Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Intrudución á Botánica: Botánica xeral Código 610G02023
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Fagúndez Díaz, Jaime
Correo electrónico
jaime.fagundez@udc.es
Profesorado
Cremades Ugarte, Javier
Fagúndez Díaz, Jaime
Sahuquillo Balbuena, Elvira
Correo electrónico
javier.cremades@udc.es
jaime.fagundez@udc.es
elvira.sahuquillob@udc.es
Web
Descrición xeral Iniciación á Botánica ou ciencia que se encarga do estudo dos diferentes grupos de organismos clasicamente coñecidos como vexetais, integrando información doutras materias (fisioloxía, anatomía e histoloxía vexetal, bioquímica, xenética, ecoloxía, etc) e que capacita ao alumno para traballar en diferentes ámbitos: como investigador, docente, na asesoría ambiental, a agronomía e a etnobotánica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A2 Identificar organismos.
A4 Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A7 Reconstruír as relacións filogenéticas entre unidades operacionales e pór a proba hipóteses evolutivas.
A19 Analizar e interpretar o comportamento dous seres vivos.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
A32 Desenvolverse con seguridade no traballo de campo.
B1 Aprender a aprender.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B8 Sintetizar a información.
B12 Adaptarse a novas situacións.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
-Desenvolver o hábito e a capacidade para o manexo adecuado e crítico da bibliografía. B1
B8
-Incentivar un maior interese e motivación para a aprendizaxe da Botánica, como unha ciencia imprescindible para a súa completa formación como Biólogos. B6
B12
-Entender os tipos de reprodución e ciclos biolóxicos característicos dos distintos grupos vexetais. A19
- Desenvolver as capacidades de observación, descrición e identificación de organismos vexetais. A1
A2
A4
-Aprender as técnicas básicas de traballo de campo e laboratorio en Botánica. A30
A31
A32
- Interpretar as evidencias das relacións evolutivas entre os organismos vexetais. A7
- Comprender a organización taxonómica dos organismos vexetais e a súa nomenclatura. A1
A2
A7
-Coñecer a diversidade vexetal e os niveis de organización morfolóxica. A1
A2
A29

Contidos
Temas Subtemas
Teoría: Introdución e xeralidades 1 Encadre dos vexetais nos seres vivos. Relacións evolutivas e importancia da filoxenia. Carácteres e principais grupos.
2 Niveles morfolóxicos de organización dos vexetais. Evolución de talófitos a cormófitos.
3 Reprodución. Alternancia de fases nucleares e de xeracions. Ciclos biolóxicos.
4 Sistemática, nomenclatura e taxonomía dos vexetais.
Teoría: Grupos vexetais 5 As plantas con flores. Carácteres xerais e ciclo de vida dos espermatófitos.
6 Morfología e bioloxía floral dos espermatófitos.
7 As anxiospermas (dicotiledóneas e monocotiledóneas) e ximnospermas.
8 As plantas sen flores. Carácteres xerais dos embriófitos. Os embriófitos vasculares. Carácteres xerais e ciclo de vida dos pteridófitos.
9 Os embriófitos prevasculares. Carácteres xerais e ciclo de vida dos briófitos.
10 Moneras e protistas fotosintéticos. *Cianofíceas e algas eucariotas.
11 Os fungos e outros organismos heterótrofos. Simbioses fúnxicas.
Teoría: Introdución á Conservación vexetal e Xeobotánica 12 A conservación da biodiversidade vexetal. Ameazas e estratexias de conservación.
13 A Xeobotánica como ciencia integradora. Os reinos florísticos e as principais formacións vexetais da Terra.
Seminarios 1 Diagramas e fórmulas florais. Claves de identificación (2h).
2 Seminario sobre plantas vasculares e prevasculares (2h).
3 Ciclos de vida de algas e fungos (2h).
4 Estudos comparados de organismos (1h).
Prácticas 1 Observación de vexetais terrestres no seu medio natural. Recolección e métodos de conservación.
2 Observación e descrición de anxiospermas dicotiledóneas.
3 Observación e descrición de anxiospermas monocotiledóneas.
4 Observación e descrición de ximnospermas.
5 Observación e descrición de pteridófitos.
6 Observación e descrición de briófitos.
7 Observación e descrición de algas macroscópicas.
8 Observación e descrición de algas microscópicas.
9 Observación e descrición de fungos.
Estudo de casos 1 Recolección, identificación e conservación de dúas anxiospermas dicotiledóneas.
2 Recolección, identificación e conservación de dúas anxiospermas monocotiledóneas.
3 Recolección, identificación e conservación de dúas ximnospermas.
4 Recolección, identificación e conservación dun fento e un brión.
5 Recolección, identificación e conservación de dúas macroalgas de diferente división.
6 Recolección, identificación e conservación dun fungo superior e un lique.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A2 A4 A22 A32 B1 B6 B8 B12 1 22 23
Prácticas de laboratorio A30 A31 18 9 27
Sesión maxistral A1 A7 A19 A29 B1 B6 B8 B12 21 52.5 73.5
Seminario A1 A7 B1 7 17.5 24.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos O alumno deberá colleitar, identificar, preparar e presentar conservadas adecuadamente 12 exemplares representativos da diversidade vexetal segundo ó indicado no temario (4 anxiospermas, 2 ximnospermas, 1 fento, 1 brión, 2 macroalgas de distinta división, 1 fungo superior e 1 lique).
Prácticas de laboratorio O alumno terá que realizar descricións macroscópicas e microscópicas de organismos vexetais representativos dos distintos grupos e completar un guión dispoñible con anterioridade á práctica e que será avaliado. Na primeira práctica realizarase unha saída á contorna próxima durante unha hora para a aprendizaxe da recolección do material representativo dos distintos grupos vexetais que estudarán no laboratorio.
Sesión maxistral O profesor impartirá os conceptos básicos para a comprensión da materia axudándose de presentacións que porá a disposición dos alumnos.
Seminario O alumno deberá resolver distintas cuestións ou preparar de forma autónoma algúns dos contidos da materia. O traballo do alumno será posto en común durante as distintas sesións nas que se someterá a discusión e, no seu caso, avaliación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Prácticas de laboratorio
Estudo de casos
Sesión maxistral
Descrición
Atenderase ao alumno de xeito personalizado para todas aquelas dúbidas ou cuestións que lle xurdan nas distintas metodoloxías empregadas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A7 B1 Avaliarase o traballo realizado polo alumno nas sesións interactivas así como a súa actitude e participación nas mesmos.
5
Prácticas de laboratorio A30 A31 Avaliarase o cuestionario que o alumno deberá completar sobre os contidos das prácticas.
15
Estudo de casos A2 A4 A22 A32 B1 B6 B8 B12 Avaliarase a calidade e presentación do material de herbario das 12 especies entregadas.
15
Sesión maxistral A1 A7 A19 A29 B1 B6 B8 B12 Avaliarase mediante unha proba obxectiva escrita que incluirá preguntas tipo test, definicións, preguntas curtas e temas a desenvolver.
65
 
Observacións avaliación

Para poder superar a materia na primeira oportunidade será necesario ter unha participación da menos un 70% das actividades avaliables programadas. Igualmente o alumno deberá obter polo menos a cualificación de 4,5 sobre 10 puntos na teoría (proba obxectiva escrita e seminarios), e 4 sobre 10 na parte práctica, no que puntúa a 50% o estudo de casos e o cuestinario de prácticas. 

Para poder superar a materia na segunda oportunidade (xullo), o alumno, en función do resultado da súa primeira avaliación, deberá realizar unha proba obxectiva escrita e superar a avaliación da parte práctica. A necesidade de realizar unha ou ambas as probas de recuperación indicarase nas cualificacións da primeira oportunidade. 

As cualificacións obtidas nas actividades avaliables serán conservadas só durante o correspondente curso académico salvo a parte práctica. Para obter a cualificación de "non presentado" o alumno non poderá participar en máis dun 30% das actividades avaliables programadas. No caso dos estudantes con dedicación a tempo parcial ou de modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade, a avaliación das probas obxectivas será a mesma, e a avaliación contínua da participación poderá sustituirse por un traballo individual proposto polo profesor e avaliado en titorías. 


Fontes de información
Bibliografía básica

Teoría:

BARNES, C. (2001). Invitación a la Biología. Panamericana

DIAZ-GONZALEZ, T.E.; FERNÁNDEZ-CARVAJAL, M.C. & FERNÁNDEZ, J. A.(2004). Curso de Botánica. Ediciones Trea, Gijón.

FONT I QUER, P. (1982). Iniciación a la Botánica. Editorial Fontalba.

FONT I QUER (1987). Plantas medicinales. El Dioscórides renovado. Labor.

FONT I QUER, P. (1993). Diccionario de Botánica. Labor, Barcelona.

IZCO, J.; BARRENO, E.; BRUGUÉS, M.; COSTA M.; DEVESA, J.; FERNÁNDEZ, F.; GALLARDO, T.; LLIMONA, X; SALVO, E; TALAVERA, S. & VALDÉS, B. (2004). Botánica. McGraw-Hill, Madrid.

NABORS, M.W. (2006). Introducción a la Botánica. Pearson.

REECE, C. et al. (2008). Biology. Pearson International Edition

SCAGEL, R.; BANDONI,R.J.; ROUSE,G.E.; SCHOFIELD, G.E.; STEIN,J.R. & TAYLOR,T.M.(1987). El Reino Vegetal. Omega, Barcelona.

STRASBURGER, E., F. NOLL, H. SCHENCK & A.F.W. SCHIMPER. (2004). Tratado de Botánica (actualizado por P. SITTE et al.) Omega, Barcelona.

Prácticas:

AIZPURU,I.; ASEGINOLAZA, C.; URIBE-ECHEBERRÍA, P.M.; URRUTIA, P. & ZORRAKIN, I. (2000). Claves ilustradas de la Flora del País Vasco y territorios limítrofes. Servicio Central de Publicaciones del Gobierno Vasco.

ANDRÉS, J., B. LLAMAS, A. TERRÓN, J.A. SÁNCHEZ, O.G. PRIETO, E. ARROJO & T.P. JARAUTA (1990). Guía de hongos de la Península Ibérica (noroeste peninsular, León), claves-descripciones-fotografías. Celarayn, León.

BÁRBARA, I. & J. CREMADES (1993). Guía de las algas del litoral gallego. Ayuntamiento de La Coruña, Casa de las Ciencias.

BONNIER, G. & De LAYENS, G. (1993). Claves para la determinación de plantas vasculares. Omega, Barcelona.

CABIOC'H, J., J. FLOC'H, A. TOQUIN, C.F. Le, Ch.-F. BOUDURESQUE, A. MEINESZ & M. VERLAQUE (2006). Guía de las algas del Atlántico y del Mediterráneo. Omega, Madrid.

CASTROVIEJO, S. et al (2001). Claves de Flora Ibérica, vol. I . Real Jardín Botánico, Madrid.

EGEA FERNANDEZ, J.Mª & P. TORRENTE PAÑOS (1997). Manual de Teoría y Prácticas de Botánica. DM Librero Editor.

GERHARDT, E., J. VILA & X. LLIMONA (2000). Hongos de España y de Europa. Omega, Barcelona.

GARCÍA, X.R. (2008). Guía das plantas de Galicia. Xerais.

JAHNS, H.M. & A.K. MASSELINK (1982). Guía de campo de los helechos, musgos y líquenes de Europa. Omega, Barcelona.

MANOBENS, R. Mª (1988). Botánica, instruccions per als recol-lectors de plantes: l'herbari. Preparació i documentació. Generalitat de Catalunya.

MAYOR, M. & T.E. DÍAZ (2003). La flora Asturiana. Ayala, Oviedo.

NIÑO RICOI, H. (2008). Guía dos fentos de Galicia. Baía Edicións.

PÉREZ VALCÁRCEL, C., LÓPEZ PRADO, Mª & LÓPEZ DE SILANES VÁZQUEZ, Mª (2003). Guía dos liques de Galicia. Baía Edicións.

SALVO TIERRA, E. (1990). Guía de helechos de la Península Ibérica y Baleares. Pirámide, Madrid.

WIRTH, V., R. DÜLL, X. LLIMONA, R.-M. ROS & O. WERNER (2004). Guía de campo de los líquenes, musgos y hepáticas. Omega

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Botánica sistemática: Criptogamia/610G02024
Botánica sistemática: Fanerogamia/610G02025
Xeografía botánica: Xeobotánica/610G02026

Observacións

É altamente recomendable superar esta materia para poder cursar calquera das que continúan o temario nos seguintes cursos do Grao (Botánica sistemática: Criptogamia, Botánica Sistemática: Fanerogamia e Xeobotánica).



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías