos temas, e en ningún caso constitúen o contido total dos mesmos.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías