Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Fisioloxía Animal I Código 610G02035
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Gonzalez Gurriaran, Eduardo
Correo electrónico
eduardo.gonzalez.gurriaran@udc.es
Profesorado
Fernández Rodríguez, Nuria
Gonzalez Gurriaran, Eduardo
Correo electrónico
n.fernandez1@udc.es
eduardo.gonzalez.gurriaran@udc.es
Web
Descrición xeral - O animal como sistema aberto e un todo integrado.
- Intercambio de materia e enerxía co medio.
- Estudo das diferentes funcións dos animais e a súa regulación.
- Unha perspectiva comparada.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A4 Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A10 Avaliar actividades metabólicas.
A17 Realizar bioensaios e diagnósticos biolóxicos.
A18 Levar a cabo estudos de produción e mellora animal e vexetal.
A19 Analizar e interpretar o comportamento dous seres vivos.
A21 Deseñar modelos de procesos biolóxicos.
A26 Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados.
A28 Desenvolver e implantar sistemas de xestión relacionados coa Bioloxía.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.
B11 Debater en público.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Adquirir coñecementos básicos para comprender o funcionamento dos animais como un todo integrado, que poden ser de aplicación no manexo de organismos en condicións experimentais, cultivo, produción, etc., así como para valorar a incidencia de posíbeis cambios ambientais. A1
A10
A19
A21
A26
A28
A29
A30
A31
B1
B3
B8
B9
- Habilidades de potencial aplicación na clínica de laboratorio en cultivo intensivo e extensivo. A4
A10
A17
A18
A26
A28
A30
A31
B2
B3
B4
B6
- Capacidade de definir conceptos, abstracción e manexo de información de diferente procedencia (bibliográfica, experimental, manexos virtuais, etc.). A26
A29
B5
B6
B8
B11
- Capacidade de traballo en grupo así como deseño, elaboración e presentación de traballos. A29
B5
B6
B7
B8
B11

Contidos
Temas Subtemas
Introdución: Temas 1 e 2. Conceptos básicos, características funcionais dos animais, excitabilidade celular e bases iónicas. Tema 1.- A Fisioloxía Animal como Ciencia: concepto e perspectiva histórica. Características funcionais dos animais. O animal e o seu medio ambiente: o medio externo e factores condicionantes dos procesos fisiolóxicos. Concepto de medio interno e a súa constancia. Concepto de homeostasis e mecanismo homeostático.
Tema 2.- Transferencia de substancias a traveso das membranas biolóxicas. Orixe do potencial de transmembrana. Potenciais de membrana: potencial de repouso e potencial de acción. Bases iónicas do potencial de acción. Propagación do potencial de acción: difusión da excitación / transmisión do impulso.
Función dixestiva e bioenerxética: Temas 3 a 7. Tema 3.- Nutrición: requirimentos nutritivos. Mecanismos de captura ou inxestión do alimento. Regulación da inxestión do alimento. Visión xeral dos sistemas dixestivos: tipos de dixestión, sistemas dixestivos e fases da dixestión.
Tema 4.- Rexións funcionais das vías dixestivas (i). Recepción: mastigación e secreción salivar. Deglución, condución e almacenamento. Peristaltismo esofáxico. Motilidade gástrica e control do baldeirado gástrico. Estrutura e innervación do músculo gastrointestinal. Motilidade e reflexos intestinais.
Tema 5.- Rexións funcionais das vías dixestivas (ii). Secrecións: salivar, gástrica, pancreática, biliar e intest. delgado, e regulación. Enzimas dixestivas dos invertebrados. Estrutura da mucosa de absorción. Dixestión dos alimentos e absorción gastrointestinal: procesos fisicoquímicos implicados. Absorción de carbohidratos, proteínas e graxas. Absorción de auga, electrólitos e vitaminas. Dixestión e absorción en rumiantes. Fermentadores en tracto posterior. Intestino groso: motilidade e secrecións. Formación de feces fecais e defecación.
Tema 6.- Enerxética dos organismos e produción de calor. A taxa metabólica: definición e significado. Metabolismo basal e factores que condicionan a taxa metabólica: actividade, tamaño, superficie, balance hormonal, etc. Métodos de medida do metabolismo.
Tema 7.- Temperatura corporal. Animais ectotermos e endotermos. Mecanismos de produción e transferencia de calor. Adaptacións ao frío e a calor en ectotermos e endotermos. Mecanismos reguladores da temperatura corporal. Ritmos biolóxicos e aletargamento: sono, torpor, hibernación e estivación.
Sistemas circulatorios: Temas 8 a 11. Tema 8.- Circulación: consideracións xerais e tipos de sistemas cardiovasculares. Sistemas de propulsión: Tipos de corazón e evolución do corazón de vertebrados.
Tema 9.- O corazón mióxeno: fisioloxía do músculo cardíaco. Excitación cardíaca: automatismo e ritmicidade cardíaca (función do nódulo senoauricular como marcapasos). Condución intra cardíaca. O corazón neuróxeno. A bomba cardíaca. O ciclo cardíaco: correlación dos eventos eléctricos e mecánicos, e traballo do corazón. Gasto cardíaco. Regulación da actividade cardíaca: regul. intrínseca, nerviosa e hormonal.
Tema 10.- Principios hidrostáticos e hidrodinámicos aplicados á hemodinámica. O sistema arterial. Determinantes da presión arterial. Circulación venosa. A presión venosa. Regulación da circulación sanguínea (autorregulación, reg. nerviosa e hormonal). Barorreceptores e quimiorreceptores. Circulación capilar: Intercambio entre os capilares e os espazos intercelulares. Circulación pulmonar. Circulación coronaria. Circulación cerebral. O sistema linfático, mecanismo de drenaxe tisular: estrutura e funcionamento.
Tema 11.- Fluídos corporais. Líquidos circulantes: tipos e composición. Elementos celulares. Inmunidade. Hemostasia e coagulación do sangue. Sistemas hemostáticos nos distintos animais.
Sistemas respiratorios: Temas 12 a 16. Tema 12.- Sistemas respiratorios. Dispoñibilidade de osíxeno: gases no aire e na auga. Intercambio de gases en medio acuático. Os peixes como modelo de respiración acuática: respiración branquial. Papel da pel na respiración.
Tema 13.- Intercambio gasoso no medio aéreo. Respiración traqueal e pulmonar. Respiración pulmonar: estrutura funcional e mecánica respiratoria. O pulmón das aves: un mecanismo unidireccional.
Tema 14.- Regulación da respiración. Regulación nerviosa. Quimiorreceptores e barorreceptores na regulación da respiración. Regulación e exercicio.
Tema 15.- Intercambio-transferencia de gases e transporte de gases. Os pigmentos respiratorios. Función da hemoglobina e mioglobina no transporte de osíxeno, e curvas de disociación ou curvas de equilibrio O2. Factores que inflúen na afinidade da hemoglobina polo osíxeno. Efecto Bohr. Transporte de CO2 e curvas de equilibrio, e entrada dende os tecidos e descarga. Efecto Haldane.
Tema 16.- Aproximación ás adaptacións respiratorias e circulatorias ao mergullo e grandes alturas.
Equilibrio iónico-osmótico e excreción: Temas 17 a 20. Tema 17.- Osmorregulación e medio ambiente. Parámetros ambientais dos medios acuáticos e terrestres. Osmorregulación en animais acuáticos: estratexias para a regulación hídrico-salina nos medios isoosmóticos, hiperosmóticos e hipoosmóticos. Problemas hídricos e electrolíticos da vida terrestre.
Tema 18.- Función excretora e produtos de excreción: depuración dos líquidos corporais e mantemento dos seus volumes. Excreción de produtos nitroxenados. Os órganos excretores de invertebrados: modalidades de nefridio e túbulos de Malpighi. O ril dos vertebrados: a asa de Henle e a capacidade de formar ouriña hiperosmótica. Anatomía funcional.
Tema 19.- O ril dos mamíferos (i). Mecanismos básicos da formación de ouriña: filtración glomerular, secreción tubular e reabsorción. Diversidade dos segmentos tubulares e a súa función. Taxa de filtración glomerular, aclaramento renal e transporte máximo.
Tema 20.- O ril dos mamíferos (ii). Regulación polo ril dos ións Na+, K+ y Cl-. Outros ións. Regulación da función renal e concentración de ouriña: sistema multiplicador contracorrente. Papel dos mineralocorticoides. Regulación do volume corporal: a hormona antidiurética. Función renal e presión arterial: sistema renina-anxiotensina. O equilibrio ácido-base e a necesidade do seu mantemento. Regulación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A19 A29 B1 B3 B6 B8 B9 29 23.2 52.2
Seminario A18 A19 A21 A28 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 5 10 15
Prácticas de laboratorio A4 A10 A17 A26 A28 A29 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B11 15 1.5 16.5
Portafolios do alumno A10 A26 A29 B1 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B11 1 15 16
Proba obxectiva A1 A18 A29 B1 B3 B4 B8 B9 3 45 48
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Leccións maxistrais presenciais de 50' sobre aspectos teóricos do programa, co emprego de presentacións en PowerPoint que estarán a disposición dos alumnos na UCV. Nestas sesións, cun contido que supón unha elaboración orixinal, trátase de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Seminario -A desenvolver nas horas de teoría en grupos reducidos de alumnos, nos que se poderá incidir sobre os aspectos máis relevantes tratados previamente nas sesións maxistrais, ou ben conceptos complementarios.
-Así mesmo, no contexto destes seminarios, poderanse levar a cabo conxuntamente debates que poden traducirse en discusión/exames desenvoltos dentro de cada grupo reducido de alumnos (ou exames curtos individuais ou en grupos de alumnos, dentro do grupo de seminario), que SERÁN CONSIDERADOS COMO PARTE DA AVALIACIÓN INDIVIDUAL. Terase en conta a participación nos debates dos diversos alumnos que conforman o grupo.
Prácticas de laboratorio Prácticas de laboratorio de CARÁCTER OBRIGATORIO en 5 sesións de 3 horas, desenvolvendo unhas 6-7 prácticas (1 ou 2 por sesión).
Requiren do manexo de organismos ou ben deseño virtual, para o estudo de diferentes funcións abordadas no programa teórico.
Portafolios do alumno Preparación dun CADERNO DE PRÁCTICAS de CARÁCTER OBRIGATORIO (os alumnos que participaran como monitores non presentarán este caderno), dunha extensión non superior ás 10 páxinas (material gráfico excluído), aportando os datos obtidos nas prácticas e discusión e interpretación dos mesmos. Este caderno de prácticas deberá ser entregados dentro das 3 semanas seguintes do remate do grupo de prácticas correspondente.
Proba obxectiva Realización dun exame final ao remate do cuadrimestre. Esta proba estará centrada na materia impartida nas sesións maxistrais e aqueles aspectos debatidos nos seminarios.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
Como parte da atención personalizada, haberá titorías personalizadas sempre que o alumno o requira.

No caso de que puidera haber alumnado matriculado asimilado como “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”, cabe contemplar que este contará coas titorías tradicionais como as de tódolos alumnos, e de xeito particular aquelas enfocadas a complementar a súa posíbel non participación nas actividades de seminario que tiveran lugar ao longo do curso académico.
Así mesmo, e no referente ás actividades prácticas que puideran non ter sido desenvoltas por estes alumnos -caso de contar coa dispensa oportuna-, contémplanse tamén titorías dirixidas a aportar información complementaria sobre das prácticas desenvoltas de xeito xeral polo alumnado, facilitando así a avaliación deste sector de alumnado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A10 A26 A29 B1 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B11 Deberá ser presentado con CARÁCTER OBRIGATORIO e individualmente por todos os alumnos de cada grupo de prácticas, dentro das 3 semanas seguintes ao remate das mesmas.
No caso dos monitores, que non terán que presentar caderno de prácticas, a avaliación estará baseada conxuntamente no traballo realizado no laboratorio ao longo das sesións de prácticas dos diferentes grupos, computando así conxuntamente até un total de 2+18= 20%.
18
Proba obxectiva A1 A18 A29 B1 B3 B4 B8 B9 Haberá un exame final da materia ao remate do cuadrimestre. A proba, con preguntas curtas, estará centrada na materia abordada nas sesións maxistrais e aqueles aspectos que pola súa relevancia foron debatidos novamente e desenvoltos no contexto dos seminarios.
Computará como o 70% na nota final (máximo 7 puntos sobre 10, se ben É PRECISO OBTER UN MÍNIMO de 4.5 puntos sobre 10 para aprobar a materia).
70
Prácticas de laboratorio A4 A10 A17 A26 A28 A29 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B11 OBRIGATORIAS nesta materia de carácter experimental, serán avaliadas en base ao traballo realizado no laboratorio ao longo das mesmas, así como a traveso da cualificación do caderno de prácticas que aparece baixo o epígrafe Portafolios do alumno, avaliándose conxuntamente.
Prácticas realizadas en cursos previos no caso de alumnos repetidores, gárdase a cualificación por 3 anos.
2
Seminario A18 A19 A21 A28 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 Debates en forma de discusión/exames desenvoltos por cada grupo reducido de alumnos (ou exames curtos individuais ou en grupos de alumnos, dentro do grupo de seminario) e que serán CONSIDERADOS COMO PARTE da AVALIACIÓN INDIVIDUAL en función da participación/aportación/exame curto do alumno. O ALUMNO AUSENTE nestes debates terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa xornada. 10
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa teórico, as actividades prácticas de laboratorio realizadas e os traballos tutelados en grupo. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e capacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas.

-Na primeira oportunidade de avaliación terán
carácter de NON PRESENTADO aqueles alumnos que non concorran á "proba
obxectiva", tendo ou non realizado previamente as “prácticas de
laboratorio” e presentado o caderno de prácticas ("portafolios do
alumno"), e/ou participaran nos "seminarios".

-Terán carácter de SUSPENSO
aqueles alumnos que téndose presentado á "proba obxectiva", non acadaran
na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado “Avaliación”, aínda
que tiveran realizado previamente calquera das outra actividades como son as
"prácticas de laboratorio" e/ou participaran nos
"seminarios".

-Os alumnos que concorrendo a
unha segunda oportunidade de avaliación non tiveran realizado as
"prácticas de laboratorio" e/ou non tiveran presentado o caderno de
prácticas ("portafolios do alumno"), terán que facer fronte a
preguntas relativas ás mesmas como parte da "proba obxectiva",
debendo obter nestas preguntas unha cualificación mínima de 5.0.

Terán carácter de NON
PRESENTADO aqueles alumnos que non concorran á "proba obxectiva",
tendo ou non realizado previamente as “prácticas de laboratorio” e/ou tiveran
presentado ou non o caderno de prácticas ("portafolios do alumno"),
e participaran ou non nos debates desenvoltos nos “seminarios”.

Serán cualificados con SUSPENSO
aqueles alumnos que téndose presentado á "proba obxectiva", non
acadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado “Avaliación”,
aínda que tiveran realizado previamente calquera das outra actividades como
son as "prácticas de laboratorio" e/ou participaran nos
"seminarios".



No caso de que existira “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia
”, e que puideran non ter realizado as
prácticas de laboratorio, estes alumnos deberán realizar de xeito específico un
exame de prácticas. Para isto será imprescindíbel a información que puideran ter
obtido en titorías específicas, que incluirá documentación elaborada polo
alumnado como parte das sesións de prácticas previamente realizadas.



A superación da proba obxectiva da materia, que representa o
70% da cualificación final, deberá ser complementada coa obtención de, cando
menos, unha cualificación de 5.0 no exame de prácticas mencionado. Estes alumnos, tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación, deberán realizar o exame de prácticas
mencionado, e este terá un peso que representará o 30% da cualificación final.




Fontes de información
Bibliografía básica Schmidt-Nielsen K. (1997). Animal physiology. Adaptation and environment (5ª ed.). Ed. Cambidge University Press
Randall, D., W. Burggren & K. French (2002). Ecker Animal Physiology. Mechanisms and Adaptations (5ª ed.). W.H. Freeman and Company
Hill, R.W., G.A. Wyse & M. Anderson (2006). Fisiología Animal. Ed. Panamericana
Silverthorn, D.U. (2014). Fisiología Humana. Un enfoque integrado (6ª ed.). Ed. Cambridge University Press
Moyes, C.H. & P.M. Schulte (2007). Principios de Fisiología Animal. Ed. Pearson Educación
Stanfield, C.L. (2011). Principios de Fisiología Humana (4ª ed.). Ed. Pearson Educación
Guyton, A.C. & J.E. Hall (2011). Tratado de Fisiología Médica (12ª ed.). Ed. Interamericana McGraw-Hill
Bibliografía complementaria

Bibliografía complementaria:

BERTA, A., J.L. SUMICH & K.M. KOVACS, 2006. Marine Mammals: Evolutionary Biology (2nd ed.). Burlington: Academic Press.

CHOWN, S.L. & S.W. NICOLSON, 2004. Insect physiological ecology. Mechanisms and patterns. Ed. Oxford University Press.

EDDY, F.B. & R.D. HANDY, 2012. Ecological and Environmental Physiology of Fishes. Ed. Oxford University Press.

EVANS, D.E. & J.B. CLAIBORNE, 2006. The physiology of fishes. CRC Press.

HARRISON, J.F., H.A. WOODS & S.P. ROBERTS, 2012. Ecological and Environmental Physiology of Insects. Oxford University Press

MITTAI, A.K., F.B. EDDY & J.S. DATTAMUNSHI (eds.), 1999. Water/air transition in Biology. Ed. Science Publishers, Inc.

NATION, J.L., 2008. Insect Physiology and Biochemistry (2ª ed.). CRC Press. (FA334)

WILLMER, P., G. STONE & I. JOHNSTON, 2000. Environmental Physiology of Animals.  Ed. Blackwell Science Ltd.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Organografía microscópica/610G02009
Bioquímica I/610G02011
Bioquímica II/610G02012
Zooloxía I/610G02031
Zooloxía II/610G02032

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Fisioloxía Animal II/610G02036

Observacións

-As sesións maxistrais son recomendábeis con vistas ao seguimento do programa teórico da materia. Puntualmente pasarase unha folla para ser asinada polos alumnos presentes na sesión.

-Igualmente é esencial para os alumnos facer uso da Plataforma Virtual da UCV para o desenvolvemento da materia.

-Requírese saber redactar, sintetizar e presentar ordenadamente un traballo, sobre contidos teóricos e/ou prácticos.

-Recoméndase contar con coñecementos a nivel de usuario de ferramentas informáticas básicas (navegación, procesador de textos, preparación de presentacións, etc.).

-Recoméndase coñecemento de inglés cun nivel de comprensión de lectura medio.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías