Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Fisioloxía Animal II Código 610G02036
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Gonzalez Gurriaran, Eduardo
Correo electrónico
eduardo.gonzalez.gurriaran@udc.es
Profesorado
Gonzalez Gurriaran, Eduardo
Correo electrónico
eduardo.gonzalez.gurriaran@udc.es
Web http://ciencias.udc.es
Descrición xeral - O animal como sistema aberto e como un todo integrado.
- Regulación das funcións e leis que as rexen.
- Sistemas macrorreguladores.
- S. nervioso como integrador de información.
- Fisioloxía sensorial: sistemas sensoriales.
- S. endocrino e a regulación do metabolismo.
- Fisioloxía da reproducción.
- Fisioloxía comparada.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A4 Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A10 Avaliar actividades metabólicas.
A17 Realizar bioensaios e diagnósticos biolóxicos.
A18 Levar a cabo estudos de produción e mellora animal e vexetal.
A19 Analizar e interpretar o comportamento dous seres vivos.
A21 Deseñar modelos de procesos biolóxicos.
A26 Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados.
A28 Desenvolver e implantar sistemas de xestión relacionados coa Bioloxía.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.
B11 Debater en público.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Adquirir coñecementos básicos para comprender o funcionamento dos animais como un todo integrado, que poden ser de aplicación no manexo de organismos en condiciones experimentais, cultivo, produción, etc., así como para valorar a incidencia de posibles cambios ambientais. A1
A10
A19
A21
A26
A28
A29
A30
A31
B1
B3
B8
B9
- Habilidades de potencial aplicación na clínica de laboratorio en cultivo intensivo e extensivo. A4
A10
A17
A18
A26
A28
A30
A31
B2
B3
B4
B6
- Capacidade de definir conceptos, abstracción e manexo de información de diferente procedencia (bibliográfica, experimental, manexos virtuais, etc.). A26
A29
B5
B6
B8
B11
- Capacidade de traballo en grupo así como deseño, elaboración e presentación de traballos. A29
B5
B6
B7
B8
B11

Contidos
Temas Subtemas
SISTEMAS MACRORREGULADORES
Sistema nervioso. Temas 1 A 3.
Xeneralidades, tipos, organización e función.
S.N. dos Vertebrados. comunicación interneuronal. Sinapses.
Tema 1.- Funcións e características xerais do sistema nervioso: o sistema nervioso como integrador de información. Sinopse anatómica e sistemas nerviosos. Organización celular do sistema nervioso. Tipos de células nerviosas. Citofisioloxía da neurona e das células da glía.

Tema 2.- O Sistema Nervioso dos Vertebrados. 1) Sistema Nervioso Central (SNC): a médula espiñal e o encéfalo. Niveis de integración. 2) SN Periférico: Vías aferentes y vías eferentes. 3) Sistema Nervioso Autónomo (SNA): división simpática e división parasimpática. Características funcionais de cada división: Neurotransmisores e Receptores. Arco reflexo autónomo. Estimulación dos órganos polo SNA. O control dos procesos de integración: regulación do SNA polo S.N. Central.

Tema 3.- Comunicación interneuronal: as sinapses. Sinapses eléctricas. Sinapses químicas. A unión neuromuscular. Excitación e inhibición. Asociacións funcionais de neuronas. Neurotransmisores: tipos e características funcionais.
Fisioloxía sensorial: Temas 4 a 9.
Receptores sensoriais. concepto, tipos e características. Sensibilidade somática. Fotorrecepción. Fonorrecepción. Quimiorrecepción.
Tema 4.- Fisioloxía sensorial. Receptores sensoriais: concepto e características. Tipos de receptores e propiedades xerais dos receptores. O potencial do receptor.

Tema 5.- Sensibilidade somática (I): sensibilidade ó tacto, presión e vibración: receptores táctiles. Termorreceptores e sensibilidade á temperatura. Sensibilidade dolorosa: Bases fisiolóxicas e receptores. Mecanismos de analxesia. Vías sensitivas do Sistema Nervioso Central: sistema columna dorsal-lemnisco medial. Sistema anterodorsal.

Tema 6.- Sensibilidade somática (II). Sensibilidade postural ou sensibilidade propioceptiva. Receptores musculares e articulares: huso muscular e órgano tendinoso de Golgi. Propiocepción en Invertebrados. Regulación da posición e o equilibrio. Estatocistos. Receptores vestibulares.

Tema 7.- Fotorrecepción. Tipos básicos de fotorreceptores. Fotorrecepción e orientación á luz en Invertebrados. Ocelos. O ollo composto dos Artrópodos.
O ollo dos Vertebrados. Anatomofisioloxía da retina. Células receptoras e células nerviosas. Mecanismos de transdución da luz polos pigmentos visuais. Mecanismo óptico da visión: campos receptores e análise da información visual. Integración da información. Visión da cor.

Tema 8.- Fonorrecepción. Fonorrecepción en Invertebrados. Anatomía e función do sistema auditivo de Vertebrados. O órgano de Corti, mecanismo da excitación auditiva e procesamento da información.Aa membrana basilar e a percepción das frecuencias. Mecanismo da ecolocalización. Grupos de animais con ecolocalización. Estruturas anatómicas especiais. Perspectiva evolutiva.
A liña lateral. Características e células receptoras. Principais funcións e percepción do entorno.


Tema 9.- Quimiorrecepción. O sentido químico común. Fisioloxía do gusto. Fisioloxía do olfacto. Quimiorrecepción en animais acuáticos.
SN. Efectores e coordinación motora: Temas 10 a 12. Efectores. O músculo esquelético. Mecanismo da contracción. Músculso liso e cardíaco. Coordinación motora. Control motor espiñal. Control motor cortical. Control motor polo tronco encefálico, os ganglios basais e o cerebelo. Outros efectores: bioelectricidade e biolomuniscencia. Tema 10.- Fisioloxía do movemento (I). Efectores. A fibra muscular como base do movemento: estrutura e función do músculo. Bases físico-químicas da contracción da fibra muscular esquelética. Teoría dos filamentos deslizantes. Mecanismo da contracción. Acoplamento entre excitación e contracción. Fisioloxía do músculo liso. Músculo cardíaco.

Tema 11.- Fisioloxía do movemento (II). A motilidade. Niveis de coordinación motora. Integración da actividade motora na médula espiñal: o arco reflexo. Tipos de reflexos.
Control cortical da actividade motora: tracto ou sistema piramidal. Sistema extrapiramidal. Tronco encefálico. Ganglios basais. O cerebelo e o control motor.

Tema 12.- Outros efectores: bioelectricidade e bioluminiscencia. Órganos eléctricos e electrorrecepción: significado funcional. Mecanismos de produción de luz: órganos e estruturas luminiscentes. Bacterias simbióticas e luminiscencia intra e extracelular. Significado funcional da bioluminiscencia.
SISTEMAS MACRORREGULADORES.

Sistema Endocrino: Temas 13 a 22. Comunicación química. Tecidos e glándulas endocrinas. Hormonas. Funcións e regulación. Control endocrino da Reprodución.
Tema 13.- O sistema endocrino e o seu papel na regulación da homeostasis. Mecanismos de regulación química. Mensaxeiros químicos endocrinos: as Hormonas. Tecidos e glándulas de orixe. Tipos de hormonas. Mecanismos de acción hormonal. Concepto de neurosecreción. Integración neuroendocrina.

Tema 14.- Organización xeral da hipófise. Adenohipófise: síntese, secreción e función das hormonas adenohipofisarias. A hormona do crecemento (GH). O sistema hipotálamo-hipofisario. Control hipotalámico da adenohipófise: hormonas hipotalámicas. Neurohipófise: síntese, secreción e función das hormonas neurohipofisarias. ADH e oxitocina.

Tema 15.- O lóbulo intermedio da hipófise e a fisioloxía do cambio de cor: a MSH ou hormona estimulante dos melanóforos. Glándula pineal: síntese, secreción e función da melatonina. Células pigmentarias efectoras: fisioloxía dos cambios de cor e factores reguladores. Tipos de cromatóforos.

Tema 16.- Glándula Tiroides. Hormonas da tiroides. Accións principais das hormonas tiroideas. Efectos sobre o metabolismo. Implicación na resposta termoxénica. Outros efectos das hormonas tiroideas. Regulación da secreción. As hormonas tiroideas e a metamorfose dos anfibios.

Tema 17.- Metabolismo do calcio e da formación ósea. Hormona paratiroidea (PTH), calcitonina (CA) e colecalciferol (D3). O timo.

Tema 18.- Glándulas suprarrenais.
1) Corteza suprarrenal: glucocorticoides, mineralocorticoides, andróxenos e estróxenos suprarrenais. Funcións dos glucocorticoides. Regulación da secreción. Mineralocorticoides: a Aldosterona.
2) Médula suprarrenal: síntese, secreción e función das catecolaminas.

Tema 19.- Páncreas endocrino: insulina, glucagón e somatostatina. Funcións. Regulación da secreción. Regulación da glucemia e a súa importancia.

Tema 20.- Sistemas endocrinos de invertebrados. Modelo xeral do funcionamento endocrino de invertebrados. Mecanismos endocrinos e procesos baixo control hormonal: control endocrino do desenrolo e muda ou ecdise dos Insectos.

Tema 21.- Control endocrino da Reprodución (I). Hormonas sexuais. Diferenciación sexual prenatal do aparato xenital. Sistema reprodutor masculino e andróxenos testiculares.
Sistema reprodutor feminino. Hormonas ováricas e a súa regulación. Ciclos reprodutores femininos: ciclo ovárico e ciclo uterino.

Tema 22.- Control endocrino da Reprodución (II). Fecundación. Xestación e hormonas durante a xestación. Parto: factores mecánicos e factores hormonais. Lactancia e o seu control hormonal.



Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A19 A29 B1 B3 B6 B8 B9 29 23.2 52.2
Seminario A18 A19 A21 A28 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 5 25 30
Prácticas de laboratorio A4 A10 A17 A26 A28 A29 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B11 15 1.5 16.5
Proba obxectiva A1 A18 A29 B1 B3 B4 B8 B9 3 45 48
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Leccións maxistrais presenciais de 50' sobre aspectos teóricos do programa, co emprego de presentacións en PowerPoint ou PDF que estarán a disposición dos alumnos na UCV. Nestas sesións, cun contido que supón unha elaboración orixinal, trátase de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Seminario -A desenvolver nas horas de teoría en grupos reducidos de alumnos, nos que se poderá incidir sobre os aspectos máis relevantes tratados previamente nas sesións maxistrais, ou ben conceptos complementarios.
-Asi mesmo, no contexto destes seminarios, poderanse levar a cabo conxuntamente debates, exercicios escritos (exames curtos individuais ou en grupos de alumnos, dentro do grupo de seminario), e actividades relacionadas coa materia da asignatura, tendo en conta a participación dos diversos alumnos que conforman o grupo. Os resultados SERÁN CONSIDERADOS COMO PARTE DA AVALIACIÓN INDIVIDUAL.
Prácticas de laboratorio Prácticas de laboratorio de CARÁCTER OBRIGATORIO en 5 sesións de 3 horas, desenvolvendo unhas 6-7 prácticas (1 ou 2 por sesión).
Requiren do manexo de organismos ou ben deseño virtual, para o estudo de diferentes funcións abordadas no programa teórico.
Proba obxectiva Realización dun exame final unha vez finalizado o cuatrimestre. Esta proba estará centrada na materia impartida nas sesións maxistrais, aspectos debatidos nos seminarios e os contidos das prácticas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
Como parte da atención personalizada, haberá titorías personalizadas sempre que o alumno o requira.
No caso de que puidera haber alumnado matriculado asimilado como “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”, cabe contemplar que éste contará coas titorías tradicionais como as de tódolos alumnos, e de xeito particular aquelas enfocadas a complementar a súa posíbel non participación nas actividades de seminario que tiveran lugar ao longo do curso académico.
Así mesmo, e no referente ás actividades prácticas que puideran non ter sido desenvoltas por estes alumnos -caso de contar coa dispensa oportuna-, contémplanse tamén titorías dirixidas a aportar información complementaria sobre das prácticas desenvoltas de xeito xeral polo alumnado, facilitando así a avaliación deste sector de alumnado.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A4 A10 A17 A26 A28 A29 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B11 OBRIGATORIAS nesta materia de carácter experimental, serán avaliadas en base ao traballo realizado no laboratorio e a actitude ao longo das mesmas. Haberá un exame para avaliar de xeito obxetivo os coñecementos adquiridos durante as prácticas.
Prácticas realizadas en cursos previos no caso de alumnos repetidores, gárdase a cualificación por 3 anos.
10
Proba obxectiva A1 A18 A29 B1 B3 B4 B8 B9 Haberá un exame final da materia ao remate do cuadrimestre. A proba, con preguntas curtas, estará centrada na materia abordada nas sesións maxistrais e aqueles aspectos que pola súa relevancia foron debatidos novamente e desenvoltos no contexto dos seminarios.
Computará como o 80% na nota final (máximo 8 puntos sobre 10, se ben É PRECISO OBTER UN MÍNIMO de 4.5 puntos sobre 10 para aprobar a materia).
80
Seminario A18 A19 A21 A28 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 Debates, exercicios escritos (exames curtos individuais ou en grupos de alumnos, dentro do grupo de seminario) e actividades relacionadas coa materia da asignatura, desenvoltos por cada grupo reducido de alumnos e que serán CONSIDERADOS COMO PARTE da AVALIACIÓN INDIVIDUAL en función da participación/aportación/exercicios escritos de cada alumno. O ALUMNO AUSENTE nestas actividades terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa xornada. 10
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programateórico, as actividades prácticas de laboratorio realizadas e os traballostutelados en grupo. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión ecapacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas.

-Terán carácter deNON PRESENTADO aqueles alumnos que non concorran á "proba obxectiva",tendo ou non realizado previamente as “prácticas de laboratorio”  e/ou participaran nosdebates desenvoltos nos "seminarios".

-Terán carácter de SUSPENSO aqueles alumnos que téndose presentadoá "proba obxectiva", non acadaran na mesma a cualificación mínimamencionada no apartado “Avaliación”, aínda que tiveran realizado previamente calquera das outra actividades como son as "prácticas de laboratorio"e/ou participaran nos "seminarios".

-Os alumnos que concorrendo a unha avaliación ; non tiveran realizado as "prácticas de laboratorio", terán que facer fronte a preguntas relativas ás mesmas como parte da "proba obxectiva", debendo obter nestas preguntas unhacualificación mínima de 5.0.

- O “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” que non puidese asistir ás prácticas, terán que pasar un exame de prácticas e obter unha cualificación mínima de 5 para superar a asignatura.


Fontes de información
Bibliografía básica Schmidt-Nielsen, K. (1997). Animal physiology. Adaptation and environment (5ª ed.). Ed. Cambridge University Press
Randall; D., W. Burggren & K. French (2002). Eckert. Animal Physiology: mechanisms and adaptations (5ºed.). Ed. McGraw-Hill - Interamericana
Willmer, P., G. Stone & I. Johnston (2000). Environmental Physiology of Animals. Ed. Blackwell Science Ltd.
Hill, R.W., G.A. Wyse & M. Anderson (2006). Fisiología Animal. Ed. Panamericana
Tresguerres, J.A.F. (2005). Fisiología humana (3ª ed.) . Ed. McGraw-Interamericana.
Silverthorn, D.U. (2014). Fisiología Humana. Un enfoque integrado (6ª ed.). . Ed. Panamericana
Liem, K.F., Bemis, W.E., Walker, W.F. & L. Grande (2001). Functional anatomy of the Vertebrates: an evolutionary perspective. . Fort Worth: Harcourt College
Nation, J.L. (2008). Insect Physiology and Biochemistry (2ª ed). CRC Press
Purves, D., Augustine, G., Fitzpatrick, D., Hall, W., Lamantia, A-S., McNamara, J. & S. Williams (2007). Neurociencia. Ed. Panamericana
Moyes, C.H. & P.M. Schulte (2007). Principios de Fisiología Animal. Ed. Pearson Education
Guyton, A.C. & J.E. Hall (2006). Tratado de Fisiología Médica (11ª ed.). Ed. Interamericana McGraw-Hill
Norris, D.O. & J.A. Carr (2013). Vertebrate Endocrinology (5ª Ed.). Academic Press, Elsevier

 

Bibliografía complementaria (). .
CHOWN, S.L. & S.W. NICOLSON (2004). Insect physiological ecology. Mechanisms and patterns. Oxford University Press
Daly, H.V., Doyen, J.T. & A.H. Purcel (1998). Introduction to Insect Biology and Diversity.. 2ª ed. Oxford University Press
BERTA, A., SUMICH, J.L. & K.M. KOVACS (2006). Marine Mammals: Evolutionary Biology (2nd ed.). . Burlington: Academic Press
DEHNHARDT, G. (2002). Sensory systems. In: Marine Mammalian Biology. An evolutionary approach.. Hoelzel, A.R. (ed) Oxford Blackwell Science
EVANS, D.E. & J.B. CLAIRBONE (2006). The physiology of fishes.. Boca Raton: CRC Press
KARDONG, K.V., (2007). Vertebrados: anatomía comparada, función, evolución. Madrid: MacGraw-Hill Interamericana.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Organografía microscópica/610G02009
Bioquímica I/610G02011
Bioquímica II/610G02012
Zooloxía I/610G02031
Zooloxía II/610G02032
Fisioloxía Animal I/610G02035

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

-As sesións maxistrais, aínda que poidan non ser consideradas con carácter obrigatorio por parte do profesor, son recomendábeis con vistas ao seguimento do programa teórico da materia.
-Igualmente é esencial para os alumnos facer uso da Plataforma Virtual UCV para o desenvolvemento da materia.
-Requírese saber redactar, sintetizar e presentar ordenadamente un traballo, sobre contidos teóricos e/ou prácticos.
-Recoméndase contar con coñecementos a nivel de usuario de ferramentas informáticas básicas (navegación, procesador de textos, preparación de presentacións, etc.).
-Recoméndase coñecemento de inglés cun nivel de comprensión de lectura medio.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías