Identifying Data 2020/21
Subject (*) Macroeconomy in Open Economies Code 611448006
Study programme
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Obligatory 3
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Economía
Coordinador
Nieto Mengotti, Manuel Vicente
E-mail
m.nieto1@udc.es
Lecturers
Nieto Mengotti, Manuel Vicente
E-mail
m.nieto1@udc.es
Web
General description Os obxectivos desta asignatura consisten en:

- Coñecer o funcionamento do mercado de divisas; os efectos dos tipos de cambio sobre o comercio internacional.

- Coñecer a política monetaria e o funcionamento dos mercados financieiros.

- Analizar os tipos de xuro oficiais do Banco Central e dos distintos mercados: interbancario, hipotecario, prestamos ó consumo, etc...
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
a. – Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen Indica as metodoloxías previstas que se manteñen.
– Sesión maxistral
– Discusión dirixida (computa na avaliación)
– Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación)
– Atención personalizada Metodoloxías docentes que se modifican Indica as metodoloxías que decaen, que se modifican e as que se incorporan (coa a súa descrición).
– Proba mixta (non se realizará, xa que a avaliacións deste coñecementos se incorpora a metodoloxía dos “Traballos tutelados”)

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Indica as ferramentas empregadas (Moodle, Teams, etc.). Para cada unha, indica a temporalidade (por exemplo a frecuencia semanal de realización) e descrición de como se desenvolve.
– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Teams: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
Teams: De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación
Examen final: Proba de 20 preguntas tipo test (40%)
Traballos tutelados (60%): En relación cos traballos tutelados valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
? A profundidade do contido.
? O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
? O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
? A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
? A presentación e a claridade da exposición.


5. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
- Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (examen e traballos tutelados).
-Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
- A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A21 Coñecer os instrumentos financeiros básicos da financiación internacional
A22 Coñecer a interrelación entre os fluxos comerciais e financeiros internacionais
A23 Identificar as variables relevantes na determinación do tipo de cambio nas perspectivas do corto e longo prazo
B4 Habilidades informáticas.
B5 Habilidades de presentación oral e escrita.
B15 Explotación da información dispoñible para a planificación e a toma de decisións
B16 Utilización de técnicas estatísticas e econométricas para a resolución de problemas específicos no ámbito das finanzas e a banca
B18 Adquisición da capacidade necesaria para analizar a situación financeira da empresa nun momento determinado, establecemento das correccións adecuadas e planificación do seu futuro
B19 Elaboración de diagnósticos sobre a contorna económica e financeira, para fundamentar a toma de decisións financeiras
B20 Estudo da solvencia das empresas e das entidades financeiras
B24 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a menudo nun contexto de investigación
B25 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B26 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B27 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B28 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer os instrumentos financeiros básicos do financiamento internacional. AJ21
BJ5
BJ15
BJ16
BJ18
BJ19
BJ20
BJ24
BJ25
BJ26
BJ27
BJ28
Coñecer a interrelación entre os fluxos comerciais e financeiros internacionais. AJ22
BJ5
BJ15
BJ19
BJ20
BJ24
BJ25
BJ26
BJ27
BJ28
Identificar as variables relevantes na determinación do tipo de cambio nas perspectivas de curto e longo prazo. AJ23
BJ5
BJ15
BJ16
BJ19
BJ24
BJ25
BJ26
BJ27
BJ28
Coñecer o papel e o funcionamento do banco central. Identificar as relacións entre os tipos de interese do banco central e os tipos dos mercados monetarios AJ21
AJ23
BJ5
BJ15
BJ19
BJ24
BJ25
BJ26
BJ27
BJ28
Comprender os factores macroeconómicos que afectan os rendementos do investimento. AJ22
AJ23
BJ4
BJ5
BJ15
BJ19
BJ24
BJ25
BJ26
BJ27
BJ28
Coñecer e entender os principais indicadores de crecemento económico, de prezos e de emprego, así como a súa influencia na planificación da política monetaria. AJ21
AJ22
AJ23
BJ5
BJ15
BJ19
BJ20
BJ24
BJ25
BJ26
BJ27
BJ28
Coñecer e entender que é un ciclo económico, as súas características e as teorías explicativas dos ciclos. AJ22
AJ23
BJ5
BJ15
BJ16
BJ24
BJ25
BJ26
BJ27
BJ28

Contents
Topic Sub-topic
TEMA 1. INSTRUMENTOS FINANCIEIROS BÁSICOS DA FINANCIACIÓN INTERNACIONAL TEMA 1.
1.1. Mercados non organizados
1.2. Mercados organizados
TEMA 2. AS SUBBALANZAS DE PAGOS E O FINANCIAMENTO INTERNACIONAL TEMA 2.
2.1. A balanza por conta corrente
2.2. A balanza básica
2.3. A balanza de liquidacións oficiais
2.4. Deficiencias da información e o enigma Felstein-Horioca
TEMA 3. O TIPO DE CAMBIO TEMA 3.
3.1. Os diferentes rexímenes cambiarios. Impacto sobre os mercados monetarios domésticos.
3.2. Perspectiva de longo prazo: a paridade do poder de compra.
3.3. Perspectiva de curto prazo: A paridade cuberta e a paridadade non cuberta de xuros
3.4. Enfoque forward-looking
3.5. A aversión ó risco, a composición óptima de carteira con activos domésticos e extranjeros e as expectativas no mercado cambiario.
3.6. O sesgo doméstico
TEMA 4. A POLÍTICA MONETARIA E O BANCO CENTRAL. TEMA 4.
4.1. O papel dos bancos centrais na actualidade.
4.2. O Banco Central Europeo o o Sistema de Bancos Centrais.
4.3. Obxectivo e instrumentos de política monetaria do BCE.

TEMA 5. A ESTRATEXIA DE POLÍTICA MONETARIA DO BCE TEMA 5.
5.1. Operacións de inxección de liquidez ó sistema.
5.2. Especial referencia ás Operacións Principais de Financiamento.
5.3.Tipo de xuro das subastas de liquidez.
5.4.Poxas e asignacións nas operacións de inxección de liquidez.
TEMA 6. TIPOS DE XURO DO BCE. 6.1. O tipo oficial do BCE.
6.2. Os tipos de xuro do mercado interbancario europeo
6.3. Relación entre o tipo oficial do BCE e o EURIBOR ós distintos prazos.
6.4. A transmisión dos tipos oficiais ós tipos do mercado monetario. Os tipos hipotecarios como caso especial.
6.5. Tipos oficiais doutros bancos centrais e tipos del BCE.
TEMA 7. TIPOS DE XURO E DECISIÓNS FINANCEIRAS. 7.1 Tipos de xuro e inflación.
7.2 Tipos de xuro e valor dos produtos de investimento.
7.3 Expectativas sobre tipos de xuro e decisións de financiamento e investimento.
TEMA 8. INDICADORES MACROECONÓMICOS. 8.1 Indicadores de crecemento.
8.2 Indicadores de prezos.
8.3 Indicadores de emprego.
TEMA 9. IMPACTO DAS VARIABLES MACROECONÓMICAS NOS MERCADOS FINANCEIROS. 9.1 Determinación de prezos e cantidade.
9.2 Efecto do produto interior.
9.3 Efecto da inflación.
9.4 Efecto do balance do sector público.
9.5 Efecto do desemprego.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Supervised projects A21 A22 A23 B4 B5 B15 B16 B18 B19 B20 B24 B25 B26 B27 B28 2 40 42
Multiple-choice questions A21 A22 A23 B15 B18 B24 B25 1 10 11
Guest lecture / keynote speech A21 A22 A23 B28 18 0 18
 
Personalized attention 4 0 4
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects O profesor propón a realización dun traballo sobre algún aspecto relevante da temática da materia. Poderá realizarse o traballo bien sexa de maneira individual ou ben sexa en grupos reducidos. O profesor fará un seguimento continuo do desenvolvemento do traballo. Os traballos serán expostos na aula polo autor/autores.
Recomendacións:
1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
1.2. Realizarase a través de Moodle ou Team (Office 365), en formato dixital sen necesidade de imprimilos
Multiple-choice questions Durante o curso realizaranse breves probas a resposta múltiple para comprobar o nivel de aprendizaxe de forma continua. As preguntas estarán orientadas á preparación do exame para a obtención das certificacións EFPA.

Así mesmo, o exame final da materia consistirá noutra proba de resposta múltiple, co mesmo tipo de preguntas.
Guest lecture / keynote speech Sesións maxistrais con discusión en clase sobre os temas tratados.

Personalized attention
Methodologies
Guest lecture / keynote speech
Supervised projects
Description
O profesor atenderá todas as cuestións e as dúbidas que lle sexan presentadas polo alumno directamente na aula ou nas horas de titoría. En particular, resérvanse as horas de titoría para a atención personalizada para o desenvolvemento do traballo tutelado.

Os alumnos con dedicación a tempo parcial poderán recibir atención personalizada nas horas de titoría do profesor.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A21 A22 A23 B4 B5 B15 B16 B18 B19 B20 B24 B25 B26 B27 B28 Nos traballos tutelados valoraranse a calidade e a organización dos contidos do traballo e a exposición do mesmo polo alumno na aula. 20
Multiple-choice questions A21 A22 A23 B15 B18 B24 B25 As probas de resposta múltiple divídense en:
- Probas ao longo do curso (cualificación 20%)
- Proba final da materia (cualificación 60%)
80
 
Assessment comments

A cualificación final dependerá da avaliación continua (40%, entre traballo e probas ao longo do curso) e exame final (60%).

O exame da segunda
oportunidade constará únicamente dunha proba mixta a que asignarase o 100% da
calificación. Estes criterios de avaliación son os mesmos para os alumnos
matriculados en réxime de dedicación a tempo completo e para os alumnos con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial.

En la evaluación continua de la asignatura, será requisito indispensable evaluar la asistencia regular, con participación activa y aprovechamiento, a las sesiones y actividades organizadas por los coordinadores de la asignatura y el Máster.

La calificación de no presentado se aplicará al alumnado que solo participa en actividades de evaluación que tienen un peso inferior al 20% en la calificación final, independientemente de la puntuación obtenida.


Sources of information
Basic BANCO CENTRAL EUROPEO (1998-2010). BOLETÍN MENSUAL DEL BCE. FRANKFURT
M. OBSTFELD; P. KRUGMAN (2006). ECONOMÍA INTERNACIONAL. PEARSON
R. MACDONALD; M.P. TAYLOR (1990). EXCHANGE RATES AND OPER ECONOMY MACROECONOMICS. BLACKWEL
C.P.HALLWOOD.R.MACDONALD (2000). INTERNATIONAL MONEY AND FINANCE. BACKWEL
BANCO CENTRAL EUROPEO (2011). LA APLICACIÓN DE LA POLÍTICA MONETARIA EN LA ZONA DEL EURO. FRANKFURT
BANCO CENTRAL EUROPEO (1998). LA POLÍTICA MONETARIA ÚNICA EN LA TERCERA FASE. FRANKFURT
PETER BOFINGER (2001). MONETARY POLICY. OXFORD

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.