Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Paleobioloxía Código 610G02043
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Bao Casal, Roberto
Correo electrónico
roberto.bao@udc.es
Profesorado
Bao Casal, Roberto
Blanco Calvo, Luis Alejandro
Grandal D`Anglade, Aurora
Correo electrónico
roberto.bao@udc.es
alejandro.blancoc@udc.es
aurora.grandal@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral Esta asignatura estuda os procesos biolóxicos que operan a escala xeolóxica de tempo. Despois dunha introducción ás características principais do rexistro fósil e a súa representatividade, estúdanse aspectos relativos a análise da forma orgánica, o papel do rexistro fósil no desenvolvemento da Teoría Evolutiva moderna e a análise de procesos paleoecolóxicos e paleobioxeográficos dende una perspectiva evolutiva. No último bloque da materia preténdese obter unha visión da evolución da diversidade da vida ó longo do tempo xeolóxico no contexto dun planeta cambiante, e relacionar os coñecementos xa adquiridos, cara a interpretación da Terra como Sistema.

O enfoque da asignatura é eminentemente conceptual, deixando os aspectos mais puramente descriptivos (Paleontoloxía Sistemática) para as prácticas de laboratorio.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Non se modificarán os contidos, pero a descrición dos principais grupos fósiles que conforman as prácticas de laboratorio axustaranse ás limitacións impostas polo ensino online.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

Sesión maxistral
Obradoiro
Prácticas de laboratorio
Proba obxectiva

*Metodoloxías docentes que se modifican

Todas as metodoloxías adaptaranse a un estilo presencial modelo non presencial. Isto significa que as sesións maxistrais, obradoiros e prácticas de laboratorio adaptaranse a unha impartición online. Os cuestionarios, que constitúen o fundamento da avaliación continua, realizaranse tamén online, agás que os profesores non poidan garantir a vixiancia da copia nas probas (ver abaixo). Neste caso, cancelarase a avaliación continua e a cualificación dependerá do resultado dos exames finais de xaneiro e/ou xullo.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

Proporcionarase atención personalizada online, preferentemente a través de Microsoft Teams. Tamén se utilizarán Moodle e correo electrónico.

4. Modificacións na avaliación

Optarase pola realización de cuestionarios online, salvo que non se poida garantir a vixiancia da copia nas probas. Neste caso, cancelarase a avaliación continua e a cualificación dependerá do resultado dos exames finais de xaneiro e/ou xullo. Outorgarase máis peso aos contidos das sesións maxistrais na cualificación final tal e como segue:

Sesión maxistral: 75%
Obradoiros: 15%
Prácticas de laboratorio: 10%

*Observacións de avaliación:

Ningunha

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Ningunha

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A2 Identificar organismos.
A3 Recoñecer, obter, analizar e interpretar evidencias paleontológicas.
A4 Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Asumir o concepto de tempo xeolóxico A3
A29
B1
Comprender o fenómeno da fosilización e a representatividade no rexistro fósil das biosferas primitivas A2
B1
Entender cómo os procesos biolóxicos que funcionan a escala xeolóxica de tempo, como a evolución ou as extincións en masa, non poden explicarse por meras proxeccións dos fenómenos que acontecen a escalas de tempo menor A2
B1
B2
Afondar no coñecemento da teoría evolutiva desde unha perspectiva mutidisciplinar A3
B1
B2
Coñecer de xeito práctico os principais grupos taxonómicos que conforman o rexistro fósil e a súa utilidade A1
A2
A3
A4
B1
B2
Identificar os principais bioeventos na historia da Terra e as súas causas e consecuencias A2
A3
B1
B2
Sintetizar os coñecementos que compoñen disciplinas aparentemente dispares, como Xeoloxía, Ecoloxía, Microbioloxía, Bioquímica, Botánica ou Zooloxía, no marco conceptual que ofrece unha Terra sometida a contínuo cambio A2
A3
A29
B1
B2

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE-1. HISTORIA E CONCEPTO DE PALEOBIOLOXÍA
Tema 1. Introducción á Paleobioloxía 1.1 Introdución
1.2 Rasgos teóricos e rasgos metodolóxicos
1.3 Divisións internas da Paleobioloxía
BLOQUE-2. TAFONOMÍA
Tema 2. Concepto de Fósil. Tafonomía 2.1 Introdución
2.2 Concepto de fósil e tipos
2.3 Procesos bioestratinómicos
2.4 Procesos fosildiaxenéticos
2.5 Icnofósiles
2.6 Promediación temporal
2.7 Fossil-lagerstätten
2.8 Representatividade do rexistro fósil
BLOQUE-3. ANÁLISE MORFOLÓXICA
Tema 3. Tamaño e Forma en Fósiles 9.1 Introdución
9.2 Análise da variabilidade morfométrica
9.3 Tipos de crecemento
9.4 Variabilidade poboacional
9.5 Variabilidade ecofenotípica
9.6 Dimorfismo sexual
9.7 Variabilidade tafonómica
Tema 4. Ontoxenia e Heterocronía 10.1 Introdución
10.2 Lei Bioxenética e Lei de von Baer
10.3 Heterocronía e os seus tipos
10.4 Heterocronía e alometría
10.5 Heterocronoclinas
10.6 Heterocronía disociada
10.7 Implicacións evolutivas das heterocronías
Tema 5. Morfodinámica y Evolución Morfológica 11.1 Introdución
11.2 Morfoloxía construcional. Factor filoxenético. Factor funcional. Factor fabricacional. Outros factores
11.3 Métodos de investigación en morfodinámica. Análise Biomecánica. Morfoloxía teórica
BLOQUE-4. PALEOBIOLOXÍA EVOLUTIVA
Tema 6. Clasificación e Filoxenia 12.1 Introdución
12.2 Métodos de clasificación. Esencialismo, clasificacións evolutiva, fenética e cladística
12. 3 Fósiles e filoxenia. Estratocladística. Arbres filoxenéticas
Tema 7. Especiación 13.1 Introdución
13.2 Os conceptos de especie
13.3 Modelos de especiación
13.4 O problema do concepto de especie en Paleontoloxía
Tema 8. Modelos Evolutivos 14.1 Introdución
14.2 Darwinismo e Teoría Sintética da Evolución
14.3 Modelos de evolución e rexistro fósil. Gradualismo filético e equilibrios interrumpidos
14.4 Taxas de evolución
14.5 Tendencias evolutivas
14.6 Selección de especies
14.7 Estase coordinada
Tema 9. Paleobioxeografía 16.1 Introdución
16.2 Bioxeografía da dispersión
16.3 Paleoxeografía e paleoclimatoloxía
16.4 Bioxeografía vicariante
16.5 Patróns bioxeográficos i extincións
Tema 10. Paleoecoloxía evolutiva 17.1 Introdución
17.2 Cambios globais de diversidade no Fanerozoico. Hipóteses explicativas
17.3 Lei de extinción constante. Hipótese da Raíña Vermella e hipóteses alternativas
17.4 Interaccións a nivel de clado
BLOQUE-5. BIOESTRATIGRAFÍA
Tema 11. O Tempo en Xeoloxía 4.1 Métodos de datación
4.2 A escala xeocronolóxica
BLOQUE 6. HISTORIA DA VIDA
Tema 12. Orixe e evolución temprana da Terra e da Vida 5.1 Orixe do Sistema Solar e do Planeta Terra.
5.2 Orixe e evolución da atmósfera.
5.3 Orixe da Hidrosfera.
5.4 Orixe e evolución dos continentes.
5.5 Vestixios das primeiras formas de vida.
Tema 13. A diversificación da vida 6.1 As faunas de Ediacara e outras formas de vida.
6.2 A explosión cámbrica.
6.3 Evolución das formas de vida no Paleozoico.
6.4 Terrestrialización
Tema 14. Eventos de extinción en masa 7.1 Os eventos de extincións en masa. Causas e consecuencias.
7.2 A extinción finipérmica.
7.3 A extinción finicretácica.
Tema 15. O clima e a Vida 8.1 Evolución climática do planeta Terra
8.2 Os episodios de glaciación global. Métodos de estudio.
8.3 A hipótese Snowball Earth
8.3 As fluctuaciones climáticas do Cuaternario e a súa influencia nos seres vivos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A29 B1 B2 22 66 88
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 8 12 20
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 12 18 30
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 2 8 10
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As clases maxistrais abordarán os principos e problemas da paleontoloxía, así como o estudo da historia da vida na Terra. Os alumnos elaborarán os seus propios apuntamentos das clases. Haberá tamén lecturas obrigatorias de temas específicos desenvolvidos durante as clases
Obradoiro Os obradoiros pretenden introducir aos alumnos nas técnicas e metodoloxías usadas actualmente no estudo dos fósiles. Para este labor usaranse modelos virtuais de fósiles e software específico. Os alumnos tomarán os seus propios apuntamentos e resolverán cuestionarios. A asistencia aos talleres é obrigatoria para superar a materia.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio supoñen unha ampliación no coñecemento dos rasgos morfolóxicos esenciais dos principais grupos de fósiles, así como da identificación dos taxóns máis representativos da Península Ibérica. Os alumnos tomarán os seus propios apuntamentos e resolverán cuestionarios. A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria para aprobar a materia.
Proba obxectiva A calificación da asignatura ten por base un sistema de avaliación continuada e, polo tanto, NON É PRECISA a realización do exame final para aqueles alumnos que rematen con éxito a devandita avaliación continuada. Os alumnos que suspendan algunha das partes ou a totalidade da asignatura sí terán que presentarse ao exame final de aquelas partes que suspenderan

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Proba obxectiva
Descrición
Espérase dos alumnos que asistan ás titorías persoalizadas para aqueles aspectos da materia que requiran dun maior esforzo, como a resolución de cuestionarios, os exames, ou as observacións realizadas durante os obradoiros e prácticas de laboratorio.

Os estudantes a tempo parcial que non poidan asistir aos obradoiros e/ou prácticas de laboratorio poderán quedar exentos destas actividades obrigatorias dentro do horario establecido. Porén, terán que resolver as tarefas nun horario adaptado ás súas obrigas como traballadores.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 A avaliación continua comprenderá a resolución de cuestionarios de resposta múltiple, verdadeiro/falso, recheo de espazos en branco ou preguntas curtas ou de ensaio. Estes cuestionarios supoñen un 15% da nota final 15
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 A avaliación continua comprenderá a resolución de cuestionarios de resposta múltiple, verdadeiro/falso, recheo de espazos en branco ou preguntas curtas ou de ensaio sobre os principais grupos de fósiles ou a súa identificación 25
Sesión maxistral A3 A29 B1 B2 A avaliación continua comprenderá a resolución de cuestionarios e a participación en clase. Os cuestionarios serán de resposta múltiple, verdadeiro/falso, recheo de espazos en branco ou preguntas curtas ou de ensaio sobre os temas tratados durante as clases. A cualificación dos cuestionarios supón un 60% da nota final 60
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 Tal e como se indica no Paso 5, a cualificación toma como base un sistema de avaliación continuada e, por tanto, NON É NECESARIA a presentación ao exame final para aqueles estudantes que superaron a avaliación continuada. Para o resto de estudantes realizarase un exame final das partes específicas que teñan suspendidas (i. e., clases maxistrais 70%, obradoiro 10% ou prácticas de laboratorio 25%) 0
 
Observacións avaliación

Os estudantes deberán obter un mínimo de 5.0 sobre 10 para superar esta asignatura. A compensación de nota entre todas as actividades que compoñen a cualificación global (sesións maxistrais, obradoiros e prácticas) farase só a partir dunha nota mínima de 4.0 en cada unha das partes.

As cualificacións das tres partes (sesións maxistrais, obradoiros e prácticas) consérvanse para as dúas oportunidades (Xaneiro e Xullo). No que respecta  a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluida a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto voltaría a comenzar cun novo curso, incluidas todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para dito curso.

No caso de circunstancias excepcionais debidamente
xustificadas, como a de estudantes a tempo parcial ou con necesidades
educativas especiais, poderán tomarse medidas específicas de avaliación.

Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter
participado en máis dun 20% das actividades avaliables programada.


Fontes de información
Bibliografía básica PROTHERO, D. R. (2013). Bringing Fossils to Life. An Introduction to Paleobiology. Columbia University Press, New York
BENTON, M.J. (2019). Cowen’s History of Life. Wiley
STANLEY, S. M. (2009). Earth System History. Freeman and Company, New York
MARTIN, R. (2012). Earth's Evolving Systems: The History of Planet Earth. Jones & Bartlett Learning, Sudbury
FREEMAN, S. & HERRON, J.C. (2013). Evolutionary Analysis. Preason Prentice Hall
U. of California Paleontology Museum (). Geology Wing/Tree of Life. http://www.ucmp.berkeley.edu/exhibit/geology.html
REGUANT, S. (2005). Historia de la Tierra y de la Vida. Editorial Ariel, Barcelona
WICANDER, R. & MONROE, J. S. (2012). Historical Geology. Evolution of Earth and Life through Time. Thompson Learning, Belmont
COWEN, R. (2013). History of Life. Blackwell Science, Oxford.
BENTON, M. J. & HARPER, D. A. T. (2009). Introduction to Paleobiology and the Fossil Record. Wiiey-Blackwell
BRIGGS, D. E. G. & CROWTHER, P. R. (2003). Palaeobiology II. Blackwell Science
CLOWES, C. et al. (). Palaeos: Life through deep time. http://www.palaeos.com
FOOTE, M. & MILLER, A.I. (2007). Principles of Paleontology. W. H. Freeman, New York
LEVIN, H. L. (2010). The Earth through Time. John Wiley & Sons, Hoboken, New Jersey
Varios autores (). Tree of Life Web Project. http://tolweb.org/tree/phylogeny.html