Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Edafoloxía Código 610G02045
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Vidal Vázquez, Eva
Correo electrónico
eva.vidal.vazquez@udc.es
Profesorado
Lado Liñares, Marcos
Vidal Vázquez, Eva
Correo electrónico
marcos.lado@udc.es
eva.vidal.vazquez@udc.es
Web
Descrición xeral O programa desta asignatura sintetiza os coñecementos actuais no eido das Ciencias do Solo, centrándose no estudo das propiedades, a organización e as funcións dos solos. O núcleo do programa teórico, está estruturado arredor do estudo das compoñentes minerais e orgánicas do solo, as propiedades físicas, químicas e biolóxicas, así como a relevancia ecolóxica das funcións que derivan destas propiedades. O programa teórico conclúe considerando que os solos son entes naturais que deben de ser protexidos na mesma medida en que o son as especies animais e vexetais.
Las prácticas pretenden no solo fomentar el aprendizaje de las técnicas generales de análisis de suelos en estudios de génesis y sistemáticos, sino contribuir al conocimiento de técnicas de estudio del suelo más específicas, desde el punto de vista físico, químico y biológico.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Catalogar, avaliar e xestionar recursos naturais.
A20 Muestrear, caracterizar e manexar poboacións e comunidades.
A21 Deseñar modelos de procesos biolóxicos.
A22 Describir, analizar, avaliar e planificar o medio físico.
A23 Avaliar o impacto ambiental. Diagnosticar e solucionar problemas ambientais.
A24 Xestionar, conservar e restaurar poboacións e ecosistemas.
A26 Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados.
A27 Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía.
A28 Desenvolver e implantar sistemas de xestión relacionados coa Bioloxía.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
A32 Desenvolverse con seguridade no traballo de campo.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.
B10 Exercer a crítica científica.
B11 Debater en público.
B12 Adaptarse a novas situacións.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Esta materia presenta particular interese para a Bioloxía Ambiental, dado o papel do solo nos ecosistemas terrestres. En efecto, o solo é o elo inicial de moitas cadeas tróficas nos ecosistemas naturais e os agroecosistemas e tamén constitúe o soporte dos espazos antropizados ou influenciados polo home, no espazo urbano-industrial e na contorna das vías de comunicación. A21
A22
A30
B2
Estudos de impacto ambiental, tendo en conta a diversidade do solo. Resolver problemas relacionados coa contaminación e recuperación de solos. A6
A21
A26
B1
B3
Esta materia presenta particular interese para a Bioloxía Ambiental, dado o papel do solo nos ecosistemas terrestres. En efecto, o solo é o elo inicial de moitas cadeas tróficas nos ecosistemas naturais e os agroecosistemas e tamén constitúe o soporte dos espazos antropizados ou influenciados polo home, no espazo urbano-industrial e na contorna das vías de comunicación. A20
A31
B2
O coñecemento científico do solo é importante para un/a biólogo/a sobre todo desde unha perspectiva ecolóxica. En efecto, o solo, como compoñente esencial do medioambiente, debe de contribuír a comprender procesos importantes como os ciclos bioxeoquímicos, a estrutura dos ecosistemas e os factores que determinan a produción primaria. A22
A24
A28
A30
A32
B11
O coñecemento científico do solo é importante para un/a biólogo/a sobre todo desde unha perspectiva ecolóxica. En efecto, o solo, como compoñente esencial do medioambiente, debe de contribuír a comprender procesos importantes como os ciclos bioxeoquímicos, a estrutura dos ecosistemas e os factores que determinan a produción primaria. A23
B1
B2
B7
B12
O solo actúa como substrato das comunidades vexetais, adsorbente e absorbente dos elementos nutritivos. O solo soporta a vida de numerosos organismos vexetais e animais. Por tanto, préstase particular atención á análise da edafosfera como un medio organizado, complexo e dinámico, na zona de contacto entre a biosfera, a litosfera, a hidrosfera e a atmosfera. A27
A30
A31
B8
B10
O solo actúa como substrato das comunidades vexetais, adsorbente e absorbente dos elementos nutritivos. O solo soporta a vida de numerosos organismos vexetais e animais. Por tanto, préstase particular atención á análise da edafosfera como un medio organizado, complexo e dinámico, na zona de contacto entre a biosfera, a litosfera, a hidrosfera e a atmosfera. B3
B6
B8
Os contidos teóricos e prácticos desta materia deben de contribuír a ampliar o abano de técnicas instrumentais que poden manexar os estudantes do Grao en Bioloxía da UDC, complementando a formación recibida noutras materias. A24
A28
A31
B1
Os contidos teóricos e prácticos desta materia deben de contribuír a ampliar o abano de técnicas instrumentais que poden manexar os estudantes do Grao en Bioloxía da UDC, complementando a formación recibida noutras materias. A20
A23
A27
A31
B9
B10

Contidos
Temas Subtemas
I CONCEPTOS PRELIMINARES

TEMA 1. Evolución histórica do coñecemento en Edafoloxía


TEMA 2. Métodos en Edafoloxía
Precursores da Edafoloxía. Nacemento da Edafoloxía. Evolución histórica recente. Estado actual do coñecemento en Edafoloxía e perspectivas. Relación con outras ciencias. O solo. Perfil e horizontes. Nomenclatura.

Descrición do solo no campo. Técnicas de estudo de laboratorio.
II COMPOSICIÓN DO SOLO



TEMA 3. Composición mineral do solo. Arxilas.



TEMA 4. Materia orgánica, caracterización e dinámica
Granulometría: clasificación das partículas e as texturas. Superficie específica. Textura e propiedades dos solos. Mineraloxía do solo. As arxilas: estrutura e propiedades das principais arxilas. Oxihidróxidos.

Conceptos xerais. Constituíntes non húmicos do solo. Materia prima do humus. Clasificación e tipos de humus. Significado da materia orgánica para o solo e a vexetación. Separación e fraccionamento do humus. Asociacións órgano-metálicas e organo-minerais. A materia orgánica nos ecosistemas: ciclo bioxeoquímico e turnover.
III PROPIEDADES DO SOLO

TEMA 5. Propiedades físicas e estrutura do solo





TEMA 6. Retención e dinámica da auga no solo







TEMA 7. Temperatura do solo. Atmosfera do solo





TEMA 8. Reacción do solo e intercambio catiónico




TEMA 9. Bioloxía do solo



TEMA 10. Fertilidade do solo
Densidade real e aparente. Porosidade. Distribución de tamaño de poro. Morfoloxía da estrutura. Niveis de organización: macro e microestructura. Mecanismos de formación dos agregados. Estabilidade da estrutura e mecanismos de degradación estrutural. Accións biolóxicas, climáticas e antropóxenas sobre a estrutura. Consistencia. Esforzos e deformacións: estabilidade mecánica.

Contido de humidade. Potencial hídrico. Métodos de medida da auga no solo. Retención de auga no solo: curva característica de humidade. Factores que afectan o movemento de auga. Fluxo saturado e insaturado. Condutividade hidráulica. Infiltración, redistribución e evaporación. Balance hídrico a través do solo. Abastecemento hídrico da vexetación.


Propiedades térmicas do solo. Réxime diario e anual de temperatura. Manexo da temperatura do solo. Composición da atmosfera do solo. Fluxo de gases no solo. O solo e os gases de efecto invernadoiro.

Concepto de pH e acidez do solo. Clasificación dos solos segundo o seu pH. Acidez actual e potencial. Efectos da acidez. Corrección da acidez. Complexos de superficie. Dobre capa difusa e solución externa. Equilibrio entre a solución do solo e o complexo de cambio. Cationes de cambio: orixe e valores característicos. Capacidade de intercambio aniónico. Complexo adsorbente e distribución das plantas.

Principais organismos do solo. Actividade encimática no solo. Ácidos nucleicos. Os organismos do solo como indicadores de calidade do solo.

Macronutrientes e micronutrientes. Ciclo do nitróxeno, fósforo e potasio. Calcio e magnesio. Manganeso. Hierro, Cobre, Zinc, Boro, Molibdeno. Outros oligoelementos.
IV FACTORES E PROCESOS DE FORMACIÓN


TEMA 11. Factores de formación do solo



TEMA 12. Procesos de formación do solo
Rocha nai e material de partida. Alteración física, química e biolóxica das rocas: procesos xerais. Litosecuencias. Clima: climosecuencias; parámetros climáticos. Topografía: concepto de catena. Tempo: cronosecuencias. Importancia relativa dos factores de formación. Organismos. Actividade humana.


Procesos edáficos sinxelos: ganancias, perdas, transferencias e transformacións. A diferenciación do perfil. Haploidización e horizonación. Mestura: bioturbación, crioturbación, peloturbación, acumulación en gretas. Procesos edáficos complexos Empardecimiento e rubefacción. Acumulación de arxila e argiluviación. Podzolización. Procesos edáficos en ambiente hidromorfo: gley seudogley e stagnogley. Salinización e alcalinización: consecuencias morfolóxicas, físicas e químicas. Calcificación e petrocalcificación. Alteración ferralítica: formación de plintitas. Outros procesos edáficos complexos.
V SISTEMÁTICA E CLASIFICACIÓN DE SOLOS



TEMA 13. Sistemática de solos




TEMA 14. Introducción á Soil Taxonomy




TEMA 15. Base de Referencia Mundial para o Recurso Solo





TEMA 16. Solos de España e de Galicia


Horizontes xenéticos. Horizontes de diagnóstico: Sol Taxonomy e WRB. Designación e equivalencias. O perfil do solo. O solo como un continuo tridimensional: superficie, posición, límites. Epipedión e endopedión. Nomenclatura e designación dos horizontes. Fundamentos das clasificacións modernas. Soil Taxonomy. Unidades de solos na Base de Referencia Mundial para o Recurso Solo.

Características de diagnóstico. Réximes de humidade e temperatura. Estrutura xeral. Categorías taxonómicas e regras de nomenclatura. Ordenes, subordenes, grupos, grandes grupos, familias, series e fases. Taxonomía a escala de suborden. Uso e aplicación da clave taxonómica

Leptosol, Regosol, Gleisol, Fluvisol, Antrosol, Arenosol, Andosol, Vertisol, Criosol, Histosol, Planosol, Albelubisol, Podsol, Luvisol, Umbrisol, Cambisol, Kastanozem, Chernozem, Phaeozem, Calcisol, Gypsisol, Solonchack, Solonetz, Durisol, Alisol, Lixisol, Acrisol, Nitosol, Ferralsol, Plintosol.

Os solos das comunidades atlánticas e cantábricas. Os solos de Asturias, Santander e País Vasco. Os solos da Submeseta Norte. Os solos da Conca do Ebro. Os solos dos Pireneos. Os solos da área mediterránea. Os solos da Submeseta Sur. Os solos da Conca Guadalquivir. Os solos sobre materiais volcánicos. Os solos de Galicia. Factores de formación. O clima de Galicia. A vexetación de Galicia. Relacións coa topografía. Tipos de solos máis frecuentes. Distribución e uso.





VI EDAFOLOXÍA APLICADA

TEMA 17. Aplicacións da Ciencia do Solo
Cartografía de solos. Interacción entre o solo e a paisaxe.
Funcións do solo e a súa importancia na sociedade actual.
O solo e o medio ambiente: capacidade de filtración, amortiguación e transformación.
Erosión eólica e hídrica. Contaminación do solo. Recuperación de solos degradados.
ACTIVIDADES PRÁCTICAS

Prácticas de Laboratorio






Saída ao campo
Análise granulométrica
Densidade aparente, densidade real e porosidade
Estabilidade da agregados
Reacción do solo
Carbono total
Capacidade de intercambio catiónico
Fósforo extraído segundo Olsen
Actividade biolóxica

Estudo de Umbrisoles, Cambisoles, Fluvisoles e Gleysoles

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A6 A21 A22 A23 A24 A27 A28 A31 B2 B7 B8 B9 B11 21 40 61
Saídas de campo A20 A23 A32 B3 B6 4 10 14
Solución de problemas A26 B1 B2 B3 B8 B11 7 16 23
Prácticas de laboratorio A6 A20 A21 A30 B8 B10 B12 14 28 42
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións presentadas polo/a profesor/a sobre os temas centrais da materia nas que se incentivará a participación dos estudantes.
Trátase de clases expositivas presenciais en grupo grande, nas que se expoñerán os contidos formativos teóricos. Ao comezo da clase presentarase unha visión xeral do tema que se vai a desenvolver e ao final da mesma farase un breve resumo dos conceptos máis relevantes. O material audiovisual empregado será facilitado aos alumnos.
Saídas de campo Realizarase unha saída ao campo co fin de observar os principais tipos de solos de Galicia. Ao mesmo tempo, os alumnos familiarizaranse cos sistemas de clasificación.
Solución de problemas Na aula realizaranse sesións de resolución de problemas con datos reais de solos. Análise de fichas de diferentes tipos de solos. Revisión de distintas técnicas aplicables ao estudo dos solos.
Prácticas de laboratorio Realizaranse análises de solos encamiñados a determinar a composición e as propiedades físicas, químicas e biolóxicas dos mesmos, así como o estado nutritivo.
En cada grupo de prácticas formaránse equipos de dúas a tres persoas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Saídas de campo
Solución de problemas
Descrición
A atención personalizada realizarase a través de titorías concertadas cos estudantes e, tamén, durante as prácticas de laboratorio e a saída ao campo.

Os estudantes con exención de asistencia disporán de titorías específicas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A6 A20 A21 A30 B8 B10 B12 Evaluación continua e valoración do caderno de laboratorio. 15
Saídas de campo A20 A23 A32 B3 B6 Valorarase particularmente o interese e a participación dos estudantes durante a saída ao campo. Terase en conta a presentación dun caderno ou de fichas con actividades de campo. 5
Sesión maxistral A6 A21 A22 A23 A24 A27 A28 A31 B2 B7 B8 B9 B11 Valorarase mediante probas tipo test e preguntas curtas sobre os contidos tratados nas clases maxistrais da materia.
Dous exames parciais e un exame final.
65
Solución de problemas A26 B1 B2 B3 B8 B11 Valórase positivamente a asistencia ás clases en grupo reducido, así como a entrega de boletíns/ actividades solicitadas polo profesorado. 15
 
Observacións avaliación

- O traballo do alumnado será avaliado de forma continua a través da asistencia ás actividades avaliables, a súa participación nos seminarios, a resolución das cuestións e problemas, prácticas de laboratorio e proba mixta.

- Para superar a materia é necesario obter unha nota mínima de 5 puntos (sobre 10) nos exames parciais ou no exame final.

- A realización das prácticas é obrigatoria para superar a materia. Os estudantes que non realicen TODAS as prácticas, sen un motivo debidamente xustificado, non poderán aprobar a materia, independentemente do peso destas na avaliación.

Primeira oportunidade: a cualificación final obtense aplicando as porcentaxes e as restricións previamente establecidas, sendo necesario obter unha nota final igual ou superior a 5 (sobre 10).
O estudante obterá a cualificación de "Non Presentado" cando non realice nin as prácticas de laboratorio nin a proba mixta.

Segunda oportunidade: na segunda oportunidade realizarase a proba mixta cuxa cualificación substituirá á obtida na primeira oportunidade manténdose as cualificacións das actividades (prácticas de laboratorio, seminarios e saídas ao campo) da primeira oportunidade.
A cualificación final obtense aplicando as porcentaxes e as restricións previamente establecidas, sendo necesario unha nota final igual ou superior a 5 (sobre 10). Os estudantes avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriron na súa totalidade na primeira oportunidade.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
- Estes estudantes deben realizar as prácticas de laboratorio e quedan exentos das demais actividades. A porcentaxe da cualificación derivada das actividades non realizadas será asimilada á cualificación da proba mixta tanto na primeira como na segunda oportunidade.

Realización fraudulenta de probas
- No caso da realización fraudulenta dalgunha das probas ou actividades de avaliación, aplicarase a normativa vixente na UDC.

Fontes de información
Bibliografía básica

LAL, R. 2002. Encyclopedia of Soil Science. Marcel Dekker.

PORTACASANELLAS, J. LÓPEZ AVEVEDO, M y ROQUERO, C. 2003. Edafología para la agricultura y el medio ambiente. Ediciones Mundi-Prensa.960 pp.

PORTACASANELLAS, J. LÓPEZ AVEVEDO, M y POCH, R.M. 2008. Introducción a la Edafología: uso y protección del suelo. Ediciones Mundi-Prensa. 451 pp.

WRB. 2006. World Referente Base for Soil Resources. Wageningen/Roma.

Bibliografía complementaria

Recursos web:

www.iuss.org

www.edafologia.ugr.es

www.soilerosion.net

Mapas de suelos de las cuatro provincias de Galicia y diversas provincias de España


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xeoloxía/610G02004
Xeografía física/610G02006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Perspectiva de xénero
Tal e como se recolle nas competencias transversais do título (C4), fomentarase o desenvolvemento dunha cidadanía crítica, aberta e respectuosa coa diversidade na nosa sociedade, salientando a igualdade de dereitos do alumnado sen discriminación por cuestión de xénero ou condición sexual. Empregarase unha linguaxe inclusiva no material e no desenvolvemento das sesións. Traballarase para identificar e modificar prexuizos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías