Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Valoración de activos financeiros Código 611448008
Titulación
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Boedo Vilabella, Lucia
Correo electrónico
lucia.boedo@udc.es
Profesorado
Boedo Vilabella, Lucia
Iglesias Antelo, Susana
Correo electrónico
lucia.boedo@udc.es
susana.iglesias.antelo@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral Materia que pretende dar a coñecer ao alumnado conceptos e teorías básicas do campo da valoración financeira de activos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A13 Coñecer e aplicar, mediante ferramentas informáticas, os conceptos e teorías que constitúen a base das finanzas modernas
A15 Comprender os modelos de valoración de activos financeiros; crear e xestionar carteiras de valores
B3 Uso adecuado dos medios e sistemas de información dispoñibles.
B4 Habilidades informáticas.
B5 Habilidades de presentación oral e escrita.
B7 Habilidade para traballar de forma autónoma e tomar decisións.
B8 Capacidade de organizar e planificar, saber administrar o tempo.
B12 Preocupación pola calidade, por facer as cousas ben.
B14 Análise e toma de decisións en materia de riscos financeiros e de investimento
B15 Explotación da información dispoñible para a planificación e a toma de decisións
B16 Utilización de técnicas estatísticas e econométricas para a resolución de problemas específicos no ámbito das finanzas e a banca
B17 Comprensión do concepto de valor temporal do diñeiro e aprendizaxe dos instrumentos de matemáticas financeiras que o utilizan para resolver distintos problemas no ámbito das finanzas
B18 Adquisición da capacidade necesaria para analizar a situación financeira da empresa nun momento determinado, establecemento das correccións adecuadas e planificación do seu futuro
B20 Estudo da solvencia das empresas e das entidades financeiras
B23 Coñecemento dos principais aspectos que abarca a actividade bancaria
B24 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a menudo nun contexto de investigación
B25 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B26 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B27 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B28 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento dos conceptos e teorías que constitúen a base das finanzas modernas e comprensión das súas implicacións prácticas AP13
AP15
BP5
BP7
BP8
BP12
BP14
BP15
BP16
BP17
BP18
BP20
BP23
BP24
BP25
BP26
BP27
BP28
Aplicación práctica de modelos financeiros mediante folla de cálculo AP13
BP3
BP4
CM3
Coñecementos orientados á superación dos exames EFA e LCCI BP3
BP14
BP16
BP17

Contidos
Temas Subtemas
RENDA VARIABLE
1. Rendibilidade e risco 1.1. Rendibilidade de títulos e carteiras
1.2. Volatilidade de títulos e carteiras
1.3. O concepto de diversificación
1.4. O suposto de normalidade da rendibilidade
2. Selección de carteiras 2.1. Aspectos fundamentais da Teoría de Carteiras
2.2. Selección da carteira óptima: o modelo de Markowitz
2.3. Modelo de mercado de Sharpe
3. Valoración de activos de renda variable 3.1. Modelo de equilibrio dos activos (CAPM)
3.2. Aplicacións do CAPM:
3.2.1. O custo do capital propio
3.2.2. A valoración de activos de renda variable
3.2.3. A rendibilidade axustada ao risco
RENDA FIXA
1. Características xerais da renda fixa 1.1. A emisión de bonos y obligacións. Tipoloxía
1.2. Riscos da inversión en renda fixa.
2. Valoración de activos de renda fixa 2.1. O tipo de xuro de mercado e o seu efecto sobre a cotización dos títulos de renda fixa.
2.2. A duración como medida do risco de mercado
2.3. A duración modificada como medida do risco de mercado.
2.4. O valor do punto básico
2.5. O erro da duración modificada. A convexidade.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A15 B15 B16 B17 B18 B20 B23 B24 B25 B26 B27 B28 11 27.5 38.5
Prácticas a través de TIC A13 B3 B4 C3 4 7 11
Seminario B7 B14 B15 B23 B25 2 1 3
Estudo de casos A13 A15 B3 B4 B5 B7 B8 B14 B16 2 2 4
Proba mixta B5 B7 B12 B14 2 8 10
Proba mixta B5 B7 B12 B14 2.5 5 7.5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral con apoio de medios audiovisuais. Comprende sesións teóricas e sesións prácticas con exemplos.
Prácticas a través de TIC Sesións prácticas de aplicación de modelos financeiros mediante folla de cálculo.
Seminario Conferencias impartidas por persoas expertas na materia.
Estudo de casos Análise de casos reais.
Proba mixta Proba teórico-práctica de avaliación continua
Proba mixta Proba teórico-práctica final

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Proba mixta
Prácticas a través de TIC
Proba mixta
Descrición
Titorización e supervisión do traballo do alumnado na aula e a través de email, Teams e titorías nos despachos das profesoras.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B5 B7 B12 B14 Exame da materia que supón o 70% da cualificación final que se pode obter (máximo 7 puntos). Celebrarase en xaneiro (primeira oportunidade) e xullo (segunda oportunidade) nas datas establecidas pola facultade. 70
Proba mixta B5 B7 B12 B14 Probas de avaliación continua (máximo 3 puntos) que se realizarán en periodo de clases. 30
 
Observacións avaliación

NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1.      Asistencia: Para superar a
asignatura o alumnado matriculado a tempo completo terá que participar en polo menos o 80% das actividades presenciais programadas.

2.      Condicións de avaluación:
Está prohibido acceder a aula de exame con cualquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

3.     Identificación: O/A estudante terá que acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1.      Cualificación de non presentado:
Corresponde á persoa que só participe en actividades de avaliación que
teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con
independencia da cualificación alcanzada.

2.   Estudantes con recoñecemento  de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Serán avaliados cos mesmos criterios que o alumnado a tempo completo.

OPORTUNIDADES
DE AVALIACIÓN:

1.      Os criterios de avaliación  son os mesmos para a primeira e para a segunda oportunidade.

2.      A avaliación de oportunidade adiantada farase por medio dunha proba mixta que suporá o 100% da nota final. 


Fontes de información
Bibliografía básica Brun, Xavier; Moreno,Manuel (2008). Análisis y selección de inversiones en mercados financieros. Barcelona: Profit
Suárez, Andrés (2014). Decisiones óptimas de inversión y financiación en la empresa. 22ª ed.. Madrid: Pirámide (eBook)
Ferruz Agudo, Luis (2015). Dirección Financiera del riesgo de tipo de interés. Madrid: Pirámide (eBook)
Pra, Inmaculada; Martín, Rodrigo (coords.) (2020). El asesoramiento financiero en Europa tras la MiFID II (II). Madrid: Pirámide
Pindado, Julio (dir.) (2012). Finanzas empresariales. Madrid: Paraninfo
Mascareñas Pérez-Íñigo, Juan (2002). Gestión de activos de renta fija. 1ª ed.. Madrid: Pirámide
García Boza; Juan (2013). Inversiones financieras: selección de carteras. Teoría y práctica. Madrid: Pirámide
Álvarez, Begoña; Boedo, Lucía (2011). La financiación empresarial: exposición teórica y análisis de la operativa. Barcelona: Inforbook's
www.paraninfo.es/catalogo/9788497328951/finanzas-empresariales (2013). Material descargable del libro "Finanzas empresariales" de J. Pindado.
oikonomicon.udc.es (2020). Página web del profesor Carlos Piñeiro Sánchez.

Bibliografía complementaria (). .
Alexander, Gordon; Sharpe, William; Bailey, Jeffery (2003). Fundamentos de inversiones. Teoría y práctica. 3ª ed.. México: Pearson Educación
Gómez-Bezares, Fernando (2016). Gestión de carteras. 4ª edición ampliada. Bilbao: DDB
Boedo, Lucía (2009). Las fuentes de financiación y su coste. Aspectos fundamentales y operativa financiera. Netbiblo. Descargable en ruc.udc.es/dspace/handle/2183/11816
Ferrando, Máximo;Gómez, Ana Rosa; Lassala, Carlos; Piñol, José Agustín; Reig,Araceli (2005). Teoría de la Financiación I. Modelos CAPM, APT y aplicaciones. Madrid: Pirámide


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Análise e xestión de riscos/611448004
Instrumentos financeiros derivados/611448005

Observacións

1. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

2. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

3. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais experimenten dificultades a un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías