Identifying Data 2020/21
Subject (*) Animal Physiology I Code 610G02035
Study programme
Grao en Bioloxía
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatory 6
Language
Galician
Teaching method Hybrid
Prerequisites
Department Bioloxía
Coordinador
Couceiro Lopez, Lucia
E-mail
lcouceiro@udc.es
Lecturers
Álvarez Bermúdez, María
Couceiro López, Lucía
E-mail
maria.alvarez.bermudez@udc.es
lucia.couceiro@udc.es
Web
General description O animal como sistema aberto e un todo integrado.
Intercambio de materia e enerxía co medio.
Estudo das diferentes funcións dos animais e a súa regulación.
Unha perspectiva comparada.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios nos contidos.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Tal e como se indica a continuación, mantéñense tódalas metodoloxías docentes inicialmente previstas, se ben é precisa a súa modificación e adaptación a un escenario de non presencialidade.
- Actividades iniciais
- Sesións maxistrais
- Seminarios (computan na avaliación)
- Prácticas de laboratorio (computan na avaliación)
- Traballos tutelados (computan na avaliación)
- Proba obxectiva (computa na avaliación)
- Atención personalizada

*Metodoloxías docentes que se modifican
- Actividades iniciais: no caso de que esta sesión non se poida impartir de maneira presencial debido a un novo confinamento, impartirase de xeito telemático facendo uso das ferramentas institucionais dispoñibles (Microsoft Teams).
- Sesións maxistrais: no caso de que estas sesións non se poida impartir de maneira presencial debido a un novo confinamento, impartiranse de xeito telemático facendo uso das ferramentas institucionais dispoñibles (Microsoft Teams).
- Seminarios (computan na avaliación): no caso de que os seminarios non se poidan impartir de maneira presencial debido a un novo confinamento, adaptaranse para a súa realización en modo de non presencialidade.
- Prácticas de laboratorio (computan na avaliación): no caso de que as prácticas de laboratorio non se poidan impartir de maneira presencial debido a un novo confinamento, adaptaranse para a súa realización en modo de non presencialidade e respectando na medida do posible os contidos orixinais.
- Traballos tutelados (computan na avaliación): no caso de que o seguimento/titorización dos traballos tutelados non se poida realizar de maneira presencial debido a un novo confinamento, adaptarase para a súa realización en modo de non presencialidade.
- Proba obxectiva (computa na avaliación): no caso de que a proba obxectiva non se poida realizar de maneira presencial debido a un novo confinamento, adaptarase para a súa realización empregando a plataforma Moodle.
- Atención personalizada: ver máis abaixo.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Frecuencia? Diaria. Uso? Realización de consultas, solicitude de encontros virtuais para resolver dúbidas e/ou seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: Frecuencia? Diaria. Uso? Comunicación de novas e/ou seguimento dos traballos tutelados.
- Microsoft Teams: Frecuencia? Semanal (na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade). Uso? Avance dos contidos teóricos; ademais, a petición do/a alumno/a, tamén se poderá utilizar fóra de dito horario co gallo de resolver dúbidas, apoiar a realización e seguimento dos traballos tutelados, etc.

4. Modificacións na avaliación
O sistema de avaliación e peso relativo das distintas metodoloxías (incluíndo os requisitos de nota mínima) mantéñense invariables respecto dos que xa figuran na guía docente. Non obstante, tal e como se indica no punto segundo deste plan, ditas metodoloxías serán modificadas e adaptadas a un escenario de non presencialidade.
- Seminarios: 15%
- Prácticas de laboratorio: 15%
- Traballos tutelados: 15%
- Proba obxectiva: 55%

*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que xa figuran na guía docente.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A4 Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A10 Avaliar actividades metabólicas.
A17 Realizar bioensaios e diagnósticos biolóxicos.
A18 Levar a cabo estudos de produción e mellora animal e vexetal.
A19 Analizar e interpretar o comportamento dous seres vivos.
A21 Deseñar modelos de procesos biolóxicos.
A26 Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados.
A28 Desenvolver e implantar sistemas de xestión relacionados coa Bioloxía.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.
B11 Debater en público.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Mostrar coñecementos básicos acerca do funcionamento dos animais como un todo integrado, que poden ser de aplicación no manexo de organismos en condicións experimentais, de cultivo, produción, etc., así como para valorar a incidencia de posibles cambios ambientais. A1
A10
A19
A21
A26
A28
A29
A30
A31
B1
B3
B8
B9
Mostrar habilidades de potencial aplicación na clínica de laboratorio en cultivo intensivo e extensivo. A4
A10
A17
A18
A26
A28
A30
A31
B2
B3
B4
B6
Definir conceptos, abstraer e manexar información de diferente procedencia (bibliográfica, experimental, manexos virtuais, etc.). A26
A29
B5
B6
B8
B11
Traballar en grupo así como deseñar, elaborar e presentar traballos. A29
B5
B6
B7
B8
B11

Contents
Topic Sub-topic
Introduction: Units 1 and 2. Unit 1. Animal Physiology as a Science: concept and historical perspective. Functional features of animals. The animal and its environment: the external environment and determinants of physiological processes. Concept of internal environment and its constancy. Concept of homeostasis and the homeostatic mechanism.
Unit 2. Substance transfer through biological membranes. Origin of the transmembrane potential. Membrane potentials: resting potential and action potential. Ionic basis of the action potential. Action potential propagation: diffusion of excitation / impulse transmission.
Nutrition and digestive function. Bioenergetics: Units 3 to 7. Unit 3. Nutrition: nutritional requirements. Capturing and swallowing food mechanisms. Regulation of food intake. Overview of the digestive systems: types of digestion, digestive systems and stages of digestion.
Unit 4. Functional regions of the digestive tract (I). Reception: chewing and salivation. Swallowing, transmission and storage. Esophageal peristalsis. Control of gastric motility and gastric emptying. Structure and innervation of the gastrointestinal muscle. Intestinal motility and reflexes.
Unit 5. Functional regions of the digestive tract (II). Secretions: salivary, gastric, pancreatic, biliary and small intestine and regulation. Digestive enzymes of invertebrates. Structure of the absorption mucous membrane. Digestion of food and gastrointestinal absorption: physical and chemical processes involved. Absorption of carbohydrates, proteins and fats. Absorption of water, electrolytes and vitamins. Digestion and absorption in ruminants. Posterior tract fermenters. Intestine: motility and secretions. Formation of feces and defecation.
Unit 6. Bioenergetics. Energetics in organisms and heat production. Metabolic rate: definition and meaning. Factors affecting metabolic rate: activity, size and body surface, hormonal balance, etc. Metabolism measuring methods.
Unit 7. Body temperature. Ectotherm and endotherm animals. Production mechanisms and heat transfer. Adaptations to cold and heat in ectotherms and endotherms. Regulatory mechanisms of body temperature. Biological rhythms and lethargy: sleep, torpor, hibernation and estivation.
Respiratory Systems: Units 8 to 12. Unit 8. Respiratory systems. Oxygen availability: gases in air and in water. Gas exchange in aquatic environments. Fish as a model of aquatic respiration: breathing through gills. Role of skin in breathing.
Unit 9. Gas exchange in the air environment. Tracheal and pulmonary respiration. Pulmonary respiration: functional structure and respiratory mechanics. The avian lung: a unidirectional mechanism.
Unit 10. Regulation of respiration. Nervous regulation. Chemoreceptors and baroreceptors in the regulation of breathing. Regulation and exercise.
Unit 11. Exchange-transfer of gas and gas transport. Respiratory pigments. Function of hemoglobin and myoglobin in oxygen transport and dissociation curves or O2 equilibrium curves. Factors which influence the affinity of hemoglobin for oxygen. Bohr Effect. CO2 transport and equilibrium curves, and input from the tissues and unloading. Haldane effect.
Unit 12. Approach to respiratory and circulatory diving and high-altitude adaptations.
Circulatory Systems: Units 13 to 16. Unit 13. Circulation: general considerations and types of cardiovascular systems. Propulsion Systems: Types of heart. Evolution of the vertebrates heart.
Unit 14. The myogenic heart: physiology of the heart muscle. Cardiac excitation: cardiac automaticity and rhythmicity (sinoatrial node function as pacemakers). Intracardiac conduction. The neurogenic heart. The heart pump. The cardiac cycle: correlation of electrical and mechanical events, and the heart. Cardiac output. Regulation of heart activity: intrinsic, nervous, and hormonal regulation.
Unit 15. Hydrostatic and hydrodynamic principles applied to hemodynamics. The arterial system. Determinants of blood pressure. Venous circulation. Venous pressure. Regulation of blood circulation (self, nervous and hormonal regulation). Baroreceptors and chemoreceptors. Capillary circulation: exchange between the capillaries and the intercellular spaces. Pulmonary circulation. Coronary circulation. Cerebral circulation. The lymphatic system, structure and function of the tissue drainage mechanism.
Unit 16. Body fluids. Circulating fluids: types and composition. Cellular elements. Immunity. Hemostasis and blood coagulation. Hemostatic systems in different animals.
Ionic-osmotic balance and excretion: Units 17 to 20. Unit 17. Osmoregulation and environment. Environmental parameters of the aquatic and terrestrial environments. Osmoregulation in aquatic animals: strategies for water-salt regulation in the iso-osmotic, hyperosmotic and hyposmotic media. Water and electrolyte problems of terrestrial life.
Unit 18. Excretory function and excretory products: cleansing of body fluids and maintaining their volumes. The excretion of nitrogenous products. The excretory organs of invertebrates: nephridium modalities and Malpighian tubule system. The kidney of vertebrates: the Loop of Henle and the ability to form hyperosmotic urine. Functional anatomy.
Unit 19. The kidney of mammals (I). Basic mechanisms of urine formation: glomerular filtration, tubular secretion and reabsorption. Diversity of the tubular segments and their function. Glomerular filtration rate, renal clearance and maximum transport.
Unit 20. The kidney of mammals (II). Regulation by the kidney of the Na+, K+ and Cl- ions. Other ions. Regulation of renal function and urine concentration: countercurrent multiplier system. Role of mineralocorticoids. Regulation of body volume: antidiuretic hormone. Renal function and blood pressure: the renin-angiotensin system. The acid-base balance and the need for its maintenance. Regulation.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities B6 B8 B9 1 0.5 1.5
Guest lecture / keynote speech A1 A19 A29 B1 B3 B6 B8 B9 28 56 84
Seminar A18 A19 A21 A28 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 5 10 15
Laboratory practice A4 A10 A17 A26 A28 A29 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 15 7.5 22.5
Supervised projects B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 0 20 20
Objective test A1 A18 A29 B1 B3 B4 B8 B9 3 0 3
 
Personalized attention 4 0 4
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities A primeira hora do curso dedicarase a presentar a materia. Expoñerase brevemente o programa teórico e explicaranse as distintas actividades, así como o sistema de avaliación. Se ben a asistencia á mesma non é obrigatoria, si é moi RECOMENDABLE.
Guest lecture / keynote speech As sesións maxistrais (28 sesións cunha duración de 50 minutos cada unha) impartiranse mediante sesións orais co apoio de medios audiovisuais. Nelas expoñeranse 20 temas cos principais contidos da materia. O material empregado nestas sesións estará a disposición dos/as alumnos/as a través da plataforma Moodle. Se ben a asistencia ás mesmas non é obrigatoria, si é moi RECOMENDABLE.
Seminar Os seminarios levaranse a cabo durante as horas de teoría en grupos reducidos. Neles incidirase sobre algúns dos aspectos máis relevantes tratados previamente nas sesións maxistrais para o cal se executarán actividades de distinta natureza: visión de vídeos, elaboración de materiais, presentación de traballos, etc. As actividades e/ou probas curtas asociadas, realizadas no contexto destes seminarios, serán consideradas como parte da avaliación individual do/a alumno/a. Se ben a participación nos mesmos non é obrigatoria, si é moi RECOMENDABLE.
Laboratory practice As prácticas de laboratorio teñen carácter OBRIGATORIO. Nelas manexaranse distintos organismos (en ocasións empregando unha contorna virtual) co fin de estudar as diferentes funcións abordadas no programa teórico.
Supervised projects Os/as alumnos/as poderán realizar, en pequenos grupos e de xeito OPTATIVO, un traballo que lles permitirá afondar na fisioloxía dun grupo/especie particular. A súa elaboración será supervisada periodicamente polas profesoras, en persoa ou facendo uso de medios telemáticos (e-mail, Moodle ou Microsoft Teams).
Objective test Proba que combina distintos tipos de preguntas sobre os principais aspectos/contidos do programa teórico. Alternativamente, os/as estudantes terán a posibilidade de realizar probas obxectivas parciais ao longo do curso (unha proba por cada bloque teórico, 5 probas en total) que lles permitirán superar a materia mediante unha avaliación continua.

Personalized attention
Methodologies
Laboratory practice
Supervised projects
Description
Dedicarase atención personalizada ao alumnado durante a realización das prácticas de laboratorio. Ao longo de ditas prácticas, os/as alumnos/as poderán realizar consultas e abordar temas concretos relacionados co programa teórico da materia e coas propias prácticas.
Os/as alumnos/as poderán dispoñer tamén de atención personalizada acudindo ao despacho das profesoras en horarios de titorías ou por medios telemáticos (correo electrónico, Moodle ou Microsoft Teams).
Ademais, as profesoras farán un seguimento dos traballos elaborados polo alumnado de xeito que o produto final acade unha calidade aceptable; dito seguimento poderá levarse a cabo de forma presencial ou a través de medios telemáticos (correo electrónico, Moodle ou Microsoft Teams).
Cabe destacar que, no caso de que puidera haber alumnado matriculado asimilado como “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”, este contará coas titorías tradicionais e, de xeito particular, con aquelas enfocadas a complementar a súa posible non participación nas actividades de seminarios que tiveran lugar ao longo do curso académico. Así mesmo, e no referente ás actividades prácticas que puideran non ter sido desenvoltas por este alumnado -caso de contar coa dispensa oportuna-, contémplanse tamén titorías dirixidas a aportar información sobre as mesmas, facilitando así a avaliación deste sector do alumnado.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Laboratory practice A4 A10 A17 A26 A28 A29 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 As prácticas de laboratorio teñen carácter obrigatorio; ao finalizar estas haberá unha proba na plataforma Moodle sobre o contido das mesmas. A nota obtida en dita proba supoñerá un 15% da cualificación final. Ademais, ao igual que no caso dos seminarios, a nota obtida en dita proba manterase invariable para o cómputo da cualificación final no caso dos/as alumnos/as que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo). 15
Seminar A18 A19 A21 A28 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 Avaliaranse as tarefas executadas ao longo dos seminarios e/ou as probas curtas asociadas. A nota obtida supoñerá un 15% da cualificación final. Os/as alumnos/as que non asistan aos seminarios e que, polo tanto, non realicen as tarefas/probas curtas asociadas, obterán unha cualificación de 0 puntos na actividade programada ese día. A nota obtida nos seminarios manterase invariable para o cómputo da cualificación final no caso dos/as alumnos/as que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo). 15
Objective test A1 A18 A29 B1 B3 B4 B8 B9 Trátase dunha proba con distintos tipos de preguntas sobre os principais aspectos/contidos do programa teórico impartidos nas sesións maxistrais. A nota obtida supoñerá o 55% da cualificación final (máximo 5.5 puntos sobre 10; non obstante, é preciso obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 nesta proba para superar a materia). Alternativamente os/as estudantes terán a opción de facer 5 probas obxectivas parciais ao longo do curso (ao igual que no caso da avaliación por medio dunha única proba, é preciso que os/as alumnos/as acaden un mínimo de 4 puntos sobre 10 en cada unha das probas parciais co gallo de superar a materia). 55
Supervised projects B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 Os traballos, de carácter optativo, serán avaliados en función da profundidade do contido, a presentación e claridade da organización, o emprego dunha linguaxe propia do contexto disciplinar e a calidade das fontes documentais utilizadas. A nota obtida supoñerá un 15% da cualificación final. A nota obtida nos traballos tutelados manterase invariable para o cómputo da cualificación final no caso dos/as alumnos/as que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo). 15
 
Assessment comments

Para a avaliación da materia terase en conta o coñecemento do programa teórico e das prácticas de laboratorio, así como os traballos tutelados e as actividades e/ou probas curtas asociadas levadas a cabo no contexto dos seminarios. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e capacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas. Para superar a materia deberanse cumprir os criterios de avaliación estipulados e obter unha puntuación mínima de 5.0 puntos.

Para as cualificacións finais de ambas oportunidades, terán carácter de NON PRESENTADO os/as alumnos/as que non concorran ás probas obxectivas nas datas oficiais sinaladas. 

Serán considerados SUSPENSOS os/as alumnos/as que si concorran a ditas probas mais non acaden a puntuación global de 5.0 puntos ou teñan unha nota na proba obxectiva inferior a 4.0 puntos sobre 10 (independentemente da nota de seminarios, prácticas de laboratorio e traballos tutelados). No caso de que a suma total das cualificacións sexa igual ou superior a 5.0 puntos pero a parcial de contidos teóricos (proba obxectiva) non supere a nota mínima esixida, a cualificación numérica final será a acadada na mencionada proba de contidos teóricos.

Aqueles alumnos/as que opten pola avaliación continua precisarán acadar un
mínimo de 4.0 puntos en todas e cada unha das probas parciais. Os/as alumnos/as
que non acaden dita puntuación nalgunha das probas quedarán automaticamente
excluídos/as deste sistema de avaliación e deberán presentarse á proba
obxectiva final de toda a materia.

Os/as alumnos/as repetidores que teñan superado as prácticas nos tres anos inmediatamente anteriores poden conservar a nota destas ou, se o desexan, mellorala. 

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderá solicitar os cambios de calendario necesarios para garantir a posibilidade de asistir a calquera das actividades avaliables programadas na materia.


Sources of information
Basic Schmidt-Nielsen K. (1997). Animal physiology. Adaptation and environment (5ª ed.). Ed. Cambidge University Press
Randall, D.; W. Burggren & K. French (2002). Ecker Animal Physiology. Mechanisms and Adaptations (5ª ed.). W.H. Freeman and Company
Hill, R.W.; G.A. Wyse & M. Anderson (2006). Fisiología Animal. Ed. Panamericana
Silverthorn, D.U. (2014). Fisiología Humana. Un enfoque integrado (6ª ed.). Ed. Cambridge University Press
Moyes, C.H. & P.M. Schulte (2007). Principios de Fisiología Animal. Ed. Pearson Educación
Stanfield, C.L. (2011). Principios de Fisiología Humana (4ª ed.). Ed. Pearson Educación
Guyton, A.C. & J.E. Hall (2011). Tratado de Fisiología Médica (12ª ed.). Ed. Interamericana McGraw-Hill
Complementary Eddy, F.B. & R.D. Handy (2012). Ecological and Environmental Physiology of Fishes. Oxford University Press
Harrison, J.F.; H.A. Woods & S.P. Roberts (2012). Ecological and Environmental Physiology of Insects. Oxford University Press
Willmer, P.; Stone, G. & Johnston, I. (2000). Environmental Physiology of Animals. Blackwell Science Ltd.
Chown, S.L. & S.W. Nicolson (2004). Insect Physiological Ecology. Oxford University Press
Nation, J.L. (2008). Insect Physiology and Biochemistry (2nd ed.). CRC Press
Berta, A.; J.L. Sumich & K.M. Kovacs (2006). Marine Mammals: Evolutionary Biology (2nd ed.). Academic Press
Evans, D.E. & J.B. Claiborne (2006). The Physiology of fishes. CRC Press
Mittai, A.K.; F.B. Eddy & J.S. Dattamunshi (1999). Water/air transition in Biology. Science Publishers Inc.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Microscopic Organography/610G02009
Biochemistry I/610G02011
Biochemistry II/610G02012
Zoology I/610G02031
Zoology II/610G02032

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Animal Physiology II/610G02036

Other comments
As sesións maxistrais son recomendables con vistas ao seguimento do programa teórico da materia. Igualmente, é esencial que o alumnado faga uso da Plataforma Virtual da UDC (Moodle) para o desenvolvemento da materia. Requírese saber redactar, sintetizar e presentar un traballo ordenadamente, sobre contidos teóricos e/ou prácticos. Recoméndase contar con coñecementos a nivel de usuario de ferramentas informáticas básicas (navegación, procesador de textos, preparación de presentacións, etc.). Recoméndase coñecemento de inglés cun nivel de comprensión de lectura medio.


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.