Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Botánica sistemática: Fanerogamia Código 610G02025
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Pimentel Pereira, Manuel
Correo electrónico
m.pimentel@udc.es
Profesorado
Cremades Ugarte, Javier
Leira Campos, Manel
Peña Freire, Viviana
Pimentel Pereira, Manuel
Sahuquillo Balbuena, Elvira
Correo electrónico
javier.cremades@udc.es
m.leira@udc.es
v.pena@udc.es
m.pimentel@udc.es
elvira.sahuquillob@udc.es
Web
Descrición xeral Botánica sistemática: Fanerogamia. Ciencia que estuda as plantas vasculares con sementes. Baséase en analizar a morfoloxía e anatomía dos diferentes taxons, a súa bioloxía reprodutiva e as súas adaptacións ambientais; ademais persigue a organización deste coñecemento seguindo un enfoque filoxenético. Integra información procente doutras ciencias como citoloxía e histoloxía, xenética, bioquímica, ecoloxía, etc. e capacita ós estudantes para traballar en diferentes ámbitos profesionais como a docencia, investigación, asesoría ambiental, agricultura, etnobotánica, etc.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A2 Identificar organismos.
A4 Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A6 Catalogar, avaliar e xestionar recursos naturais.
A7 Reconstruír as relacións filogenéticas entre unidades operacionales e pór a proba hipóteses evolutivas.
A9 Identificar e utilizar bioindicadores.
A11 Identificar e analizar material de orixe biolóxica e as súas anomalías.
A19 Analizar e interpretar o comportamento dous seres vivos.
A20 Muestrear, caracterizar e manexar poboacións e comunidades.
A22 Describir, analizar, avaliar e planificar o medio físico.
A23 Avaliar o impacto ambiental. Diagnosticar e solucionar problemas ambientais.
A26 Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados.
A27 Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
A32 Desenvolverse con seguridade no traballo de campo.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar en colaboración.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.
B10 Exercer a crítica científica.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
-Coñecer a organización taxonómica das fanerógamas, que reflicte as relacións evolutivas entre os distintos grupos. A1
A2
B1
B2
B3
B8
B10
-Desenvolver o hábito e a capacidade para manexar de xeito adecuado e crítico a bibliografía e outras fontes de información. A22
A27
B8
B10
Comprender os ciclos reprodutivos dos espermatófitos, así como as relacións entre eles e cos ciclos dos seus posibles precursores. A1
A2
B1
B2
B3
B8
Coñecer os procesos evolutivos que desembocaron na diversidade actual dos espermatófitos. A1
A2
A7
A19
B3
B9
-Desenvolver capacidades de observación, descrición e identificación de plantas con semente, particularmente en relación con aqueles grupos de maior importancia económica e ecolóxica. A1
A2
A4
A6
A9
A11
A20
A30
A31
A32
B2
B3
B5
-Aprender os métodos básicos de estudo das especies vexetais e as súas comunidades, tanto no campo como no laboratorio. A2
A4
A6
A11
A20
A23
A26
B2
B3
B5
B8
-Incentivar nos estudantes a aprendizaxe autónoma arredor dos distintos grupos de plantas con semente, facendo énfase naqueles grupos ecoloxica e economicamente importantes no NW da Península Ibérica. A29
A31
A32
B1
B2
B3
B8

Contidos
Temas Subtemas
Bloque I (Clases Maxistrais): Evolución Vexetal Tema 1 - Ciclos biolóxicos dixenéticos na linaxe verde. Dos musgos ás plantas con semente.
Tema 2 - O megaesporanxio, o primordio seminal e a semente. Homoloxías entre os ciclos vitais.
Tema 3 - Grupos taxonómicos principais nas plantas terrestres de ciclo dixenético. O concepto de especie nas plantas. Taxonomía morfolóxica e filoxenia.
Tema 4 - Paleoecoloxía das primeiras plantas terrestres. O xacemento de Rhynie e o bosque de Gilboa. Transicións da flora no Paleozoico, Mesozoico e Cenozoico.
Tema 5 – Innovacións biolóxicas nas ximnospermas e anxiospermas. Bases da diversidade das plantas con semente.
Tema 6 - Mecanismos de evolución vexetal. Evolución reticulada. Reprodución asexual, hibridación e poliploidización. Autopolinización e evolución críptica.
Bloque II (Clases Maxistrais):Polinización e dispersión Tema 7 – Polinización. Mutualismo e parasitismo na polinización. Sistemas de polinización e diversidade.
Tema 8 – As Ximnospermas e a súa polinización. Adaptacións á anemofilia e excepcións. Diversidade de ximnospermas.
Tema 9 – As anxiospermas e a súa polinización. Anxiospermas con anemofilia total e parcial. Salicaceae, Fagaceae e Betulaceae.
Tema 10 – A zoofilia en anxiospermas. Exemplos de adaptación á zoofilia entre as anxiospermas de especial relevancia no NW Ibérico. Asteraceae, Ericaceae, Fabaceae e Lamiaceae.
Tema 11 – Outras formas de dispersión do pole. As anxiospermas mariñas.
Bloque III (Clases Maxistrais): A agricultura Tema 12 – Agricultura: cultivo e domesticación. O síndrome de domesticación. Colos de botella, selección, hibridación e poliploidización.
Tema 13 – As gramíneas e os seus procesos de domesticación. A domesticación noutras familias de importancia económica: Rosaceae, Solanaceae, Brassicaceae e Apiaceae.
Bloque IV (Clases Maxistrais): Bioxeografía Tema 14 – Reinos Florísticos. Fitocoroloxía: áreas de distribución. Vexetación potencial e series de vexetación. Plantas endémicas, raras, ameazadas e invasoras.
Seminarios de 2 horas: Seminario 1: Ximnospermas: análise comparada dos seus ciclos de vida. Conceptos básicos na sistemática das Ximnospermas. Realizarase un cuestionario sobre as características e a diversidade das ximnospermas.
Seminario 2: Anxiospermas: estudo do seu ciclo de vida. Análise comparada dos ciclos de vida das anxiospermas, ximnospermas e fieitos heterospóreos. Realizarase un cuestionario sobre os ciclos de vida dos distintos grupos.
Seminario 3: Anxiospermas. Análise comparada entre as familias máis importantes nas comunidades herbáceas, de matogueira e bosque do NW da Península Ibérica.
Seminario 4: Anxiospermas. Análise comparada entre as familias de importancia económica e as que presentan adaptacions especiais as condiciones ambientales nas que se desenvolven. Revisión dos conceptos básicos de Bioxeografía e Conservación Vexetal
Práctica de campo Toma de contacto coa diversidade das plantas con semente en Galicia. Analizarase a diversidade vexetal de distintos medios de alto interese polo seu grao de endemicidade, rareza, etc.
Prácticas de laboratorio Práctica 1. Análise filoxenética. Construcción dunha filoxenia para algunhas especies silvestres e cultivadas das Triticeas (Poaceae).
Práctica 2: Diversidade de Ximnospermas. Identificación, estrutura e análise comparativo dos estróbilos femininos nas Subclases Ginkgoidae e Pinidae.
Práctica 3: Clasificación dos froitos. Inflorescencias, flores e froitos.
Práctica 4: Diversidade de Anxiospermas I. Árbores forestais. Familias Fagaceae, Betulaceae, Salicaceae, Oleaceae e Adoxaceae/Caprifoliaceae. Identificación, estrutura e análise de polinización/dispersión.
Práctica 5: Diversidade de Anxiospermas II. Matogueiras. Familias Fabaceae, Ericaceae, Cistaceae, Rosaceae e Lamiaceae. Identificación, estrutura e análise de polinización/dispersión.
Práctica 6: Diversidade de Anxiospermas III. Plantas herbáceas (Rosidae, eu-dicots). Familias Apiaceae, Caryophyllaceae, Asteraceae, Euphorbiaceae e Primulaceae. Identificación, estrutura e análise de polinización/dispersión.
Práctica 7: Diversidade de Anxiospermas IV. Plantas herbáceas (Lilianae, monocots). Familias Asphodelaceae, Poaceae, Juncaceae, Alliaceae e Iridaceae. Identificación, estrutura e análise de polinización/dispersión.
Aprendizaxe-servizo Os estudantes terán a posibilidade de formarse traballando en colaboración con organizacións non gubernamentais en tarefas relacionadas co coñecemento e conservación da flora. Esta actividade configúrase como alternativa á realización dos casos prácticos.
Casos prácticos Realizaranse dous casos prácticos nos que se profundizará no estudo das características morfolóxicas, biolóxicas e xenéticas dos espermatófitos, con especial atención ó coñecemento da diversidade vexetal no NW peninsular. Esta actividade configúrase como alternativa á realización da actividade de aprendizaxe-servizo.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A7 A11 A19 B1 B2 B3 B8 B9 B10 21 46.5 67.5
Seminario A7 A9 B1 B2 B3 B8 B9 B10 7 11.5 18.5
Prácticas de laboratorio A2 A4 A6 A9 A11 A30 A31 B1 B3 B5 14 7 21
Saídas de campo A1 A2 A9 A19 A20 A23 A32 B1 B2 7 0 7
Traballos tutelados A22 A23 A26 A27 A29 A32 B3 B8 0 17 17
Estudo de casos A22 A23 A26 A27 A29 A32 B3 B8 0 17 17
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os concepto básicos serán desenvolvidos polo profesor en sesións maxistrais de 50 minutos. As clases teñen sido programadas para que o alumnos adquiran os coñecementos de xeito gradual. A aprendizaxe estará asistida por presentacións de power point que estarán dispoñibles na plataforma moodle.
Seminario O obxectivo dos seminarios será reforzar o aprendido nas sesións maxistrais. Todos os conceptos básicos impartidos se repasarán nos seminarios mediante diferentes exercicios, especialmente cuestionarios e diagramas mudos representando os ciclos reprodutivos dos distintos grupos. A asistencia ós seminarios é obrigatoria.
Prácticas de laboratorio Os estudantes analizarán e manipularan diferentes representantes dalgunhas das familias explicadas nas sesiones maxistrais. Nas sesións de laboratorio, os estudantes empregarán floras e claves de identificación para identificar os espécimes seleccionados. Farase especial fincapé nos caracteres adaptativos da súa bioloxía floral ou en adaptacións concretas ó medio ambiente no que se desenvolven.
Saídas de campo Realizarase unha excursión dun día de duración guiada polos profesores. Na excursión se observarán representantes dalgunhas das familias estudadas nas sesións maxistrais, así como o ambiente no que estas medran. Visitaranse algunhas das zonas de Galicia con maior grao de endemicidade e analizaranse as causas que teñen producido esta endemicidade. A asistencia á excursión é voluntaria.
Traballos tutelados Metodoloxía na que se combinan as actividades de formación dos estudantes coa colaboración con organizacións non gubernamentais. Os estudantes participarán en proxectos de conservación/investigación centrados na flora de Galicia.
O alumno poderá escoller entre a actividade de traballos tutelados (aprendizaxe-servizo) ou a realización do estudo de casos; é dicir, esta actividade e a seguinte son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas. O número de horas adicado polo tanto a esta actividade será a suma do previsto para ambas, é dicir, 34 horas de traballo autónomo. A organización dos traballos estabelecerase ó comezo do cuatrimestre.
Estudo de casos Os estudantes aplicarán os coñecementos adquiridos nas clases de teoría e no laboratorio en dous casos prácticos diferentes. Daranse instrucións detalladas para levar a cabo estes proxectos durante os seminarios. Asi mesmo, os profesores empregarán as titorías para controlar a marcha dos traballos.
O alumno poderá escoller entre a actividade de traballo tutelado (aprendizaxe-servizo) ou a realización do estudo de casos; é dicir, esta actividade e a anterior son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas. O número de horas adicado polo tanto a esta actividade será a suma do previsto para ambas, é dicir, 34 horas de traballo autónomo. A organización dos traballos estabelecerase ó comezo do cuatrimestre.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Saídas de campo
Seminario
Estudo de casos
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
Atenderase ó estudante de xeito personalizado para todas aquelas dúbidas que lle poidan xurdir ó preparar os contidos ou durante a realización das distintas actividades plantexadas xa sexa nos seminarios, nas prácticas ou durante as titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A4 A6 A9 A11 A30 A31 B1 B3 B5 Os estudantes realizarán un cuestionario por cada unha das sesións de laboratorio que será avaliado. Unha vez rematadas as prácticas, realizarase un exame de visu no que cada estudante deberá recoñecer 10 especies (15 na oportunidade de xullo) dunha lista entre as que están algunhas das máis representativas do NW da Península Ibérica. A lista se lles entregará os alumnos ó principio do curso.

15
Saídas de campo A1 A2 A9 A19 A20 A23 A32 B1 B2 Valorarase asistencia e participación

1
Seminario A7 A9 B1 B2 B3 B8 B9 B10 Valorarase asistencia e participación

1
Estudo de casos A22 A23 A26 A27 A29 A32 B3 B8 Valorarase a calidade, orixinalidade e presentación do estudo de casos realizado (filoxenético e florístico). Esta actividade organízase como alternativa á de realización de traballos tutelados (aprendizaxe-servizo). A nota correspondente será a suma das asignadas a cada actividade (aprendizaxe-servizo e estudo de casos), un 34% da nota final.

17
Sesión maxistral A1 A7 A11 A19 B1 B2 B3 B8 B9 B10 Os estudantes realizarán una proba escrita para valorar os coñecementos adquiridos. Esta proba incluirá preguntas test, preguntas curtas e preguntas tema.

49
Traballos tutelados A22 A23 A26 A27 A29 A32 B3 B8 O alumno poderá optar entre a realización desta actividade de traballos tutelados (aprendizaxe-servizo) a o estudo de casos descrito a continuación. A nota correspondente será a suma das asignadas a cada actividade, un 34% da nota final. As actividades de aprendizaxe-servizo avaliaranse segundo a calidade dos informes entregados e tras escoitar a valoración realizada polas organizacións colaboradoras.

17
 
Observacións avaliación

Todos os estudantes terán dúas oportunidades para superar o curso. Na primeira oportunidade, os estudantes precisarán ter participado en alomenos o 70% das actividades avaliables. Asemade, os estudantes precisarán obter alomenos un 4.0 no exame escrito, nas prácticas (incluido o visu), na aprendizaxe-servizo ou no estudo de casos para que as notas destas partes se consideren para a nota final (e para que se poida aprobar a materia). A nota media para superar a materia debe ser un 5.0. Para que figure non presentado na nota, os alumnos non poderán participar en actividades do curso que supoñan máis dun 30% da cualificación.

Na segunda oportunidade os estudantes deberán mellorar as notas obtidas nas distintas partes para chegar a unha nota media de 5 e superar a materia. Aquelas actividades que teñan sido avaliadas con menos de 4.0 deberán repetirse en todos os casos. Nesta segunda oportunidade o exame de visu incluirá 15 plantas da lista.

Os estudantes con dispensa académica oficialmente recoñecida, poderán realizar as actividades propostas nos seminarios vía on-line e, mediante as titorías (presenciais ou on-line), solucionar as cuestións que poidan xurdir. No caso de estudantes que participen en modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade o profesorado adaptará as actividades de avaliación contínua e obrigatorias para que o estudante poida optar a superar a materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

Contenidos teóricos:

CARRIÓN, J.S. (2003). Evolución vegetal. DM editores. Murcia.

DEVESA, J.A. & CARRIÓN, J.S. (2012).Las Plantas con Flor. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Córdoba. Córdoba.

FONT QUER, P. (1985). Diccionario de botánica . Labor, Barcelona.

FRIIS, E.M.; CRANE, P. & PEDERSEN, K.R. (2011). Early flowers and angiosperm evolution. Cambridge University Press. Cambridge.

GLOVER, B. (2007). Understanding flowers and flowering. An integrated approach. Oxford Biology. Oxford.

GREGORY, T.R. (2008). Understanding evolutionary trees. Evolution: Education & Outreach 1: 121-137.

JUDD, W.S.; CAMPBELL, C.H.; KELLOG, E.A.; STEVENS, P.F. & DONOGHUE, M.J. (2008). Plant Systematics. A phylogenetic approach. Sinauer Associates. Sunderland.

MAUSETH, J.D. (2003). Botany. An introduction to Plant Biology. Jones & Bartlet. Sundbury.

MORRIS, D.W.; MORRIS, M.Z. (2002). English-Spanish Dictionary of Plant Biology. Cambridge International Science Publishing. Cambridge.

ROST, T.L.; BARBOUR, M.G.; STOCKING, C.R.; MURPHY, T.M. (2006). Plant Biology. Thomson Brooks/Cole. Belmont.

SIMPSON, M.G. (2010). Plant Systematics. Elsevier. Amsterdam

VARGAS, P.; ZARDOYA R. (2012). El árbol de la vida: sistemática y evolución de los seres vivos. Sinauer. Sunderland.

Prácticas:

AIZPURU,I.; ASEGINOLAZA, C.; URIBE-ECHEBERRÍA, P.M.; URRUTIA, P. & ZORRAKIN, I. (2000). Claves ilustradas de la Flora del País Vasco y territorios limítrofes . Servicio Central de Publicaciones del Gobierno Vasco.

CASTROVIEJO, S. et al (2001) Claves de Flora Ibérica, vol. I . Real Jardín Botánico, Madrid.

GARCÍA, X.R. (2008) Guía das plantas de Galicia . Xerais.

GARCÍA ROLLÁN, M. 1996. Atlas clasificatorio de la Flora de España Penínsular y Balear . 2 Vols. Mundi Prensa, Madrid.

LEMEY, P.; SALEMI, M. & VANDAMME, A.M. (2003). The phylogenetic handbook: a practical approach to phylogenetic analysis and hypothesis testing. Cambridge University Press. Cambridge.

Bibliografía complementaria

Teoría:

IZCO, J.; BARRENO, E.; BRUGUÉS, M.; COSTA M.; DEVESA, J.; FERNÁNDEZ, F.; GALLARDO, T.; LLIMONA, X; SALVO, E; TALAVERA, S. & VALDÉS, B. (2004). Botánica. McGraw-Hill, Madrid.

NABORS, M.W. (2005). Introducción a la Botánica. Pearson Educación. Madrid.

RODRÍGUEZ IGLESIAS, F. (2005) Galicia Naturaleza. Botánica I. Hércules de Ediciones, S.A., A Coruña.

SMITH, A.M.; COUPLAND, G.; DOLAN, L.; HARBERD, N.; JONES, J. et al. (2009). Plant Biology. Garland Science. New York.

STRASBURGER, E., F. NOLL, H. SCHENCK & SCHIMPER A.F.W. (2004). Tratado de Botánica (actualizado por P. SITTE et al.) Omega, Barcelona.

TAYLOR, T.N., TAYLOR, E.L., KRINGS, M. (2009). Paleobotany. Academic Press. Londres.

Prácticas:

BONNIER, G. & De LAYENS, G. (1993). Claves para la determinación de plantas vasculares. Omega, Barcelona.

MANOBENS, R. Mª (1988) Botánica, instruccions per als recol-lectors de plantes: l'herbari. Preparació i documentació. Generalitat de Catalunya.

MAYOR, M. & T.E. DÍAZ (2003) La flora Asturiana. Ayala, Oviedo.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Histoloxía/610G02008
Organografía microscópica/610G02009
Xenética/610G02019
Introdución á Botánica: Botánica xeral/610G02023
Botánica sistemática: Criptogamia/610G02024
Fisioloxía vexetal I/610G02027
Fisioloxía vexetal II/610G02028

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Xenética molecular/610G02020
Xenética de poboacións e evolución/610G02021
Fisioloxía vexetal aplicada/610G02029

Materias que continúan o temario
Xeografía botánica: Xeobotánica/610G02026

Observacións

-Recoméndase traballar na materia de xeito regular ó longo do cuatrimestre, e facer uso da bibliografía recomendada

-Dada a carga de traballo do terceiro curso do Grao en Bioloxía, recoméndase ós estudantes que rematen os proxectos o antes posible.

-Os estudantes deberían acudir a titorías cos profesores para tratar as dúbidas xurdidas nas distintas actividades, especialmente no referido ós casos prácticos e ós proxectos de aprendizaxe-servizo.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías