Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Botánica sistemática: Criptogamia Código 610G02024
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Pimentel Pereira, Manuel
Correo electrónico
m.pimentel@udc.es
Profesorado
Barbara Criado, Ignacio Manuel
Díaz Tapia, Pilar
Fagúndez Díaz, Jaime
Peña Freire, Viviana
Pimentel Pereira, Manuel
Correo electrónico
ignacio.barbara@udc.es
p.diaz@udc.es
jaime.fagundez@udc.es
v.pena@udc.es
m.pimentel@udc.es
Web
Descrición xeral Botánica sistemática: Criptogamia. Ciencia que estuda os fungos, algas, briófitos e pteridófitos nun contexto evolutivo e atendendo a unha clasificación filoxenética. Integra información doutras materias (fisioloxía, anatomía e histoloxía vexetal, bioquímica, xenética, ecoloxía, etc) e capacita ó estudante para traballar en diferentes ámbitos: como investigador, docente, en asesoría ambiental, agronomía e etnobotánica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A2 Identificar organismos.
A4 Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A9 Identificar e utilizar bioindicadores.
A20 Muestrear, caracterizar e manexar poboacións e comunidades.
A22 Describir, analizar, avaliar e planificar o medio físico.
A27 Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía.
A32 Desenvolverse con seguridade no traballo de campo.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.
B11 Debater en público.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
-Aprender as técnicas básicas do traballo de campo e laboratorio en Criptogamia. A4
A9
B1
B7
B8
-Desenvolver capacidades de observación, descrición e identificación de criptógamas e o seu grao de integración e presenza no medio natural. A2
A4
A20
A22
A27
A32
B1
B4
B6
B11
-Coñecer a diversidade vexetal das criptógamas: niveis morfolóxicos de organización, complexidade dos sistemas reprodutivos e a relación co medio no que viven. A1
A2
B1
B3
B8
B9
-Comprender os tipos reprodutivos e os distintos ciclos biolóxicos característicos dos distintos grupos vexetais. A1
B1
B3
B8
B9
-Incentivar un maior interese e motivación para a aprendizaxe da Criptogamia, como unha ciencia básica para unha formación completa en Bioloxía. B3
B4
B6
B7
B8
B9
-Comprender a organización taxonómica das criptógamas, que reflicte as relacións evolutivas entre os distintos grupos vexetais. A1
A2
B1
B3
B8
B9
-Desenvolver o hábito e a capacidade para o manexo axeitado e crítico da bibliografía. A27
B6
B8
B9

Contidos
Temas Subtemas
TEORÍA (CLASES MAXISTRAIS): FUNGOS E LIQUES Tema 1.- Caracteres xerais dos fungos sensu lato. Nutrición e modos de vida. Importancia ecolóxica e económica. Orixe e clasificación.
Tema 2.- Fungos mucilaxinosos. Caracteres xerais, reproducción, ciclos e exemplos de Acrasiomycota, Myxomycota e Plasmodiophoromycota.
Tema 3.- Pseudofungos. Caracteres xerais, reproducción e ciclos. Clasificación. Caracteres xerais e exemplos de Oomycota.
Tema 4.- Fungos sensu stricto. Caracteres xerais, reproducción, ciclos, modos de vida. Clasificación e caracteres de Chytridiomycetes, Zygomycetes, Ascomycetes e Basidiomycetes.
Tema 5.- Fungos liquenizados: importancia ecolóxica e utilidades, morfoloxía e estrutura do talo liquénico, reproducción e exemplos. Recapitulación e filoxenia sobre os fungos. Fungos imperfectos (Deuteromycetes). Micorrizas.
TEORÍA (CLASES MAXISTRAIS): ALGAS Tema 6.- Caracteres xerais. Citoloxía (parede celular, núcleo, orgánulos celulares, plastidoma e pigmentos fotosintéticos). Reproducción e ciclos biolóxicos. Utilidades. Orixe e clasificación.
Tema 7.- Algas procariotas. Cyanophyta: caracteres xerais, hábitat e clasificación.
Tema 8.- Algas eucariotas. Rhodophyta: caracteres xerais, clasificación, hábitat, reproducción, ciclos e utilidades. Caracteres diferenciais e exemplos de Bangiophyceae e Florideophyceae.
Tema 9.- Ochrophyta. caracteres xerais e clasificación. Caracteres diferenciais, reproducción, ciclos, hábitat, exemplos e utilidades de Chrysophyceae, Xanthophyceae, Bacillariophyceae e Phaeophyceae.
Tema 10.- Haptophyta, Cryptophyta, Dinophyta e Euglenophyta. Caracteres, reproducción e hábitat.
Tema 11.- Chlorophyta: caracteres xerais e clasificación. Mención de prasinofíceas. Caracteres diferenciais, reproducción, ciclos, hábitat e exemplos de clorofíceas, ulvofíceas e carofíceas. Recapitulación e filoxenia das algas.
TEORÍA (CLASES MAXISTRAIS): BRIÓFITOS E PTERIDÓFITOS Tema 12.- Introducción ós embriófitos. Orixe das plantas terrestres. Bryophyta: caracteres xerais, hábitat, adaptacións ó medio terrestre, reproducción, orixe e clasificación. Caracteres diferenciais, ciclos e exemplos de Anthoceropsida, Marchantiopsida e Bryopsida. Filoxenia de briófitos.
Tema 13.- Introducción ós cormófitos. Teoría telomática. Cormo e estela.
Tema 14.- Pteridophyta: caracteres xerais, ecoloxía, reproducción, ciclo xeral, orixe e clasificación. Caracteres diferenciais, ciclos e exemplos de Psilophytopsida, Psilotopsida, Lycopodiopsida, Equisetopsida e Pteridopsida. Filoxenia de pteridófitos.
TEORÍA (SEMINARIOS) Seminario 1 Reproducción, ciclos biolóxicos, cuestionarios e definicións sobre os fungos (2 horas).
Seminario 2 Reproducción, ciclos biolóxicos, cuestionarios e definicións sobre as algas (2 horas).
Seminario 3 Reproducción, ciclos biolóxicos, cuestionarios e definicións sobre os briófitos e pteridófitos (2 horas).
Seminario 4 Recapitulación xeral sobre o curso. (1 hora)
PRÁCTICAS (SAÍDA Ó CAMPO) Saída ó campo 1.-Observación de criptógamas no seu medio natural mariño.
Saída ó campo 2.-Observación de criptógamas no seu medio natural continental.
PRÁCTICAS (LABORATORIO) Práctica 1.- Observación, identificación e conservación de fungos.
Práctica 2.- Observación, identificación e conservación de liques.
Práctica 3.- Observación, identificación e conservación de algas pardas.
Práctica 4.- Observación, identificación e conservación de algas verdes.
Práctica 5.- Observación, identificación e conservación de algas vermellas.
Práctica 6.- Observación, identificación e conservación de briófitos.
Práctica 7. Observación, identificación e conservación de pteridófitos.
PRÁCTICAS (CASOS PRÁCTICOS) Caso 1.- Elaboración dun informe descritivo do medio natural e preparación de pregos de herbario de criptógamas mariñas e litorais (fundamentalmente algas e liques).
Caso 2- Elaboración dun informe descritivo do medio natural e preparación de pregos de herbario de criptógamas de bosque húmido (fundamentalmente fungos, liques, briófitos e pteridófitos).

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 B1 B3 B8 B9 21 42 63
Seminario A1 B1 B3 B7 B8 B9 B11 7 21 28
Prácticas de laboratorio A9 B1 B7 B8 14 7 21
Estudo de casos A2 A4 A20 A22 A27 A32 B1 B4 B6 0 23 23
Saídas de campo A2 A20 A22 A27 A32 6 6 12
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor impartirá os conceptos básicos para a comprensión da materia axudándose de presentacións e documentos que porá previamente á disposición dos estudantes.
Seminario O estudante deberá preparar de xeito autónomo algúns dos conceptos ou contidos da materia, empregando os contidos básicos das sesións maxistrais e consultando a bibliografía que recomendará o profesor. Os seminarios serán postos en común durante as distintas sesións nas que o traballo dos estudantes someterase a discusión e avaliación.
Prácticas de laboratorio O estudante terá que realizar descricións macroscópicas e microscópicas de criptógamas e completar un guión dispoñible con anterioridade á práctica e que será avaliado. Tamén se realizarán exercicios de identificación mediante o uso de claves, floras e monografías.
Estudo de casos O estudante deberá realizar mostraxes en ambientes mariños e de bosque para a recolección de criptógamas representativas de ambos ambientes. Posteriormente, procesará os materiais recollidos, identificándoos e conservándoos en pregos de herbario que entregará para a súa avaliación.
Saídas de campo Realizarase unha saída ó campo guiada polos profesores co obxecto de que os estudantes se familiaricen cos ambientes naturais nos que se amosarán exemplos de criptógamas. Na saída o profesor impartirá docencia práctica en base ós exemplos que se atopen ese día.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Prácticas de laboratorio
Estudo de casos
Saídas de campo
Descrición
Atenderase ó estudante de xeito personalizado para todas aquelas dúbidas ou cuestións que lle xurdan nas distintas actividades realizadas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 B1 B3 B7 B8 B9 B11 Avaliarase o traballo levado a cabo polo estudante en cada un dos seminarios, así como a súa actitude e participación nos mesmos. A cualificación dos seminarios realizarase, xunto coa das sesións maxistrais, na proba obxectiva escrita. A1, B1, B3, B7, B8, B9, B11 1
Sesión maxistral A1 A2 B1 B3 B8 B9 Cualificarase mediante unha proba obxectiva escrita que incluirá preguntas tipo test, definicións, preguntas curtas e temas a elaborar. A1, B1, B3, B8, B9 49
Prácticas de laboratorio A9 B1 B7 B8 Cualificarase o cuestionario que o estudante deberá completar en cada unha das prácticas. Tamén computará o grao de participación do estudante. A9, B1, B7, B8 20
Estudo de casos A2 A4 A20 A22 A27 A32 B1 B4 B6 Cualificarase o contido, calidade e presentación do informe e material de herbario entregado nos casos prácticos. O material de herbario será avaliado mediante unha proba oral. A2, A4, A20, A22, A27, A32, B1, B4, B6 20
Saídas de campo A2 A20 A22 A27 A32 Cualificarase a asistencia e participación na práctica de campo, así como a calidade do informe que deberá entregar o estudante. A2, A20, A22, A27, A32 10
 
Observacións avaliación

O ESTUDANTE DEBERÁ PRESTAR GRAN ATENCIÓN Á DISTRIBUCIÓN DE HORAS PRESENCIAIS E NON PRESENCIAIS AMOSADA NO CADRO DE PLANIFICACIÓN. É FUNDAMENTAL QUE O ALUMNO ASUMA QUE PARA SUPERAR A MATERIA TERÁ QUE ADICARLLE APROXIMADAMENTE UNHAS 50 HORAS PRESENCIAIS E 100 HORAS NON PRESENCIAIS. ESTAS ÚLTIMAS DISTRIBUIRANSE ENTRE AS SEGUINTES ACTIVIDADES: REDACCIÓN DE INFORMES (PRÁCTICA DE CAMPO E CASOS PRÁCTICOS), PREPARACIÓN DOS SEMINARIOS E HORAS DE ESTUDO PARA O EXAME DE TEORÍA.

Para obter a cualificación de "non presentado" o
estudante non poderá ter participado en máis dun 30% das actividades avaliables
programadas.Para superar a materia na primeira oportunidade será preciso ter
participado en alomenos un 70% das actividades avaliables programadas.
Igualmente o estudante deberá obter cando menos a cualificación de 4,5 sobre 10
puntos na proba obxectiva escrita (e non menos de 4 nas distintas partes desta proba) e de 4 sobre 10 no resto das avaliacións. Para
superar a materia na segunda oportunidade (Xullo), o estudante, en función do
resultado da súa primeira avaliación, deberá realizar unha proba obxectiva
escrita similar á da primeira oportunidade e/ou unha proba de laboratorio na
que deberá completar un cuestionario similar ó empregado nas prácticas. A
necesidade de realizar unha ou ambas probas de recuperación indicarase nas
cualificacións da primeira oportunidade.As cualificacións obtidas nas
actividades avaliables serán conservadas unicamente durante o curso académico
vixente. O estudante que
suspenda nas dúas convocatorias terá que repetir todas as actividades e
avaliacións da materia ó ano seguinte. Excepcionalmente,
no caso de que o estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera
realizar todas as probas de avaliación contínua, o profesor adoptará as medidas
que considere oportunas para non prexudicar a súa cualificación.

No caso de estudantes a tempo parcial ou que participen en modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade o profesorado adaptará as actividades de avaliación contínua e obrigatorias para que o estudante poida optar a superar a materia.

A materia de Botánica Sistemática Criptogamia ten, no curso 17/18 as seguintes datas importantes:

Prácticas de laboratorio: do 20 de Setembro ó 19 de Outubro de 2017

Saída de campo: venres 6 de Outubro de 2017

Portas abertas no laboratorio: do 20 de Outubro ó 5 de Decembro de 2017

Entrega do informe da saída de campo: martes 24 de Outubro de 2017

Entrega dos casos prácticos (e realización de exame de herbario): luns 11 de Decembro de 2017


Fontes de información
Bibliografía básica

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA PARA TEORÍA:

ABBAYES, H. des, M. CHADEFAUD, J. FELDMANN, Y. de FERRÉ, H. GAUSSEN, P.-P. GRASSÉ & A.R. PRÉVOT (1989) Botánica, vegetales inferiores. Reverté, Barcelona.

BOLD, H.C., C. J. ALEXOPOULOS & T. DELEVORYAS (1989) Morfología de plantas y hongos. Omega, Barcelona.

CARRIÓN, J.S. (2003) Evolución vegetal Editorial: DIEGO MARIN, ed. 497 Págs.

DÍAZ GONZÁLEZ, T.E. Mª C. FERNÁNDEZ-CARVAJAL ÁLVAREZ & J.A: FERNÁNDEZ PRIETO (2004) Curso de Botánica. Trea Ciencias.

FONT-QUER, P. (1993) Diccionario de Botánica. Labor, Barcelona.

GORENFLOT, R. (1975) Précis de botanique, 1 Protocaryotes et Thallophytes eucaryotes.Doin, Paris.

GORENFLOT, R. & M. GUERN (1989) Organisation et biologie des thallophytes. Doin, 235 p

IZCO, J., E. BARRENO, M. BRUGUÉS, M. COSTA, J. DEVESA, F. FERNÁNDEZ, T. GALLARDO, X. LLIMONA, E. SALVO, S. TALAVERA & B. VALDÉS (1997) Botánica. McGraw-Hill, Madrid.

PEARSON, L.C. (1995) The diversity and evolucion of plants. C.R.C. Press, New York.

RAVEN et al. (1991) Biología de las plantas.

RODRÍGUEZ IGLESIAS, F. (Ed.) Galicia Naturaleza. Botánica I. Hércules de Ediciones, S.A., A Coruña.

SCAGEL, R.F., R.J. BANDONI, G.E. ROUSE, W.B. SCHOFIELD., J.R. STEIN & T.M.C. TAYLOR (1987) El Reino Vegetal. Omega, Barcelona.

SCAGEL, R.F., R.J. BANDONI, J.R. MAZE, G.E. ROUSE, W.B. SCHOFIELD & J.R. STEIN (1991) Plantas no vasculares. Omega, Barcelona.

STRASBURGER, E., F. NOLL, H. SCHENCK & A.F.W. SCHIMPER. (2004) Tratado de Botánica (actualizado por P. SITTE et al.) Omega, Barcelona.

 

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA PARA PRÁCTICAS:

EGEA FERNANDEZ, J.Mª & P. TORRENTE PAÑOS (1997) Manual de Teoría y Prácticas de Botánica. DM Librero Editor.

GUERRA MONTES, J., J.S. CARRIÓN, M. ABOAL, J.M. EGEA & R.M. ROS (1988) Guiones de clases prácticas de Botánica. Promociones y publicaciones Universitarias, Barcelona.

MANOBENS, R. Mª (1988) Botánica, instruccions per als recol-lectors de plantes: l'herbari. Preparació i documentació. Generalitat de Catalunya.

 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Intrudución á Botánica: Botánica xeral/610G02023

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Botánica sistemática: Fanerogamia/610G02025

Observacións
Se ben non é imprescindible, é moi importante que o alumno teña aprobada a materia de Iniciación á Botánica do primeiro curso do Grao.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías