Identifying Data 2017/18
Subject (*) Internships I Code 610G02047
Study programme
Grao en Bioloxía
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Fourth Optativa 6
Language
Spanish
Galician
English
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Bioloxía
Coordinador
E-mail
Lecturers
Fagúndez Díaz, Jaime
Fuentes Lopez, Marcelino
Gonzalez Siso, Maria Isabel
Vila Taboada, Marta
E-mail
jaime.fagundez@udc.es
marcelino.fuentes@udc.es
isabel.gsiso@udc.es
marta.vila.taboada@udc.es
Web http://ciencias.udc.es/estudantes/secretaria-do-alumnado/pr%C3%A1cticas-profesionais
General description Os alumnos poderán optar por cursar prácticas profesionais externas, en empresas ou institucións, por un total de 6 ou 12 créditos ECTS, no lugar de 1 ou 2 materias optativas. A Facultade de Ciencias ven desenvolvendo dende o curso 2005/06 un programa de prácticas profesionais, cunha participación promedio no entorno dos 50-70 alumnos por ano, polo que ten ampla experiencia na xetión deste tipo de actividad.

Para poder participar nunha estadía en prácticas o alumno deberá:
i) Estar matriculado nalgunha titulación de grao da Facultade de Ciencias
ii) Ter superado cando menos 120 créditos ECTS, que deben de incluir todos os de formación básica
iii) Superar o proceso selectivo que se puidera establecer. Non poderán ser beneficiarios de estadías en prácticas os estudantes que manteñan algunha relación contratual coa correspondente empresa ou entidade, agás autorización obtida de conformidade coa normativa interna da UDC

Só se recoñecerán académicamente aquelas estadías que:

a) Se desenvolvan nunha praza ofertada ou aprobada pola Facultade. Se dita praza non correspondense á oferta realizada póla Facultade, senón que fose promovida noutro ámbito (Consello Social da UDC, Fundación UDC, outros organismos, etc.), recabarase a información que fose precisa para confirmar o cumprimento dos obxectivos arriba indicados sobre concurrencia competitiva con selección baseada en mérito e capacidade

b) Teñan sido cubertas mediante un proceso convocado en concorrencia libre e competitiva e cuha selección baseada en mérito e capacidade

c) Teñan sido realizadas baixo a titoría dun titulado superior pertencente á empresa, organismo público de investigación ou institución equiparable que oferte a praza, preferiblemente da mesma titulación ou titulacións afíns á do estudante

d) Obteñan un informe favorable da Comisión de Docencia e Validacións sobre a actividade realizada, baseado no informe aportado e na valoración feita polos titores académico e de empresa (modelos no Anexos III e IV)

O proceso de avaliación, previo á decisión da Comisión de Docencia, se aterá á normativa de cualificacións da UDC.

Study programme competencies
Code Study programme competences
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.
B10 Exercer a crítica científica.
B11 Debater en público.
B12 Adaptarse a novas situacións.
B13 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Mellora no coñecemento do entorno profesional dos Graduados en Bioloxía, así como da capacidade de aplicar os coñecementos académicos adquiridos nun entorno profesional. B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13

Contents
Topic Sub-topic
Segundo o plan de traballo acordado coa empresa para cada alumno. Segundo o plan de traballo acordado coa empresa para cada alumno.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Supervised projects B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 132 0 132
Summary B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B13 0 18 18
 
Personalized attention 0 0 0
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects A empresa ou institución nomeará un titor, que deberá ser un titulado superior, preferiblemente da mesma titulación ou titulacións afíns á do estudante, e que se encargará das seguintes funcións:

1. Proporcionar ao Centro unha breve descrición do traballo a realizar polo alumno, indicando os coñecementos específicos e habilidades que ha de ter o alumno para levalo a cabo e indicar a formación que adquirirá o alumno durante a realización do traballo
2. Orientar ao alumno durante a realización do traballo
3. Elaborar un informe final, dirixido ao Decanato da Facultade no que se avalíe o grao de aproveitamento acadado polo estudante

O alumno terá ademáis un titor académico na Facultade, que será quen revise o informe emitido polo alumno, facendo por escrito as recomendacións e puntualizacións pertinentes para correxilo e melloralo. Á vista destas recomendacións, o alumno revisará o documento e o entregará no Negociado de alumnos xunto cunha instancia solicitando a súa avaliación.
Summary Esta Memoria constará das seguintes partes e pola citada orde:

1. INDICE
1.1 Debe de recoller os documentos dos que consta o informe

2. DATOS DO ALUMNO
2.1 Breve información sobre o alumno (apelidos, nome, DNI, dirección de contacto, teléfonos e dirección de correo electrónico)

3. DATOS DA EMPRESA
3.1 Breve información sobre a empresa (nome, situación, sector de actividade, organigrama, número de empregados, etc...)

4. RESUMO DAS PRÁCTICAS
4.1 Resumen do traballo desenvolvido polo alumno durante o período das prácticas

5. ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS
5.1 Obxectivo das prácticas. Neste apartado débense de recoller os obxectivos que se perseguen co traballo
5.2 Traballo encomendado. Fundamento teórico e experimental das diferentes actividades desenvolvidas durante o periodo de prácticas tendo en conta, no seu caso, o segredo profesional ao que está obrigado
5.3 Distribución temporal. Distribución das tarefas realizadas, especificando a duración das mesmas e as unidades ou Departamentos nas que se realizaron
5.4 Formación recibida. Cursos, programas informáticos, seminarios, charlas, etc...
5.5 Nivel de integración dentro do departamento e relacións co persoal

6. CONCLUSIÓNS
6.1 Adecuación ás ensinanzas recibidas na Facultade para o desempeño da práctica
6.2 Valoración persoal da aprendizaxe conseguida ao longo de toda a práctica
6.3 Declaración de responsabilidade do alumno (achégase modelo Anexo I)

Personalized attention
Methodologies
Summary
Supervised projects
Description
A atención personalizada servirá para facer un seguimento detallado das actividades e da evolución do alumno, contribuíndo á súa avaliación continuada.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Summary B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B13 Para acadar recoñecemento académico, sempre que a estadía desenvolvida cumpra as condicións especificadas anteriormente o alumno deberá remitir ao Decanato da Facultade un relatorio detallado dos traballos e actividades realizadas. Tal relatorio será elaborado dacordo cun modelo ad hoc.
O titor académico revisará o informe emitido polo alumno, facendo por escrito as recomendacións e puntualizacións pertinentes para correxilo e melloralo. Á vista destas recomendacións, o alumno revisará o documento e o entregará no Negociado de alumnos xunto cunha instancia solicitando a súa avaliación.
O informe do alumno será avaliado pola Comisión de Docencia e Validacións do centro que, tendo en conta o infomre do titor da empresas e as recomendacións do titor académico, outorgará a cualificación que aparecerá na acta.
50
Supervised projects B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 A empresa ou institución nomeará un titor, que elaborará un informe final, dirixido ao Decanato da Facultade no que se avalíe o grao de aproveitamento acadado polo estudante. 50
 
Assessment comments

Se valorará no seu
conxunto a labor realizada durante as prácticas e a memoria realizada
sobre as mesmas.


Sources of information
Basic (*). En cada caso, o titor/a na empresa / institución e o titor/a académico suxerirán as fontes de información máis acaídas ao plan de traballo..

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Chemistry/610G02001
Physics/610G02002
Mathematics/610G02003
Geology/610G02004
Statistics/610G02005
Physical Geography/610G02006
Biology: Basic Levels of Organisation of Life I (Cells)/610G02007
Biology: Basic Levels of Organisation of Life II (Tissues)/610G02008
Microscopic Organography/610G02009
Biochemistry I/610G02011
Biochemistry II/610G02012
Microbiology/610G02015
Applied Microbiology and Microbiological Control/610G02016
Genetics/610G02019
Plant Systematics: Cryptogamia/610G02024
Plant Systematics: Phanerogamia/610G02025
Plant Physiology I/610G02027
Plant Physiology II/610G02028
Zoology I/610G02031
Zoology II/610G02032

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Final Dissertation/610G02046

Other comments

Observacións

É recomendable tentar cursar as prácticas pre-profesionais durante o verán anterior a comenzar o cuarto curso, co fin de que o segundo semestre quede máis despexado a nivel horario.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.