Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Botánica sistemática: Criptogamia Código 610G02024
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Peña Freire, Viviana
Correo electrónico
v.pena@udc.es
Profesorado
Peña Freire, Viviana
Pimentel Pereira, Manuel
Correo electrónico
v.pena@udc.es
m.pimentel@udc.es
Web
Descrición xeral Botánica sistemática: Criptogamia. Ciencia que estuda os fungos, algas, briófitos e pteridófitos nun contexto evolutivo e atendendo a unha clasificación filoxenética. Integra información doutras materias (fisioloxía, anatomía e histoloxía vexetal, bioquímica, xenética, ecoloxía, etc) e capacita ó estudante para traballar en diferentes ámbitos: como investigador, docente, en asesoría ambiental, agronomía e etnobotánica. Os contidos desta materia están reflectidos nos obxectivos de desenvolvemento sustentable da axenda H2030 da ONU (obxectivo 14-Vida submariña e obxectivo 15-Vida dos ecosistemas terrestres).

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A2 Identificar organismos.
A4 Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A9 Identificar e utilizar bioindicadores.
A20 Muestrear, caracterizar e manexar poboacións e comunidades.
A22 Describir, analizar, avaliar e planificar o medio físico.
A26 Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados.
A27 Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
A32 Desenvolverse con seguridade no traballo de campo.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.
B10 Exercer a crítica científica.
B11 Debater en público.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
-Aprender as técnicas básicas do traballo de campo e laboratorio en Criptogamia. A4
A9
A20
A22
B1
B5
B7
B8
-Desenvolver capacidades de observación, descrición e identificación de criptógamas e o seu grao de integración e presenza no medio natural. A2
A4
A20
A22
A26
A27
A30
A31
A32
B1
B4
B6
B11
-Coñecer a diversidade vexetal das criptógamas: niveis morfolóxicos de organización, complexidade dos sistemas reprodutivos e a relación co medio no que viven. A1
A2
B1
B3
B8
B9
-Comprender os tipos reprodutivos e os distintos ciclos biolóxicos característicos dos distintos grupos vexetais. A1
B1
B3
B8
B9
-Incentivar un maior interese e motivación para a aprendizaxe da Criptogamia, como unha ciencia básica para unha formación completa en Bioloxía. B3
B4
B6
B7
B8
B9
B10
-Comprender a organización taxonómica das criptógamas, que reflicte as relacións evolutivas entre os distintos grupos vexetais. A1
A2
B1
B3
B8
B9
-Desenvolver o hábito e a capacidade para o manexo axeitado e crítico da bibliografía. A27
B6
B8
B9
B10

Contidos
Temas Subtemas
TEORÍA (CLASES MAXISTRAIS): Bloque I. Os fungos. Sistemática e evolución Tema 1.- Carácteres xerais dos fungos sensu lato. Nutrición e modos de vida. Importancia ecolóxica e económica. Orixe e clasificación.
Tema 2.- Fungos mucilaxinosos. Carácteres xerais, reprodución, ciclos e exemplos de Acrasiomycota, Myxomycota e Plasmodiophoromycota.
Tema 3.- Pseudofungos. Carácteres xerais, reprodución e ciclos. Clasificación. Exemplos de Oomycota.
Tema 4.- Fungos sensu stricto. Carácteres xerais, reprodución, ciclos, modos de vida. Clasificación e características de Chytridiomycota, Zygomycota, Ascomycota e Basidiomycota.
Tema 5.- Fungos liquenizados: importancia ecolóxica e utilidades, morfoloxía e estrutura do talo liquénico, reprodución e exemplos. Recapitulación e filoxenia sobre os fungos. Fungos imperfectos (Deuteromycetes). Micorrizas.
TEORÍA (CLASES MAXISTRAIS): Bloque II. As algas. Sistemática e evolución Tema 6.- Carácteres xerais. Citoloxía (parede celular, núcleo, orgánulos celulares, plastidoma e pigmentos fotosintéticos). Reprodución e ciclos biolóxicos. Utilidades. Orixe e clasificación.
Tema 7.- Algas procariotas. Cyanophyta: carácteres xerais, hábitat e clasificación.
Tema 8.- Algas eucariotas. Rhodophyta: carácteres xerais, clasificación, hábitat, reprodución, ciclos e utilidades. Características diferenciais e exemplos de Bangiophyceae e Florideophyceae.
Tema 9.- Ochrophyta. carácteres xerais e clasificación. Aspectos diferenciais, reprodución, ciclos, hábitat, exemplos e utilidades de Chrysophyceae, Xanthophyceae, Bacillariophyceae e Phaeophyceae.
Tema 10.- Haptophyta, Cryptophyta, Dinophyta e Euglenophyta. Carácteres, reprodución e hábitat.
Tema 11.- Chlorophyta e Streptophyta: carácteres xerais e clasificación. Aspectos diferenciais, reprodución, ciclos, hábitat e exemplos de Prasinophyceae, Chlorophyceae e Ulvophyceae (Chlorophyta) and Charophyceae, Zygnematophyceae e Coleochaetophyceae (Streptophyta). A orixe dos embriófitos.
TEORÍA (CLASES MAXISTRAIS): Bloque III. A conquista do medio terrestre. Evolución e sistemática de embriófitos Tema 12.- Introdución ós embriófitos. Orixe das plantas terrestres. Adaptación ó medio terrestre.
Tema 13.- Arquegoniadas non vasculares (briófitos s. lat.). Musgos, hepáticas e anthoceros: carácteres xerais, hábitat, adaptacións ó medio terrestre, reprodución, orixe, filoxenia e clasificación. Carácteres diferenciais, ciclos e exemplos de Anthocerophyta, Marchantiophyta e Bryophyta. Filoxenia de briófitos.
Tema 14.- Introdución ós cormófitos. Teoría telomática. Cormo e estela.
Tema 15.- Euphyllophytina p.p. (Monilófitos; antigos Pteridophyta) e Lycophytina: carácteres xerais, ecoloxía, reprodución, ciclo vital, orixe e clasificación. Carácteres diferenciais, ciclos e exemplos de Lycopsida, Psilophytopsida, Psilotopsida, Equisetopsida, Marattiopsida e Polypodiopsida. Filoxenia de fieitos.
TEORÍA (SEMINARIOS) Seminario 1 Reprodución, ciclos biolóxicos, cuestionarios e definicións sobre os fungos (2 horas).
Seminario 2 Reprodución, ciclos biolóxicos, cuestionarios e definicións sobre as algas (2 horas).
Seminario 3 Reprodución, ciclos biolóxicos, cuestionarios e definicións sobre os briófitos s. l. e fieitos (2 horas).
Seminario 4 Recapitulación xeral sobre o curso. (2 horas)
PRÁCTICAS (SAÍDAS Ó CAMPO) Saída ao campo 1.-Observación de criptógamas no seu medio natural terrestre.
Saída ao campo 2. Observación de criptógamas no seu medio natural mariño.
PRÁCTICAS (LABORATORIO) Práctica 1.- Observación, identificación e conservación de fungos.
Práctica 2.- Observación, identificación e conservación de liques.
Práctica 3.- Observación, identificación e conservación de algas vermellas.
Práctica 4.-Observación, identificación e conservación de algas diatomeas e dinoflaxelados.
Práctica 5.- Observación, identificación e conservación de algas pardas.
Práctica 6.- Observación, identificación e conservación de algas verdes e briófitos s.l.
Práctica 7.- Observación, identificación e conservación de fieitos.
PRÁCTICAS (CASOS PRÁCTICOS) Caso 1.- Elaboración dun informe descritivo do medio natural e preparación de pregos de herbario de criptógamas mariñas e litorais (fundamentalmente algas e liques).
Caso 2- Elaboración dun informe descritivo do medio natural e preparación de pregos de herbario de criptógamas de bosque húmido (fundamentalmente fungos, liques, briófitos s. lat. e fieitos).
Esta actividade confígurase coma alternativa á realización da actividade de aprendizaxe-servizo.
APRENDIZAXE-SERVIZO O alumnado terá a posibilidade de formarse traballando en colaboración con organizacións non gubernamentais en tarefas relacionadas co coñecemento da diversidade de criptógamas en espazos naturais de interese para a súa conservación. Esta actividade está configurada como alternativa á realización dos casos prácticos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 B1 B3 B8 B9 23 46 69
Seminario A1 B1 B3 B7 B8 B9 B11 8 10 18
Prácticas de laboratorio A9 A30 A31 B1 B5 B7 B8 B10 14 0 14
Estudo de casos A2 A4 A20 A22 A27 A32 B1 B4 B6 0 16 16
Traballos tutelados A22 A26 A27 B3 B8 0 16 16
Saídas de campo A2 A20 A22 A27 A32 12 3 15
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O/A profesor/a impartirá os conceptos básicos para a comprensión da materia axudándose de presentacións, documentos, vídeos, etc que porá á disposición do estudantado nas distintas plataformas ofertadas pola Universidade da Coruña.
Seminario O/A estudante deberá preparar de xeito autónomo algúns dos conceptos ou contidos da materia, empregando os contidos básicos das sesións maxistrais e consultando a bibliografía que recomendará o/a profesor/a. Os seminarios serán postos en común durante as distintas sesións nas que o traballo de cada estudante someterase a discusión e avaliación.
Prácticas de laboratorio O/A estudante terá que realizar descricións macroscópicas e microscópicas de criptógamas e completar un guión ou cuestionario que será avaliado. Tamén se realizarán exercicios de identificación mediante o uso de claves, floras e monografías.
Estudo de casos O/A estudante deberá realizar mostraxes en ambientes mariños e de bosque para a recolección de criptógamas representativas de ambos ambientes. Posteriormente, procesará os materiais recollidos, identificándoos e conservándoos en pregos de herbario que entregará para a súa avaliación. Realizará tamén informes (en pdf) referidos ás actividades levadas a cabo en ambas localidades.
O/A estudante poderá escoller entre a realización dos traballos tutelados (aprendizaxe-servizo) ou a realización do estudo de casos; é dicir, esta actividade e a seguinte son excluíntes, de tal xeito que só se realizará unha delas. O número de horas adicados a estas dúas actividades son por tanto equivalentes, é dicir, 31 h de traballo autónomo. A organización dos traballos establecerase ó comezo do curso.
Traballos tutelados Metodoloxía na que se combinan actividades de formación dos/das estudantes coa colaboración con organizacións non gubernamentais. Os/As estudantes participarán en proxectos de conservación/investigación centrados nas criptógamas mariñas.
O/A estudante poderá escoller entre a realización dos traballos tutelados (aprendizaxe-servicio) ou a realización do estudo de casos; é dicir, esta actividade e a anterior son excluíntes, de tal xeito que só se realizará unha delas. O número de horas adicados a estas dúas actividades son por tanto equivalentes, é dicir, 31 h de traballo autónomo. A organización dos traballos establecerase ó comezo do curso.
Saídas de campo Realizaranse dúas saídas ao campo (6 h cada saída) guiadas polo profesorado co obxecto de que o estudantado se familiarice cos ambientes naturais nos que se amosarán exemplos de criptógamas e que adquira destrezas no estudo de flora e metodoloxía de mostraxe. Estudiaranse ambientes propicios para criptógamas mariñas e litorais e criptógamas de bosque húmido, e o profesorado impartirá docencia práctica en base aos espécimes que se atopen ese día. A asistencia ás saídas de campo é voluntaria, así como a entrega de un informe (en pdf) das actividades realizadas para a súa avaliación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Prácticas de laboratorio
Estudo de casos
Saídas de campo
Traballos tutelados
Descrición
Atenderase á/ao estudante de xeito personalizado para todas aquelas dúbidas ou cuestións que lle xurdan nas distintas actividades realizadas.
No caso de estudantes con dispensa académica empregarase diferentes mecanismos de atención persoalizada -presencial ou non presencial- para atender de xeito personalizado aquelas dúbidas ou cuestións que lle xurdan.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 B1 B3 B7 B8 B9 B11 Avaliarase o traballo levado a cabo polo estudante en cada un dos seminarios, así como a súa actitude e participación nos mesmos. A cualificación dos seminarios realizarase, xunto coa das sesións maxistrais, na proba obxectiva escrita. 0
Sesión maxistral A1 A2 B1 B3 B8 B9 Cualificarase mediante unha proba obxectiva escrita que incluirá preguntas tipo test, definicións, preguntas curtas e temas a elaborar. 45
Prácticas de laboratorio A9 A30 A31 B1 B5 B7 B8 B10 Cualificarase o cuestionario que o estudante deberá completar en cada unha das prácticas. Tamén computará o grao de participación do estudante. 25
Estudo de casos A2 A4 A20 A22 A27 A32 B1 B4 B6 O/A estudante poderá optar entre a realización desta actividade de estudo de casos ou a actividade de traballos tutelados (aprendizaxe-servizo). A valoración correspondente será a suma das atribuídas a cada actividade (traballos tutelados e estudo de casos) nesta guía docente, un 30% da cualificación global.
Cualificarase o contido, calidade e presentación do informe e material de herbario entregado nos casos prácticos. O material de herbario será avaliado mediante unha proba oral.

15
Saídas de campo A2 A20 A22 A27 A32 Cualificarase a asistencia e participación, así como a calidade do informe das actividades realizadas (voluntario). 0
Traballos tutelados A22 A26 A27 B3 B8 O/A estudante poderá optar entre a realización desta actividade de traballos tutelados (aprendizaxe-servizo) ou o estudo de casos. A valoración correspondente será a suma das atribuídas a cada actividade (traballos tutelados e estudo de casos) nesta guía docente, un 30% da cualificación global.
As actividades de aprendizaxe-servizo avaliaranse segundo a calidade dos informes entregados e tras escoitar a valoración realizada polas organizacións colaboradoras.

15
 
Observacións avaliación

A/o estudante deberá prestar gran atención á distribución de
actividades amosada no cadro de planificación. É fundamental que a/o estudante
asuma que para superar a materia terá que dedicarlle aproximadamente unhas 51
horas presenciais e case 100 horas de traballo autónomo, estas últimas
distribuidas entre as seguintes actividades: redacción de informes, preparación
dos seminarios e horas de estudo para o exame de teoría.

As/os estudantes que asistan ás
saídas de campo voluntarias poderán entregar tamén de xeito voluntario un
informe (en pdf) das actividades realizadas para a súa avaliación. Deste xeito,
a porcentaxe máxima desta actividade con respecto á cualificación final da
materia pasará do 1% por asistencia e participación nas saídas a un máximo de 10%.

A asistencia ós seminarios non é
obligatoria pero avaliarase o traballo levado a cabo
polo/pola estudante en cada un dos seminarios, así como a súa actitude e
participación nos mesmos con ata un 1% de cualificación final.

Todos os/as
estudantes terán dúas oportunidades para aprobar o curso. Para
superar a materia na primeira oportunidade será preciso ter participado en
alomenos un 70% das actividades avaliables programadas. Igualmente a/o
estudante deberá obter cando menos a cualificación de 4,5 sobre 10 puntos na
proba obxectiva escrita (e non menos de 4 nas distintas partes desta proba) e
de 4 sobre 10 no resto das avaliacións obrigatorias. A nota global do curso non
deberá ser inferior a 5. Para obter a cualificación de "non presentado"
a/o estudante non poderá ter participado en máis dun 30% das actividades
avaliables programadas.

Para superar a materia na segunda oportunidade (Xullo), a/o
estudante, en función do resultado da súa primeira avaliación, deberá realizar
unha proba obxectiva escrita similar á da primeira oportunidade e/ou unha proba
de laboratorio na que deberá completar un cuestionario similar ó empregado nas
prácticas. A necesidade de realizar unha ou ambas probas de recuperación
indicarase nas cualificacións da primeira oportunidade. As cualificacións
obtidas nas actividades avaliables serán conservadas unicamente durante o curso
académico vixente. A/O estudante que suspenda nas dúas oportunidades terá que
repetir todas as actividades e avaliacións da materia ó ano seguinte.
Excepcionalmente, no caso de que a/o estudante, por razóns debidamente
xustificadas, non puidera realizar todas as probas de avaliación continua, o
profesorado adoptará as medidas que considere oportunas para non prexudicar a
súa cualificación.

No caso de estudantes con dispensa académica ou que participen en
modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade o profesorado
adaptará as actividades de avaliación continua e obrigatorias para que a/o
estudante poida optar a superar a materia.

A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do
curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

A materia de Botánica Sistemática Criptogamia ten, no curso 2023/2024
as seguintes datas importantes :

Prácticas de laboratorio: entre setembro e novembro de 2023
(pendentes por concretar, serán comunicadas con antelación)

Saídas de campo (voluntarias): martes 26 de
setembro e sábado 30 de setembro de 2023.

Entrega
(voluntaria) do informe das saídas de campo –en pdf- (data límite): venres 14
de outubro de 2023.

Portas abertas no laboratorio: entre outubro e novembro de 2023
(pendentes por concretar, serán comunicados con antelación).

Entrega dos informes de casos prácticos -en pdf- e realización de
exame de herbario: luns 18 de decembro de 2023.

Entrega dos informes dos traballos titorizados -en
pdf-: luns 18 de decembro de 2023

CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO: A guía
docente que se aplicará aos estudantes que soliciten a convocatoria adiantada
de decembro será a do curso anterior.


Fontes de información
Bibliografía básica

A principio de curso os profesores porán a disposición do estudantado unha lista de referencias máis completa, especialmente referida a grupos concretos dentro da materia

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA PARA TEORÍA:

ABBAYES, H. des, M. CHADEFAUD, J. FELDMANN, Y. de FERRÉ, H. GAUSSEN, P.-P. GRASSÉ & A.R. PRÉVOT (1989) Botánica, vegetales inferiores. Reverté, Barcelona.

BOLD, H.C., C. J. ALEXOPOULOS & T. DELEVORYAS (1989) Morfología de plantas y hongos. Omega, Barcelona.

CARRIÓN, J.S. (2003) Evolución vegetal Editorial: DIEGO MARIN, ed. 497 Págs.

DÍAZ GONZÁLEZ, T.E. Mª C. FERNÁNDEZ-CARVAJAL ÁLVAREZ & J.A: FERNÁNDEZ PRIETO (2004) Curso de Botánica. Trea Ciencias.

FONT-QUER, P. (1993) Diccionario de Botánica. Labor, Barcelona.

GORENFLOT, R. (1975) Précis de botanique, 1 Protocaryotes et Thallophytes eucaryotes.Doin, Paris.

GORENFLOT, R. & M. GUERN (1989) Organisation et biologie des thallophytes. Doin, 235 p

IZCO, J., E. BARRENO, M. BRUGUÉS, M. COSTA, J. DEVESA, F. FERNÁNDEZ, T. GALLARDO, X. LLIMONA, E. SALVO, S. TALAVERA & B. VALDÉS (1997) Botánica. McGraw-Hill , Madrid .

PEARSON, L.C. (1995) The diversity and evolucion of plants. C.R.C. Press, New York.

RAVEN et al. (1991) Biología de las plantas.

RODRÍGUEZ IGLESIAS, F. (Ed.) Galicia Naturaleza. Botánica I. Hércules de Ediciones, S.A., A Coruña.

SCAGEL, R.F., R.J. BANDONI, G.E. ROUSE, W.B. SCHOFIELD., J.R. STEIN & T.M.C. TAYLOR (1987) El Reino Vegetal. Omega, Barcelona.

SCAGEL, R.F., R.J. BANDONI, J.R. MAZE, G.E. ROUSE, W.B. SCHOFIELD & J.R. STEIN (1991) Plantas no vasculares. Omega, Barcelona.

STRASBURGER, E., F. NOLL, H. SCHENCK & A.F.W. SCHIMPER. (2004) Tratado de Botánica (actualizado por P. SITTE et al.) Omega, Barcelona.

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA PARA PRÁCTICAS:

EGEA FERNANDEZ, J.Mª & P. TORRENTE PAÑOS (1997) Manual de Teoría y Prácticas de Botánica. DM Librero Editor.

GUERRA MONTES, J., J.S. CARRIÓN, M. ABOAL, J.M. EGEA & R.M. ROS (1988) Guiones de clases prácticas de Botánica. Promociones y publicaciones Universitarias, Barcelona.

MANOBENS, R. Mª (1988) Botánica, instruccions per als recol-lectors de plantes: l'herbari. Preparació i documentació. Generalitat de Catalunya.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución á Botánica: Botánica xeral/610G02023

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Botánica sistemática: Fanerogamia/610G02025

Observacións

Se ben non é imprescindible, é moi importante que o alumno teña aprobada a materia de Iniciación á Botánica do primeiro curso do Grao.

Perspectiva de Xénero

Segundo se recolle nas distintas normativasde aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectivade xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografíade autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).  Traballarase para identificar e modificar prexuízose actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Programa Green CampusFacultade de Ciencias

Para axudar a conseguir unha contornainmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicennesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías