Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Ecoloxía I: Individuos e ecosistemas Código 610G02039
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Rodríguez Roiloa, Sergio
Correo electrónico
sergio.roiloa@udc.es
Profesorado
Rodríguez Roiloa, Sergio
Ruiz De la Rosa, Jose Miguel
Correo electrónico
sergio.roiloa@udc.es
jose.miguel.ruiz.delarosa@udc.es
Web
Descrición xeral Patróns de distribución: o individuo e o medio. O ecosistema.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A17 Realizar bioensaios e diagnósticos biolóxicos.
A20 Muestrear, caracterizar e manexar poboacións e comunidades.
A21 Deseñar modelos de procesos biolóxicos.
A24 Xestionar, conservar e restaurar poboacións e ecosistemas.
A26 Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B8 Sintetizar a información.
B12 Adaptarse a novas situacións.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Describir conceptos ecolóxicos a nivel de individuo, poboación, comunidade e ecosistema. A1
A24
Discutir conceptos ecolóxicos valorando criticamente as evidencias que os apoian. B8
Enfrontarse con certo éxito á literatura especializada. A30
Usar algunhas técnicas básicas da ampla metodoloxía ecolóxica. A17
A20
A21
A26
A30
B4
B6
B7
B12

Contidos
Temas Subtemas
Sección 1. Ecoloxía e evolución Unidade 1: introdución á ecoloxía
Unidade 2: Selección natural
Sección 2. O individuo e o ambiente Unidade 3: O ambiente: medio terrestre e acuático
Unidade 4: Adaptacións das plantas ó medio
Unidade 5: Adaptacións dos animais ó medio
Sección 3. O ecosistema Unidade 6: O ecosistema e o seu funcionamento
Unidade 7: A producción
Unidade 8: O fluxo de enerxía
Unidade 9: Descomposición e ciclo de nutrientes
Unidade 10: Ciclos globais

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 28 56 84
Seminario A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 8 8 16
Prácticas de laboratorio A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 15 15 30
Proba obxectiva A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 1 0 1
Portafolios do alumno A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 0 14 14
Proba obxectiva A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 3 0 3
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral para transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A maior parte do apoio gráfico destas sesións estará dispoñible no Campus virtual.
Seminario Presentación e estudo de modelos numéricos para unha mellor comprensión e resolución de problemas ecolóxicos. A maioría destes modelos traballaranse con PCs da Facultade se os alumnos non dispoñen de portátiles.
Prácticas de laboratorio Para que os estudantes aprendan a través da realización de actividades de carácter práctico no campo e/ou laboratorio.
Proba obxectiva Exame parcial da materia desenvolvido ao longo do curso.
Portafolios do alumno Informes das actividades desenvolvidas en Seminarios e Prácticas
Proba obxectiva Exame final da materia: Teoría, Seminarios e Prácticas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Seminario
Portafolios do alumno
Descrición
Resolución de dúbidas que poidan xurdir segundo se explica a materia.

Orientación e tutela para un aproveitamento óptimo das seminarios.

Orientación e tutela para un aproveitamento óptimo das prácticas.

Axuda na preparación dos informes.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 Exame final da materia: Teoría, Seminarios e Prácticas (ver observacións)
50
Proba obxectiva A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 Exame parcial da materia realizado ao longo do curso (ver observacións) 30
Portafolios do alumno A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 Informes das actividades desenvolvidas en Seminarios e Prácticas (ver observacións) 20
 
Observacións avaliación

A cualificación final será consecuencia dos resultados globais obtidos en todas as actividades de avaliación, que incluirán as tres partes da materia Teoría, Seminarios e Prácticas cunha contribución á cualificación final de: 60% Teoría, 20% Seminarios e 20% Prácticas. Todos os estudantes terán dúas oportunidades para aprobar o curso:

 

No caso da primeira oportunidade o alumno poderá optar por unha das seguintes modalidades de avaliación:

 

1. Avaliación continua: incluíndo entregables, exame parcial e exame final (con data marcada por Xunta de Facultade), coa seguinte ponderación:

60% Teoría (30% exame parcial + 30% exame final)

20% Seminarios (10% entregable + 10% exame final)

20% Prácticas (10% entregable + 10% exame final)

Aqueles estudantes que entreguen e/ou se presenten a algunha das actividades da avaliación continua serán considerados como presentados, recibindo a cualificación correspondente ós traballos entregados e/ou probas realizadas segundo a súa ponderación, e unha cualificación de cero naqueles traballos e/ou probas nos que non se presentase. 

 

Avaliación única: incluíndo un exame final (con data marcada por Xunta de Facultade), coa seguinte ponderación:

60% Teoría 

20% Seminarios 

20% Prácticas 

Aqueles estudantes que queiran ser avaliados na primeira oportunidade mediante esta modalidade de avaliación única non poderán ter entregado nin presentarse a ningunha das probas da avaliación continua.

 

No caso da segunda oportunidade, independentemente do sistema de avaliación escollido durante a primeira oportunidade, realizarase un único exame final (en data marcada pola Xunta de Facultade) que incluirá preguntas sobre as tres partes da materia coa seguinte ponderación: 

60% Teoría

20% Seminarios

20% Prácticas

 

Tanto en primeira como en segunda oportunidade para superar a disciplina é necesario superar simultaneamente todas e cada unha das tres partes (Teoría, Seminarios e Prácticas); unha parte suspensa poderá ser compensada con outras se a súa cualificación é polo menos de 4/10. A nota media para aprobar a disciplina debe ser un 5.0. 

A asistencia a seminarios e prácticas non é obrigatoria, pero quedará rexistrada. A asistencia a seminarios e prácticas non obriga a avaliación continua, e o alumno poderá optar por calquera das modalidades de avaliación.

A obtención de Matrícula de Honra requirirá, como mínimo, unha nota final de 9.0 ou superior, e a realización de todas as tarefas propostas para a avaliación continua. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda.

Para os estudantes que se poidan acoller á convocatoria adiantada de decembro a avaliación consistirá nunha única proba global con valor do 100%, similar ao descrito para a segunda oportunidade.

Os estudantes con dispensa académica oficialmente recoñecida, poderán realizar as actividades propostas ou equivalentes telematicamente e apoiados mediante titorías (presenciais ou telemáticas).



Fontes de información
Bibliografía básica Alstad DN (2001). Basic Populus models of ecology. New Jersey: Prentice-Hall
Smith TM & Smith RL (2007). Ecología. Madrid: Pearson
Rodríguez J (2010). Ecología. Pirámide
Piñol J & Martínez-Vilalta J (2006). Ecología con números. Barcelona: Lynx
Begon M, Harper JL & Townsend CR (1999). Ecología: individuos, poblaciones y comunidades. Barcelona: Omega
Piñol J & Martínez-Vilalta J (). https://ddd.uab.cat/record/225887.
Ricklefs RE (1998). Invitación a la ecología: la economía de la naturaleza. Madrid: Panamericana
Alstad DN (). www.cbs.umn.edu/populus.

Unha das referencias básicas para os seminarios é a de Piñol & Martínez-Vilalta (EC-650). Os modelos que inclúe o libro están dispoñibles na web (https://ddd.uab.cat/record/225887/. Do enlace de Alstad pódese descargar libremente o programa "Populus", con modelos de bioloxía xeral e para algúns seminarios en particular. Inclúe PopulusHelp.pdf (parcialmente en castelán) que foi editado como libro en 2001 (EC-505). Pode haber edicións mais recentes das demais referencias básicas. 

Bibliografía complementaria Gotelli NJ (1995). A primer of ecology. Sinauer
Margalef R (1974). Ecología. Barcelona: Omega
Molles M (2006). Ecología: Conceptos y Aplicaciones. McGraw Hill
Krebs CJ (1986). Ecología: el análisis experimental de la distribución y la abundancia. Pirámide
Odum EP, Barret GW (2006). Fundamentos de ecología. Mexico: Thomson

Pode haber edicións mais recentes destas referencias complementarias.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química/610G02001
Matemáticas/610G02003
Estatística/610G02005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Fisioloxía vexetal aplicada/610G02029
Fisioloxía Animal I/610G02035

Materias que continúan o temario
Ecoloxía II: Poboacions e comunidades/610G02040
Ecoloxía humana/610G02041
Ecotoxicoloxía/610G02042
Análise de datos en Bioloxía/610G02044

Observacións
Prímase a comprensión sobre a memorización.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías