Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Zooloxía II Código 610G02032
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Parapar Vegas, Julio
Correo electrónico
julio.parapar@udc.es
Profesorado
Couceiro López, Lucía
Galan Regalado, Pedro Manuel
Martinez Ansemil, Enrique
Muiño Boedo, Ramon Jose
Parapar Vegas, Julio
Correo electrónico
lucia.couceiro@udc.es
pedro.galan@udc.es
e.ansemil@udc.es
ramon.muino@udc.es
julio.parapar@udc.es
Web
Descrición xeral Principios básicos da organización animal (morfoloxía, desenvolvimento embrionario), principais tipos estructurais; evolución e clasificación. Principais líneas filoxenéticas. Diversidade animal (Clado Ecdisozoos e Clado Lofotrocozoos). Características xerais, principais elementos da anatomía externa e interna; modo de vida e reproducción. Clasificación e filoxenia.
Plan de continxencia Na posibilidade de que a docencia non se poida impartir de maneira presencial por un novo confinamento, se prevén os seguintes cambios:

1. Modificacións nos contidos.
Non hai cambios.

2. Metodoloxías
(*) Metodoloxías docentes que se manteñen.
Todas sofrirán leves modificacións (abaixo) pero en particular as que teñen que ver coa docencia práctica.

(*) Metodoloxías docentes que se modifican.
- Tanto as "Sesións maxistrais" como as “Probas de resposta breve” e a "Discusión dirixida" se impartirán por teledocencia vía Teams e/ou Moodle.
- Nas "Prácticas de laboratorio" se porá a disposición do alumnado o material gráfico necesario para substituir, da forma máis axeitada posible, a presencialidade.
- A "Saída ao campo" non se realizará. A avaliación deste coñecemento se incorpora a metodoloxía das “Prácticas de laboratorio”.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
- O alumnado poderá contactar co profesorado no horario de traballo a traveso das vías habituais que se veñen empregando: correo-e, Moodle e Teams. - Se poderán facer tanto sesións colectivas como individuáis.

4. Modificacións na avaliación.
As porcentaxes indicadas no "Paso 7: Avaliación" veranse modificadas, pasando a ser de:
- Proba de resposta breve (doc. expositiva) - 40%
- Discusión dirixida - 40%
- Proba de resposta breve (doc. práctica) - 20%

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.
Non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A2 Identificar organismos.
A4 Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A7 Reconstruír as relacións filogenéticas entre unidades operacionales e pór a proba hipóteses evolutivas.
A11 Identificar e analizar material de orixe biolóxica e as súas anomalías.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
A32 Desenvolverse con seguridade no traballo de campo.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.
B11 Debater en público.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade de recoñecemento da diversidade animal a gran escala, tanto dende o punto de vista anatómico como faunístico, e das relacións básicas de afinidade filoxenética. A1
A2
A4
A7
A11
A29
A30
A31
A32
Capacidade de estudio autónomo e en grupo con capacidade de organización persoal do traballo. B4
B5
B6
B8
Capacidade de busca de bibliografía e información a partir de distintas fontes. B8
Capacidade de razoamento e interrelación da información, superando o estudio puramente memorístico. B1
B3
B6
B8
B9
Redacción, comunicación e debate en público de traballos seguindo o modelo habitual na comunicación da información científica. B8
B11

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE 1: Clado Ecdisozoos



BLOQUE 2: Clado Deuterostomados non Cordados



BLOQUE 3. Clado Deuterostomados Cordados

BLOQUE 1: Clado Ecdisozoos

Tema 1.- Subfilo TRILOBITES. Características xerais.

Tema 2.- Subfilos QUELICERADOS e PICNOGÓNIDOS. Características xerais. Clasificación. Características xerais de Merostomados. Os Arácnidos. Características xerais de Araneidos e Escorpións. Outros grupos de Arácnidos. Características xerais de Picnogónidos. Posición sistemática e afinidades filoxenéticas.

Tema 3.- Subfilo MIRIÁPODOS. Características xerais. Os Unirrámeos. Clasificación. Características xerais de Quilópodos e Diplópodos. Outros grupos de Miriápodos. Posición sistemática e afinidades filoxenéticas.

Tema 4.- Subfilo HEXÁPODOS. Principais elementos da anatomía externa. Estructuras bucais. O voo. Principais elementos da anatomía interna. A reproducción en Insectos. Diferentes modelos de desenvolvemento postembrionario. Organización social en Insectos. Clasificación e características xerais dos grandes grupos de Insectos. Relacións filoxenéticas.

Tema 5.- Subfilo CRUSTÁCEOS. Principais elementos da anatomía externa. Principais elementos da anatomía interna. Clasificación e características xerais dos grandes grupos de Crustáceos. Relacións filoxenéticas.

BLOQUE 2: Clado Deuterostomados non Cordados

Tema 6.- Filo QUETOGNATOS. Características xerais e relacións filoxenéticas.

Tema 7.- Filo EQUINODERMOS. Características xerais. Clasificación. Principales elementos da anatomía externa e interna da Clase Asteroideos. Reproducción e desenvolvemento. Características xerais do resto das clases actuais. Relacións filoxenéticas.

Tema 8.- Filo HEMICORDADOS. Características xerais e relacións filoxenéticas.

BLOQUE 3. Clado Deuterostomados Cordados

Tema 9.- Filo CORDADOS. Características xerais. A orixe dos Cordados. Clasificación e relacións filoxenéticas.

Tema 10.- Subfilo UROCORDADOS. Características xerais. Clasificación. Principais caracteres anatómicos de Ascidiáceos. Relacións filoxenéticas.

Tema 11.- Subfilo CEFALOCORDADOS. Características xerais. Relacións filoxenéticas.

Tema 12.- Subfilo VERTEBRADOS. Características xerais de Vertebrados. A orixe dos Vertebrados. Clasificación e relacións filoxenéticas. Os primeiros Vertebrados: Ostracodermos. Os primeiros mandibulados: Placodermos e Acantodios. Orixe e radiación dos peixes (Clasificación). Superclase AGNATOS. Características xerais de Agnatos.

Tema 13.- Subfilo VERTEBRADOS. Superclase GNATOSTOMADOS. Clases CONDRICTIOS e OSTEICTIOS. Características xerais. Principais rasgos anatómicos de Actinopterigios.

Tema 14.- Clase ANFIBIOS. Características xerais. A invasión do medio terrestre; os primeiros Tetrápodos. Radiación dos Tetrápodos. Clasificación. Principais rasgos anatómicos dos Anfibios.

Tema 15.- Clase REPTILES. Orixe e radiación adaptativa. Sobre o concepto “Reptil”. Principais aportacións evolutivas. Características xerais dos distintos grupos de réptiles.

Tema 16.- Clase AVES. Orixe e relacións filoxenéticas. Clasificación. Características anatómicas. Las plumas e o voo. Comportamento migratorio.

Tema 17.- Clase MAMÍFEROS. Características xereais. Orixen e evolución. O tegumento e derivados tegumentarios. Alimentación e especializacións alimentarias. Reproducción e patróns reproductivos. Clasificación.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba de resposta breve A1 A7 2 0 2
Actividades iniciais B6 1 0 1
Discusión dirixida A29 B1 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B11 5 10 15
Prácticas de laboratorio A1 A2 A4 A11 A30 A31 16 16 32
Proba de resposta breve A1 A2 1 0 1
Saídas de campo A2 A32 2 0 2
Sesión maxistral A1 A29 B1 B3 B8 B9 B11 29 66.7 95.7
 
Atención personalizada 1.3 0 1.3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve Exames sobre os contidos teóricos da materia impartida nas leccións maxistrais e, eventualmente, da preparada polo alumnado por indicación expresa do profesorado.
Actividades iniciais Presentación da materia e explicación en detalle das distintas actividades a realizar durante o curso e mais dos criterios para a súa avaliación.
Discusión dirixida Clases en grupos reducidos, en que se realizarán e avaliarán actividades de distinta natureza (vídeos, presentación de traballos, discusión de temas propostos, etc.)
Prácticas de laboratorio Clases prácticas de laboratorio en sesións de 2 horas de duración, en que o alumnado poderá recoñecer a diversidade dos principais grupos animais obxecto de estudo na materia e centrarse no recoñecemento da súa organización corporal e da súa anatomía externa e interna, a traveso de observacións con lupa binocular e microscopio, e coa práctica de diseccións.
Proba de resposta breve Examen sobre os contidos prácticos en relación coas prácticas realizadas.
Saídas de campo Clase práctica realizada no medio natural onde o alumno terá ocasión de coñecer as técnicas básicas de captura dos animais así como observalos vivos no seu ambiente recoñecendo ás súas diferentes adaptacións anatómicas e o seu particular modo de vida. Na medida do posible os animais serán trasladados vivos ó laboratorio para a continuar co seu estudio en maior detalle no laboratorio.
Sesión maxistral Clases teóricas presenciais de 50 minutos de duración sobre contidos teóricos do programa. Para o seu óptimo aproveitamento, o alumnado disporá con anterioridade (plataforma Moodle, servizo de reprografía) das presentacións que empregará o profesor para a súa explicación na aula.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de resposta breve
Actividades iniciais
Discusión dirixida
Prácticas de laboratorio
Proba de resposta breve
Saídas de campo
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada, en titorías, considérase como unha forma complementaria de aprendizaxe, baseada na orientación, o seguimento e a resolución de dúbidas, por iniciativa do/a estudante ou dos profesores da materia. Un seguimento personalizado permite recoñecer capacidades e habilidades non sempre reflectidas nas probas de avaliación.

Para as/os estudantes a tempo parcial e as/os estudantes con diversidade funcional que o precisen, ademais da flexibilidade horaria para a realización das actividades do curso (prácticas, seminarios), consideraranse alternativas de aprendizaxe e avaliación equivalentes cando o soliciten e, a xuízo do profesorado, resulten viables.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A1 A2 Preguntas de resposta escrita e diferente grao de amplitude sobre a materia das clases prácticas. 20
Discusión dirixida A29 B1 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B11 Preguntas personalizadas de contido concreto, elaboración e defensa de traballos, e exámes escritos de tipo test ou ben compostos por preguntas curtas. 15
Proba de resposta breve A1 A7 Preguntas de resposta escrita e diferente grao de amplitude sobre a materia teórica do programa. 65
 
Observacións avaliación

Consideracións Xerais • A avaliación da materia sustentarase nun
exame de contidos teóricos (representando o 65% da cualificación total),
un exame de contidos prácticos (20% da cualificación total) e unha
avaliación das actividades realizadas en grupo reducido (15% da
cualificación total) • Obterán a cualificación de Non Presentado (NP)
as/os estudantes que non se teñan presentado ao exame de contidos
teóricos e/ou ao exame de contidos prácticos.

Aspectos e Criterios
de Avaliación • Mediante o exame de contidos teóricos avalíanse as
compentencias A1/A7. Mediante o exame de contidos prácticos avalíanse as
competencias A1/A2. Mediante a avaliación de contidos tratados en
grupos reducidos avalíanse as competencias A29/B1/B3/B4/B5/B6/B8/B9/B11.

Para a superación da materia na primeira oportunidade de avaliación é imprescindible cumprir os seguintes requisitos:

1) Presentarse ao exame de contidos teóricos e ao exame de contidos prácticos.

2)
Obter no exame teórico unha cualificación mínima dun 4,5 sobre 10 (2,9
sobre 6,5) no exame teórico e acadar, como mínimo, untotal de 5 puntos
sobre 10, engadindo a puntuación acadada no exame de contidos prácticos e
nas probas de avaliación en grupo reducido. Os/as estudantes que non
acaden como mínimo un 4,5 dobre 10 no exame de contidos teóricos, e
ainda que ca suma do resto de contidos acaden 5 puntos, obterán a
cualificación final de “Suspenso”,consignándose como nota a acadada no
exame de contidos teóricos.

As cualificacións obtidas nas
distintas actividades realizadas durante o curso (prácticas, actividades
en grupo reducido) mantéñense para a segunda oportunidade de avaliación
do mesmo curso académico. Porén, as/os estudantes que o desexen
poderanse presentar a un novo exame de prácticas,renunciando
automaticamente á cualificación que obtiveran no exame de prácticas da
1ª oportunidade e séndolle substituída esta pola acadada no da
2ªoportunidade. Para a superación da materia na 2ª oportunidade de
avaliación e para a consignación da cualificación no expediente
académico considéranse os mesmos requisitos que os sinalados para a 1ª
oportunidade.

Estudantes a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, e casos excepcionais • En caso de que o/a
estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidese realizar determinadas
actividades e/ou probas de avaliación, poderá poñelo en coñecemento do profesorado,
quen valorará a situación e poderá adoptar as medidas que considere oportunas e
viables para tratar de paliala.


Fontes de información
Bibliografía básica BRUSCA, R. C. y BRUSCA, G. J. (2005). Invertebrados. Mc Graw-Hill, Interamericana. 2ª edición
HICKMAN, C. P.; ROBERTS, L. L.; KEEN, S.L.; LARSON, A.; L’ANSON, H. e EISENHOUR, D.J. (2009). Principios integrales de Zoología.. Mc Graw - Hill 14 edición
HICKMAN, C. P.; ROBERTS, L. L.; LARSON, A.; L’ANSON, H. e EISENHOUR, D.J. (2006). Principios integrales de Zoología.. Mc Graw - Hill 13 edición
KARDONG, K. V. (1999). Vertebrados, Anatomía comparada, Función, Evolución.. Mc Graw-Hill, Interamericana

Bibliografía complementaria NIETO NAFRIA, J. M. e MIER DURANTE, M. P. (1994). Tratado de Entomología. Omega
NADAL; J. (2001). Vertebrados: Origen, Organización, Diversidad y Biología. . Ediciones Omega e Edicions Universitat de Barcelona
DE LA FUENTE, J. A. (1994). Zoología de Artrópodos.. Mc Graw-Hill, Interamericana
RUPPERT, E. E. e BARNES, R. D. (1996). Zoología de los Invertebrados.. Mc Graw-Hill, Interamericana


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Citoloxía/610G02007
Histoloxía/610G02008
Zooloxía I/610G02031

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Biodiversidade animal e medio ambiente/610G02033

Observacións

Recoméndase ter:

• Coñecementos básicos en citoloxía e histoloxía animal e desenvolvemento embrionario. • Certa experiencia no prantexamento, desenrolo e presentación de traballos tanto a nivel individual como en equipa. • Coñecementos básicos a nivel de usuario de Internet e distintos programas informáticos, particularmente de procesado de textos e realización de presentacións. • Coñecemento de inglés, especialmente a nivel de comprensión lectora.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías