Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Zooloxía: Zooloxía II Código 610G02032
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía
Coordinación
Parapar Vegas, Julio
Correo electrónico
julio.parapar@udc.es
Profesorado
Galan Regalado, Pedro Manuel
Muiño Boedo, Ramon Jose
Parapar Vegas, Julio
Correo electrónico
pedro.galan@udc.es
ramon.muino@udc.es
julio.parapar@udc.es
Web
Descrición xeral Diversidad animal (Clado Ecdisozoos y Clado Deuterostomados).Características xerais, principais elementos da anatomía externa e interna; modo de vida e reproducción. Clasificación y filogenia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A2 Identificar organismos.
A4 Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A7 Reconstruír as relacións filogenéticas entre unidades operacionales e pór a proba hipóteses evolutivas.
A11 Identificar e analizar material de orixe biolóxica e as súas anomalías.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
A32 Desenvolverse con seguridade no traballo de campo.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.
B11 Debater en público.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade de recoñecemento da diversidade animal a gran escala, tanto dende o punto de vista anatómico como faunístico, e das relacións básicas de afinidade filoxenética. A1
A2
A4
A7
A11
A29
A30
A31
A32
Capacidade de estudio autónomo e en grupo con capacidade de organización persoal do traballo. B4
B5
B6
B8
Capacidade de busca de bibliografía e información a partir de distintas fontes. B8
Capacidade de razoamento e interrelación da información, superando o estudio puramente memorístico. B1
B3
B6
B8
B9
Redacción, comunicación e debate en público de traballos seguindo o modelo habitual na comunicación da información científica. B8
B11

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE 1: Clado Ecdisozoos

Tema 1.- Subfilo TRILOBITES.

Tema 2.- Subfilos QUELICERADOS e PICNOGÓNIDOS.

Tema 3.- Subfilo MIRIÁPODOS.

Tema 4.- Subfilo HEXÁPODOS.

Tema 5.- Subfilo CRUSTÁCEOS.

BLOQUE 2: Clado Deuterostomados non Cordados

Tema 6.- Filo QUETOGNATOS.

Tema 7.- Filo EQUINODERMOS.

Tema 8.- Filo HEMICORDADOS.

BLOQUE 3. Clado Deuterostomados Cordados

Tema 9.- Filo CORDADOS.

Tema 10.- Subfilo UROCORDADOS.

Tema 11.- Subfilo CEFALOCORDADOS.

Tema 12.- Subfilo VERTEBRADOS.

Tema 13.- Subfilo VERTEBRADOS.

Tema 14.- Clase ANFIBIOS.

Tema 15.- Clase REPTILES.

Tema 16.- Clase AVES.

Tema 17.- Clase MAMÍFEROS.

BLOQUE 1: Clado Ecdisozoos

Tema 1.- Subfilo TRILOBITES. Características xerais.

Tema 2.- Subfilos QUELICERADOS e PICNOGÓNIDOS. Características xerais. Clasificación. Características xerais de Merostomados. Os Arácnidos. Características xerais de Araneidos e Escorpións. Outros grupos de Arácnidos. Características xerais de Picnogónidos. Posición sistemática e afinidades filoxenéticas.

Tema 3.- Subfilo MIRIÁPODOS. Características xerais. Os Unirrámeos. Clasificación. Características xerais de Quilópodos e Diplópodos. Outros grupos de Miriápodos. Posición sistemática e afinidades filoxenéticas.

Tema 4.- Subfilo HEXÁPODOS. Principais elementos da anatomía externa. Estructuras bucais. O voo. Principais elementos da anatomía interna. A reproducción en Insectos. Diferentes modelos de desenvolvemento postembrionario. Organización social en Insectos. Clasificación e características xerais dos grandes grupos de Insectos. Relacións filoxenéticas.

Tema 5.- Subfilo CRUSTÁCEOS. Principais elementos da anatomía externa. Principais elementos da anatomía interna. Clasificación e características xerais dos grandes grupos de Crustáceos. Relacións filoxenéticas.

BLOQUE 2: Clado Deuterostomados non Cordados

Tema 6.- Filo QUETOGNATOS. Características xerais e relacións filoxenéticas.

Tema 7.- Filo EQUINODERMOS. Características xerais. Clasificación. Principales elementos da anatomía externa e interna da Clase Asteroideos. Reproducción e desenvolvemento. Características xerais do resto das clases actuais. Relacións filoxenéticas.

Tema 8.- Filo HEMICORDADOS. Características xerais e relacións filoxenéticas.

BLOQUE 3. Clado Deuterostomados Cordados

Tema 9.- Filo CORDADOS. Características xerais. A orixe dos Cordados. Clasificación e relacións filoxenéticas.

Tema 10.- Subfilo UROCORDADOS. Características xerais. Clasificación. Principais caracteres anatómicos de Ascidiáceos. Relacións filoxenéticas.

Tema 11.- Subfilo CEFALOCORDADOS. Características xerais. Relacións filoxenéticas.

Tema 12.- Subfilo VERTEBRADOS. Características xerais de Vertebrados. A orixe dos Vertebrados. Clasificación e relacións filoxenéticas. Os primeiros Vertebrados: Ostracodermos. Os primeiros mandibulados: Placodermos e Acantodios. Orixe e radiación dos peixes (Clasificación). Superclase AGNATOS. Características xerais de Agnatos.

Tema 13.- Subfilo VERTEBRADOS. Superclase GNATOSTOMADOS. Clases CONDRICTIOS e OSTEICTIOS. Características xerais. Principais rasgos anatómicos de Actinopterigios.

Tema 14.- Clase ANFIBIOS. Características xerais. A invasión do medio terrestre; os primeiros Tetrápodos. Radiación dos Tetrápodos. Clasificación. Principais rasgos anatómicos dos Anfibios.

Tema 15.- Clase REPTILES. Orixe e radiación adaptativa. Sobre o concepto “Reptil”. Principais aportacións evolutivas. Características xerais dos distintos grupos de réptiles.

Tema 16.- Clase AVES. Orixe e relacións filoxenéticas. Clasificación. Características anatómicas. Las plumas e o voo. Comportamento migratorio.

Tema 17.- Clase MAMÍFEROS. Características xereais. Orixen e evolución. O tegumento e derivados tegumentarios. Alimentación e especializacións alimentarias. Reproducción e patróns reproductivos. Clasificación.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba de resposta breve A1 A7 2 0 2
Actividades iniciais B6 1 0 1
Discusión dirixida A29 B1 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B11 5 10 15
Prácticas de laboratorio A1 A2 A4 A11 A30 A31 16 16 32
Proba de resposta breve A1 A2 1 0 1
Saídas de campo A2 A32 2 0 2
Sesión maxistral A1 A29 B1 B3 B8 B9 B11 29 66.7 95.7
 
Atención personalizada 1.3 0 1.3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve Examen de tipo escrito composto de preguntas de limitada extensión pero distinto grao de desenrolo e valoración.
Actividades iniciais Presentación da asignatura onde o profesorado impricado explica con detalle as distintas actividades a realizar durante o curso e a súa evaluación.
Discusión dirixida Clases con grupos reducidos de alumnos nas que se levarán a cabo actividades de distinta natureza (vídeo, presentación de traballos, discusión de temas propostos, etc.).
Prácticas de laboratorio Sesións de 2 horas onde o alumno terá ocasión de recoñecer a diversidade dos principais grupos animais e relacionalos co seu ambiente así como adquirir experiencia no seu coñecemento anatómico tanto externo como interno para o cal practicará diseccións.
Proba de resposta breve Examen sobre os contidos das prácticas realizadas.
Saídas de campo Clase práctica realizada no medio natural onde o alumno terá ocasión de coñecer as técnicas básicas de captura dos animais así como observalos vivos no seu ambiente recoñecendo ás súas diferentes adaptacións anatómicas e o seu particular modo de vida. Na medida do posible os animais serán trasladados vivos ó laboratorio para a continuar co seu estudio en maior detalle no laboratorio.
Sesión maxistral Clases teóricas presenciais de 50 minutos de duración sobre algun aspecto dos contidos teóricos do programa. Para o seu óptimo aproveitamento, os alumnos disporán previamente, tanto na fotocopiadora do centro como no Moodle das láminas empregadas polo profesor durante a súa explicación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de resposta breve
Actividades iniciais
Discusión dirixida
Prácticas de laboratorio
Proba de resposta breve
Saídas de campo
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada é unha forma complementaria ás tradicionais probas escritas de gran valor na avaliación da progresión do alumno. Permite o seguimento continuado. Ademais permite recoñecer no alumno habilidades non reflectidas nas probas escritas.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A1 A2 Preguntas de resposta escrita e diferente grao de amplitude sobre a materia das clases prácticas. 20
Discusión dirixida A29 B1 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B11 Preguntas personalizadas de contido concreto, elaboración e defensa de traballos, e exámes escritos de tipo test ou ben compostos por preguntas curtas. 15
Proba de resposta breve A1 A7 Preguntas de resposta escrita e diferente grao de amplitude sobre a materia teórica do programa. 65
 
Observacións avaliación

Consideracións Xerais • A avaliación da materia sustentarase nun exame de contido teórico, un exame de contido práctico e unha avaliación continua baseada nas actividades realizadas
nos grupos reducidos. • Farase un seguimento continuado da actitude e coñecementos do alumno
durante o curso en ocasions a traveso de breves probas ocasionáis. • Obterán a cualificación de Non Presentado (NP) todos aqueles alumnos que, aínda habéndose presentado á proba de contidos prácticos e aos Seminarios, non se presentaran á proba de contidos teóricos, xa que ísta corresponde a máis dun 50% da totalidade da cualificación final da asignatura.

Aspectos e Criterios de
Avaliación • Os exames de contidos teóricos incluirán preguntas tanto das
clases maxistrais impartidas polo profesor como da materia que deberá ser
preparada polo alumno de maneira individual.
Mediante o exame de contidos teóricos evaluanse as seguintes competencias: A1/A7.
Mediante o exame de contidos prácticos evaluanse as seguintes competencias: A1/A2. Mediante a avaliación continua evaluanse as seguintes competencias: A29/B1/B3/B4/B5/B6/B8/B9/B11


• Para a superación global da
asignatura é imprescindíbel os seguintes requisitos: 1) haber realizado algunha das actividades calificabels dos grupos reducidos (Seminarios); o incumprimento deste punto imposibilita a superación final da asignatura en ninguha das oportunidades dado que ista é unha actividade calificabel que se realiza de unha forma continuada ao longo do curso, 2) obter unha cualificación mínima dun 4,5 no exame
teórico, e 3) obter unha cualificación mínima de 4,0 no exame de contidos prácticos.

• Na oportunidade de Xullo se
conservarán as cualificacións obtidas nas distintas actividades realizadas
durante o curso, sen perxuízo de que se poida optar a mellorar a nota das xa
superadas (excepto a nota dos Seminarios). Neste caso a cualificación final será a acadada nesta derradeira proba; tanto sexa de contidos prácticos como teóricos.


Fontes de información
Bibliografía básica BRUSCA, R. C. y BRUSCA, G. J. (2005). Invertebrados. Mc Graw-Hill, Interamericana. 2ª edición
HICKMAN, C. P.; ROBERTS, L. L.; KEEN, S.L.; LARSON, A.; L’ANSON, H. e EISENHOUR, D.J. (2009). Principios integrales de Zoología.. Mc Graw - Hill 14 edición
HICKMAN, C. P.; ROBERTS, L. L.; LARSON, A.; L’ANSON, H. e EISENHOUR, D.J. (2006). Principios integrales de Zoología.. Mc Graw - Hill 13 edición
KARDONG, K. V. (1999). Vertebrados, Anatomía comparada, Función, Evolución.. Mc Graw-Hill, Interamericana

Bibliografía complementaria NIETO NAFRIA, J. M. e MIER DURANTE, M. P. (1994). Tratado de Entomología. Omega
NADAL; J. (2001). Vertebrados: Origen, Organización, Diversidad y Biología. . Ediciones Omega e Edicions Universitat de Barcelona
DE LA FUENTE, J. A. (1994). Zoología de Artrópodos.. Mc Graw-Hill, Interamericana
RUPPERT, E. E. e BARNES, R. D. (1996). Zoología de los Invertebrados.. Mc Graw-Hill, Interamericana


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Citoloxía/610G02007
Histoloxía/610G02008
Zooloxía: Zooloxía I/610G02031

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Biodiversidade animal e medio ambiente/610G02033

Observacións

Recoméndase ter:
• Coñecementos básicos en citoloxía e histoloxía animal e desenvolvemento embrionario. • Certa experiencia no prantexamento, desenrolo e presentación de traballos tanto a nivel individual como en equipa. • Coñecementos básicos a nivel de usuario de Internet e distintos programas informáticos, particularmente de procesado de textos e realización de presentacións. • Certo coñecemento de inglés. • Dada a continuidade do temario dista asignatura con respeito á Zooloxía I, se considera especialmente recomendable haber cursado e superado previamente esta última materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías