Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Xenética molecular Código 610G02020
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Insua Pombo, Ana Maria
Correo electrónico
ana.insua@udc.es
Profesorado
Insua Pombo, Ana Maria
Martinez Martinez, M. Luisa
Vila Sanjurjo, Antón
Correo electrónico
ana.insua@udc.es
m.l.martinez@udc.es
anton.vila@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia céntrase nas bases conceptuais e metodolóxicas necesarias para comprender a organización, expresión, variación e manipulación do material xenético. Achega unha perspectiva molecular aos coñecementos adquiridos en "Xenética" (obrigatoria de 2º curso) e coñecementos necesarios para abordar "Xenética de Poboacións e Evolución", "Citoxenética" e outras materias relacionadas de terceiro e cuarto curso.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Analizar e caracterizar mostras de orixe humana.
A11 Identificar e analizar material de orixe biolóxica e as súas anomalías.
A12 Manipular material xenético, realizar análises xenéticas e levar a cabo asesoramento xenético.
A15 Deseñar e aplicar procesos biotecnológicos.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar en colaboración.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento da base molecular da organización, expresión, variación e manipulación do material xenético A11
A12
A15
A29
B1
B2
B3
B5
B7
Coñecemento das metodoloxías básicas empleadas en Xenética Molecular. A5
A11
A12
A15
A29
A30
A31
B1
B2
B3
B5
Manexo de fontes de información de interés en Xenética Molecular. A5
A11
A12
A15
A29
B1
B2
B3
Capacidade de transmitir e interpretar información propia da Xenética Molecular A29
B1
B2
B3
B5
B7

Contidos
Temas Subtemas
1.- ORGANIZACIÓN DOS XENOMAS Tamaño dos xenomas. Xenomas de procariotas e eucariotas. Secuencias únicas e secuencias repetidas. Familias xénicas. Centrómeros. Telómeros. Xenoma dos orgánulos.
2.- REPLICACIÓN DO DNA Replicación semiconservativa do DNA: experimentos de Meselson e Stahl. Modos de replicación. Enzimoloxía da replicación. Replicación do DNA de Escherichia coli. Replicación do DNA de eucarióticas. Síntese de telómeros. Replicación do DNA mitocondrial e cloroplástico.
3.- SÍNTESE E PROCESAMENTO DO RNA Clases de RNA. RNA polimerasas. Promotores e aparato de transcripción. Transcripción en procariotas e eucariotas: iniciación, elongación e terminación. Xenes interrumpidos: exons e intróns. Procesamento do pre-mRNA eucariota. Síntese e procesamento do pre-rRNA. Síntese e procesamento do pre-tRNA. Edición do RNA. Revisión do concepto de xene
4.- TRADUCIÓN Hipótese un xene-un enzima. O código xenético: descubrimento e características. Iniciación da tradución. Elongación do polipéptido. Finalización da tradución. Vixilancia do mRNA.
5.- MUTACIÓN E REPARACIÓN DO DNA Base molecular das mutacións espontáneas: erros na replicación; entrecruzamento desigual; cambios químicos espontáneos. Base molecular das mutacións inducidas: axentes físicos e químicos. Mecanismos de reparación do DNA: reversión do dano; reparación por escisión; reparación de apareamentos erróneos; reparación de roturas de dobre cadea; síntese de translesión.
6.- MECANISMO MOLECULAR DA RECOMBINACIÓN Papel da recombinación xenética. Conversión xénica. Modelos de recombinación homóloga: modelo de Holliday e modelo de doble rotura. Enzimoloxía da recombinación. Recombinación específica de sitio. Ensamblaxe dos xenes de inmunoglobulinas.
7.- ELEMENTOS XENÉTICOS TRANSPOÑIBLES Elementos xenéticos transpoñibles de procariotas: secuencias de inserción, transposóns compostos e non compostos. Transposición replicativa e non replicativa. Elementos xenéticos transpoñibles de eucarióticas: transposóns e retrotransposons. Significado evolutivo dos elementos xenéticos transpoñibles.
8.- TECNOLOXÍA DO DNA RECOMBINANTE Enzimas de restricción. Vectores de clonación. Xenotecas de DNA: construcción e rastreo. Southern e Norther blot. PCR. Mapas de restricción. Secuenciación de DNA. Mutaxénesis dirixida.
9.- APLICACIÓNS DA TECNOLOXÍA DO DNA RECOMBINANTE Expresión de xenes eucarióticos en bacterias. Transferencia de DNA a células eucarióticas. Animales transxénicos. Plantas transxénicas. Terapia xénica. Marcadores moleculares. Perfíl de DNA. Diagnóstico xenético. Xenomas sintéticos. Edición do xenoma: tecnoloxía CRISPR/Cas9.
10.- XENÓMICA Mapas físicos e xenéticos. Secuenciación de xenomas enteiros. Anotación xenómica. Micorarrays de DNA. Xenética inversa. Xenómica comparada. Metaxenómica.
11.- REGULACIÓN DA EXPRESIÓN XÉNICA EN BACTERIAS Modelo do operón de Jacob e Monod para a regulación dos xenes lac de E. coli. Control positivo do operón lac. O operón arabinosa en E. coli: control positivo e negativo. O operón triptófano en E. coli: control negativo e atenuación. Regulación mediada por RNA.
12.- REGULACIÓN DA EXPRESIÓN XÉNICA EN EUCARIOTAS Cambios na estructura da cromatina. Metilación do DNA. Control da transcrición. Control do procesamento do RNA. Control da estabilidade do mRNA. Control a nivel da tradución. Interferencia por RNA. Epixenética.
13.- CONTROL XENÉTICO DO DESENVOLVEMENTO Eventos básicos no desenvolvemento. Etapas do desenvolvemento de Drosophila. Xenes de efecto materno, xenes de segmentación e xenes homeóticos de Drosophila. Xenes homeobox en outros organismos.
Aspectos xerais do desenvolvemento de Caenorhabditis. Control xenético do desenvolvemento da flor en Arabidopsis.
PRÁCTICA 1: EXTRACCIÓN DE DNA XENÓMICO Extracción de DNA xenómico. Electroforese de DNA en xel de agarosa. Cuantificación do DNA.
PRÁCTICA 2: PCR Amplificación por PCR do xene CHD. Análise dun polimorfismo de introns para o sexado de aves.

PRÁCTICA 3: DOT-BLOT Hibridación de ácidos nucleicos: detección de secuencias microsatélite mediante dot-blot.
PRÁCTICA 4: BIOINFORMÁTICA Procura en bases de datos e comparación de secuencias de ácidos nucleicos. Deseño de cebadores.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 A11 A12 A15 B2 B3 B7 28 42 70
Seminario A5 A11 A12 A15 A29 B1 B2 B3 B5 B7 8 12 20
Prácticas de laboratorio A5 A11 A12 A15 A30 A31 B1 B2 B3 B5 B7 15 7.5 22.5
Traballos tutelados A5 A11 A12 A15 A29 B1 B2 B3 B5 B7 0 29.5 29.5
Proba mixta A5 A11 A12 A15 A29 B1 B2 B3 B7 6 0 6
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor explica os contidos fundamentais de cada tema do programa.
Seminario Resólvense cuestións e problemas e/ou sométense a discusión aspectos da materia.
Prácticas de laboratorio O alumno leva a cabo experiencias de laboratorio seguindo un guión, baixo a supervisión do profesor.
Traballos tutelados Resolución de tres cuestionarios con exercicios e/ou preguntas relacionadas con algún aspecto da materia mais un suposto práctico relacionado con Bioinformática. Os cuestionarios entregaranse por escrito e o suposto práctico defenderase oralmente. As dúas actividades realizaranse en grupo.
Proba mixta Preguntas de resposta curta e/ou tipo test e resolución de problemas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
De forma individualizada ou en grupo, resolveranse dúbidas ou proporcionarase orientación sobre as diferentes actividades programadas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A11 A12 A15 A29 B1 B2 B3 B5 B7 Valorarase a achega de respostas correctas, a claridade das explicacións e as fontes documentais utilizadas. Os cuestionarios representan o 15% da cualificación final e o suposto práctico o 10%. A cualificación depende do traballo en grupo (50%) e individual (50%).
25
Proba mixta A5 A11 A12 A15 A29 B1 B2 B3 B7 Valorarase o grao de coñecemento e comprensión xeral da materia.
Consta de dúas partes.
Unha relacionada cos contidos teóricos que representa o 65% da cualificación final.
Outra relacionada coas prácticas que representa o 10% da cualificación final.
75
 
Observacións avaliación

Para superar a materia debe acadarse polo menos un 5 e ter en cada parte da proba mixta polo menos un 4. Se a cualificación resultante da suma de todas as actividades avaliables fose superior a 5 pero nunha das partes da proba mixta se obtivese menos de 4, a cualificación sería 4,9 (suspenso).

Considérase Non Presentado (NP) cando o alumno non se presente á proba do período oficial de avaliación.

As matrículas de honra concédense preferentemente entre os alumnos que acaden a cualificación igual ou superior a 9 na primeira oportunidade da convocatoria (xaneiro).

Realizarase un exame parcial que en caso de aprobarse non terá que repetirse nas oportunidades de xaneiro e xullo.

Na segunda oportunidade (xullo), realizarase unicamente a proba mixta, as cualificación obtidas nos traballos tutelados mantéñense da primeira oportunidade.

No caso de situacións excepcionais debidamente justificadas poderán adoptarse medidas adicionais para que o estudante poida superar a materia tales como flexibilidade no prazo de entrega de traballos tutelados, flexibilidade no horario de prácticas ou realización dunha proba global de avaliación dos resultados da aprendizaxe.


Fontes de información
Bibliografía básica Klug, W.S., Cummings, M.R., Spencer, C.A (2013). Conceptos de Genética . Pearson/Prentice Hall, Madrid
Griffiths, A.J.F., Wessler, S.R., Suzuki, Lewontin, R.C. Carroll, S.B. (2008). Genética. McGraw-Hill/Interamericana de España, Madrid
Pierce, B.A. (2010). Genética: un enfoque conceptual. Médica Panamericana, Madrid

Bibliografía complementaria Lodish, H., Berk, A., Kaiser, C.A., Krieger, M., Bretscher, A., Ploegh, H., Amon, A., Scott, M.P. (2016). Biología Celular y Molecular (7ª ed) . Médica Panamericana, Madrid
Alberts, B., Johnson, A., Lewis, J., Raff, M., Roberts, K., Walter, P. (2010). Biología Molecular de la célula. Omega, Barcelona
Herráez, A. (2012). Biología Molecular e Ingeniería genética. Elsevier, Ámsterdam
Lewin, B. (2008). Genes IX. McGraw-Hill. México
Benito, C., Espino, F.C. (2013). Genética: conceptos esenciales. Médica Panamericana, Madrid
Snustad, D.P., Simmons, M.J. (2012). Genetics (6th ed). John Wiley and Sons, New York
Brooker, R.J. (2015). Genetics: analysis and principles (5th ed). McGraw-Hill, New York
Hartwell, L.H., Goldberg, M.L., Fischer, J.A., Hood, L., Aquadro, C.F. (2015). Genetics: from genes to genomes (5th ed.) . McGraw-Hill, New York
Brown, T.A. (2008). Genomas (3ª ed.). Médica Panamericana, Buenos Aires
Russell, P.J. (2010). iGenetics: a molecular approach (3º ed.) . Benjamin Cummings, San Francisco
Perera, J., Tormo, A., García, J.L. (2002). Ingeniería genética. Vol. I: Preparación, análisis, manipulación y clonaje de DNA. Síntesis, Madrid
Perera, J., Tormo, A., García, J.L. (2002). Ingeniería genética. Vol. II. Expresión de DNA en sistemas heterólogos. Síntesis, Madrid
Krebs, J.E., Goldstein, E.S., Kilpatrick, S.T. (2012). Lewin genes: fundamentos. Médica Panamericana, Madrid
Craig, N.L., Cohen-Fix, O., Green, R., Greider, C., Storz, G., Wolberger, C. (2014). Molecular Biology: principles of genome function. Oxford University Press, Oxford

Consultar a plataforma Moodle para fontes de información adicionais.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Citoloxía/610G02007
Bioquímica I/610G02011
Bioquímica II/610G02012
Microbioloxía/610G02015
Xenética/610G02019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Xenética de poboacións e evolución/610G02021
Citoxenética/610G02022

Observacións

Recoméndase:

Asistir a clase e seguir de forma continuada o desenvolvemento da materia.

Consultar regularmente a plataforma Moodle e o correo electrónico para dispoñer dos materiais e estar ao corrente da programación das actividades.

Asistir a titorías para resolver calquera dúbida ou dificultade que poida ter.

Consultar a bibliografía recomendada.

Levar o día o traballo da materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías