Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Dirección de marketing Código 611507006
Titulación
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Empresa
Coordinación
Juanatey Boga, Oscar
Correo electrónico
oscar.juanatey.boga@udc.es
Profesorado
Juanatey Boga, Oscar
Rodríguez Fernández, María Magdalena
Correo electrónico
oscar.juanatey.boga@udc.es
magdalena.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Os obxectivos desta materia son saber aplicar os fundamentos e extratexias da direción comercial a casos reais e tomar decisións para cumplir os obxectivos da dirección de marketing
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Sen cambios nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sen cambios nas metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: a diario, para resolución de dúbidas, cuestións, ou fixar reunións virtuaos.
Moodle: semanalmente para facilitar documentación ó alumnado ou a entrega dos seus traballos.
Teams: semanalmente en horario de clases para organización e revisión de tarefas. Tamén emplearase a demanda para a resolución de dúbidas, reunións a demanda ou exposicións grupais ocasionalmente.

4. Modificacións na avaliación
Sen cambios na avaliación.
*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen cambios na bibliografía

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A5 CE05 - Saber realizar un diagnóstico estratéxico do sector no que se atopa situado a empresa ou organización.
A6 CE06 - Saber realizar a segmentación e o posicionamento estratéxico nos mercados e elaborar un plan de mercadotecnia.
A7 Saber realizar un diagnóstico estratégico del sector en el que se encuentra ubicado la empresa u organización.
A8 CE08 - Ser capaz de elaborar, transmitir e defender un plan de empresa a partir dos modelos de planificación financeira e usando as ferramentas informáticas comúns no ámbito empresarial.
A9 CE09 - Preparar informes económicos-financeiros que satisfagan as necesidades dos usuarios.
A11 CE11 - Deseñar estratexias corporativas, competitivas e políticas de empresas.
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B6 CG1 - Organizar e planificar a xestión empresarial.
B7 CG2 - Resolver problemas empresariais.
B8 CG3 - Tomar decisións na empresa de forma efectiva.
B9 CG4 - Compromiso ético na dirección empresarial.
B10 CG5 - Aplicar coñecementos á xestión empresarial
B11 CG6 - Aprender novas técnicas de dirección de empresas.
B12 CG7 - Adaptarse a novas situacións e xerar novas ideas no mundo empresarial.
B13 CG8 - Xestionar e administrar unha empresa ou organización entendendo a súa localización competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades.
B14 CG9 - Entender a importancia da cultura emprendedora.
C1 CT01 - Saber manexar as fontes de información relevante e o seu contido
C2 CT02 - Valorar críticamente o coñecemento e a tecnoloxía.
C3 CT03 - Valorar a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a carreira profesional.
C4 CT04 - Traballar en equipo e desenvolver un espírito lóxico e creativo.
C5 CT05 - Capacidade de análise e síntese
C6 CT06 - Comunicación oral e escrita.
C7 CT07 - Capacidade crítica.
C8 CT08 - Capacidade de liderado
C9 CT09 - Habilidade para traballar de forma autónoma.
C10 CT10 - Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
C11 CT11 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Realizar un diagnóstico estratéxico do sector no que se atopa a empresa. AP5
AP6
AP7
BP6
BP9
BP10
BP12
BP14
CP5
CP7
CP8
CP10
Xestionar o marketing-mix da empresa AP11
BP1
BP2
BP3
BP8
BP12
CP5
CP7
CP10
Tomar decisións no contorno comercial no que opera a empresa e avaliar as suas implicacións en relación ao resto de áreas funcionais. AP5
AP6
AP7
AP8
AP9
AP11
BP1
BP2
BP3
BP4
BP6
BP7
BP8
BP9
BP10
BP11
BP12
BP13
BP14
CP1
CP2
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8
CP9
CP10
CP11
Realizar informes comerciais de asesoramento sobre situacións concretas de empresa e mercados. AP5
AP6
AP8
AP9
BP2
BP3
BP4
BP7
BP8
BP12
CP4
CP11

Contidos
Temas Subtemas
Marketing Estratéxico:




- Análise do mercado e da demanda
- Análise da competencia
- Análisis do consumidor
- Segmentación de mercado
Estratexias de marketing: -Estratexias competitivas
-Expansión internacional
Marketing Operativo: -Política de produtos e marcas
-Estratexia de precios
-Xestión da distribución
-O mix de comunicación: identidade, imaxe e posicionamento.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A5 A6 A7 A8 A9 A11 B3 B6 B7 B11 B13 B14 C1 C2 C3 C5 C6 C9 C11 20 40 60
Solución de problemas A5 A6 A11 B2 B7 B8 B9 B10 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C10 8 24 32
Presentación oral B3 B4 B10 C5 C6 C8 C9 C10 C11 4 8 12
Discusión dirixida B2 B3 B4 B8 C5 C6 C8 8 24 32
Análise de fontes documentais A9 B1 B3 C1 C3 C7 1 3 4
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Os grupos de traballo asignados á realización do proxecto de empresa, resolverán cuestións relativas aos temas que conformen os contidos desta materia.
O obxectivo é que o profesor propoña casos de estudio vinculados coa dirección de marketing, coa finalidade de buscar unha conexión entre os contidos da materia e a realización final do proxecto.
Solución de problemas Nos casos de estudio, que se propoñan na materia, os alumnos deberán desenrolar habilidades para identificar os problemas que xurdan no ámbito da xestión comercial e resolvelos de maneira eficiente e rigorosa.

Presentación oral Os alumnos de maneira individual ou en grupo, deberán defender diante do profesor e doutros estudantes, os avances efectuados no seus traballos, así coma a validez das decisións adoptadas dentro dos problemas que se identifiquen.
Discusión dirixida Consiste nun intercambio de ideas e opinións entre os integrantes de cada un dos grupos e os responsables dos casos de empresa, acerca dun tema específico, relacionado co caso.
Debateranse problemas e situacións relativas á toma de decisións da área comercial.
Análise de fontes documentais O estudante deberá de identificar e consultar as fontes documentais necesarias para o problema que pretenda resolver en cada momento. Así mesmo o profesor deberá ser un colaborador e orientador fundamental.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Discusión dirixida
Presentación oral
Solución de problemas
Análise de fontes documentais
Descrición
O profesor ademais de atender ás cuestións expostas polos estudantes en cada unha das clases, atenderaos de forma máis ampla e personalizada nas sesións de titorías.
Nos horarios de titorías o alumno será atendido para aclarar aquelas dúbidas que lle xurdan, tanto no desenrolo dos casos de estudo, como para a preparación do proxecto.

Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: No caso de alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma Moodle e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, mais terán a mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos A5 A6 A7 A8 A9 A11 B3 B6 B7 B11 B13 B14 C1 C2 C3 C5 C6 C9 C11 Valorarase a capacidade do alumno para aplicar a metodoloxía do caso utilizando os coñecementos específicos desta materia. 70
Solución de problemas A5 A6 A11 B2 B7 B8 B9 B10 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C10 Valorarase a capacidade do alumno para aplicar a solución de problemas utilizando os coñecementos específicos desta materia. 30
 
Observacións avaliación

Avaliación Segunda Oportunidade e Convocatoria Adiantada: O sistema de
avaliación aplicado na primeira oportunidad a través de traballo en grupos non se pode manter polo que se requerirá o desenvolvemento dun plan de marketing sobre unha organización, empresa, institución ou entidade similar que deberá ser proposta polo alumno e comunicada ós profesores, que deberán dar o visto bo á proposta antes de levarse a cabo e que debe entregarse antes da finalización do periodo de exames da segunda oportunidade.

Alumnos con dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: No caso de alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia,  emplearase a plataforma Moodle e o correo
electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, tutorías e a entrega de traballos. Acordarase ó inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa sua dedicación,
no obstante terán a mesma obrigación de realizar actividades e de
acudir a cualquer tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo
completo.

"A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na
convocatoria
correspondente,
invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de
avaliación de cara a convocatoria extraordinaria”


Fontes de información
Bibliografía básica

Dado que a análise e procura de fontes documentais é unha das metodoloxías desenvolvidas durante o curso, será o propio alumno (orientado polo profesor) quen en función dos problemas que teña que abordar buscará as referencias documentais máis apropiadas.Tamén os docentes proporán materiais concretos ao longo do desenvolvemento da materia

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías