Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Sostibilidade e Conservación da Fauna Código 610G02034
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Fernández Rodríguez, Nuria
Correo electrónico
n.fernandez1@udc.es
Profesorado
Fernández Rodríguez, Nuria
Muiño Boedo, Ramon Jose
Correo electrónico
n.fernandez1@udc.es
ramon.muino@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de sustentabilidade e conservación da fauna ten por obxectivo proporcionar aos alumnos os fundamentos teóricos nos que se basean a conservación e xestión sostible da biodiversidade animal, tanto no que se refire a cuestións da ciencia básica como a outras cuestións relacionadas coa toma de decisións, utilizando un enfoque aplicado á solución de problemas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizaran cambios nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manterannse  todas  as  metodoloxías  iniciais,  modificándose  nalgúns  casos,  a  forma  de  impartilas. 

*Metodoloxías docentes que se modifican
Clases maxistrais: manteranse as clases no seu horario habitual, mais impartidas e gravadas  mediante a ferramenta TEAMS. 
Proba  obxectiva.    As  probas  previstas  ao  inicio  de  curso  manteranse,  cambiando  a  presencialidade por exame a través da plataforma Moodle e nalgún casos poderá facerse exame oral mediante  TEAMS.  Estudo de casos: un dos estudos de caso incluía unha visita á unha mina restaurada , que sería substituída pola lectura dun documento con información sobre o  proceso de restauración ecolóxica desenvolvido nesta mina. A avaliación desta actividade  manteranse vía Moodle

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico/  Teams

4. Modificacións na avaliación
Proba obxectiva  50% .Exame final (ou parciais no caso da escolla de  avaliación continua), on-line.
 Seminario  30% Sen cambios. Entrega de traballos on-line. 
Estudo de casos  20%  Sen  cambios  salvo  a visita á mina restaurada  cambiado  por  tarefa online.  

*Observacións de avaliación: Mantéñenese as mesmas que figuran na guía docente

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen modificacións

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A4 Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A6 Catalogar, avaliar e xestionar recursos naturais.
A9 Identificar e utilizar bioindicadores.
A18 Levar a cabo estudos de produción e mellora animal e vexetal.
A20 Muestrear, caracterizar e manexar poboacións e comunidades.
A22 Describir, analizar, avaliar e planificar o medio físico.
A23 Avaliar o impacto ambiental. Diagnosticar e solucionar problemas ambientais.
A24 Xestionar, conservar e restaurar poboacións e ecosistemas.
A26 Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados.
A27 Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía.
A28 Desenvolver e implantar sistemas de xestión relacionados coa Bioloxía.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
A32 Desenvolverse con seguridade no traballo de campo.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.
B10 Exercer a crítica científica.
B11 Debater en público.
B12 Adaptarse a novas situacións.
B13 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Análise de problemas relacionados ca sostenibilidade e a conservación da biodiversidade A1
A4
A6
A9
A20
A22
A23
A26
A29
B1
B3
B4
B6
B7
B9
B10
B12
B13
Análise interdisciplinar dos problemas de xestión dos recursos vivos e os ecosistemas A1
A6
A9
A18
A20
A22
A23
A24
A27
A28
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
Elaboración de propostas de plans de xestión da biodiversidade, dos ecosistemas e dos recursos explotados A1
A4
A9
A22
A23
A24
A27
A28
A29
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
Desenvolvemento de proxectos relacionados ca sostenibilidade e a conservación biolóxica A1
A4
A6
A9
A18
A20
A22
A23
A24
A26
A28
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B12
B13

Contidos
Temas Subtemas
1. BIOLOXÍA DA CONSERVACIÓN Xestión de recursos naturais vivos. Conceptos.
2. A BIODIVERSIDADE E FUNCIÓN DOS ECOSISTEMAS.

Definición e niveis de biodiversidade. Diversidade taxonómica: Medición da diversidade; Patróns de diversidade biolóxica no espazo e no tempo. Biodiversidade e funcionamento dos ecosistemas
3. SERVIZOS DOS ECOSISTEMAS E A SÚA VALORACIÓN.

Economía ambiental/Economía ecolóxica. Bens e servizos proporcionados polos ecosistemas. Valoración económica dos servizos dos ecosistemas.
4. SISTEMAS DE XESTIÓN AMBIENTAL PARA A CONSERVACIÓN E O USO SOSTIBLE DA BIODIVERSIDADE


Sostenibilidade. Desenvolvemento sostible. Bases socioeconómicas e legais. Dereitos de propiedade. A traxedia dos comúns. Compoñentes e modelos de sistemas de xestión.
5. EXPLOTACIÓN SOSTIBLE. CONCEPTOS E MODELOS BÁSICOS DE POBOACIÓNS ANIMAIS. O crecemento loxístico; Taxas de crecemento; Capacidade de carga; Sobreexplotación;
6. A PESCA MARIÑA COMO MODELO DE EXPLOTACIÓN DOS RECURSOS ANIMAIS. A importancia socioeconómica da pesca mariña. Tendencias nas pesquerías mundiais: evolución histórica e estado actual. Estatus dos stocks pesqueiros.
7. EFECTOS ECOLÓXICOS DA PESCA. Actividades humanas que afectan aos ecosistemas mariños. Efectos directos sobre as poboacións.Alteracións de hábitats. Efectos sobre as comunidades e ecosistemas
8. ACUICULTURA: ALTERNATIVA OU FACTOR DE SOBREEXPLOTACIÓN? Crecemento da poboación vs sistemas produtivos. A produción acuícola.Efectos ecolóxicos da acuicultura.Alternativas para unha acuicultura sostible.
9. MÉTODOS DE AVALIACIÓN DE POBOACIÓNS EXPLOTADAS. Obxectivos das avaliacións. Obtención de datos. Métodos directos e indirectos de avaliación.
10. ESTRATEXIAS DE XESTIÓN DE RECURSOS EXPLOTADOS. Compoñentes dos sistemas de xestión de pesquerías. Información cientifica para unha xestión preventiva. Medidas de regulación. Principais estratexias de xestión pesqueira. Experiencias sobre logros e problemas das medidas de regulación.
11. FACTORES EXTERNOS DE AMEAZA PARA A DIVERSIDADE ANIMAL. Cambios no hábitat . Presenza de organismos alóctonos. Contaminación ambiental. Sobreexplotación. Cambios globais.
12. FACTORES INTRÍNSECOS DE AMEAZA PARA A DIVERSIDADE ANIMAL. Problemas das poboacións pequenas. Poboación mínima viable. Variabilidade xenética e poboación efectiva. Causas dos declives das poboacións pequenas
13. MÉTODOS DE AVALIACIÓN DO ESTADO DE CONSERVACIÓN DAS POBOACIÓNS. Monitorización de poboacións. Modelos predictivos
14. ESTRATEXIAS PARA A CONSERVACIÓN DE POBOACIÓNS E ESPECIES. Conservación in situ vs conservación ex situ
15. ESTRATEXIAS PARA A CONSERVACIÓN DE COMUNIDADES
Áreas protexidas.Establecemento de prioridades de protección. Aproximacións para a designación de áreas protexidas. Deseño. Xestión.
16. RESTAURACIÓN É CONSERVACIÓN. Escalas espaciais e temporais do proceso de degradación de hábitats naturais. Elementos para unha restauración efectiva. Riscos e limitacións nos procesos de restauración ambiental.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A6 A9 A18 A23 A24 A28 B1 B3 B7 B8 B9 B10 20 54 74
Seminario A4 A26 A29 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 9 31 40
Proba obxectiva A6 A9 A24 B2 B3 B4 B6 B8 B10 B13 4 9 13
Estudo de casos A6 A20 A22 A23 A24 A26 A27 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 13 7 20
Actividades iniciais B6 B8 B9 B13 1 0 1
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición de 16 temas cos principais contidos da materia. Cada un deles terá 50 minutos de duración.A asistencia non é obrigatoria pero sí é recomendable.
Seminario Haberá charlas/debate realizadas por algún conferenciante invitado. Tamén se farán análise e discusión sobre algún artigo científico ou documento audiovisual relacionado con temas da materia. Realizaranse asímesmo exercicios para o reforzo do contido teórico dalgún dos temas expostos nas clases maxistrais. Á asistencia non é obrigatoria pero sí moi recomendable.
Proba obxectiva Trátase dunha proba con definicións e/ou preguntas de respostas curtas, sobre conceptos básicos da materia e problemas teórico/prácticos para que sexan resoltos polo alumno.
Alternativamente, os estudantes terán a posibilidade de realizar probas obxectivas parciáis ao longo do curso que lles permitirná aprobar a materia mediante avaliciaón continua.
Estudo de casos Está prevista unha visita á unha das antiguas minas de lignito de Galicia, onde se ve in situ un proceso de restauración ecolóxica coas súas vantaxes e limitacións. Haberá tamén 3 sesións de prácticas nas que se formularán distintos problemas de conservación e xestión sostible de recursos animais , que cada alumno resolverá individualmente ou en grupos. A asistencia é obrigatoria.
Actividades iniciais A primeira hora do curso adicarase a explicar a materia, como vai ser a avalición, os seminarios programados, e a resolver calquera dúbida relacionada ca materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Seminario
Estudo de casos
Descrición
En calquera momento durante a exposición das clases maxistráis, dos seminarios ou do estudo de casos, os alumnos poderán formular calquera dúbida que será explicada, debatida ou o que proceda.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A4 A26 A29 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 En todos os seminarios avaliarase a participación activa, e nalgúns casos poderá haber un examen curto ao final, presecnial ou vía Moodle. Os alumnos que non asistan aos seminarios e, polo tanto, non estean presentes nas sesións de discusión nin realicen os exames curtos, obterán unha cualificación de 0 puntos na actividade realizada ese día. A nota obtida dos seminarios manterase invariable para o cómputo da nota final, no caso dos alumnos que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo).
30
Proba obxectiva A6 A9 A24 B2 B3 B4 B6 B8 B10 B13 Trátase dunha proba con preguntas curtas,definicións ou preguntas de integración de coñecementos, sobre os 16 temas de teoría.
Alternativamente os estudantes terán a opción de facer 4 probas obxectivas parciais ao longo do curso.
50
Estudo de casos A6 A20 A22 A23 A24 A26 A27 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 Os estudos de casos son de caracter obrigatorio. Ao finalizar o estudo de casos haberá un exame na plataforma Moodle . A nota obtida nesta proba manterase invariable para o cómputo da nota final, no caso dos alumnos que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo).

20
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa
teórico, as actividades prácticas realizadas como"estudo de casos", así como os debates e os
exames curtos realizados nos seminarios.


Para aprobar a materia haberá que cumprir cos criterios de avaliación estipulados e obter unha puntuación mínima de 5,0 puntos.
Para
as cualificacións finais de ambas oportunidades, serán considerados
como “Non presentados” aqueles alumnos que non comparezan as probas
obxectivas nas datas oficiais sinaladas.

Serán considerados como
“Suspensos” os alumnos presentados que non acaden a puntuación global de
5,0 puntos ou non cheguen a 5,0 puntos sobre 10 na proba obxectiva
(independentemente da nota obtida nos seminarios e nas prácticas). Neste caso, figurará na acta a nota obtida na proba obxectiva.

Para aqueles alumnos que opten pola avalición continua, será necesario, acadar un 5 en tódalas probas parciais. O alumnos que suspenda unha das probas, quedan automáticamente excluidos deste modelo de avalición e  deberán presentarse á proba obxectiva final de toda a materia.

Se por razóns debidamente xustificadas, de
acordo coa normativa vixente, un alumno se vira imposibilitado para
asistir a algunha sesión dos estudos de caso  e/ou de seminarios, deberá (no
caso dos estudos de casos) ou poderá (no caso dos seminarios) facer fronte a
probas específicas ou actividades alternativas que se engadirán á “proba
obxectiva”. A nota acadada nesas probas específicas ou actividades
alternativas adicionaráse á xa obtida nos estudos de caso e seminarios nos que
participou.


Fontes de información
Bibliografía básica Akçakaya HR, MA Burgman & LR Ginzburg (1999). Applied population ecology. Principles and computer exorcices using RAMAS Ecolab (2nd edition). Snauer Associates.
Pullin AS (2002). Conservation biology. Cambridge University Press.
Primack RB (1993). Essentials of conservation biology.. Sinauer Associates
King, M (2006). Fisheries Biology, Assessment and Management. Blackwell Publishing
Tellería, JL (2012). Introducción a la Conservación de las Especies. Tundra Ediciones. Valencia.
Jennings S, MJ Kaiser & JD Reynolds (2001). Marine fisheries ecology.. Blackwell Science.
Gibbs JP, ML Hunter Jr. & EJ Sterling (1998). Problem-solving in conservation biology and wildlife management. Blackwell Science.
Chaparro, L (2014). Sin mala espina. Guía de consumo responsable de pescado y de marisco. Libros en Acción

Bibliografía complementaria

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xenética/610G02019
Zooloxía I/610G02031
Zooloxía II/610G02032
Biodiversidade animal e medio ambiente/610G02033
Ecoloxía II: Poboacions e comunidades/610G02040

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Debido a que a materia sintetiza coñecementos de materias moi diversas  nos  eidos da Bioloxía, especialmente de Ecoloxía e Biodiversidade Animal e Medio Ambiente, e que non existe ningún texto que reúna todos os contidos impartidos, recomendase que os alumnos asistan ás clases teóricas.


É esencial para os alumnos facer uso da Plataforma Virtual da UDC.


De maneira complementaria, para cada un dos apartados do temario, recomendase unha serie de referencias bibliográficas, todas elas presentes na biblioteca da Facultade, que os alumnos poderán consultar para ampliar coñecementos.


É conveniente contar cun coñecemento de inglés a un nivel de lectura medio.


É conveniente contar con coñecementos a nivel usuario de ferramentas informáticas básicas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías