Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Ecoloxía I: Individuos e ecosistemas Código 610G02039
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Ruiz De la Rosa, Jose Miguel
Correo electrónico
jose.miguel.ruiz.delarosa@udc.es
Profesorado
Martínez Abraín, Alejandro
Ruiz De la Rosa, Jose Miguel
Correo electrónico
a.abrain@udc.es
jose.miguel.ruiz.delarosa@udc.es
Web
Descrición xeral Patróns de distribución: o individuo e o medio. O ecosistema.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A17 Realizar bioensaios e diagnósticos biolóxicos.
A20 Muestrear, caracterizar e manexar poboacións e comunidades.
A21 Deseñar modelos de procesos biolóxicos.
A24 Xestionar, conservar e restaurar poboacións e ecosistemas.
A26 Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B8 Sintetizar a información.
B12 Adaptarse a novas situacións.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Describir conceptos ecolóxicos a nivel de individuo, poboación, comunidade e ecosistema. A1
A24
Discutir conceptos ecolóxicos valorando criticamente as evidencias que os apoian. B8
Enfrontarse con certo éxito á literatura especializada. A30
Usar algunhas técnicas básicas da ampla metodoloxía ecolóxica. A17
A20
A21
A26
A30
B4
B6
B7
B12

Contidos
Temas Subtemas
Sección 1. Ecoloxía e evolución Tema 1. Ecoloxía e evolución
Sección 2. O individuo e o ambiente Tema 2. Xeneralidades
Tema 3. Respostas frente a temperatura, agua y luz
Tema 4. Otras respostas
Sección 3. O ecosistema Tema 5. O ecosistema e o seu funcionamento
Tema 6. A produción
Tema 7. O fluxo de enerxía
Tema 8. Os ciclos de materia
Tema 9. Descomposición y rexeneración de nutrientes
Tema 10. Ciclos globais e hipótesis Gaia

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 24 62.4 86.4
Prácticas de laboratorio A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 15 15 30
Seminario A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 8 20.8 28.8
Proba obxectiva A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 3 0 3
 
Atención personalizada 1.8 0 1.8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral para transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A maior parte do apoio gráfico destas sesións estará dispoñible no campus virtual (Moodle).
Prácticas de laboratorio Para que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico no campo e/ou laboratorio.
Seminario Presentación e estudo de modelos numéricos para unha mellor comprensión e resolución de problemas ecolóxicos. A maioría destes modelos traballaranse con PCs da Facultade se os alumnos non dispoñen de portátiles.
Proba obxectiva Exame escrito de toda a materia: teoría, prácticas e seminarios.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Seminario
Descrición
Preparación, explicación e revisión de exames

Resolución de dúbidas que poidan xurdir segundo se explica a materia

Orientación e tutela para un aproveitamento óptimo das prácticas

Orientación e tutela para un aproveitamento óptimo das seminarios

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 Examen escrito de toda la materia: teoría, prácticas y seminarios (ver observaciones). 100
 
Observacións avaliación

Un único exame (de data marcada pola Xunta de Facultade) incluirá preguntas sobre as tres partes da materia: teoría, seminarios (S) e prácticas (P). O seu valor para a cualificación final será proporcional á súa contribución á planificación horaria: 60%, 20% e 20% (respectivamente). Para superar a materia é necesario superar simultáneamente todas e cada unha das tres partes; unha parte suspensa poderá ser compensada con outras se a súa cualificación é maior que 4/10.

A asistencia a S e P non é obrigatoria, pero quedará rexistrada.
Os alumnos poden, de forma voluntaria, entregar con data límite no momento do exame unha libreta ou memoria en papel sobre o traballo desenvolvido en S e/ou P; o texto principal será manuscrito e o conxunto doadamente lexible. As devanditas memorias elaboraranse segundo guías dispoñibles no campus virtual (Moodle), e a súa cualificación (susceptible de exame oral individual) poderá contribuír a paliar posibles deficiencias na parte correspondente do exame.

De acordo coa normativa vixente, en xeral as libretas S e P non se poderán recuperar ata o final do curso seguinte, polo que é recomendable quedar cunha copia do que se entrega. Non obstante, os alumnos que concorran á oportunidade de xullo poderán recuperar a libreta que tivesen podido presentar anteriormente para aproveitala, mellorala e volver entregala; de ser o caso indicaranse claramente os cambios introducidos na nova versión.
Estas libretas pódense preparar por parellas ou grupos, pero non deben copiarse: son individuais (igual que os respectivos exames) e, polo tanto, deben recoller o traballo e o xeito de interpretalo de cada estudante.
As libretas entregadas en 1ª poden subir nota e, polo tanto poden facer compensable unha parte S ou P.
As entregadas en 2ª oportunidade só poden facer compensable e/ou aprobar unha parte S ou P.
A cualificación das libretas entregadas en 1ª oportunidade consérvase só para a 2ª.

Os cadernos serán independentes para cada unha das 3 partes/profesores: S1-4, S5-8 e P. Consistirán de follas A4 (brancas, cuadriculadas ou similares) dentro dunha tapa transparente, sen clips ni grapas. O nome, o tipo de caderno (S1-4, S5-8, P) e un breve índice do seu contido aparecerán claramente na portada. 

As dúas libretas (S e P) serán necesarias para obter unha cualificación de Matrícula de Honra.


Fontes de información
Bibliografía básica Alstad DN (2001). Basic Populus models of ecology. New Jersey: Prentice-Hall
Smith TM & Smith RL (2007). Ecología. Madrid: Pearson
Rodríguez J (2010). Ecología. Pirámide
Piñol J & Martínez-Vilalta J (2006). Ecología con números. Barcelona: Lynx
Begon M, Harper JL & Townsend CR (1999). Ecología: individuos, poblaciones y comunidades. Barcelona: Omega
Ricklefs RE (1998). Invitación a la ecología: la economía de la naturaleza. Madrid: Panamericana
Alstad DN (). www.cbs.umn.edu/populus.
Piñol J & Martínez-Vilalta J (). www.ecologiaconnumeros.uab.es.

Unha das referencias básicas para os seminarios é a de Piñol & Martínez-Vilalta (EC-650). Os modelos contidos no CD que inclúe o libro están tamén dispoñibles na súa web. Do enlace de Alstad pódese descargar libremente o programa "Populus", con modelos de bioloxía xeral e para algúns seminarios en particular. Inclúe un PopulusHelp.PDF (parcialmente en castelán) que foi editado como libro en 2001 (EC-505). Pode haber edicións mais recentes das demais referencias básicas.

Bibliografía complementaria Gotelli NJ (1995). A primer of ecology. Sinauer
Margalef R (1974). Ecología. Barcelona: Omega
Molles M (2006). Ecología: Conceptos y Aplicaciones. McGraw Hill
Krebs CJ (1986). Ecología: el análisis experimental de la distribución y la abundancia. Pirámide
Odum EP, Barret GW (2006). Fundamentos de ecología. Mexico: Thomson

Pode haber edicións mais recentes destas referencias complementarias.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química/610G02001
Matemáticas/610G02003
Estatística/610G02005
Xeografía física/610G02006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Fisioloxía vexetal aplicada/610G02029
Fisioloxía Animal I/610G02035

Materias que continúan o temario
Ecoloxía II: Poboacions e comunidades/610G02040
Ecoloxía humana/610G02041
Ecotoxicoloxía/610G02042
Análise de datos en Bioloxía/610G02044

Observacións
Prímase a comprensión sobre a memorización.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías