Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Prácticas externas II Código 610G02048
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Díaz Prado, Silvia María
Fagúndez Díaz, Jaime
Fernandez Rodriguez, Luis Jose
Fuentes Lopez, Marcelino
Gonzalez Siso, Maria Isabel
Servia García, María José
Vila Taboada, Marta
Correo electrónico
s.diaz1@udc.es
jaime.fagundez@udc.es
luis.fernandezr@udc.es
marcelino.fuentes@udc.es
isabel.gsiso@udc.es
maria.servia@udc.es
marta.vila.taboada@udc.es
Web http://ciencias.udc.es/estudantes/secretaria-do-alumnado/pr%C3%A1cticas-profesionais
Descrición xeral Os alumnos poderán optar por cursar prácticas profesionais externas, en empresas ou institucións, por un total de 6 ou 12 créditos ECTS, no lugar de 1 ou 2 materias optativas. A Facultade de Ciencias ven desenvolvendo dende o curso 2005/06 un programa de prácticas profesionais, cunha participación promedio no entorno dos 50-70 alumnos por ano, polo que ten ampla experiencia na xestión deste tipo de actividade.

Para poder participar nunha estadía en prácticas o alumno deberá:

i) Estar matriculado nalgunha titulación de grao da Facultade de Ciencias.
ii) Ter superado cando menos 120 créditos ECTS, que deben de incluír todos os de formación básica.
iii) Superar o proceso selectivo que se puidera establecer. Non poderán ser beneficiarios de estadías en prácticas os estudantes que manteñan algunha relación contratual coa correspondente empresa ou entidade, agás autorización obtida de conformidade coa normativa interna da UDC.

Só se recoñecerán academicamente aquelas estadías que:

a) Se desenvolvan nunha praza ofertada ou aprobada pola Facultade. Se dita praza non correspondese á oferta realizada pola Facultade, senón que fose promovida noutro ámbito (Consello Social da UDC, Fundación UDC, outros organismos, etc.), recabarase a información que fose precisa para confirmar o cumprimento dos obxectivos arriba indicados sobre concorrencia competitiva con selección baseada en mérito e capacidade.

b) Teñan sido cubertas mediante un proceso convocado en concorrencia libre e competitiva e cunha selección baseada en mérito e capacidade.

c) Teñan sido realizadas baixo a supervisión dun titulado superior pertencente á empresa, organismo público de investigación ou institución equiparable que oferte a praza, preferiblemente da mesma titulación ou titulacións afíns á do estudante.

d) Obteñan un informe favorable da Comisión de Docencia e Validacións sobre a actividade realizada, baseado no informe aportado e na valoración feita polos titores académico e de empresa (modelos no Anexos III e IV).

O proceso de avaliación, previo á decisión da Comisión de Docencia, aterase á normativa de cualificacións da UDC.

Competencias do título
Código Competencias do título
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.
B10 Exercer a crítica científica.
B11 Debater en público.
B12 Adaptarse a novas situacións.
B13 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. .
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Mellorar no coñecemento do entorno profesional dos Graduados en Bioloxía, así como da capacidade de aplicar os coñecementos académicos adquiridos nun entorno profesional. B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Segundo o plan de traballo acordado coa empresa para cada alumno. Segundo o plan de traballo acordado coa empresa para cada alumno.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Resumo B3 C1 C6 C7 0 18 18
Traballos tutelados B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 132 0 132
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Resumo Esta Memoria constará das seguintes partes e pola citada orde:

1. INDICE
1.1 Debe de recoller os documentos dos que consta o informe

2. DATOS DO ALUMNO
2.1 Breve información sobre o alumno (apelidos, nome, DNI, dirección de contacto, teléfonos e dirección de correo electrónico)

3. DATOS DA EMPRESA
3.1 Breve información sobre a empresa (nome, situación, sector de actividade, organigrama, número de empregados, etc...)

4. RESUMO DAS PRÁCTICAS
4.1 Resumen do traballo desenvolvido polo alumno durante o período das prácticas

5. ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS
5.1 Obxectivo das prácticas. Neste apartado débense de recoller os obxectivos que se perseguen co traballo
5.2 Traballo encomendado. Fundamento teórico e experimental das diferentes actividades desenvolvidas durante o periodo de prácticas tendo en conta, no seu caso, o segredo profesional ao que está obrigado
5.3 Distribución temporal. Distribución das tarefas realizadas, especificando a duración das mesmas e as unidades ou Departamentos nas que se realizaron
5.4 Formación recibida. Cursos, programas informáticos, seminarios, charlas, etc...
5.5 Nivel de integración dentro do departamento e relacións co persoal

6. CONCLUSIÓNS
6.1 Adecuación ás ensinanzas recibidas na Facultade para o desempeño da práctica
6.2 Valoración persoal da aprendizaxe conseguida ao longo de toda a práctica
6.3 Declaración de responsabilidade do alumno (achégase modelo Anexo I)
Traballos tutelados A empresa ou institución nomeará un titor, que deberá ser un titulado superior, preferiblemente da mesma titulación ou titulacións afíns á do estudante, e que se encargará das seguintes funcións:

1. Proporcionar ao Centro unha breve descrición do traballo a realizar polo alumno, indicando os coñecementos específicos e habilidades que ha de ter o alumno para levalo a cabo e indicar a formación que adquirirá o alumno durante a realización do traballo
2. Orientar ao alumno durante a realización do traballo
3. Elaborar un informe final, dirixido ao Decanato da Facultade no que se avalíe o grao de aproveitamento acadado polo estudante

O alumno terá ademáis un titor académico na Facultade, que será quen revise o informe emitido polo alumno, facendo por escrito as recomendacións e puntualizacións pertinentes para correxilo e melloralo. Á vista destas recomendacións, o alumno revisará o documento e o entregará no Negociado de alumnos xunto cunha instancia solicitando a súa avaliación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Resumo
Descrición
A atención personalizada servirá para facer un seguimento detallado das actividades e da evolución do alumno, contribuíndo á súa avaliación continuada.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A empresa ou institución nomeará un titor, que elaborará un informe final, dirixido ao Decanato da Facultade no que se avalíe o grao de aproveitamento acadado polo estudante. 50
Resumo B3 C1 C6 C7 Para acadar recoñecemento académico, e sempre que a estadía desenvolvida cumpra as condicións especificadas anteriormente, o alumno deberá remitir ao Decanato da Facultade un relatorio detallado dos traballos e actividades realizadas. Tal relatorio será elaborado dacordo co modelo descrito no apartado de Metodoloxías desta guía docente.
O titor académico revisará o informe emitido polo alumno, facendo por escrito as recomendacións e puntualizacións pertinentes para correxilo e melloralo. Á vista destas recomendacións, o alumno revisará o documento e o entregará no Negociado de alumnos xunto cunha instancia solicitando a súa avaliación.
O informe do alumno será avaliado pola Comisión de Docencia e Validacións do centro que, tendo en conta o informe do titor da empresa/institución e as recomendacións do titor académico, outorgará a cualificación que aparecerá na acta.
50
 
Observacións avaliación

Valorará no seu
conxunto o labor realizado durante as prácticas e a memoria realizada
sobre as mesmas.


Fontes de información
Bibliografía básica

-O supervisor profesional e o académico ofrecerán consello ó estudante con respecto ás fontes de información (bibliográficas ou non) máis acaídas para as súas prácticas externas.

-El supervisor profesional y el académico ofrecerán al estudiante consejo con respecto a las fuentes de información (bibliográfica o no) adecuadas para sus prácticas externas.

-The professional and academic supervisors will offer guidance to the student about the most adequate resources (bibliographic or otherwise) for his/her internship.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química/610G02001
Física/610G02002
Matemáticas/610G02003
Xeoloxía/610G02004
Estatística/610G02005
Citoloxía/610G02007
Histoloxía/610G02008
Organografía microscópica/610G02009
Bioquímica I/610G02011
Bioquímica II/610G02012
Microbioloxía/610G02015
Microbioloxía aplicada e control microbiolóxico/610G02016
Xenética/610G02019
Botánica sistemática: Criptogamia/610G02024
Botánica sistemática: Fanerogamia/610G02025
Fisioloxía vexetal I/610G02027
Fisioloxía vexetal II/610G02028
Zooloxía I/610G02031
Zooloxía II/610G02032

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Traballo fin de grao/610G02046

Observacións

É recomendable tentar cursar as prácticas pre-profesionais durante o verán anterior a comenzar o cuarto curso, co fin de que o segundo semestre quede máis libre a nivel horario.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías