Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Xogo de empresa Código 611507002
Titulación
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Empresa
Coordinación
Juanatey Boga, Oscar
Correo electrónico
oscar.juanatey.boga@udc.es
Profesorado
Juanatey Boga, Oscar
Lopez Rodriguez, Jose
Correo electrónico
oscar.juanatey.boga@udc.es
jose.lopez.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo deste curso é promover e desenvolver nos alumnos unha serie de habilidades e competencias, como busca, avaliación e análise da información, traballo en equipo, pensamento pro-activo e de toma de decisións, necesaria e esencial para a xestión empresarial a través dun sistema de "learning by doing", ou aprender facendo. Neste sentido, o contido do curso é eminentemente práctico. Os estudantes terán que facer fronte a unha serie de retos e problemas empresariais a través dun xogo de empresa e mediante un proceso de debate e de reflexión sistemática buscar as mellores solucións para estes problemas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
non se realizan cambios nos contidos

2. Metodoloxías
non se realizan cambios nas metodoloxías

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico:Diariamente.De uso para consultas, solicitar encontros virtuais ou para resolver dúbidas.

Moodle:ocasionalmente para dúbidas, cuestións ou comentarios.

Teams:sesións a demanda para complementar o desenvolvemento do xogo a través da plataforma do xogo.

Plataforma de simulación: semanalmente. As decisións tómanse a través da plataforma, polo que os alumnos reciben a través dela os resultados e información da simulación e poden establecer canais de comunicación entre eles e cos profesores

4. Modificacións na avaliación
Sen cambios na evaluación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen cambios na bibliografía.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 CE05 - Saber realizar un diagnóstico estratéxico do sector no que se atopa situado a empresa ou organización.
A11 CE11 - Deseñar estratexias corporativas, competitivas e políticas de empresas.
A15 CE15 - Aprender os principios básicos de dinámica de sistemas e as técnicas de simulación dinámica.
A16 CE16 - Deseñar e simular escenarios competitivos utilizando a dinámica de sistemas.
A17 CE17 - Utilizar a dinámica de sistemas para analizar a sensibilidade das políticas de empresa, analizar causalmente o comportamento dos resultados da empresa, e tomar decisións en competencia directa con outras empresas.
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B6 CG1 - Organizar e planificar a xestión empresarial.
B7 CG2 - Resolver problemas empresariais.
B8 CG3 - Tomar decisións na empresa de forma efectiva.
B9 CG4 - Compromiso ético na dirección empresarial.
B10 CG5 - Aplicar coñecementos á xestión empresarial
B11 CG6 - Aprender novas técnicas de dirección de empresas.
B12 CG7 - Adaptarse a novas situacións e xerar novas ideas no mundo empresarial.
C1 CT01 - Saber manexar as fontes de información relevante e o seu contido
C2 CT02 - Valorar críticamente o coñecemento e a tecnoloxía.
C3 CT03 - Valorar a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a carreira profesional.
C4 CT04 - Traballar en equipo e desenvolver un espírito lóxico e creativo.
C5 CT05 - Capacidade de análise e síntese
C6 CT06 - Comunicación oral e escrita.
C7 CT07 - Capacidade crítica.
C8 CT08 - Capacidade de liderado
C9 CT09 - Habilidade para traballar de forma autónoma.
C10 CT10 - Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
C11 CT11 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para contextualizar/enmarcar os problemas dentro dun determinado enfoque teórico/analítico adquirido polo alumno ao longo da súa formación Comprender de forma global o funcionamento dunha empresa Comprender a interdependencia entre as distintas políticas de empresa Capacidade para definir as necesidades informativas para a resolución de problemas e a procura de información nas fontes máis relevantes Capacidade de análise e valoración da información Familiarizarse coa simulación como instrumento de apoio na toma de decisións Desenvolvo dun pensamento sistémico dos problemas empresariais Comunicación oral e escrita Traballo en equipo Desenvolvemento dunha mentalidade proactiva AP5
AP11
AP15
AP16
AP17
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP7
BP8
BP9
BP10
BP11
BP12
CP1
CP2
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8
CP9
CP10
CP11

Contidos
Temas Subtemas
XOGO DE EMPRESA Fundamentos básicos do desenrolo do xogo
Instruccións sobre o funcionamiento do software de simulación
Análise e toma de decisións

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Simulación A5 A11 A15 A16 A17 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C11 C10 C9 C8 C7 C6 C5 C4 C3 C2 C1 42 100 142
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Simulación Técnica que sirve para verificar o comportamento dun sistema ante un conxunto de accións. Levarase a cabo por medio do chamado "xogo de empresa" que consiste na simulación, por medio dun software informático, do comportamento de varias empresas de características similares que compiten entre sin nun mercado.
A súa realización aconsella seguir unha serie de etapas:
1. Identificación do contexto e situación do mercado e entorno
2. Análise de posibles escenarios
3. Establecemento dunha estratexia de partida
4. Toma das decisións e evaluación dos resultados das mesmas

Tras un proceso de formación sobre o xogo, a fase competitiva enfrontará ós distintos grupos de alumnos establecidos a escenarios descoñecidos para eles e a competidores dos que descoñece as súas correspondentes políticas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Simulación
Descrición
O profesor ademais de atender ás cuestións expostas polos alumnos nas sesións maxistrais, atenderaos de forma máis ampla e personalizada nas sesións de tutorías.
Nos horarios de tutoría o alumno será atendido para aclarar aquelas dúbidas que lle xurdan para a preparación da materia. Sen citar á persoa que realizou a consulta en horario de tutoría, esta pode ser publicada en Moodle, xunto coa súa resposta, coa finalidade de que outros alumnos poidan sacar proveito da mesma. Todo iso se o profesor considera oportuna e de interese xeral a consulta exposta.
Aqueles alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia dirixiránse o profesorado ao inicio do curso para establecer un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación. Ademáis empregarase a plataforma Moodle e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para poder axilizar a xestión de dúbidas e problemas relacionados coa materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A5 A11 A15 A16 A17 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C11 C10 C9 C8 C7 C6 C5 C4 C3 C2 C1 Valorarase a capacidade do alumno para comprender o funcionamento da empresa do xogo en función das súas interdependencia físicas, económicas, financeiras, de recursos humanos e competitivas.
Igualmente é necesario que o estudante comprenda a dinámica do mercado no que está a competir
Valoraranse os resultados obtidos pola empresa dirixida por cada estudante ao longo do xogo tendo en conta tanto os resultados finais obtidos como a capacidade demostrada para ir corrixindo os erros cometidos ao longo do xogo.
Valorarase o grao no que o estudante fose capaz de formular explicitamente as súas políticas de empresa e demostrar o seu grao de coherencia á hora de aplicar as políticas polo deseñadas.
100
 
Observacións avaliación

No que atinxe á segunda oportunidade do xogo de empresa e debido á imposibilidade de repetir o xogo
nas mesmas condicións que na primeira oportunidade -xogadas e nivel de
competencia- a evaluación efectuarase coa entrega dun traballo/informe mediante o cal se avaliará a capacidade de toma de decisións de acordo cos contidos e ideas
traballadas durante o xogo. Dito informe conterá unha análise estratéxica de cada
unha das decisións tomadas nas distintas rondas do xogo de empresa, comentando
a partires da situación de partida en cada ronda porqué se toman ditas decisións, adoptando polo tanto unha visión reflexiva e crítica de cada unha das decisións tomadas, ronda a ronda, e tamén se ha de ofrecer unha valoracion final de conxunto tanto en térmos da estratexia global adoptada como dos resultados acadados.

Para a segunda oportunidade a entrega do traballo centrado na parte da simulación deberá ser enviado por
correo electrónico ós profesores da materia José López Rodríguez (jose.lopez.rodriguez@udc.es) e Óscar Juanatey Boga (oscar.juanatey.boga@udc.es) antes da finalización do período de exames da segunda oportunidade. Ademáis no seu momento habilitarase o espazo correspondente a
través de Moodle para subir dito documento.

Aqueles alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia dirixiránse o profesorado ao inicio do curso para establecer un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.  Ademáis empregarase a plataforma Moodle e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para poder axilizar a xestión de dúbidas e problemas relacionados coa materia.

Cualificación
de non presentado Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de
avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación
final, con independencia da cualificación alcanzada.


Fontes de información
Bibliografía básica

Dada a natureza da materia e das metodoloxías desenvolvidas durante o curso, será o propio alumno (orientado polo profesor) quen en función dos problemas que teña que abordar buscará as referencias documentais máis apropiadas.

No entanto, ao longo do desenvolvemento do curso, os profesores do xogo de empresa suxerirán o material que consideren máis conveniente en cada momento.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

<p>No xogo de empresa é absolutamente fundamental comprender a empresa como un sistema integrado por diferentes áreas funcionais fortemente interrelacionadas, sendo precisamente fundamental comprender as interdependencias entre as propias áreas funcionais ademáis da propia área funcional de cara a ter unha comprensión cabal da natureza da estratexia empresarial.</p>



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías