Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Reactividade Orgánica Código 610G04012
Titulación
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Fernández Trillo, Francisco
Correo electrónico
f.ftrillo@udc.es
Profesorado
Fernández Trillo, Francisco
Correo electrónico
f.ftrillo@udc.es
Web
Descrición xeral
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
Mantéñense todas as metodoloxías e adáptanse a un modo non presencial e desenvólvense na aula virtual Moodle e Teams.
Metodoloxías docentes que se modifican:
-Sesións maxistrais: Terán lugar a través da plataforma Teams e serán gravadas e aloxadas en Stream. A ligazón estará dispoñible en Moodle. De superarse o aforamento da aula asignada para a materia habilitarase outra aula para que o alumnado poida seguir a impartición da clase por Teams
-Seminarios: os alumnos deben entregar as tarefas a través da plataforma Moodle. Ademais, pódese solicitar a presentación das tarefas mediante a plataforma Teams ou mediante explicacións orais (non é posible utilizar vídeos).
-Prácticas de laboratorio: realizaranse en sesións virtuais a través de Teams.
-Proba mixta: Os alumnos deberán resolver en tempo limitado, problemas análogos aos expostos durante as clases de seminario e as sesións maxistrais. O exame será escrito a entregar na plataforma Teams

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
Realizarase un seguimento de actividades mediante Teams, Moodle e correo electrónico.
- Correo electrónico: permanente.
- Moodle: Diariamente; segundo a necesidade do alumnado.
- Equipos Teams: Sesións maxistrais, seminarios e tutorías.

4. Modificacines na avaliación
No caso de suspensión de actividades presenciais a avaliación realizarase de acordo coas seguintes porcentaxes:
Prácticas de laboratorio: 20%
Seminarios: 30%
Proba mixta: 50%
* Observacións de avaliación:
Mantéñense as observacións á avaliación desta guía docente


5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Recoméndase o uso da plataforma de libros electrónicos (elibro) que se pode acceder a diferentes libros de Química Orgánica Xeral.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Comprender los conceptos, principios, teorías y hechos fundamentales relacionados con la Nanociencia y Nanotecnología.
A2 CE2 - Aplicar los conceptos, principios, teorías y hechos fundamentales relacionados con la Nanociencia y Nanotecnología a la resolución de problemas de naturaleza cuantitativa o cualitativa.
A3 CE3 - Reconocer y analizar problemas físicos, químicos, matemáticos, biológicos en el ámbito de la Nanociencia y Nanotecnología, así como plantear respuestas o trabajos adecuados para su resolución, incluyendo el uso de fuentes bibliográficas.
A8 CE8 - Aplicar las normas generales de seguridad y funcionamiento de un laboratorio y las normativas específicas para la manipulación de la instrumentación y de los productos y nanomateriales.
B1 CB1 - Que los estudiantes hayan demostrado poseer y comprender conocimientos en un área de estudio que parte de la base de la educación secundaria general, y se suele encontrar a un nivel que, si bien se apoya en libros de texto avanzados, incluye también algunos aspectos que implican conocimientos procedentes de la vanguardia de su campo de estudio
B5 CB5 - Que los estudiantes hayan desarrollado aquellas habilidades de aprendizaje necesarias para emprender estudios posteriores con un alto grado de autonomía
B6 CG1 - Aprender a aprender
B7 CG2 - Resolver problemas de forma efectiva.
B8 CG3 - Aplicar un pensamiento crítico, lógico y creativo.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma
C2 CT2 - Dominar la expresión y la comprensión de forma oral y escrita de un idioma extranjero
C3 CT3 - Utilizar las herramientas básicas de las tecnologías de la información y las comunicaciones (TIC) necesarias para el ejercicio de su profesión y para el aprendizaje a lo largo de su vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Utilizar a terminoloxía en Química Orgánica incluíndo nomenclatura, convenios e unidades.  A1
B1
C3
Coñecer os principais tipos de reaccións orgánicas, os seus mecanismos e as suas  principais características e implicaciones estereoquímicas A1
A2
A3
B5
B6
C1
C2
Coñecer a estructura, propiedades e reactividade química dos productos orgánicos A1
A2
A3
B5
B6
C1
C2
Levar a cabo operacións estándar de laboratorio para a preparación, separación e purificación de compostos orgánicos, manexando de forma segura materiais, reactivos e residuos A1
A2
A3
A8
B7
B8
C2
C3
Coñecer os principais métodos de preparación dos compostos orgánicos e a sua aplicación na resolución de problemas sintéticos A1
A2
A3
A8
B7
B8
C1
C2
C3

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introducción Estrutura das moléculas orgánicas. Estruturas de Lewis. Resonancia. Coordenadas e perfís de reacción.
Tema 2. Alacanos y Cicloalcanos. Conformación e configuración Estrutura e propiedades. Nomenclatura. Isomería. Análise conformacional. Estereoisomería e actividade óptica.
Tema 3. Derivados halogenados Estrutura e propiedades. Nucleofilia e electrofilia. Reaccións de substitución nucleófila. Reaccións de eliminación.
Tema 4. Alcois e éteres Alcois: estrutura e propiedades, obtención e reaccións, oxidación de alcois; éteres: propiedades, sínteses, epóxidos.
Tema 5. Aminas Clasificación e estrutura das aminas, propiedades, preparación de aminas, saes de amonio.
Tema 6. Alquenos y alquinos Alquenos: nomenclatura, estrutura e propiedades. Hidroxenación catalítica. Reaccións de adición electrófila. Adición de haluros de hidróxeno, halogenos, auga, hidroboración. Epoxidación e hidroxilación de alquenos. Ruptura oxidativa de alquenos. Polimerización.
Alquinos: nomenclatura, estrutura e propiedades. Preparación. Reaccións de adición electrófila e de redución.
Tema 7. Conxugación e derivados aromáticos Sistemas conxugados: formas resonantes, estrutura electrónica. Reaccións de adición electrófila. Diels-Alder. Compostos aromáticos: nomenclatura, propiedades e estrutura electrónica: regra de Hückel. Reaccións de substitución electrófila aromática: halogenación, nitración, sulfonación, reaccións de Friedel-Crafts. Orientación na SEAr sobre derivados do benceno.
Tema 8. Aldehidos e cetonas Nomenclatura, estrutura e propiedades físicas. Reaccións de adición nucleófila ao grupo carbonilo: hidratación, formación de hemiacetales, acetales, iminas, enaminas e cianhidrinas. Adición de reactivos organometálicos. Reacción de Wittig. Redución de compostos carbonílicos. Oxidación.
Tema 9. Ácidos carboxílicos Nomenclatura, estrutura e propiedades. Reaccións de adición-eliminación. Formación de ésteres, haluros de acilo, amidas e anhídridos carboxílicos. Reacción dos ácidos cos reactivos organometálicos. Redución de ácidos carboxílicos.
Tema 10. Polímeros sintéticos Características e clasificación, reaccións de polimerización, polímeros máis importantes, estrutura e propiedades.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 A8 B1 B5 C1 C2 C3 15 20 35
Sesión maxistral A1 A2 A3 B1 B5 B6 B7 B8 C3 24 43 67
Seminario A1 A2 A3 B6 B7 B8 C1 C2 C3 9 35 44
Proba mixta A1 A2 A3 B5 B6 B7 B8 C1 3 0 3
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Durante o curso o alumno recibirá ensinos prácticos. No laboratorio realizará procedementos experimentais relacionados cos contidos teóricos da materia, que lle permitirán adquirir destrezas nas técnicas de preparación, separación e purificación dos produtos orgánicos. O alumno deberá elaborar un caderno de laboratorio, onde recollerán os ensinos recibidos, os cálculos estequiométricos, os procedementos de reacción e de elaboración e as respostas ás cuestións expostas nos guións experimentais.
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais o profesor desenvolverá os contidos fundamentais do programa mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos. Os guións dos contidos e/ou as presentacións atoparanse dispoñibles na web da materia (moodle) con anterioridade ao desenvolvemento das leccións. Coa axuda destes materiais e outros recursos bibliográficos, os alumnos deberán preparar as leccións de maneira previa á súa impartición. Incentivarase a participación dos alumnos, coa intención de que se formulen preguntas ou e-mails ao profesor antes ou despois da lección.
Seminario Ao final de cada tema realizaranse seminarios onde se resolverán exercicios. Os exercicios a resolver atoparanse dispoñibles na web da materia (moodle) con anterioridade ao desenvolvemento dos seminarios. Os alumnos deberán traballar nos problemas dos boletíns de maneira previa ao desenvolvemento dos seminarios.
Os seminarios constitúen sesións de traballo organizadas en grupos, onde os alumnos exporán oralmente (con apoio gráfico na lousa) algúns problemas dos boletíns, sobre os que deberán elaborar previamente solucións escritas que deberán entregar ao profesor antes do inicio das sesións. Alternativamente poderase solicitar a participación a través da plataforma Teams.
Proba mixta Co propósito de avaliar a adquisición de coñecementos e competencias realizarase unha proba final (de acordo co calendario establecido no Centro) onde os alumnos deberán resolver cuestións e problemas sobre os contidos da materia, que serán análogos aos expostos durante as sesións presenciais (seminarios e prácticas de laboratorio)

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Seminario
Descrición
O alumno contará coa axuda do profesor para a resolución das dúbidas que se lle expoñan durante o estudo dos contidos e na elaboración do informe de laboratorio e as solucións escritas aos problemas dos obradoiros. O seguimento farase de forma presencial y también a través do correo electrónico.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 A8 B1 B5 C1 C2 C3 A realización das prácticas é necesaria para aprobar a materia. A avaliación das prácticas será continua e valoraránse as destrezas experimentais, o traballo realizado no laboratorio e o caderno de laboratorio.
20
Seminario A1 A2 A3 B6 B7 B8 C1 C2 C3 Valorarase a resolución dos exercicios, así como a formulación de preguntas antes ou despois do desenvolvemento das clases e dos seminarios. De maneira particular o seguimento da materia a través da plataforma Moodle mediante a realización de cuestionarios.

10
Proba mixta A1 A2 A3 B5 B6 B7 B8 C1 Co propósito de avaliar a adquisición de coñecementos e competencias realizarase unha proba final (de acordo co calendario establecido no Centro). Nesta proba exporanse problemas e cuestións relativas aos contidos da materia, análogos aos realizados durante as sesións presenciais durante o curso.


70
 
Observacións avaliación

1. A realización de prácticas de laboratorio é un requisito indispensable para aprobar a materia.

2. Para aprobar a materia, será necesario obter no conxunto de actividades avaliables unha puntuación mínima de 5 e na proba mixta unha cualificación mínima de 4.5.

3. A cualificación final será a máxima das dous seguintes: a) cualificación final = 20% (prácticas de laboratorio)   10% (seminarios)   70% (proba mixta). b) cualificación final = 20% (prácticas de laboratorio)   80% (proba mixta).

4. A cualificación de non presentado aplicarase aos estudantes que participasen en actividades avaliables programadas que representen o 30% ou menos da avaliación final.

5. As cualificacións das prácticas de laboratorio e os seminarios de 1ª oportunidade manteranse na 2ª oportunidade. Por tanto, na 2ª oportunidade, os estudantes só poden realizar unha proba mixta, cuxa cualificación substituirá á obtida na proba mixta da 1ª oportunidade.

6. Os estudantes avaliados na 2ª oportunidade só poderán optar pola Matrícula de Honra se o número máximo destes para o curso correspondente non se cubriu completamente na 1ª oportunidade.

7. Os estudantes cun recoñecemento de traballo a tempo parcial ou exención académica de exención de asistencia serán avaliados a través de probas de laboratorio e prácticas mixtas (asistencia a talleres, correspondentes ao 10% da cualificación xeral). Por tanto, na primeira e segunda oportunidade, os talleres avaliaranse a través da proba mixta, que representará o 80% da cualificación xeral.


Fontes de información
Bibliografía básica L. M. Harwood (2014). Experimental Organic Chemistry. Blacwell Science
L.G. Wade, Jr (2004). Química Orgánica. Pearson
K.P.C. Vollhardt and N.E.Schore (2007). Química Orgánica: estructura y función. Omega
M. A. Martínez Grau, A. Csákÿ (2001). Técnicas experimentales en síntesis orgánica. Síntesis

Ademais da bibliografía recomendada, a maioría dos libros de Química Orgánica xeral son útiles para seguir os contidos da materia. Recoméndase aos alumnos que descargen e impriman as presentacións de contidos dispoñibles en moodle antes de asistir ás leccións maxistrais, coa intención de que poidan tomar notas das explicacións do profesor sobre os devanditos materiais.

Bibliografía complementaria J. Clayden, N. Greeves, S. Warren (2012). Organic Chemistry. Oxford University Press


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química: Equilibrio e Cambio/610G04008
Química: Enlace e Estrutura/610G04005
Laboratorio Básico Integrado/610G04004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase a entrega de traballos e exercicios por medios electrónicos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías