Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Nanotoxicoloxía Código 610G04032
Titulación
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Valdiglesias García, Vanessa
Correo electrónico
vanessa.valdiglesias@udc.es
Profesorado
Valdiglesias García, Vanessa
Correo electrónico
vanessa.valdiglesias@udc.es
Web
Descrición xeral
Nesta materia o alumnado adquirirá os coñecementos fundamentais sobre a nanotoxicología, abordará a interacción entre nanomateriales e sistemas biolóxicos e as súas implicacións. Familiarizarase tamén cos riscos potenciais asociados á exposición a nanomateriales e como avalialos, e coñecerá os mecanismos de acción dos nanomateriales a nivel xenético, celular, tisular, organismo e ecosistema. Finalmente, adquirirá coñecementos en canto aos protocolos de seguridade no deseño e uso de nanomateriales no lugar de traballo e a regulación existente no emprego e produción de nanomateriales.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 CE8 - Aplicar las normas generales de seguridad y funcionamiento de un laboratorio y las normativas específicas para la manipulación de la instrumentación y de los productos y nanomateriales.
A9 CE9 - Evaluar correctamente los riesgos sanitarios y de impacto ambiental asociados a la Nanociencia y la Nanotecnología.
A10 CE10 - Comprender la legislación en el ámbito del conocimiento y la aplicación de la Nanociencia y Nanotecnología. Aplicar principios éticos en este marco.
B1 CB1 - Que los estudiantes hayan demostrado poseer y comprender conocimientos en un área de estudio que parte de la base de la educación secundaria general, y se suele encontrar a un nivel que, si bien se apoya en libros de texto avanzados, incluye también algunos aspectos que implican conocimientos procedentes de la vanguardia de su campo de estudio
B3 CB3 - Que los estudiantes tengan la capacidad de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro de su área de estudio) para emitir juicios que incluyan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética
B4 CB4 - Que los estudiantes puedan transmitir información, ideas, problemas y soluciones a un público tanto especializado como no especializado
B5 CB5 - Que los estudiantes hayan desarrollado aquellas habilidades de aprendizaje necesarias para emprender estudios posteriores con un alto grado de autonomía
B6 CG1 - Aprender a aprender
B7 CG2 - Resolver problemas de forma efectiva.
B8 CG3 - Aplicar un pensamiento crítico, lógico y creativo.
B11 CG6 - Comportarse con ética y responsabilidad social como ciudadano/a y como profesional.
C3 CT3 - Utilizar las herramientas básicas de las tecnologías de la información y las comunicaciones (TIC) necesarias para el ejercicio de su profesión y para el aprendizaje a lo largo de su vida
C6 CT6 - Adquirir habilidades para la vida y hábitos, rutinas y estilos de vida saludables
C7 CT7 - Desarrollar la capacidad de trabajar en equipos interdisciplinares o transdisciplinares, para ofrecer propuestas que contribuyan a un desarrollo sostenible ambiental, económico, político y social.
C8 CT8 - Valorar la importancia que tiene la investigación, la innovación y el desarrollo tecnológico en el avance socioeconómico y cultural de la sociedad

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Traballar en grupo de forma colaborativa B6
Saber expresarse en público B4
Dominar a linguaxe científica propia da disciplina e comunicarse de forma efectiva B5
Capacidade para buscar e interpretar información toxicolóxica de calquera tipo empregando ferramentas informáticas e a rede internet B3
C3
C6
Saber cales son os fundamentos e principios básicos da Nanotoxicoloxía B1
B4
B6
C8
Identificar as principais interaccións entre os nanomateriais e os sistemas biolóxicos, así como a súa toxicidade e resposta A9
B5
B6
Entender os mecanismos de acción e efectos de adversos dos nanomateriais e a influencia das súas propiedades físico-químicas neles A9
B1
B6
C8
Coñecer as diferentes metodoloxías para a avaliación da nanotoxicidade e o risco de exposición a nanomateriais a distintos niveis A9
B5
B11
Resolver problemas básicos de nanotoxicoloxía B6
B7
B11
C7
Interpretar e presentar datos experimentais B3
B8
C3
C7
Recoñecer as medidas de prevención e riscos asociados á produción de nanomateriais, e a lexislación vixente á fabricación e comercialización dos mesmos A8
A10
C6

Contidos
Temas Subtemas
I. Introdución á nanotoxicoloxía. Interacción entre nanomateriais e sistemas biolóxicos. 1. Conceptos básicos en Toxicoloxía e Nanotoxicoloxía.
2. Introdución á Nanotoxicoloxía.
3. Toxicocinética dos nanomateriais.
II. Toxicodinamia dos nanomateriais. Nanotoxicoloxía xenética, celular, tisular, sistémica e a nivel de organismo. 4. Toxicodinamia e mecanismos de acción dos nanomateriais.
5. Estudos de nanotoxicidade in vitro e in silico.
6. Estudos de nanotoxicidade in vitro e epidemiolóxicos.
III. Presenza e comportamento de nanomateriais no medio ambiente. 7. Ecotoxicoloxía dos nanomateriais.
8. Avaliación e caracterización do impacto ambiental dos nanomateriais.
IV. Nanoseguridade e regulación. 9. Exposición ocupacional a nanomateriais.
10. Regulación e aspectos éticos no uso e produción de nanomateriais.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B6 B7 C8 1 0 1
Sesión maxistral A8 A9 A10 B1 B5 B7 B8 B11 C6 30 60 90
Proba mixta A8 A9 A10 B1 B5 B7 B8 B11 C6 3 0 3
Prácticas de laboratorio A8 A9 B3 B4 B6 B7 B8 C7 C8 10 25 35
Prácticas a través de TIC A9 B3 B7 C3 2 5 7
Portafolios do alumno A9 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B11 0 12 12
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia e introdución polo profesorado dos contidos do programa con axuda de materiais multimedia. Resolución das cuestións expostas polos/as estudantes.
Sesión maxistral Exposición mediante docencia expositiva en aula dos temas e subtemas contidos na materia. Metodoloxía participativa, colaborativa, constructivista, con aprendizaxe guiada polo profesorado.
Proba mixta Ao finalizar o programa da materia realizarase unha proba que constará de preguntas de resposta curta e/o tipo test.
Prácticas de laboratorio Clases de resolución de casos e problemas mediante docencia interactiva que se realizarán na aula, nas que se traballarán aspectos prácticos da materia explicada durante as sesións maxistrais e aprenderanse diversas metodoloxías para a avaliación, e interpretación dos resultados obtidos, do dano inducido por exposición a nanomateriais.
Prácticas a través de TIC Práctica realizada utilizando equipamento informático sobre a procura e manexo de información toxicolóxica e nanotoxicolóxica na internet.
Portafolios do alumno Ao finalizar a docencia interactiva o alumnado deberá preparar e presentar un portafolio a modo de traballo escrito, onde se recollan os resultados dos casos prácticos vistos durante as clases, así como as respostas ás preguntas e cuestionarios expostos nas mesmas. Ademais, farase a análise e representación gráfica dos datos se así fose solicitado. Devandito portafolio entregarase ao profesorado da materia en formato papel antes do fin do prazo fixado para a súa avaliación e cualificación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Prácticas a través de TIC
Descrición
A solicitude do alumnado realizaranse titorías para concretar as cuestións para tratar no portafolio, así como para resolver dúbidas, ofrecer orientación e axudar no desenvolvemento tanto das competencias específicas da materia como das competencias transversais e nucleares da titulación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A8 A9 A10 B1 B5 B7 B8 B11 C6 O contido das sesións maxistrais avaliarase mediante a proba mixta. 0
Proba mixta A8 A9 A10 B1 B5 B7 B8 B11 C6 A avaliación das competencias adquiridas na materia levará a cabo mediante a realización dun exame ao final da materia, será individual e non poderá realizarse en grupo. O exame constará de preguntas de resposta curta e/ou tipo test sobre conceptos básicos aprendidos durante as clases e cuestións prácticas relacionadas. O alumnado terá que obter polo menos un cinco no exame final para aprobar a materia. 80
Prácticas de laboratorio A8 A9 B3 B4 B6 B7 B8 C7 C8 A avaliación do traballo de aprendizaxe individual realizada polo/a alumno/a realizarase mediante o seguimento continuado durante o desenvolvemento das clases prácticas da docencia interactiva. Valorarase a destreza na resolución dos casos e exercicios propostos que o alumnado entregará no portafolio, así como a capacidade de razoamento e de achegar solucións aos problemas expostos. 0
Prácticas a través de TIC A9 B3 B7 C3 Do mesmo xeito que coas prácticas de laboratorio, a avaliación do traballo de aprendizaxe individual realizada realizarase mediante o seguimento continuado durante o desenvolvemento das clases prácticas a través de TIC. O alumnado deberá resolver os casos e exercicios propostos durante a clase e entregalos no portafolio xunto cos casos prácticos de laboratorio. O alumnado que non asista ás prácticas a través de TIC deberá realizar igualmente os cuestionarios propostos e achegalos ao portafolio para a súa entrega en forma e prazo. 0
Portafolios do alumno A9 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B11 O alumnado preparará un portafolio no que detallarán os obxectivos, procedementos e resultados das actividades realizadas. Valorarase o grao de comprensión do tema tratado, a capacidade de análise e síntese, a bibliografía consultada e a claridade da exposición, redacción e ortografía. A entrega deste portafolio será obrigatoria. Con todo, non será indispensable aprobar este traballo para aprobar o conxunto da materia. O alumnado que non asista ás prácticas deberá realizar igualmente o portafolio e entregalo en forma e prazo indicados. 20
 
Observacións avaliación

Consideraranse PRESENTADOS nas actas da materia todos aqueles alumnos/as que se presenten ao exame final oficial da materia e entregasen o correspondente portafolio das prácticas de laboratorio e prácticas a través de TIC.

A nota final en actas dos/as estudantes que non alcancen na proba obxectiva do temario teórico a nota mínima para superar a materia, pero cuxa puntuación acumulativa sexa superior a 50, será un 4.9 (SUSPENSO).

Na segunda oportunidade tan só deberá presentarse a exame o alumnado que non se presentou na primeira, ou que non superase a nota mínima para aprobar a materia na proba obxectiva de teoría. A metodoloxía de avaliación será a mesma da primeira oportunidade.

Durante a realización da proba práctica, en calquera de ambas oportunidades, agás que se indiqueo contrario, está prohibido o uso de cualquera dispositivo con acceso a Internet. Se durante a realización da proba práctica, hai indicios do uso nonautorizado deses dispositivos, @ estudante será expulsado da aula, eprocederase segundo a Ley 3/2022, de 24 de febrero, de convivenciauniversitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC. 

A realización fraudulenta das probas e/ou actividades implicará directamente a cualificación de suspenso ("0") na materia na convocatoria correspondente, invalidando calquera cualificación obtida en tódalas actividades de cara á seguinte oportunidade, de existir, dentro do mesmo curso académico. Considérase fraudulenta a realización das actividades, propostas a ser completadas presencialmente na aula, que se fagan dende fora da aula, prodedendo segundo aLey 3/2022, de 24 de febrero, de convivencia universitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC.

Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe, será considerada causa de cualificación de suspenso (nota numérica 0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

No caso de situacións excepcionais debidamente xustificadas poderán adoptarse medidas adicionais para que o/a estudante poida superar a materia, tales como flexibilidade na data de entrega do portafolio ou modificación da data da proba de avaliación dos resultados da aprendizaxe.

O alumnado con dedicación a tempo parcial oficialmente recoñecida, poderán realizar as actividades propostas nos seminarios vía on-line e, mediante as titorías (presenciais ou on-line), solucionar as cuestións que poidan xurdir.

En caso de existir discrepancias entre as guías docentes en distintos idiomas, prevalecerá a versión en español.


Fontes de información
Bibliografía básica

LIBROS:

Fadeel, B., Pietroiusti, A., Shvedova, A. (2012) Adverse Effects of Engineered Nanomaterials. USA. Elsevier.

Greim, H.; Snyder, R. (2007) Toxicology and risk assessment: a comprehensive introduction. Chichester: John Wiley & sons.

Klaassen, C.D.; Watkins III, J.B. (2005) Fundamentos de Toxicología de Casarett y Doull. Madrid: MacGraw Hill.

Kumar, V., Dasgupta, N., Ranjan, S. (2018) Nanotoxicology. Toxicity Evaluation, Risk Assessment and Management. CRC Press. Taylor and Francis Group.

Nelson Duran, Silvia S Guterres, et al., (2016) Nanotoxicology, Springer.

Ramachandran, G. (2011) Assessing Nanoparticle Risks to Human Health. USA. Elsevier.

Reineke, J. (2012) Nanotoxicity. Methods and Protocols. USA. Springer.

Repetto, M.; Repetto, G. (2009) Toxicología fundamental. Madrid: Díaz de Santos.

Riviere, J.E. (2006) Biological concepts and Techniques in Toxicology. An integrated approach. New York: Taylor & Francis.

Saquib, Q., Faisal, M., Al-Khedhairy, A.A., Alatar, A.A. (2018) Cellular and Molecular Toxicology of Nanoparticles. Saudi Arabia. Springer.

Bibliografía complementaria

LIBROS:

Barile, F.A. (2008) Principles of Toxicology Testing. Florida: CRC Press.

DeCaprio, A. (2006) Toxicologic biomarkers. New York: Taylor and Francis.

De Seres FJ., Blown AD. (1996) Ecotoxicity and human health. A biological approach to environmental remediation. CRC Lewis Publisher, Boca Ratón.

IPCS (1993) Biomarkers and risk assessment: concepts and principles. International Programme on chemical safety. Environmental Health Criteria 155. World Health Organization. Geneva.

Landis WG., Yu MH. (1995) Introduction to environmental toxicology. Impacts of chemicals upon ecological system. CRC Lewis Publishers, Boca Ratón.

National Research Council of the National Academies (2006) Human biomonitoring for environmental chemicals. Washington D.C.: The National Academies Press.

Niesink, R.J.M. (1996) Toxicology: principles and applications. Boca Raton-Florida: CRC Press.

Stine, K.E; Brown, T.M. (2006) Principles of toxicology. 2nd edition. Londres: CRC Press Taylor & Francis.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Microbioloxía e Inmunoloxía/610G04024
Bioquímica Molecular e Metabólica/610G04023
Métodos Numéricos e Estatísticos/610G04013
Bioloxía Celular/610G04003

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Nanotecnoloxía en Farmacia/610G04043
Nanotecnoloxía na Industria Alimentaria/610G04044
Nanotecnoloxía en Medicina/610G04037
Nanotecnoloxía en Medio Ambiente/610G04038

Materias que continúan o temario

Observacións

- Recoméndase ter coñecementos de informática a nivel usuario, para a utilización da plataforma Moodle e a preparación do portafolio e a súa presentación.

- Recoméndase ter coñecementos de inglés, para a consulta de materiais bibliográficos. 

- Tal e como se recolle nas competencias transversais do título (C4), fomentarase o desenvolvemento dunha cidadanía crítica, aberta e respectuosa coa diversidade na nosa sociedade, salientando a igualdade de dereitos do alumnado sen discriminación por cuestión de xénero ou condición sexual. Empregarase unha linguaxe inclusiva no material e no desenvolvemento das sesións.Traballarase para identificar e modificar prexuizos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 

- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais desta materia que se entreguen en papel: 

Non utilizarán plásticos. 

Utilizarán impresións a dobre cara. 

Utilizará papel reciclado. 

Evitará a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías