Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Técnicas en Microbioloxía Código 610G02017
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Rioboo Blanco, Carmen
Correo electrónico
carmen.rioboo@udc.es
Profesorado
Cid Blanco, Angeles
Fidalgo Paredes, Pablo
Rioboo Blanco, Carmen
Torres Vaamonde, Jose Enrique
Correo electrónico
angeles.cid@udc.es
pablo.fidalgo@udc.es
carmen.rioboo@udc.es
enrique.torres@udc.es
Web
Descrición xeral Aprendizaxe de técnicas básicas e avanzadas dun laboratorio de Microbioloxía, así como as súas potenciais aplicacións no campo do control de calidade microbiolóxica e a investigación.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse as metodoloxías descritas
*Metodoloxías docentes que se modifican
De ser preciso, as metodoloxías docentes que conlevan presencialidade adecuaranse as circunstancias sanitarias:
-Escenario parcialmente presencial: as metodoloxías se realizarán de modo mixto presencial e telemático (síncrono ou asíncrono)
-Escenario non presencial: as metodoloxías se realizarán por medios telemáticos (síncronos ou asíncronos)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Microsoft Teams o Forms: Impartición da docencia telemática e realización de probas. Atención personalizada e grupal (vídeo, audio ou chat) cando os
alumnos plantexen cuestións; tamén baixo demanda do profesorado.
Moodle: Repositorio de documentos e axuda na docencia, para a realización de probas ou entrega de tareas e tamén para notificacións e comunicación cos alumnos.
Correo electrónico: Atención personalizada e grupal a cuestións requeridas polos alumnos, así como notificacións do
profesor
4. Modificacións na avaliación
Manteranse os criterios de avaliación
*Observacións de avaliación:
De ser preciso, se levará a cabo por medios telemáticos mediante ferramentas do campus virtual (Teams e Moodle)
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
De ser preciso, se proporcionarán recursos complementarios

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A2 Identificar organismos.
A9 Identificar e utilizar bioindicadores.
A11 Identificar e analizar material de orixe biolóxica e as súas anomalías.
A13 Realizar o illamento e cultivo de microorganismos e virus.
A14 Desenvolver e aplicar produtos e procesos de microorganismos.
A15 Deseñar e aplicar procesos biotecnológicos.
A21 Deseñar modelos de procesos biolóxicos.
A25 Desenvolver e aplicar técnicas de biocontrol.
A26 Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados.
A27 Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B8 Sintetizar a información.
B10 Exercer a crítica científica.
B11 Debater en público.
B12 Adaptarse a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Manexo fluído de técnicas básicas e avanzadas dun laboratorio de Microbioloxía, así como as súas potenciais aplicacións no campo da industria e a investigación A1
A2
A9
A11
A13
A14
A15
A21
A25
A26
A27
A29
A30
A31
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B10
B11
C3
C6
C8
Capacidade de relación de conceptos e aplicación práctica destes. B1
B6
B8
B10
B12
C1

Contidos
Temas Subtemas
I. Métodos de detección e cuantificación de microorganismos 1. Toma de mostras
2. Procesado de mostras
3. Métodos de enriquecemento, illamento e cultivo
4. Métodos de reconto
II. Clasificación e identificación de procariotas 1. Métodos fenotípicos
2. Métodos xenotípicos
III. Medidas de biomasa e actividade metabólica microbiana 1. Estimas da biomasa microbiana total
2. Determinacións específicas de biomasa
3. Medidas da actividade microbiana
PRÁCTICAS 1. Métodos de reconto e de estimación da biomasa e actividade microbianas
2. Análise microbiolóxica de diferentes matrices
3. Determinación de microorganismos indicadores e patóxenos
4. Técnicas fenotípicas rápidas de identificación de bacterias
5. Técnicas xenotípicas de análise de microorganismos
SEMINARIOS 1. Elaboración de informes de resultados
ESTUDO DE CASOS 1. Realización de casos prácticos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A14 A15 A21 A25 A29 B12 C6 C8 9 27 36
Prácticas de laboratorio A2 A9 A11 A13 A26 A30 A31 B6 30 30 60
Seminario A26 A27 B1 B2 B4 B5 B7 B10 B11 C3 4 12 16
Estudo de casos B2 B5 B8 6 24 30
Proba mixta B3 B8 C1 3 0 3
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesorado na que se desenvolverá o programa teórico da materia.
Prácticas de laboratorio Os alumnos realizarán obrigatoriamente as prácticas de laboratorio, que se farán en grupo. Introducirase o alumno na utilización de diferentes técnicas de análise e estudo de microorganismos. Ademais, exporanse análises microbiolóxicas para diferentes casos prácticos e exercerase a crítica científica.
Seminario Traballo en grupo reducido nos que se presentarán, de maneira razoada, os resultados que previamente obtiveron nas distintas prácticas de laboratorio, traballándose asimesmo a expresión e interpretación dos mesmos.
Estudo de casos Ao alumno formularáselle polo menos un suposto práctico, no que deberá indicar razoadamente as actuacións a seguir dende o punto de vista dun microbiólogo, para satisfacer a demanda esixida no suposto
Proba mixta Proba escrita na que se poñerá en valor o grao de coñecemento e comprensión alcanzados polo alumno de todos os aspectos incluídos na materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Estudo de casos
Descrición
Durante o desenvolvemento da materia atenderanse as necesidades e consultas dos alumnos relacionadas coa materia, proporcionándolles a orientación e apoio que sexan necesario, tanto de forma presencial ou non presencial. Neste sentido, a asistencia a tutorías personalizadas por parte do alumno é altamente recomendable, para a preparación dos exames, como a posterior revisión dos mesmos, a preparación dos traballos de seminario e do estudo de casos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A26 A27 B1 B2 B4 B5 B7 B10 B11 C3 Realización e valoración das tarefas encomendadas ao longo dos seminarios. Será obrigatorio por parte dos alumnos presentar os resultados que obtiveron na realización das prácticas de laboratorio. 15
Sesión maxistral A1 A14 A15 A21 A25 A29 B12 C6 C8 Avalíase a través da proba mixta. 0
Prácticas de laboratorio A2 A9 A11 A13 A26 A30 A31 B6 Asistencia obrigatoria e avaliación do traballo do alumno durante o desenvolvemento das prácticas.
Na proba mixta tamén se formularán preguntas relacionadas directamente cos aspectos prácticos.
15
Proba mixta B3 B8 C1 Proba escrita acerca dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais, as prácticas de laboratorio e os seminarios. 50
Estudo de casos B2 B5 B8 O alumno deberá resolver un suposto caso práctico que se lle formulará. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, en calquera das convocatorias ás que poida presentarse, o alumno deberá ter obtido un 5 sobre 10 en cada unha das partes que compoñan a proba mixta, asistir e realizar todas as tarefas que se consideran obrigatorias e obter nelas unha puntuación mínima de 2,5 puntos sobre un máximo de 5.

Para computar na cualificación final o valor obtido nos apartados de
seminarios, prácticas ou estudio de casos, o alumno terá que ter
superado a proba mixta. Para que o alumno sexa avaliado, en calquera das convocatorias ás que poida presentarse, é obligatorio a asistencia ás prácticas de laboratorio, polo que a non realización das mesmas impide a presentación á proba mixta así como aos seminarios.  No caso de non superar a materia en primeira opción, na segunda deberá superarse a parte non superada. Se non se realizaron as prácticas, non se superará a materia.

Para que un alumno sexa considerado NON PRESENTADO deberá ter os seguintes requisitos: non ter asistido á metade das sesións de prácticas e, polo tanto, non se presentar á proba mixta.

Se o número de Matrículas de Honra que se poidan conceder se esgota na primeira opción, non poderá concederse ningunha na segunda opción aínda cando se obteña a máxima nota. Excepcionalmente, no caso de que o estudante, por razóns xustificadas (estudantes con adicación a tempo parcial ou circunstancias específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade), non puidera realizar todas as probas de avaliación continua, o profesor adoptará as medidas que estime convintes para non prexudicar a súa cualificación. 

  


Fontes de información
Bibliografía básica Madigan, Martinko, Bender, Buckley y Stahl (2015). Brock. Biología de microorganismos. 14º ed.. Pearson Education
WILEY, SHERWOOD & WOOLVERTON (2009). Microbiología de Prescott, Harley y Klein. 7ª ed.. McGraw Hill

Bibliografía complementaria COLLINS, LYNE & GRANGE (1995). Collins and Lyne's Microbiological Methods. 7th ed.. Butterworth-Heinemann Ltd.
SINGER (2001). Experiments in Applied Microbiology. Academic Press
HUDSON & SHERWOOD (1997). Explorations in Microbiology. Prentice Hall
GAMAZO, LÓPEZ-GOÑI & DÍAZ (2005). Manual Práctico de Microbiología. 3ª ed.. Editorial Masson
APHA, AWWA, WPCF (1992). Métodos normalizados para el análisis de aguas potables y residuales. Ediciones Díaz de Santos, S.A.
PASCUAL ANDERSON & CALDERON PASCUAL (2000). Microbiología alimentaria. Metodología Analítica para alimentos y bebidas. Ediciones Díaz de Santos S.A.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Microbioloxía/610G02015
Microbioloxía aplicada e control microbiolóxico/610G02016

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Microbioloxía e biotecnoloxía ambiental/610G02018

Observacións

As presentacións de clase que se poñen a disposición do alumno en Moodle son unha guía para o estudo dos temas e en nengún caso constitúen o contido total dos mesmos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías