Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Sistema financeiro Código 611448007
Titulación
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Castellanos Garcia, Pablo
Correo electrónico
pablo.castellanos@udc.es
Profesorado
Castellanos Garcia, Pablo
Correo electrónico
pablo.castellanos@udc.es
Web
Descrición xeral A materia estructúrase en dous grandes bloques:
- Nunha primeira parte aborda o estudo do sistema financieiro español, con especial fincapé nas Institucións de Inversión Colectiva, o Mercado de Valores español, o Banco de España, a Unión Monetaria, a execución da política monetaria e o sistema bancario.
- Na segunda parte persíguese que o alumno coñeza tanto os principais aspectos que caracterizaron a evolución do ámbito financieiro internacional nos últimos anos, como tamén a operativa dos mercados de divisas e o su papel na xestión do risco cambiario, que resulta ser un dos riscos económicos clave nun entorno como o actual, cada vez máis globalizado.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Analizar a evolución do eido financeiro español e internacional, como tamén a operativa dos mercados de divisas e o seu papel na xestión do risco cambiario
B2 Planificación para a resolución de problemas.
B3 Uso adecuado dos medios e sistemas de información dispoñibles.
B7 Habilidade para traballar de forma autónoma e tomar decisións.
B13 Capacidade para adaptarse a novas situacións, flexibilidade.
B14 Análise e toma de decisións en materia de riscos financeiros e de investimento
B15 Explotación da información dispoñible para a planificación e a toma de decisións
B18 Adquisición da capacidade necesaria para analizar a situación financeira da empresa nun momento determinado, establecemento das correccións adecuadas e planificación do seu futuro
B19 Elaboración de diagnósticos sobre a contorna económica e financeira, para fundamentar a toma de decisións financeiras
B24 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a menudo nun contexto de investigación
B25 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B26 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B27 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B28 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Analizar a evolución do eido financieiro español e internacional, como tamén a operativa dos mercados de divisas e o seu papel na xestión do risco cambiario. AP1
BP2
BP3
BP7
BP13
BP14
BP15
BP18
BP19
BP24
BP25
BP26
BP27
BP28

Contidos
Temas Subtemas
1. Concepto e obxectivos dun sistema financeiro
2. O sistema financeiro español: visión de conxunto
3. O mercado monetario e a política monetaria
4. Os mercados de renda fixa: rasgos máis destacados
5. Os mercados de renda variable
6. As institucións de inversión colectiva
7. O mercado de divisas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 B2 B3 B7 B13 B14 B15 B18 B19 B24 B25 B26 B27 B28 34 68 102
Proba de resposta múltiple A1 B2 B3 B7 B14 B15 1 5 6
Proba mixta A1 B2 B3 B7 B13 B14 B15 B18 B19 B24 B25 B26 B27 B28 2 10 12
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicación na aula dos aspectos conceptuais da materia.
Proba de resposta múltiple Proba tipo test. Realizaranse varias ao longo do curso, segundo se informará oportunamente.
Proba mixta Exame escrito, con preguntas tanto teóricas como prácticas. As súas características concretaranse a inicios do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de resposta múltiple
Descrición
Alumnos con adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: ó principio do curso acordarase con cada un deles un calendario específico compatible ca súa adicación.

Proba de resposta múltiple: resolución das dudas que xurdan.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 B2 B3 B7 B13 B14 B15 B18 B19 B24 B25 B26 B27 B28 Exame escrito, con preguntas tanto teóricas como prácticas. As súas características concretaranse a inicios do curso. 70
Proba de resposta múltiple A1 B2 B3 B7 B14 B15 Probas tipo test que se levarán a cabo en clase ao longo do curso. As súas características concretaranse o día da presentación. 30
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE
AVALIACIÓN:

  1. Condicións de avaliación (estudo de casos e proba mixta): Está
    prohibido acceder á aula con calquera dispositivo que permita a comunicación co
    exterior e/ou o almacenamento de información. A realización fraudulenta
    das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará
    directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa:
    corresponderá unha cualificación de "suspenso" (nota numérica 0) na
    convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
    produce na primeira oportunidade coma na segunda. Para isto, procederase a
    modificar a cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
  1. Identificación do estudante: O estudiante ha de acreditar a súa identidade
    de acordo ca normativa vixente.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

  1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de
    actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre
    a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada. 
    Estudantes con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa
    académica de exención de asistencia
    : Excepto para as datas aprobadas
    na Xunta de Facultade para a proba mixta final, para las restantes probas
    acordarase, no seu caso, ó inicio do curso un calendario específico de
    datas compatible ca súa adicación.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

  1. Primeira opotunidade: Aplicaranse os criterios de avaliación
    anteriormente indicados nesta sección.
  2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os
    criterios de avaliación son os mesmos que para a primeira oportunidade. É
    dicir, os criterios de avaliación son idénticos para tódalas oportunidades
    de avaliación. 
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías