Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Adaptacións funcionais da fauna ao medio Código 610G02037
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Gonzalez Gurriaran, Eduardo
Correo electrónico
eduardo.gonzalez.gurriaran@udc.es
Profesorado
Galan Regalado, Pedro Manuel
Gonzalez Gurriaran, Eduardo
Servia García, María José
Correo electrónico
pedro.galan@udc.es
eduardo.gonzalez.gurriaran@udc.es
maria.servia@udc.es
Web
Descrición xeral - Estudo dos factores que inciden na distribución da fauna nos diferentes medios.
- Caracterización de ambientes e comunidades no medio mariño, augas doces e medio terrestre.
- Adaptacións funcionais (térmicas, respiratorias, locomotoras, tróficas, reprodutivas, etc), anatómicas e comportamentais da fauna nos diferentes medios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A2 Identificar organismos.
A4 Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A6 Catalogar, avaliar e xestionar recursos naturais.
A10 Avaliar actividades metabólicas.
A11 Identificar e analizar material de orixe biolóxica e as súas anomalías.
A19 Analizar e interpretar o comportamento dous seres vivos.
A20 Muestrear, caracterizar e manexar poboacións e comunidades.
A22 Describir, analizar, avaliar e planificar o medio físico.
A23 Avaliar o impacto ambiental. Diagnosticar e solucionar problemas ambientais.
A24 Xestionar, conservar e restaurar poboacións e ecosistemas.
A26 Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados.
A27 Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.
B11 Debater en público.
B13 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Adquirir coñecementos básicos que permitan comprender o funcionamento dos animais no seu medio, susceptíbeis de aplicación en estudos do medio natural, biodiversidade e manexo de organismos en condicións experimentais. A1
A2
A4
A10
A11
A19
A20
A22
A24
A29
A30
A31
B1
B2
B3
B5
- Habilidades de aplicación en estudos ambientais. A2
A4
A6
A11
A19
A20
A22
A23
A24
B2
B3
B4
B5
- Capacidade de definir conceptos, síntese e relación dos mesmos, abstracción e manexo de información de diferente procedencia (bibliográfica, manexos virtuais, etc.), redactar, coordinar e executar proxectos. A19
A22
A26
A27
A29
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B13

Contidos
Temas Subtemas
MEDIO MARIÑO. Temas 1-8 Tema 1.- O medio mariño. Factores que inciden na distribución da fauna. Divisións bióticas do medio mariño. Fauna litoral, batial, abisal e hadal.

Tema 2.- O pélagos: plancton e necton. O plancton: xeneralidades; distribución espacial, temporal, vertical e migracións nictimerais (significación). O necton: concepto e composición.

Tema 3.- Adaptacións do plancton e necton á vida peláxica. Plancton: suspensión, flotabilidade e natación. Necton: flotabilidade, locomoción (propulsión e redución resistencia) e protección.

Tema 4.- Adaptacións respiratorias e circulatorias ao mergullo ou buceo prolongado: axustes circulatorios, cambios metabólicos, depósito de O2 e compensación da presión hidrostática.

Tema 5.- O bentos: sistema litoral e sistema profundo. Zonación. Factores que inciden na vida no intermareal. Adaptacións dos organismos intermareais: deshidratación, balance de calor, estres mecánico, respiración, alimentación, estres salino e reprodución.

Tema 6.- Fondos brandos: características. Adaptacións e clasificación da fauna: hábitat, mobilidade, tamaño e alimentación. Vida sobre superficies duras. Organismos sésiles: adaptacións, disposición e fluxo de auga. Suspensívoros sobre superficies duras. Herbívoros e carnívoros nos substratos duros.

Tema 7.- Adaptacións da infauna á vida no sedimento: escavadores e intersticiais. Mecanismos de alimentación. Soterramento e influencia da actividade animal na estrutura do sedimento.

Tema 8.- Da plataforma continental ás augas profundas. Estabilidade ambiental nas augas profundas. O ambiente físico: características xerais.
Adaptacións á escaseza de alimento, ausencia de luz - visión - bioluminiscencia, cor, presión, e modelos de alimentación, reprodución e crecemento. Bentos profundo.

AUGAS DOCES. Temas 9-16 Tema 9.- As augas doces. Tipoloxía das augas epicontinentais. Medios lóticos e lénticos: características xerais. As augas subterráneas e outros ambientes especiais.

Tema 10.-Factores que inciden na distribución da fauna: características químicas das augas continentais. Morfoloxía e dinámica fluvial. Os ecosistemas fluviais galegos. Tipos de comunidades de organismos nos medios acuáticos.

Tema 11.- O bentos (I) Os macroinvertebrados do bentos. Adaptacións reprodutivas e do ciclo de vida. As adaptacións alimentarias.

Tema 12.- O bentos (II). A regulación osmótica. A importancia da temperatura e o problema da conxelación. As adaptacións respiratorias. Adaptacións á vida nas augas correntes.

Tema 13.- A deriva. Composición da deriva. Variacións temporais e espaciais. Efectos da deriva. Mecanismos compensadores da deriva.

Tema 14.- O neuston. Características especiais da superficie da auga. Principais grupos do neuston. Adaptacións xerais.

Tema 15.- O necton. Composición. Modos de vida. Estratexias alimentarias. Adaptacións fisiolóxicas e comportamentais relacionadas coa migración e reprodución.
MEDIO TERRESTRE. Temas 17-23 Tema 16. Introdución xeral aos medios terrestres. Características dos medios terrestres, en relación aos acuáticos, como hábitat para os animais. Principais condicionantes do medio terrestre para a vida animal.

Tema 17. Orixe acuático da vida. Orixe e evolución dos animais terrestres: primeiros animais terrestres. Rutas principais para a colonización da terra. Evolución dos animais terrestres. Categorías de animais terrestres: concepto e características máis importantes da fauna intersticial, criptozoica, higrófila e xerófila.

Tema 18. Factores que afectan á vida animal no medio terrestre. Principais factores que afectan á vida animal no medio terrestre: factores topográficos, edáficos, climáticos, bióticos e impacto humano: influencia do home sobre os medios e os animais terrestres.

Tema 19. Adaptacións morfolóxicas á vida terrestre. Adaptacións locomotoras e mecánicas dos animais á vida terrestre. Tamano, forma e arquitectura corporal dos animais no medio terrestre.

Tema 20. Adaptacións fisiolóxicas á vida terrestre. Principais adaptacións fisiolóxicas dos animais para á vida terrestre. Respiración, peles e cutículas, aforro de auga na excreción.

Tema 21. Adaptacións reprodutoras ao medio terrestre. Condicionantes do medio terrestre para a reprodución dos animais. Adaptacións reprodutoras para a protección dos gametos. Regreso á auga para a reprodución. Uso se pingas de esperma e espermatóforos. Inseminación interna. Adaptacións reprodutoras para a protección das crías. Ovos cleidoicos. Oviparismo e viviparismo. Coidados parentais postnatais.

Tema 22. Adaptacións dos animais aos diferentes medios terrestres. Modelos de adaptación: poboacións insulares. Adaptacións aos medios herbáceos abertos. Adaptacións á estacionalidade. Adaptacións ao frío en medios árticos, antárticos e de alta montaña. Adaptacións á seca e á calor en medios áridos. Outras adaptacións a medios terrestres.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A6 A19 A20 A22 A29 B1 B3 B6 B8 24 76.8 100.8
Proba obxectiva A6 A10 A19 A22 A23 A24 A29 B1 B3 B4 B8 B9 3.1 0 3.1
Prácticas de laboratorio A1 A2 A4 A6 A11 A19 A20 A29 A30 A31 B1 B2 B3 B5 B6 B13 15 1.5 16.5
Seminario A6 A19 A20 A22 A23 A26 A27 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 8 18.64 26.64
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Leccións maxistrais presenciais (24) duns 50' de duración, sobre aspectos teóricos do programa. O material gráfico (presentacións en PowerPoint ou outro tipo de imaxes) estará a disposición dos alumnos na UCV. Nestas sesións, cun contido que supón unha elaboración orixinal, trátase de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Proba obxectiva Realización dun exame final ao remate do cuadrimestre. Proba centrada na materia impartida nas sesións maxistrais e aspectos debatidos nos seminarios.
Prácticas de laboratorio CARÁCTER OBRIGATORIO. Desenvolvemento das mesmas en 3 sesións, que requiren do manexo de organismos mariños, de augas doces e terrestres, entroncando os datos obtidos con aspectos biolóxicos e do medio natural correspondente.
AO REMATE de cada sesión de prácticas de laboratorio, farán ENTREGA dun RESUME DE DATOS obtidos no seu desenvolvemento e CONCLUSIÓNS das mesmas (nunha folla por posto de traballo, común para os alumnos do mesmo).
Seminario A desenvolver nas horas de teoría en grupos reducidos, nos que se poderá incidir sobre os aspectos máis relevantes tratados previamente nas sesións maxistrais, ou ben complementarios e de interese en relación coa materia.
Nestes seminarios levaranse a cabo debates conxuntamente, téndose en conta a participación dos diversos alumnos que conforman o grupo. Poderán traducirse en discusión e exames curtos no seminario, e que serán considerados como PARTE DA AVALIACIÓN INDIVIDUAL. O ALUMNO AUSENTE nun seminario terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa sesión.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
A atención personalizada non está restrinxida ao tratado nas sesións de seminario. Trátase de titorías, sempre que o alumno o requira, nas que se poderán consultar dúbidas e/ou debater sobre do tratado no programa teórico da materia e abordado nas sesións maxistrais, así como nos seminarios, ou ben nas sesións de prácticas de laboratorio.

No caso de que puidera haber alumnado matriculado asimilado como “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”, cabe contemplar que este contará coas titorías tradicionais como as de tódolos alumnos, e de xeito particular aquelas enfocadas a complementar a súa posíbel non participación nas actividades de seminario que tiveran lugar ao longo do curso académico.
Así mesmo, e no referente ás actividades prácticas que puideran non ter sido desenvoltas por estes alumnos -caso de contar coa dispensa oportuna-, contémplanse tamén titorías dirixidas a aportar información complementaria sobre das prácticas desenvoltas de xeito xeral polo alumnado, facilitando así a avaliación deste sector de alumnado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A6 A19 A20 A22 A23 A26 A27 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 Debates en forma de discusión + exames curtos desenvoltos por cada grupo reducido de alumnos, e que serán considerados como PARTE DA AVALIACIÓN INDIVIDUAL en función da participación/aportación de cada alumno no debate, e da cualificación obtida no exame curto desenvolto na fase final da sesión do seminario.
O ALUMNO AUSENTE nestes debates/exames curtos terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa xornada.
15
Proba obxectiva A6 A10 A19 A22 A23 A24 A29 B1 B3 B4 B8 B9 Haberá un exame final da materia ao remate do cuadrimestre. A proba, con preguntas curtas, estará centrada na materia abordada nas sesións maxistrais e aqueles aspectos que pola súa relevancia foron debatidos e desenvoltos no contexto dos seminarios.
Computará como o 70% da nota final (máximo 7 puntos sobre 10, se ben É PRECISO OBTER UN MÍNIMO de 4.5 puntos sobre 10 para aprobar a materia).
70
Prácticas de laboratorio A1 A2 A4 A6 A11 A19 A20 A29 A30 A31 B1 B2 B3 B5 B6 B13 Destacar o seu CARÁCTER OBRIGATORIO. Serán avaliadas en base ao traballo realizado no laboratorio ao longo das mesmas e aos datos aportados por cada grupo de alumnos/posto de prácticas en cada sesión de laboratorio, dado que ao remate da sesión deberán facer ENTREGA dun RESUME DE DATOS e CONCLUSIÓNS obtidos no desenvolvemento das mesmas.
Prácticas realizadas en cursos previos no caso de alumnos repetidores, gárdase a cualificación por 3 anos.
15
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa
teórico, as actividades prácticas de laboratorio e os debates desenvoltos nas
sesións de seminario. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e
capacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas.

-Na primeira oportunidade de
avaliación
terán carácter de NON PRESENTADO aqueles alumnos que non
concorran á proba obxectiva, tendo ou non realizado previamente as prácticas de laboratorio, e/ou participaran ou non nos debates desenvoltos
nos seminarios.

-Terán carácter de SUSPENSO
aqueles alumnos que téndose presentado á proba obxectiva, non
acadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado Avaliación,
tendo ou non realizado previamente as prácticas de laboratorio, e/ou participaran
ou non nos debates desenvoltos nos seminarios.

-Os alumnos que concorrendo a
unha segunda oportunidade de avaliación non tiveran realizado as prácticas de laboratorio, terán que facer fronte a un exame
complementarios con preguntas relativas ás mesmas como parte da proba
obxectiva, debendo obter nestas preguntas unha cualificación mínima de
5.0

Terán carácter de NON PRESENTADO
aqueles alumnos que non concorran á proba obxectiva, tendo ou non
realizado previamente as prácticas de laboratorio e participaran ou non nos
debates desenvoltos nos seminarios.

Serán cualificados con SUSPENSO aquelas alumnos que téndose presentado á proba obxectiva, non acadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado Avaliación.



No caso de que existira “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia
”, e que puideran non ter realizado as
prácticas de laboratorio, estes alumnos deberán realizar de xeito específico un
exame de prácticas. Para isto será imprescindíbel a información que puideran ter
obtido en titorías específicas, que incluirá documentación elaborada polo
alumnado como parte das sesións de prácticas previamente realizadas.



A superación da proba obxectiva da materia, que representa o
70% da cualificación final, deberá ser complementada coa obtención de, cando
menos, unha cualificación de 5.0 no exame de prácticas mencionado. Estes alumnos, tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación, deberán realizar o exame de prácticas
mencionado, e este terá un peso que representará o 30% da cualificación final.



MEDIO MARIÑO

-Castro, P. & M.E. Huber, 2007. Biología Marina (6ª ed.). Madrid: McGraw-Hill/Interamericana, 486pp.

-Hill, R.W., G.A. Wyse & M. Anderson, 2006. Fisiología Animal. Ed. Panamericana.

-Morrissey, J. & J.L. Sumich 2009. Introduction to the Biology of Marine Life (9th ed.). Sudbury: Jones & Bartlett Publishers, 454pp.

-Nybakken, J.W. & M.D. Bertness, 2005. Marine Biology. An Ecological Approach (6th ed). New York: Pearson- Benjamin Cummings Publishers, 579pp.

-Levinton, J.S., 2013. Marine Biology. Function, Biodiversity, Ecology (International 4ª ed.). New York: Oxford University Press, 516pp.+glosario e índice.

-Randall, D., W. Burggren & K. French, 2002. Eckert Animal Physiology. Mechanisms and Adaptations. (5ª ed.). W.H. Freeman and Company.

AUGAS DOCES

-González, M.A. & F. Cobo, 2006. Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia. Hércules de Ediciones.

-Margalef, R., 1983. Limnología. Omega.

-Petts, G. & P. Calow (eds.), 1996. River biota. Diversity and dynamics. Blackwell Science.

-Tachet, H., P. Ricoux, M. Bournaud & P. Usseglio-Polatera, 2002. Invertébrés d’eau douce. Systématique, biologie, écologie. CNRS Editions.

MEDIO TERRESTRE

-Pough, F. H., C.M. Janis. & J.B. Heiser 2009. Vertebrate Life (8th ed.). London: Prentice Hall.

-Rose, E. 2006. Animal Adaptations for Survival. New York: The Rosen Publishing Group.

-Wilmer, P., G. Stone & I. Johnston 2009. Environmental Physiology of Animals (2nd ed.). John Wiley & Sons.



Bibliografía complementaria

MEDIO MARIÑO

-Berta, A., J.L. Sumich & K.M. Kovacs 2006. Marine Mammals: Evolutionary Biology (2nd ed). Burlington: Academic Press, 547pp.    

-Eddy, F.B. & R.D. Handy 2012. Ecological and Environmental Physiology of Fishes. Oxford: Oxford University Press, 253pp.

-Herring, P. 2002. The Biology of the Deep Ocean. Oxford: Oxford University Press, 314pp.

-Jamieson, A. 2015. The Hadal Zone. Life in the Deepest Oceans. Cambridge: Cambridge University Press, 372pp.

-Little, C., G.A. Williams & C.D. Trowbridge, 2010. The Biology of Rocky Shores (2nd ed.). Oxford University Press, 356pp.

-Ponganis, P.J. 2015. Diving Physiology of Marine Mammals and Seabirds. Cambridge: Cambridge University Press, 333pp.

-Williams, T.M. & G.A.J. Worthy 2002. Anatomy and Physiology: the Challenge of Aquatic Living. In, Marine Mammal Biology. An Evolutionary Approach.  Hoelzel, A.R. (ed.) pp. 73-97. Oxford: Blackwell Science, 432pp.

AUGAS DOCES

-Gibert, J., D.L. Danielopol & J.A. Stanford (eds.) 1994. Groundwater ecology. Academic Press.

-Guthrie, M. 1989. Animals of the surface film. Richmond Publishing.

-Lancaster, J. & R.A. Briers 2008. Aquatic insects. Challenges to populations. CAB International.

-Thorp, J.H. & A. Covich (eds.) 2001. Ecology and classification of North American freshwater invertebrates. Academic Press.

MEDIO TERRESTRE

-Biewener, A.A. 2003. Animal Locomotion. Oxford Animal Biology Series. Oxford: Oxford University Press.

-Chapin, III, F.S., P.A. Matson & H.A. Mooney 2012. Principles of Terrestrial Ecosystem Ecology (2nd ed.). Birkhäuser.

-Daly, H.V., J.T. Doyen & A. H. Purcell 1998. Introduction to Insect Biology and Diversity. Oxford University Press USA.

-Pechenik, J.A. 2010. Biology of the Invertebrates. McGraw Hill.

-Linzey, D.W. 2011. Vertebrate Biology (2nd ed.). Johns Hopkins University Press.

-Shugart, H. H. 1998. Terrestrial Ecosystems in Changing Environments. Cambridge University Press.

-Vaughan, T.A., J.M. Ryan & N.J. Czaplewski, 2011. Mammalogy. (5th ed.). Sudbury: Jones and Bartlett Publishers.

-Vitt, L.J. & J.P. Caldwell, 2009. Herpetology (3rd. ed.). San Diego, CA: Elsevier. Academic Press.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Zooloxía I/610G02031
Zooloxía II/610G02032
Fisioloxía Animal I/610G02035
Fisioloxía Animal II/610G02036
Ecoloxía I: Individuos e ecosistemas/610G02039
Ecoloxía II: Poboacions e comunidades/610G02040

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

-As sesións maxistrais son especialmente recomendábeis con vistas ao seguimento do programa teórico da materia. Particularmente, dado que non se segue ningún texto concreto, recoméndase o seguimento das sesións maxistrais como o xeito máis idóneo para abordar a materia.

-Igualmente esencial para os alumnos facer uso da Plataforma Virtual da UCV para o desenvolvemento da materia.

-Recoméndase contar con coñecementos a nivel de usuario de ferramentas informáticas básicas (navegación, procesador de textos, preparación de presentacións, etc).

-Recoméndase coñecemento de inglés cun nivel de comprensión de lectura medio.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías