Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Bioquímica Molecular e Metabólica Código 610G04023
Titulación
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Barreiro Alonso, Aida Inés
Correo electrónico
aida.barreiro@udc.es
Profesorado
Barreiro Alonso, Aida Inés
Insua Pombo, Ana Maria
Vila Sanjurjo, Antón
Correo electrónico
aida.barreiro@udc.es
ana.insua@udc.es
anton.vila@udc.es
Web
Descrición xeral Os contidos desta materia permitirán aos estudantes coñecer e entender os mecanismos moleculares asociados aos procesos de transmisión, expresión e variación do material xenético, así como técnicas de análise masiva de ácidos nucleicos e proteínas. Tamén permitirá coñecer e entender os mecanismos de bioenerxética e as principais reaccións químicas que teñen lugar na célula xunto coa súa regulación. Os coñecementos adquiridos serán indispensables para outras materia do grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 CE3 - Reconocer y analizar problemas físicos, químicos, matemáticos, biológicos en el ámbito de la Nanociencia y Nanotecnología, así como plantear respuestas o trabajos adecuados para su resolución, incluyendo el uso de fuentes bibliográficas.
A6 CE6 - Manipular instrumentación y material propios de laboratorios para ensayos físicos, químicos y biológicos en el estudio y análisis de fenómenos en la nanoescala.
A7 CE7 - Interpretar los datos obtenidos mediante medidas experimentales y simulaciones, incluyendo el uso de herramientas informáticas, identificar su significado y relacionarlos con las teorías químicas, físicas o biológicas apropiadas.
A8 CE8 - Aplicar las normas generales de seguridad y funcionamiento de un laboratorio y las normativas específicas para la manipulación de la instrumentación y de los productos y nanomateriales.
B3 CB3 - Que los estudiantes tengan la capacidad de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro de su área de estudio) para emitir juicios que incluyan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética
B4 CB4 - Que los estudiantes puedan transmitir información, ideas, problemas y soluciones a un público tanto especializado como no especializado
B6 CG1 - Aprender a aprender
B7 CG2 - Resolver problemas de forma efectiva.
B8 CG3 - Aplicar un pensamiento crítico, lógico y creativo.
C3 CT3 - Utilizar las herramientas básicas de las tecnologías de la información y las comunicaciones (TIC) necesarias para el ejercicio de su profesión y para el aprendizaje a lo largo de su vida
C6 CT6 - Adquirir habilidades para la vida y hábitos, rutinas y estilos de vida saludables
C7 CT7 - Desarrollar la capacidad de trabajar en equipos interdisciplinares o transdisciplinares, para ofrecer propuestas que contribuyan a un desarrollo sostenible ambiental, económico, político y social.
C8 CT8 - Valorar la importancia que tiene la investigación, la innovación y el desarrollo tecnológico en el avance socioeconómico y cultural de la sociedad

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar as principais rotas metabólicas na célula, a súa regulación e a súa integración. B3
B4
Recoñecer os principios de bioenerxética. B3
B4
Recoñecer os sistemas de replicación e transmisión da información xenética, así como a súa regulación. B3
B4
B6
B8
Resolver problemas básicos de bioquímica molecular e metabólica. A3
B3
B4
B6
B7
B8
C3
C8
Aplicar as principais técnicas bioquímicas para o estudo da bioquímica molecular e metabólica. A3
A6
A7
A8
B3
B4
B6
B7
B8
C3
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA1. Replicación do DNA. Replicación semiconservativa do DNA. Enzimoloxía da replicación. Replicación do DNA en procariotas e eucariotas. Síntese de telómeros. Replicación do DNA mitocondrial e cloroplástico.
TEMA 2. Síntese e procesamento do RNA. Clases de RNA. RNA polimerasas. Promotores e aparato de transcripción. Transcripción en procariotas e eucariotas: iniciación, elongación e terminación. Xenes interrompidos: exons e intróns. Procesamento do pre-mRNA eucariota. Síntese, procesamento e edición dos distintos RNAs.
TEMA 3. Mutación e reparación do DNA. Base molecular das mutacións. Mecanismos de reparación do DNA.
TEMA 4. Mecanismo molecular da recombinación. Papel da recombinación xenética. Conversión xénica. Modelos de recombinación homóloga e recombinación específica de sitio.
TEMA 5. OMICas. Metodoloxías do estudo do xenoma e da súa expresión.
TEMA 6. Traducción e procesamento de proteínas. Dogma central da bioloxía molecular. Ribosomas e tRNAs. Ciclo da traducción: iniciación, elongación e terminación. Código xenético e descodificación xenética.
TEMA 7. Regulación da expresión xénica. Regulación da expresión xénica en bacterias. Operones. Regulación da expresión xénica en eucariotas. Cambios estructurales da cromatina. Control da transcripción, procesamento do RNA e da estabilidade do mRNA. Control da traducción.
TEMA 8. Técnicas de análise do proteoma. Proteómica e mapas de interacción de proteínas.
TEMA 9. Bioenerxética e introducción ó metabolismo. Rotas anabólicas e catabólicas. Compartimentalización. Transporte de metabolitos a través das membranas celulares. Reaccions de oxidación reducción na producción de enerxía. Xeneración de ATP: fosforilación a nivel de sustrato, fosforilación oxidativa e
fosforilación fotosintética como sistemas de obtención de enerxía.
TEMA 10. Glicólise e catabolismo de hexosas. Localización das rotas. Etapas e regulación da vía. Fermentacións. Relación coa rota das pentosas fosfato.
TEMA 11. Ciclo de Krebs. Localización da rota. Conversión de piruvato en acetil-CoA. Estudo do complexo piruvato deshidrogenasa e interrelación con outras rotas. Rotas anapleróticas, importancia das lanzadeiras mitocondriales e balances.
TEMA 12. Gluconeoxénese. Definición e localización, necesidade metabólica desta rota. Ciclo do glioxalato.
TEMA 13. "Fase escura" da fotosíntese. Relación coa
gluconeoxénese.
O Ciclo de Calvin. Fotorrespiración. Regulación. Metabolismo da sacarosa e o almidón.
TEMA 14. Metabolismo do glucóxeno. O glucóxeno como polisacárido de reserva. Biosíntese e degradación de glucóxeno muscular e hepático. Regulación. O papel do fígado no mantemento da glucemia. Anomalías conxénitas do metabolismo do glucóxeno.
TEMA 15. Metabolismo de lípidos. Catabolismo de lípidos: lipólise, beta-oxidación. Biosíntese de ácidos grasos, triglicéridos, lípidos de membrana e esteroides. Regulación do metabolismo de lípidos. Metabolismo de corpos cetónicos.
TEMA 16. Metabolismo de aminoácidos. Dixestión e degradación intracelular de proteínas. Eliminación do nitróxeno dos aminoácidos. Ciclo da urea. Transporte do amoníaco
ó fígado. Destino do esqueleto carbonado dos aminoácidos. Biosíntese de aminoácidos. Regulación.
TEMA 17. Derivados de aminoácidos. Funcións precursoras dos aminoácidos: aminas con actividade biolóxica, glutatión, porfirinas. Metabolismo de nucleótidos púricos e pirimidínicos. Regulación.
TEMA 18. Integración do metabolismo. Perfís metabólicos dos órganos máis importantes. Conexions entre as rotas: glucosa-6-fosfato, piruvato e acetilCoA. Adaptacions metabólicas as situacions de estrés. Xexun, exercicio físico.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B3 B6 B8 C8 28 54 82
Prácticas de laboratorio A6 A7 A8 B3 B4 B6 C6 C7 9 6 15
Prácticas a través de TIC A7 B3 B6 B7 B8 C3 6 4 10
Solución de problemas A1 A2 A3 B2 B4 B6 B8 8 17 25
Esquemas B6 B8 0 12 12
Proba mixta B3 B4 B8 4 0 4
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os temas da materia serán impartidos polos profesores coa axuda de medios audiovisuais. A documentación pertinente poñerase a disposición dos alumnos no Campus Virtual.
Prácticas de laboratorio Realizaranse unha serie de actividades no laboratorio de prácticas, co fin de que os alumnos aprendan a manexar instrumental científico básico en Bioquímica e Bioloxía Molecular.
Prácticas a través de TIC Trátanse cuestións que requiren a consulta de bases de datos e o emprego de ferramentas bioinformáticas.
Solución de problemas Resolveranse en grupos máis reducidos de alumnos problemas prácticos/cuestións para afondar na aplicación prácticas dos conceptos explicados nas clases maxistrais.
Esquemas Realización dun mapa metabólico mediante esquemas das rotas metabólicas que ocorren na célula e que permita interrelacionar e conectar as distintas rotas.
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, e que pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de asociación, explicativa, ou de cálculo e resolución de problemas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Esquemas
Solución de problemas
Descrición
Para todos os alumnos realizaranse titorías personalizadas centradas na orientación para a realización de problemas, resolución de dúbidas e aclaracións. Esta atención personalizada levarase a cabo ao longo do curso e previa solicitude do estudante.
Os alumnos tamén poderán solicitar titorías e resolver dúbidas concretas por correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A6 A7 A8 B3 B4 B6 C6 C7 As prácticas de laboratorio considéranse como unha actividade de asistencia obrigatoria para superar a materia.
A avaliación consistirá nunha proba obxectiva na que se formularán preguntas sobre o fundamento e aplicación das prácticas realizadas.
10
Esquemas B6 B8 Realizarase un mapa metabólico que integre as rotas metabólicas que teñen lugar nas células. 10
Prácticas a través de TIC A7 B3 B6 B7 B8 C3 Valorarase o grao de comprensión das análises realizadas e de coñecemento das ferramentas bioinformáticas utilizadas. A proba require o uso dun ordenador conectado a internet e equipado cos programas bioinformáticos a utilizar. 10
Proba mixta B3 B4 B8 Avaliación dos coñecementos adquiridos tanto nas sesión maxistrais como nas clases de problemas mediante preguntas tipo test, tipo ensaio, definicións, cuestións de relacionar e/ou preguntas que requiren proporcionar unha solución. 70
 
Observacións avaliación

As PRÁCTICAS DE LABORATORIO son obrigatorias. A ausencia a prácticas debe estar debidamente xustificada para superar a materia.

Para ser avaliado é imprescindible realizar as probas sobre a teoría (proba mixta), prácticas de laboratorio e prácticas TIC.

Para superar a materia debe acadarse un 5 e ter >4,5 nas probas mixtas e unha cualificación media nas prácticas >4,5 (laboratorio e TIC). Se a cualificación resultante da suma de todas as actividades avaliables fose igual ou superior a 5, pero non se reunisen os requisitos indicados, a cualificación sería 4,0 (suspenso).

Considérase Non Presentado (NP) cando o alumno non se presente á proba do período oficial de avaliación.

As matrículas de honra concédense preferentemente entre os alumnos que acaden a cualificación igual ou superior a 9 na primeira oportunidade da convocatoria (xaneiro)

Realizarase un exame parcial e no caso de ter unha cualificación superior a 4,5 non terá que repetirse nas oportunidades de xaneiro e xullo.

Na segunda oportunidade (xullo) poderá optarse por: (A) asumir os criterios de avaliación da primeira oportunidade (especificados no apartado de AVALIACIÓN); ou (B) realizar as probas correspondentes a teoría (proba mixta), prácticas de laboratorio e prácticas TIC, representando en este caso un 80% a proba mixta. Se o alumno opta pola opción B deberá informar ao profesor
responsable da materia 10 días antes do exame. 

No caso de alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa de exención de asistencia, poderán adoptarse medidas adicionais para que poida superar a materia tales como flexibilidade no prazo de entrega de traballos, flexibilidade no horario de prácticas ou realización dunha proba global de avaliación dos resultados da aprendizaxe.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente.


Fontes de información
Bibliografía básica Luque J, Herráez A. (2010). Biologia Molecular e Ingenieria Genetica. Hardcourt
Mathews C.K., Van Holde K.E., Appling D.R. y Anthony-Cahill S.J. (2013). Bioquímica. Pearson
Stryer, L., Berg, J.M. y Tymoczko, J.L. (2015). Bioquímica. Reverté
Feduchi, E., Romero, C.S., Yáñez, E., García-Hoz Jiménez, C. (2021). Bioquímica. Conceptos esenciales. Médica Panamericana
Klug, W.S., Cummings, M.R., Spencer, C.A . (2013). Conceptos de Genética. Pearson/Prentice Hall
Klug, W.S., Cummings, M.R., Spencer, C.A., Paladino, M.A., Killian, D.J. (2020). Concepts of Genetics. Pearson Education
Pierce, B.A. (2015). Genética: un enfoque conceptual. Médica Panamericana
Pierce, B.A. (2020). Genetics: a conceptual approach. Freeman
Nelson, D.L, Cox, M.M. (2018). Lehninger. Principios de Bioquímica. Omega

Bibliografía complementaria

Melo y Cuamatzi (2004). Bioquímica de los procesos metabólicos. Reverté-UAM Xochimilco


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Bioquímica Estrutural/610G04019
Bioloxía Celular/610G04003
Laboratorio Básico Integrado/610G04004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Microbioloxía e Inmunoloxía/610G04024

Materias que continúan o temario
Fundamentos de Biotecnoloxía/610G04029

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías