Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Microbioloxía e biotecnoloxía ambiental Código 610G02018
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Cid Blanco, Angeles
Correo electrónico
angeles.cid@udc.es
Profesorado
Cid Blanco, Angeles
Poza Domínguez, Margarita
Correo electrónico
angeles.cid@udc.es
margarita.poza.dominguez@correo.udc.es
Web
Descrición xeral Comprender o papel que desenvolven os microorganismos nos ecosistemas, a resultas da suas capacidades metabólicas e dos seus patróns de comportamento.
A partires deste coñecemento previo, farase unha aproximación a cómo se poden empregar as devanditas capacidades microbianas para o beneficio da sociedade.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A2 Identificar organismos.
A4 Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A9 Identificar e utilizar bioindicadores.
A13 Realizar o illamento e cultivo de microorganismos e virus.
A14 Desenvolver e aplicar produtos e procesos de microorganismos.
A15 Deseñar e aplicar procesos biotecnológicos.
A26 Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.
B10 Exercer a crítica científica.
B11 Debater en público.
B12 Adaptarse a novas situacións.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o papel dos microorganismos nos ambientes naturais, e cómo se integran as súas capacidades metabólicas nos fluxos de enerxía e de materiais dos ecosistemas A1
A2
A4
A13
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
Aplicar as capacidades metabólicas dos microorganismos e de relación con outros organismos (fundamentalmente animais e plantas) na solución de problemas ambientais e outros procesos socialmente relevantes A2
A4
A9
A13
A14
A15
A26
A30
A31
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12

Contidos
Temas Subtemas
INTRODUCCIÓN Á MATERIA -Microbioloxía Ambiental: desenvolvemento histórico
COMPORTAMENTO MICROBIANO -Comportamento celular e ambiente
-Comportamento cooperativo microbiano
METABOLISMO MICROBIANO E CICLOS BIOXEOQUÍMICOS -Actividade microbiana no ciclo do carbono
-Actividade microbiana nos ciclos do nitróxeno e o xofre
-Conversións microbianas de outros elementos
INTERACCIÓNS MICROBIANAS -Interaccións microorganismo-planta
-Interaccións non patóxenas microorganismo-animal
BIODEGRADACIÓN, RECICLAXE E BIOTECNOLOXÍA AMBIENTAL -Extremófilos
-Biodeterioro microbiano
-Depuración, tratamento e control das augas
-Tratamento de residuos sólidos urbáns
-Biorremediación
-Control microbiolóxico de pragas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 24 48 72
Seminario B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 8 32 40
Prácticas de laboratorio A2 A4 A9 A13 A14 A15 A26 A30 A31 B4 B5 B7 15 9 24
Presentación oral B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 2 3 5
Proba mixta A1 B6 B7 B8 3 0 3
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición polo profesor das bases teóricas da materia
Seminario Para as clases en grupos reducidos de esta mateira, aplicarase a metodoloxía ABP (Aprendizaxe Baseado en Proxectos), no que se traballará sobre contidos teórico-prácticos relacionados cos contidos da materia.
Prácticas de laboratorio As prácticas no laboratorio son de obrigada asistencia. Nelas abordaranse, dende un punto de vista experimental, algún aspectos do temario da asignatura.
Presentación oral Os alumnos elaborarán unha presentación oral (10-15 minutos) para expoñer aos compañeiros os resultados obtidos no traballo de tipo ABP. As pautas para esta presentación determinarase ao longo dos seminarios da materia.
Proba mixta Proba escrita na que se poñerá en valor o grao de coñecemento e de comprensión que alcanzou o alumno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Prácticas de laboratorio
Presentación oral
Descrición
Atenderanse as necesidades e as consultas do alumno relativas á materia ao longo de todo o período lectivo, dándolle a orientación e o apoio que fosen necesarios, tanto de forma presencial como non presencial.
Dentro da atención personalizada pódense incluir as titorías personalizadas que solicite o alumno para a preparación dos exames, como a posterior revisión dos mesmos, a preparación dos traballos de seminario e a presentación oral prevista na materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 B6 B7 B8 Proba(s) escrita(s) sobre os coñecementos adquiridos nas sesión maxistrais. 60
Sesión maxistral A1 Avalíase pola proba mixta 0
Seminario B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 O alumno elaborará de xeito obrigatorio, un traballo baseado na crítica razoada de traballos de investigación que sustenten o plan de traballo que dé resposta ao proxecto plantexado ao inicio dos seminarios. Valorarase a capacidade crítica e de síntese. 15
Prácticas de laboratorio A2 A4 A9 A13 A14 A15 A26 A30 A31 B4 B5 B7 O alumno está obrigado a facer as prácticas no laboratorio nas datas indicadas para o curso. Ademais de unha evaluación continua do alumno, tamén se fará un exame tipo test para avaliar o grao de coñecemento alcanzado. 15
Presentación oral B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 Ao remate dos seminarios e de xeito obrigatorio, o alumno presentará no aula os resultados acadados nas súas pesquisas sobre o proxecto proposto nos seminarios.
Valorarase a fluidez na lenguaxe científica na exposición oral e nas preguntas que se plantexen ao finalizar a exposición.
10
 
Observacións avaliación

É obrigatorio a asistencia as prácticas de laboratorio para poder ser avaliado, e tamén ter entregado e/ou presentado en tempo e forma aquelas tarefas establecidas como obrigatorias xa arriba indicadas. A non realización das prácticas impide a superación da materia, polo que aqueles alumnos que non as realicen non poden presentarse a exame (proba mixta).

Para computar na cualificación final o valor obtido nos apartados de seminarios, prácticas ou presentación oral, o alumno terá que ter superado a proba mixta, correspondente á teoría da materia.
No caso de non superar a materia na primeira opción, na segunda oportunidade deberán ser superadas cada unha das partes non aprobadas.
No caso de circunstancias moi excepcionais, obxetivables e adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total ou parcialmente ao alumno en que concorran dalgún proceso de avaliación. Devandito alumno habería de someterse a un exame particular que non deixará dúbidas sobre o seu nivel de coñecementos, competencias, habilidades e destrezas.
Para que un alumno sexa considerado como NON PRESENTADO non deberá terse presentado á proba mixta.

Baseándose na avaliación continua poderá valorarse especificamente a progresión do alumno ao longo de todo o cuadrimestre cun máximo dun punto.

Se o número de Matrículas de Honra que poden concederse se esgota na primera opción, non se otorgará ningunha na segunda oportunidade, aínda cando se alcance a máxima puntuación.


Fontes de información
Bibliografía básica Castillo y colaboradores (2005). Biotecnología ambiental. Editorial Tébar
Marín, Sanz y Amils (2014). Biotecnología y medioambiente. 2ª edición. Editorial Ephemera
Madigan, Martinko, Bender, Buckley y Stahl (2015). Brock Biología de los microorganismos. 14ª edición. Pearson Educación
Willey, Sherwood y Woolverton (2009). Microbiología de Prescott, Harley y Klein. 7ª ed.. McGraw-Hill
Martín y colaboradores (2019). Microbiología Esencial. Editorial Panamericana

Bibliografía complementaria http://microbewiki.kenyon.edu/index.php/MicrobeWiki (). .
Winans y Bassler (2008). Chemical Communication among Bacteria. ASM Press
Pepper, Gerba y Gentry (2015). Environmental Microbiology, 3rd edition. Academic Press
Allsopp, Seal y Gaylarde (2005). Introducción al biodeterioro. Editorial Acribia


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Bioquímica I/610G02011
Bioquímica II/610G02012
Microbioloxía/610G02015
Microbioloxía aplicada e control microbiolóxico/610G02016
Técnicas en Microbioloxía/610G02017

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
As presentacións de clase que se poñen a disposición do alumno no Moodle son só unha guía para o estudo dos temas pero, en ningún caso, constitúen o contido total dos mesmos.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías