Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Xenética Código 610G02019
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Gonzalez Tizon, Ana Maria
Correo electrónico
ana.gonzalez.tizon@udc.es
Profesorado
González Castellano, Inés
Gonzalez Tizon, Ana Maria
Martinez Lage, Andres
Martinez Martinez, M. Luisa
Vila Sanjurjo, Antón
Vila Taboada, Marta
Correo electrónico
ines.gonzalez.castellano@udc.es
ana.gonzalez.tizon@udc.es
andres.martinez@udc.es
m.l.martinez@udc.es
anton.vila@udc.es
marta.vila.taboada@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia proporciona os coñecementos básicos sobre a herdanza e a variación dos seres vivos, así como a base metodolóxica propia da análise xenética mendeliana. Complementa outras materias do grao e aporta a base conceptual necesaria para profundar no estudo da Xenética, contemplado nas materias Xenética Molecular (obrigatoria de 3º curso), Xenética Evolutiva e de Poboacións (obrigatoria de 3º curso), e Citoxenética (optativa).

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A2 Identificar organismos.
A4 Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A11 Identificar e analizar material de orixe biolóxica e as súas anomalías.
A12 Manipular material xenético, realizar análises xenéticas e levar a cabo asesoramento xenético.
A20 Muestrear, caracterizar e manexar poboacións e comunidades.
A26 Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Análise xenética mendeliana estudando o xene como unidade da herdanza A1
A12
A26
A29
A30
A31
B1
B2
B3
B5
Estudar a base cromosómica da herdanza, a determinación do sexo e herdanza extranuclear e o ligamento e recombinación xénica. A1
A4
A12
A26
A29
A30
A31
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B9
Estudar os cambios no material xenético A2
A11
A26
A29
B1
B2
B3
B5
B9
Estudo da xenética cuantitativa e das poboacións. A1
A20
A26
A29
A30
A31
B1
B2
B3
B5
B6
B8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. INTRODUCCIÓN Definición de Xenética: o estudo dos xenes a través da súa variación.
Contexto histórico da Xenética.
Relacións da Xenética con outras ciencias.
Xenética e sociedade.
TEMA 2. ANALISE XENÉTICA MENDELIANA. Os experimentos de Mendel: cruzamentos de monohíbridos e dihíbridos.
Concepto de xenotipo e fenotipo.
Terminoloxía e simboloxía.
Análise de pedigrís.
TEMA 3. BASE CROMOSÓMICA DA HERDANZA E DETERMINACIÓN DO SEXO. Significado xenético da mitosis e a meiosis.
Teoría cromosómica da herdanza.
Determinación do sexo.
Herdanza ligada ao sexo.
Herdanza controlada e influída polo sexo.
Compensación de dose xénica.
TEMA 4. EXTENSIONES DA ANALISE XENÉTICA MENDELIANA. Modificacións da dominancia.
Alelismo múltiple.
Letalidade.
Penetrancia e expresividade.
Pleiotropía.
Epistase e interacción xénica.
Efecto de posición.
Efectos do ambiente.
TEMA 5. LIGAMENTO E RECOMBINACIÓN EN EUCARIOTAS. Ligamento e recombinación dos xenes nos cromosomas.
Mapas de ligamento.
Interferencia e coeficiente de coincidencia.
Función de mapa: relación entre a distancia de mapa real e a frecuencia de recombinación.
TEMA 6. LIGAMENTO E RECOMBINACIÓN EN BACTERIAS E VIRUS. Transformación bacteriana.
Conxugación: plásmidos e episomas sexuais. Transducción xeralizada e especializada.
Recombinación e construción de mapas en fagos. Estrutura xenética fina: o sistema rII do bacteriófago T4.
TEMA 7. HERDANZA EXTRANUCLEAR. Efecto materno.
Herdanza materna.
Características xerais dos xenomas mitocondrial e cloroplástico.
Heteroplasmia.
Herdanza infecciosa.
TEMA 8. XENÉTICA CUANTITATIVA. Caracteres cuantitativos.
Xenes e ambiente.
Norma de reacción e distribución fenotípica.
Base xenética dos carácteres cuantitativos: experimentos de Johannsen.
Herdanza polixénica: experimentos de Nilsson-Ehle.
Herdabilidade.
TEMA 9. XENÉTICA DE POBOACIONS.
Concepto de poboación mendeliana.
Variación xenética.
Frecuencia xénica e frecuencia xenotípica.
Apareamiento aleatorio e lei de Hardy-Weinberg.
Mutación.
Migración.
Deriva xenética.
Selección natural.
TEMA 10. A NATUREZA DO MATERIAL XENÉTICO. Descubrimento da transformación bacteriana.
Identificación do DNA como fonte de información xenética: experimento de Hershey e Chase.
O ARN como material xenético en virus.
Estrutura e propiedades dos ácidos nucleicos.
TEMA 11. ORGANIZACIÓN DO MATERIAL XENÉTICO NOS CROMOSOMAS. Tamaño dos xenomas: o paradoxo do valor C.
Estrutura do cromosoma bacteriano.
Compoñentes do cromosoma eucariota.
Nucleosoma, cromatina e empaquetamento do ADN.
Centrómeros e telómeros.
Cromosomas politénicos e cromosomas plumosos.
O cariotipo.
TEMA 12. A MUTACIÓN. Mutación aleatoria e adaptativa.
Tipos de mutacions.
Mutación espontánea e inducida.
Detección de mutacións: test de Ames.
TEMA 13. A MUTACIÓN CROMOSÓMICA (I): CAMBIOS NA ESTRUTURA DOS CROMOSOMAS. Delecións.
Duplicacións.
Inversións.
Translocacións.
Fusións e disociacións robertsonianas.
TEMA 14. A MUTACIÓN CROMOSÓMICA (II): CAMBIOS NO NÚMERO DOS CROMOSOMAS. Euploidías e aneuploidías.
Monoploidías.
Poliploidías: autopoliploidía e alopoliploidía.
Aneuploidías: non-disxunción meiótica, monosomías, trisomías.
Aneuploides somáticos: non-disxunción mitótica, mosaicos sexuais.
Cromosomas B
TEMARIO DE PRÁCTICAS DE LABORATORIO. Práctica 1. ESTUDO XENÉTICO DE Zea mays: INTERACCIÓN E EPISTASIS.
Descrición da forma e a cor de grans de mazarocas de millo (F2) obtidas de diferentes cruzamentos. Formulación de hipóteses que expliquen as proporcións fenotípicas obtidas.
Análise estatística dos datos (proba de Chi-cadrado). Descrición do xenotipo e o fenotipo dos parentales e F1. Explicación xenética e bioquímica das características de cada mazaroca.

Práctica 2. MANEXO DE DROSOPHILA
Alimentación e mantemento en laboratorio.
Ciclo biolóxico.
Exame das moscas: distinción de sexos; illamento de femias virxes; fenotipos dalgúns mutantes.

Práctica 3. MAPAS DE LIGAMENTO EN Drosophila melanogaster.
Cruzamentos recíprocos de cepas silvestre e triplo mutante (yellow, white e miniature) e análise da descendencia.
Cruzamiento proba e análise da descendencia. Análise estatística dos datos.
Cálculo da frecuencia de recombinación.
Cálculo da interferencia e o coeficiente de coincidencia.

Práctica 4. CROMOSOMAS POLITÉNICOS DAS GLÁNDULAS SALIVARES DE Drosophila buzzatii.
Extracción de glándulas salivares de larvas.
Tinción con orceína e obtención de preparacións de cromosomas politénicos.
Identificación de cromosomas.
Identificación do sexo da larva.
Recoñecemento de puffs.

Práctica 5. BIOINFORMÁTICA.
Introdución ao NCBI e os recursos bioinformáticos que xestiona. Utilización das seguintes bases de datos: BOOKS, TAXONOMY, OMIM, PUBMED.





Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A2 A4 A11 A12 A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 15 22.5 37.5
Proba mixta B1 B2 B3 B8 B9 2.5 0 2.5
Traballos tutelados A1 A12 A26 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 8 16 24
Sesión maxistral A1 A11 A12 A20 A26 A29 B1 B2 B3 24 60 84
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio As clases prácticas comprenderán unha base explicativa por parte do profesor sobre a base conceptual e obxectivos a acadar e o desenvolvemento de tarefas por parte do alumno, seguindo un guión subministrado previamente. Preténdese que o alumno teña a máxima autonomía, facilitándolle medios e orientación.
Proba mixta A proba mixta consistirá en preguntas curtas ou de tipo test e resolución de problemas.
Traballos tutelados Os traballos tutelados consistirán na resolución de boletíns de problemas e cuestións, así coma na elaboración de traballos relacionados con algún aspecto da materia.
Sesión maxistral Nas clases maxistrais o profesor explicará os contidos fundamentais de cada tema do programa e sinalará as actividades asociadas a este. Estas incluirán a consulta de bibliografía, a resolución de boletíns de cuestións e problemas, ou a eleboración dun traballo que o alumno deberá elaborar en grupo ou individualmente.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Realizaranse titorías de forma individualizada ou en grupo. As titorías centraranse na resolución de dúbidas, así como en proporcionar orientación sobre a realización de actividades programadas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B1 B2 B3 B8 B9 C.- Na proba mixta valorarase o dominio e comprensión de conceptos teóricos, claridade expositiva, capacidade de relacionar e integrar a información xenética tratada nas clases de teoría e seminarios, e capacidade de resolver cuestións e problemas.

60
Prácticas de laboratorio A2 A4 A11 A12 A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B.- O coñecemento e comprensión sobre o significado das tarefas realizadas e a interpretación dos resultados obtidos hanse valorar mediante unha proba escrita. PARA SUPERAR A MATERIA É OBRIGATORIO ASISTIR ÁS PRÁCTICAS E APROBAR O EXAME CORRESPONDENTE.

15
Traballos tutelados A1 A12 A26 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 A.- Valorarase o grao de comprensión do tema tratado, a capacidade de análise e síntese, a bibliografía consultada e a claridade da exposición, redacción e ortografía. No caso de boletíns de cuestións e problemas valorarase a capacidade de razoamento e de achegar solucións. Non será indispensable aprobar os traballos tutelados para aprobar o conxunto da materia.

25
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia cómpre acadar o 50% da puntuación correspondente ao apartado B e o 50% da puntuación correspondente ao apartado C.

Considerarase NON PRESENTADO cando o alumno non realice NINGUNHA das actividades avaliables.

No caso de que a suma total das cualificacións fose igual ou superior a
5.0, pero a parcial de contidos teóricos ou prácticos non superara a
nota mínima esixida, a cualificación final corresponderá á obtida na
proba non superada, ou á media de ambas no caso de seren as dúas.

No caso de situacións excepcionais debidamente
justificadas poderán adoptarse medidas adicionais para que o estudante poida
superar a materia tales como flexibilidade no prazo de entrega de traballos
tutelados, flexibilidade no horario de prácticas ou realización dunha proba
global de avaliación dos resultados da aprendizaxe.

Os estudantes con adicación a tempo parcial oficialmente recoñecida,
poderán realizar as actividades propostas nos seminarios vía on-line e,
mediante as titorías (presenciais ou on-line), solucionar as cuestións
que poidan xurdir. No caso de estudantes que participen en modalidades
específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade o profesorado adaptará
as actividades de avaliación contínua e obrigatorias para que o
estudante poida optar a superar a materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

Griffiths AJF et al. (2012) Introduction to Genetic Analysis. WH Freeman, New York Libro

Klug WS, Cummings MR (2011) Essentials of Genetics. Pearson, San Francisco Libro

Pierce BA (2011) Fundamentos de Genética: Conceptos y Relaciones. Editorial Médica Panamericana, Buenos Aires Libro

Pierce BA (2008) Genetics: A Conceptual Approach. WH Freeman, New York Libro

Russell PJ (2010) iGenetics. A Molecular Approach. 3rd edition. Pearson International Edition


Bibliografía complementaria

Atherly, A.G., Girton, J.R. & McDonald, J.F. 1999. The Science of Genetics. Saunders College Publishing, Fort Worth, USA.

Brooker, R.J. 2005. Genetics: Analysis and Principles (2nd ed). McGraw-Hill, Boston, USA.

Falconer, D.S. & Mackay, T.F.C. 2000. Introducción a la Genética Cuantitativa.Acribia, Zaragoza.

Gardner, E.J., Simmons, M.J. & Snustad, D.P. 1998. Principios de Genética  (4ª ed). México DF, México.

Griffiths, A.J.F., Gelbart, W.M., Miller, J.H. & Lewontin, R.C. 2000. Genética Moderna. Interamericana-McGraw-Hill, Madrid.

Lodish, H., Berk, A., Zipursky, S.L., Matsudaira, P., Baltimore, D. & Darnell, J. 2000. Biología celular y Molecular (4ª ed). Panamericana, Madrid.

Pierce, B.A. 2006. Genética. Un enfoque conceptual (2ª ed.) Editorial Médica Panamericana, Buenos Aires.

Russell, P.J. 2002. iGenetics. Benjamin Cummings, San Francisco, USA.

Snustad, D.P. & Simmons, M.J. 2006. Principles of Genetics (4ed). John Wiley & Sons, Inc. New York, USA.

Tamarin, R.H. 2002. Principles of Genetics (7th ed.). McGraw-Hill, Boston, USA.

Bibliografía de Problemas

Benito Jiménez, C. 1997. 360 Problemas de Genética Resueltos Paso a Paso. Síntesis, Madrid.

Jiménez Sánchez, A. 2001. Problemas de Genética para un Curso General (2ª ed). Servicio de Publicaciones Universidad de Extremadura, Cáceres.

Lacadena, J.R., Benito, C., Díez, M., Espino, F.J., Figueiras, A.M., Ochando, M.D., Rueda, J., Santos, J.L., Sendino, A.M., Vázquez, A.M. & Vega, C. 1998. Problemas de Genética para un Curso General. Alhambra, Madrid.

Ménsua, J.L. 2003. Genética. Problemas y ejercicios resueltos. Pearson Prentice Hall, Madrid.

Ochando, D. 1990. Genética poblacional, evolutiva, cuantitativa. Problemas. Eudesa Universidad, Madrid.

Tormo Garrido, A. 1998. Problemas de Genética Molecular. Editorial Síntesis, Madrid.

Viseras Alarcón, E. 1998. Cuestiones y Problemas Resueltos de Genética (2ª ed). Universidad de Granada, Granada.

Recursos web

Acompañamiento electrónico de libros

HTTP://WWW.WHFREEMAN.COM/MGA/. Modern Genetic Analysis y An Introduction to Genetics Analysis

http://www.ultranet.com/~jkimball/BiologyPages/ Versión online del libro de Biología de JW Kimball.

http://www.mhhe.com/tamarin7. Sitio web con problemas, ejercicios y links a otras páginas.

Animaciones e ilustraciones

http://www.dnaftb.org/dnaftb/ DNA from de beginning. Conceptos básicos de la herencia y biología molecular.

Cursos de Genética online

http://www.ndsu.nodak.edu/instruct/mcclean/plsc431/431g.htm

Bases de datos y herramientas bioinformáticas

http://www.ncbi.nlm.nih.gov/ National Centre for Biotechnology Information (NCBI) de USA.

http://www.udc.es/biblioteca/ Biblioteca de Universidade da Coruña.

Diccionarios, atlas y glosarios

King, R.C. & Stansfield, W.D. 1990. A dictionary of genetics (4th ed.) Oxford Unversity Press, New York, USA.

Passarge, E. 2001. Color Atlas of Genetics (2nd ed). Thieme, Stuttgart, Germany.

Rieger, R., Michaelis, A. & Green, M.M. 1991. Glossary of genetics. Clasical and molecular (5th ed). Springer-Verlag, Heidelberg, Germany.

 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estatística/610G02005
Citoloxía/610G02007
Histoloxía/610G02008
Bioquímica I/610G02011

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Xenética molecular/610G02020
Xenética de poboacións e evolución/610G02021
Citoxenética/610G02022

Observacións

A asistencia ás clases maxistrais posibilita a comprensión dos temas da asignatura e posibilita o tratamento de dúbidas ou cuestións que poidan xurdir no transcurso das explicacións.

A elaboración dos traballos tutelados é útil para completar o estudo e acadar resultados optimos de cara o aprendizaxe da materia.

As dúbidas e dificultades que formule calquera aspecto da materia deberán de resolverse o antes posible, formulándose nas clases presenciais ou acudindo ás titorías individualizadas.

A asistencia a titorías (individuais o en grupo) facilita a resolución correcta dos problemas, cuestións ou dúbidas que xurdan no transcurso da preparación da materia, e reforzan o aprendizaxe. Aconsellase o alumnado que as utilice.

O estudo debe considerar a consulta habitual de polo menos a bibliografía recomendada.

O estudo e traballo en grupo favorece a comprensión e desenvolve o espírito crítico.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías