Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Sistemas de información. Xestión das TIC Código 611507011
Titulación
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Piñeiro Sanchez, Carlos
Correo electrónico
carlos.psanchez@udc.es
Profesorado
Piñeiro Sanchez, Carlos
Correo electrónico
carlos.psanchez@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral A materia pretende forma-los coñecementos e desenvolve-las competencias básicas relativas á aplicación das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) nun contexto empresarial, adoptando unha perspectiva de xestión

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE01 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da revisión crítica das actuacións sociais e ambientais das empresas.
A2 CE02 - Comprender a incidencia da contorna na actividade empresarial: dispor de coñecementos adecuados para interpretar e elaborar estratexias de actuación social e ambiental da empresa.
A7 Saber realizar un diagnóstico estratégico del sector en el que se encuentra ubicado la empresa u organización.
A9 CE09 - Preparar informes económicos-financeiros que satisfagan as necesidades dos usuarios.
A10 CE10 - Ler e interpretar estados financeiros.
A11 CE11 - Deseñar estratexias corporativas, competitivas e políticas de empresas.
A21 CE21 - Deseñar sistemas de información para a empresa.
A22 CE22 - Manexar ferramentas informáticas para a xestión de empresas.
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B6 CG1 - Organizar e planificar a xestión empresarial.
B7 CG2 - Resolver problemas empresariais.
B8 CG3 - Tomar decisións na empresa de forma efectiva.
B9 CG4 - Compromiso ético na dirección empresarial.
B10 CG5 - Aplicar coñecementos á xestión empresarial
B11 CG6 - Aprender novas técnicas de dirección de empresas.
B12 CG7 - Adaptarse a novas situacións e xerar novas ideas no mundo empresarial.
B14 CG9 - Entender a importancia da cultura emprendedora.
C1 CT01 - Saber manexar as fontes de información relevante e o seu contido
C2 CT02 - Valorar críticamente o coñecemento e a tecnoloxía.
C3 CT03 - Valorar a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a carreira profesional.
C4 CT04 - Traballar en equipo e desenvolver un espírito lóxico e creativo.
C5 CT05 - Capacidade de análise e síntese
C6 CT06 - Comunicación oral e escrita.
C7 CT07 - Capacidade crítica.
C8 CT08 - Capacidade de liderado
C9 CT09 - Habilidade para traballar de forma autónoma.
C10 CT10 - Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
C11 CT11 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprende-lo papel das TIC nas organizacións empresariais AP1
AP2
AP21
AP22
BP1
BP2
BP3
BP4
BP6
BP7
BP8
BP9
BP11
BP12
CP1
CP4
CP5
CP7
CP9
CP10
CP11
Relaciona-las TIC coa competitividade e o desempeño empresarial AP2
AP7
AP11
BP1
BP2
BP3
BP4
BP6
BP7
BP8
BP10
BP11
BP12
BP14
CP1
CP2
CP6
Comprende-la dinámica financeira dos investimentos intensivos en TIC AP9
AP10
BP3
BP4
BP6
BP7
BP8
BP10
CP1
CP2
CP4
CP5
CP6
CP7
Saber avaliar invesvimentos, proxectos ou empresas intensivas en TIC AP7
AP9
AP10
AP21
BP1
BP2
BP3
BP4
BP7
BP8
BP9
BP10
BP12
BP14
CP2
CP3
CP5
CP6
CP11
Fomenta-lo interese e o sentido crítico en relación á innovación e ó progreso da tecnoloxía BP11
BP12
CP1
CP2
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8
CP9
CP10
CP11

Contidos
Temas Subtemas
Información e toma de decisións (I)rracionalidade
Datos, información e coñecemento
O sistema de información Sistemas vs. tecnoloxías da información
As TIC en perspectiva histórica
A organización como un entramado de fluxos de información
A dimensión interna Procesamento de transaccións
Sistemas de xestión e para a toma de decisións
A dimensión externa Comercio electrónico
Cambios estruturais: teletraballo e máis
Aspectos de xestión Avaliación de investimentos en TIC
Intanxibles e competitividade

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A1 A2 A7 A9 A10 A11 A21 A22 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 10 15 25
Discusión dirixida A1 A7 B1 B2 B3 B7 B8 B9 B10 B14 C2 C4 C5 C6 C7 C8 8 8 16
Traballos tutelados A2 A9 B10 B11 B12 C2 C4 C6 C9 C10 C11 15 60 75
Análise de fontes documentais C1 C3 C5 C7 C9 1 10 11
Proba obxectiva A7 A11 A21 A22 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C2 C3 C11 4 6 10
Sesión maxistral A2 A7 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B14 C1 C2 C3 3 0 3
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Análise crítica de casos. Valorarase i) a capacidade para diagnostica-las situacións formuladas; ii) a calidade das solucións propostas; iii) o contido do informe ou memoria presentado; iv) a capacidade para afirma-las conclusións con argumentos baseados na lóxica financeira, organizativa e competitiva da empresa.
Discusión dirixida Dinámicas de grupo en relación a casos, situacións ou escenarios. Valorarase i) o grao de participación; ii) a creatividade e o nivel de asertividade; iii) a relevancia e interese das contribucións realizadas ó debate.
Traballos tutelados Traballo de campo en relación ó uso de TIC polas empresas da nosa contorna económica: busca de información, análise das evidencias recopiladas, e elaboración de informe cos resultados e conclusións. Valorarase i) a calidade do traballo preliminar de busca de información, mostraxe, etc.; ii) a calidade do traballo estatístico realizado para analiza-los datos dispoñibles; iii) a relevancia das conclusións obtidas, e o seu respaldo na lóxica financeira e organizativa; iv) a calidade da memoria ou informe final, e no seu caso, da exposición.
Análise de fontes documentais Busca de bibliografía e fontes de información relevantes, lectura e análise do seu contido.
Proba obxectiva Probas escritas a realizar na aula, relativas ós contidos discutidos nas sesións presenciais e á programación de traballo non presencial.
Sesión maxistral Presentación xeral dos temas de traballo, e coordinación do grupo

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Traballos tutelados
Descrición
Os alumnos teñen á súa disposición apoio personalizado dentro do horario de titorías (información actualizada na web da Facultade), previa petición de cita por correo electrónico. Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poden solicitar ou propor un horario de atención compatible coa súa dedicación, cando existan razóns obxectivas que lles impidan asistir no horario ordinario.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A7 A11 A21 A22 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C2 C3 C11 Probas escritas a realizar na aula, relativas ós contidos discutidos nas sesións presenciais e á programación de traballo non presencial. 20
Estudo de casos A1 A2 A7 A9 A10 A11 A21 A22 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 Análise crítica de casos. Valorarase i) a capacidade para diagnostica-las situacións formuladas; ii) a calidade das solucións propostas; iii) o contido do informe ou memoria presentado; iv) a capacidade para afirma-las conclusións con argumentos baseados na lóxica financeira, organizativa e competitiva da empresa. 30
Discusión dirixida A1 A7 B1 B2 B3 B7 B8 B9 B10 B14 C2 C4 C5 C6 C7 C8 Valorarase i) o grao de participación; ii) a creatividade e o nivel de asertividade; iii) a relevancia e interese das contribucións realizadas ó debate. 10
Traballos tutelados A2 A9 B10 B11 B12 C2 C4 C6 C9 C10 C11 Valorarase i) a calidade do traballo preliminar de busca de información, mostraxe, etc.; ii) a calidade do traballo estatístico realizado para analiza-los datos dispoñibles; iii) a relevancia das conclusións obtidas, e o seu respaldo na lóxica financeira e organizativa; iv) a calidade da memoria ou informe final, e no seu caso, da exposición. 40
 
Observacións avaliación

De conformidade coas orientacións establecidas pola Facultade
e os criterios de coordinación acordados para a área de Economía Financeira e Contabilidade,

  • A primeira e segunda oportunidade avaliaranse de conformidade cos criterios
    expostos máis arriba. As actividades deben desenvolverse e/ou entregarse
    nas datas e condicións que se indiquen en cada momento; de non ser así, sen
    perxuizo das excepcións que no seu caso prevea a normativa académica, puntuaranse
    como cero.
  • Oportunidade adiantada: avaliarase en función do resultado dunha proba
    mixta comprensiva de tódolos contidos e competencias propios da materia, de
    acordo coa guía do curso inmediatamente anterior
  • Alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia: cando existan razóns obxectivas e acreditadas que lles impidan realiza-las actividades
    ou tarefas co resto do grupo serán cualificados calculando a media de
    i) Traballos titorizados (50%) e ii) Proba mixta escrita (50%). Estes alumnos deberán propoñer, na primeira semana lectiva do cuatrimestre, unha programación para a entrega dos traballos titorizados respectuosa co ritmo de traballo do grupo e a equidade cos restantes
    alumnos, e que non poderá reducións nos niveis de
    cumprimento ou esixencia, nin prazos de entrega máis longos que os
    previstos para o resto do estudantado. De non realizarse esa proposta, acomodaranse ós prazos de entrega comúns. A proba escrita realizarase na data que
    determine a Facultade, ou no seu defecto, o equipo docente da materia, dentro do período de avaliación fixado polo calendario académico da UDC, e
    versará sobre tódolos contidos e competencias da materia.



De conformidade coa normativa da Facultade, cualificarase
como "no presentado" exclusivamente ós alumnos que desenvolvan
tarefas que ponderen menos dun 20% na avaliación global del curso, con
independencia da cualificación obtida.



Salvo autorización expresa por parte dos profesores,
durante as sesións presenciais os móbiles, ordenadores, tablets e similares
permanecerán en todo momento fóra da vista; durante as probas de avaliación deberán
ademais estar apagados. O incumprimento destas normas será causa suficiente
para a expulsión da aula ou da proba, e neste último caso terá a interpretación
de fraude. A gravación das sesións presenciais e/ou das titorías non está
permitida, e pode ser constitutiva de infracción prevista no Código Penal.



A comisión de fraude poderá implicar que o alumno deba examinarse de
forma oral, sen perxuizo doutras consecuencias académicas que se poidan derivar.


Fontes de información
Bibliografía básica Andreu, R. (1996). Estrategia y sistemas de información. Madrid: McGraw - Hill
Hirschheim, R. et al. (2002). Information systems outsourcing: enduring themes, emergent patterns, and future directions. New York: Springer Verlag
Alter, S. (1996). Information Systems. A Management Perspective. Menlo Park, California: Benjamin Cummings
O'Brien, J. (2006). Management information systems. Boston: McGraw - Hill
Cardona, J. (ed.) (2011). Sistemas de información empresarial: casos y supuestos prácticos. Granada: GEU
Gómez Vieites, A. (2009). Sistemas de información: herramientas prácticas para la gestión empresarial. Madrid: Ra-ma
Robson, W. (1994). Strategic management and information systems an integrated approach. Londres: Pitman
Li, F. (1995). The geography of business information. Chichester: Wiley

A busca e análise de fontes é unha das metodoloxías desenvolvidas durante o curso e un dos seus obxectivos objetivos formativos; neste sentido, a bibliografía aportada debe entenderse como unha reseña básica e xeral, que se completa con referencias específicas para cada capítulo.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías