Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Xenética molecular Código 610G02020
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Insua Pombo, Ana Maria
Correo electrónico
ana.insua@udc.es
Profesorado
Insua Pombo, Ana Maria
Martinez Martinez, M. Luisa
Torrado Blanco, Laura
Vila Sanjurjo, Antón
Correo electrónico
ana.insua@udc.es
m.l.martinez@udc.es
laura.torrado@udc.es
anton.vila@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia céntrase nas bases conceptuais e metodolóxicas necesarias para comprender a organización, expresión, variación e manipulación do material xenético. Achega unha perspectiva molecular aos coñecementos adquiridos en "Xenética" (obrigatoria de 2º curso) e coñecementos necesarios para abordar "Xenética de Poboacións e Evolución", "Citoxenética" e outras materias relacionadas de terceiro e cuarto curso.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Analizar e caracterizar mostras de orixe humana.
A8 Illar, analizar e identificar biomoléculas.
A11 Identificar e analizar material de orixe biolóxica e as súas anomalías.
A12 Manipular material xenético, realizar análises xenéticas e levar a cabo asesoramento xenético.
A15 Deseñar e aplicar procesos biotecnológicos.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar en colaboración.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento da base molecular da organización, expresión, variación e manipulación do material xenético. A11
A12
A15
A29
B1
B2
B3
B5
B7
Coñecemento das metodoloxías básicas empleadas en Xenética Molecular. A5
A8
A11
A12
A15
A29
A30
A31
B1
B2
B3
B5
Manexo de fontes de información de interese en Xenética Molecular. A5
A11
A12
A15
A29
B1
B2
B3
Capacidade de transmitir e interpretar información propia da Xenética Molecular. A29
B1
B2
B3
B5
B7

Contidos
Temas Subtemas
1.- REPLICACIÓN DO DNA Replicación semiconservativa do DNA: experimentos de Meselson e Stahl. Modos de replicación. Enzimoloxía da replicación. Replicación do DNA de Escherichia coli. Replicación do DNA de eucarióticas. Síntese de telómeros. Replicación do DNA mitocondrial e cloroplástico.
2.- SÍNTESE E PROCESAMENTO DO RNA Clases de RNA. RNA polimerasas. Promotores e aparato de transcripción. Transcripción en procariotas e eucariotas: iniciación, elongación e terminación. Xenes interrompidos: exons e intróns. Procesamento do pre-mRNA eucariota. Síntese e procesamento do pre-rRNA. Síntese e procesamento do pre-tRNA. Edición do RNA. Revisión do concepto de xene
3.- TRADUCIÓN Dogma central da bioloxía molecular. Ribosomas e tRNAs. Ciclo da traducción: iniciación, elongación e terminación. Código xenético e descodificación xenética. Reacción da peptidil transferasa. Conservación filoxenética do rRNA. Papel do rRNA na iniciación. Papel do RNA na descodificación. Papel do RNA na actividad peptidil transferasa. A hipótesis do mundo do RNA.
4.- MUTACIÓN E REPARACIÓN DO DNA Base molecular das mutacións espontáneas: erros na replicación; entrecruzamento desigual; cambios químicos espontáneos. Base molecular das mutacións inducidas: axentes físicos e químicos. Mecanismos de reparación do DNA: reversión do dano; reparación por escisión; reparación de apareamentos erróneos; reparación de roturas de dobre cadea; síntese de translesión.
5.- MECANISMO MOLECULAR DA RECOMBINACIÓN Papel da recombinación xenética. Conversión xénica. Modelos de recombinación homóloga: modelo de Holliday e modelo de doble rotura. Enzimoloxía da recombinación. Recombinación específica de sitio. Ensamblaxe dos xenes de inmunoglobulinas.
6.- ELEMENTOS XENÉTICOS TRANSPOÑIBLES Elementos xenéticos transpoñibles de procariotas: secuencias de inserción, transposóns compostos e non compostos. Transposición replicativa e non replicativa. Elementos xenéticos transpoñibles de eucariotas: transposóns e retrotransposons. Significado evolutivo dos elementos xenéticos transpoñibles.
7.- TECNOLOXÍA DO DNA RECOMBINANTE Enzimas de restricción. Vectores de clonación. Xenotecas de DNA: construcción e rastreo. Southern e Norther blot. PCR. Mapas de restricción. Secuenciación de DNA. Mutaxénesis dirixida.
8.- APLICACIÓNS DA TECNOLOXÍA DO DNA RECOMBINANTE Expresión de xenes eucarióticos en bacterias. Transferencia de DNA a células eucarióticas. Animales transxénicos. Plantas transxénicas. Terapia xénica. Diagnóstico xenético. Edición do xenoma: tecnoloxía CRISPR/Cas9.
9.- XENÓMICA Xenómica estructural: marcadores moleculares e mapas xenéticos. Pegada xenética. Xenómica estructural: mapas físicos e anotación dos xenomas. Xenómica funcional: RNA-seq. Xenética inversa. Xenómica comparada. Metaxenómica. Bioloxía sintética.
10.- REGULACIÓN DA EXPRESIÓN XÉNICA EN BACTERIAS Modelo do operón de Jacob e Monod para a regulación dos xenes lac de E. coli. Control positivo do operón lac. O operón triptófano en E. coli: control negativo e atenuación. Regulación mediada por RNA.
11.- REGULACIÓN DA EXPRESIÓN XÉNICA EN EUCARIOTAS Cambios na estructura da cromatina. Metilación do DNA. Control da transcrición. Control do procesamento do RNA. Control da estabilidade do mRNA. Control a nivel da tradución. Interferencia por RNA. Epixenética.
PRÁCTICA 1: EXTRACCIÓN DE DNA XENÓMICO Extracción de DNA xenómico. Electroforese de DNA en xel de agarosa. Cuantificación do DNA.
PRÁCTICA 2: PCR Amplificación por PCR do xene CHD. Análise dun polimorfismo de introns para o sexado de aves.

PRÁCTICA 3: BIOINFORMÁTICA Edición e análise de secuencias de ácidos nucleicos. BLAST. GenBank: búsqueda e análise de rexistros. Deseño de cebadores. PCR virtual. Clonación dirixida.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 A8 A11 A12 A15 B2 B3 B7 28 28 56
Seminario A5 A8 A11 A12 A15 A29 B1 B2 B3 B5 B7 8 16 24
Traballos tutelados A5 A8 A11 A12 A15 A29 B1 B2 B3 B5 B7 0 16 16
Prácticas de laboratorio A5 A8 A11 A12 A15 A30 A31 B1 B2 B3 B5 B7 6 6 12
Prácticas a través de TIC A5 A8 A12 A15 B2 B3 B5 B7 9 9 18
Proba mixta A5 A11 A12 A15 A29 B1 B2 B3 B7 4 18 22
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor explica os contidos fundamentais de cada tema do programa e plantexa preguntas.
Seminario Resólvense cuestións e problemas e/ou sométense a discusión aspectos da materia.
Traballos tutelados Resolución de dous cuestionarios con exercicios e preguntas relacionadas con algún aspecto da materia. Actividade a realizar en grupo.
Prácticas de laboratorio O alumno leva a cabo experiencias de laboratorio seguindo un guion, baixo a supervisión do profesor.
Prácticas a través de TIC Trátanse cuestións que requiren a consulta de bases de datos e o emprego de ferramentas bioinformáticas.
Proba mixta Proba escrita sobre os contidos da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
De forma individualizada ou en grupo, resolveranse dúbidas ou proporcionarase orientación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A5 A8 A11 A12 A15 B2 B3 B7 Durante as clases maxistrales faranse preguntas de resposta rápida utilizando dispositivos electrónicos. A avaliación desta actividade require participar no 80% das probas que se realicen. 2.5
Prácticas de laboratorio A5 A8 A11 A12 A15 A30 A31 B1 B2 B3 B5 B7 Valorarase o grao de coñecemento e comprensión xeral das prácticas realizadas mediante unha proba con preguntas tipo ensaio, test de resposta múltiple, resposta breve e/ou de asociación. 15
Seminario A5 A8 A11 A12 A15 A29 B1 B2 B3 B5 B7 Durante os seminarios faranse preguntas de resposta rápida utilizando dispositivos electrónicos. A avaliación desta actividade require participar no 80% das probas que se realicen. 2.5
Traballos tutelados A5 A8 A11 A12 A15 A29 B1 B2 B3 B5 B7 Valorarase a capacidade de solucionar problemas e relacionar os contidos da materia mediante dúas probas con preguntas test de resposta múltiple, de resposta breve e/ou de asociación implementadas no Campus Virtual. 10
Proba mixta A5 A11 A12 A15 A29 B1 B2 B3 B7 Valorarase o grao de coñecemento e comprensión xeral da materia. Pode incluir preguntas tipo ensaio, de resposta múltiple, de resposta breve e/ou de asociación e tamén resolución de problemas.

50
Prácticas a través de TIC A5 A8 A12 A15 B2 B3 B5 B7 Valorarase o grao de comprensión das análises realizadas e de coñecemento das ferramentas bioinformáticas utilizadas. A proba require o uso dun ordenador conectado a internet e equipado cos programas bioinformáticos a utilizar. 20
 
Observacións avaliación

Para ser avaliado é imprescindible realizar as probas sobre a teoría (proba mixta), prácticas de laboratorio e prácticas TIC.

Para superar a materia debe acadarse un 5 e ter >4 nas probas mixtas e unha cualificación media nas prácticas >4 (laboratorio e TIC). Se a cualificación resultante da suma de todas as actividades avaliables fose igual ou superior a 5, pero non se reunisen os requisitos indicados, a cualificación sería 4,9 (suspenso).

Considérase Non Presentado (NP) cando o alumno non se presente á proba do período oficial de avaliación.

As matrículas de honra concédense preferentemente entre os alumnos que acaden a cualificación igual ou superior a 9 na primeira oportunidade da convocatoria (xaneiro).

Realizarase un exame parcial e no caso de ter unha cualificación superior a 4 non terá que repetirse nas oportunidades de xaneiro e xullo.

Na segunda oportunidade (xullo) poderá optarse por: (A) asumir os criterios de avaliación da primeira oportunidade (especificados no apartado de AVALIACIÓN); ou (B) realizar as probas correspondentes a teoría (proba mixta), prácticas de laboratorio e prácticas TIC, representando en este caso un 65% a proba mixta. A elección da opción B deberá ser comunicada 10 días antes da data do exame.

No caso de alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa de exención de asistencia, poderán adoptarse medidas adicionais para que poida superar a materia tales como flexibilidade no horario de prácticas ou realización dunha proba global de avaliación dos resultados da aprendizaxe.

Os estudantes que soliciten a convocatoria adiantada de decembro poderán escoller entre a aplicación da guía docente do curso en vigor ou do curso anterior.

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica 0) tanto na primeira como na segunda oportunidade do correspondente curso académico. De producirse o fraude na segunda oportunidade, procederase a modificar na acta a cualificación da primeira oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Klug, W.S., Cummings, M.R., Spencer, C.A (2013). Conceptos de Genética . Pearson/Prentice Hall, Madrid
Klug, W.S., Cummings, M.R., Spencer, C.A., Paladino, M.A., Killian, D.J. (2020). Concepts of Genetics. Pearson Education, Harlow
Pierce, B.A. (2015). Genética: un enfoque conceptual. Médica Panamericana, Madrid
Pierce, B.A. (2020). Genetics: a conceptual approach. Freeman, New York

Bibliografía complementaria Lodish, H., Berk, A., Kaiser, C.A., Krieger, M., Bretscher, A., Ploegh, H., Amon, A., Scott, M.P. (2016). Biología celular y molecular (7ªed) . Médica Panamericana, Madrid
Alberts, B., Johnson, A., Lewis, J., Raff, M., Roberts, K., Walter, P. (2010). Biología molecular de la célula. Omega, Barcelona
Herráez, A. (2012). Biología molecular e ingeniería genética. Elsevier, Ámsterdam
Lewin, B. (2008). Genes IX. McGraw-Hill. México
Benito, C., Espino, F.C. (2013). Genética: conceptos esenciales. Médica Panamericana, Madrid
Snustad, D.P., Simmons, M.J. (2012). Genetics (6th ed.). John Wiley and Sons, New York
Brooker, R.J. (2018). Genetics: analysis and principles (6th ed.). McGraw-Hill, New York
Hartwell, L.H., Goldberg, M.L., Fischer, J.A., Hood, L., Aquadro, C.F. (2015). Genetics: from genes to genomes (5th ed.) . McGraw-Hill, New York
Brown, T.A. (2017). Genomes 4 . Garland Science, New York
Russell, P.J. (2010). iGenetics: a molecular approach (3rd ed.) . Benjamin Cummings, San Francisco
Perera, J., Tormo, A., García, J.L. (2002). Ingeniería genética. Vol. I: Preparación, análisis, manipulación y clonaje de DNA. Síntesis, Madrid
Perera, J., Tormo, A., García, J.L. (2002). Ingeniería genética. Vol. II. Expresión de DNA en sistemas heterólogos. Síntesis, Madrid
Griffiths, A.J.F., Wessler, S.R., Carroll, S.B., Doebley, J. (2015). Introduction to genetic analysis (11th ed.). W.H. Freeman, New York
Krebs, J.E., Goldstein, E.S., Kilpatrick, S.T. (2012). Lewin genes: fundamentos. Médica Panamericana, Madrid
Watson, J.D., Baker, T.A., Bell, S.P., Gann, A., Levine, M., Losick, R. (2014). Molecular biology of the gene. Pearson, Boston
Cox, M.M., Doudna, J.A., O'Donnell (2012). Molecular biology: principles and practice. W.H. Freeman, New York
Craig, N.L., Cohen-Fix, O., Green, R., Greider, C., Storz, G., Wolberger, C. (2014). Molecular biology: principles of genome function. Oxford University Press, Oxford
Real García, M.D., Raussell Segarra, C., Latorre Castillo, A. (2017). Técnicas de ingeniería genética. Síntesis, Madris

Consultar "Campus virtual" para fontes de información adicionais.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Citoloxía/610G02007
Bioquímica I/610G02011
Bioquímica II/610G02012
Microbioloxía/610G02015
Xenética/610G02019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Xenética de poboacións e evolución/610G02021
Citoxenética/610G02022

Observacións
Recoméndase:
Asistir a clase e seguir de forma continuada o desenvolvemento da materia.
Consultar regularmente o Campus Virtual e o correo electrónico para dispoñer dos materiais e estar o corrente da programación das actividades.
Asistir a titorías para resolver calquera dúbida ou dificultade que poida ter.
Consultar a bibliografía recomendada.
Levar o día o traballo da materia.

PROGRAMA GREEN CAMPUS FACULTADE DE CIENCIAS
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumplir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:
a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.
b. De realizase en papel:
- Non se emplearán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Evitarse a realización de borradores.

PERSPECTIVA DE XÉNERO
Nesta materia terase presente a perspectiva de xénero, non se tolerarán actitudes sexistas e fomentaranse os valores de respecto e igualdade.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías