Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Sistemas de información. Xestión das TIC Código 611507011
Titulación
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Fernández Rodríguez, María Teresa
Correo electrónico
m.fernandezr@udc.es
Profesorado
Aranda Vasserot, Adolfo
Fernández Rodríguez, María Teresa
Correo electrónico
adolfo.aranda@udc.es
m.fernandezr@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral A materia pretende formar os coñecementos e desenvolver as competencias básicas relativas á aplicación das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) nun contexto empresarial, adoptando unha perspectiva de xestión

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE01 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da revisión crítica das actuacións sociais e ambientais das empresas.
A2 CE02 - Comprender a incidencia da contorna na actividade empresarial: dispor de coñecementos adecuados para interpretar e elaborar estratexias de actuación social e ambiental da empresa.
A7 Saber realizar un diagnóstico estratégico del sector en el que se encuentra ubicado la empresa u organización.
A9 CE09 - Preparar informes económicos-financeiros que satisfagan as necesidades dos usuarios.
A10 CE10 - Ler e interpretar estados financeiros.
A11 CE11 - Deseñar estratexias corporativas, competitivas e políticas de empresas.
A21 CE21 - Deseñar sistemas de información para a empresa.
A22 CE22 - Manexar ferramentas informáticas para a xestión de empresas.
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B6 CG1 - Organizar e planificar a xestión empresarial.
B7 CG2 - Resolver problemas empresariais.
B8 CG3 - Tomar decisións na empresa de forma efectiva.
B9 CG4 - Compromiso ético na dirección empresarial.
B10 CG5 - Aplicar coñecementos á xestión empresarial
B11 CG6 - Aprender novas técnicas de dirección de empresas.
B12 CG7 - Adaptarse a novas situacións e xerar novas ideas no mundo empresarial.
B14 CG9 - Entender a importancia da cultura emprendedora.
C1 CT01 - Saber manexar as fontes de información relevante e o seu contido
C2 CT02 - Valorar críticamente o coñecemento e a tecnoloxía.
C3 CT03 - Valorar a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a carreira profesional.
C4 CT04 - Traballar en equipo e desenvolver un espírito lóxico e creativo.
C5 CT05 - Capacidade de análise e síntese
C6 CT06 - Comunicación oral e escrita.
C7 CT07 - Capacidade crítica.
C8 CT08 - Capacidade de liderado
C9 CT09 - Habilidade para traballar de forma autónoma.
C10 CT10 - Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
C11 CT11 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprende-lo papel das TIC nas organizacións empresariais AP1
AP2
AP21
AP22
BP1
BP2
BP3
BP4
BP6
BP7
BP8
BP9
BP11
BP12
CP1
CP4
CP5
CP7
CP9
CP10
CP11
Relaciona-las TIC coa competitividade e o desempeño empresarial AP2
AP7
AP11
BP1
BP2
BP3
BP4
BP6
BP7
BP8
BP10
BP11
BP12
BP14
CP1
CP2
CP6
Comprende-la dinámica financeira dos investimentos intensivos en TIC AP9
AP10
BP3
BP4
BP6
BP7
BP8
BP10
CP1
CP2
CP4
CP5
CP6
CP7
Saber avaliar invesvimentos, proxectos ou empresas intensivas en TIC AP7
AP9
AP10
AP21
BP1
BP2
BP3
BP4
BP7
BP8
BP9
BP10
BP12
BP14
CP2
CP3
CP5
CP6
CP11
Fomenta-lo interese e o sentido crítico en relación á innovación e ó progreso da tecnoloxía BP11
BP12
CP1
CP2
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8
CP9
CP10
CP11

Contidos
Temas Subtemas
Información e toma de decisións (I)rracionalidade
Datos, información e coñecemento
O sistema de información Sistemas vs. tecnoloxías da información
As TIC en perspectiva histórica
A organización como un entramado de fluxos de información
A dimensión interna Procesamento de transaccións
Sistemas de xestión e para a toma de decisións
A dimensión externa Comercio electrónico
Cambios estruturais: nube, inteligencia de negocio, inteligencia artificial, analítica avanzada
Aspectos de xestión Avaliación de investimentos en TIC
Intanxibles e competitividade

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A1 A2 A7 A9 A10 A11 A21 A22 B14 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B3 B2 C11 C10 C9 C8 C7 C6 C5 C4 C3 C2 C1 6 12 18
Traballos tutelados A2 A9 B10 B11 B12 C2 C4 C6 C9 C10 C11 15 52 67
Solución de problemas A7 A11 A21 A22 B1 B2 B3 B6 B7 C2 C3 C11 15 30 45
Sesión maxistral A2 A7 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B14 C1 C2 C3 6 12 18
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Análise crítica de casos reais. Serán actividades prácticas mediante o uso das tecnoloxías da información e da comunicación e follas de cálculo. Búscase a discusión en pequenos grupos dos contidos
Traballos tutelados Tarefas de duración media sobre temas ou cuestións específicas, relacionadas coa xestión da información e o tratamento de datos, dentro do ámbito de interese da materia
Solución de problemas 1. Elaboración, exposición e solución de exemplos prácticos que o alumno, en grupo ou individualmente, teña que realizar ao longo do curso.

2. Haberá exercicios e/ou lecturas a realizar polo alumno en horario non presencial ou de traballo autónomo. Nas seguintes horas presenciais farase o seguinte:
a) unha revisión dos exercicios nos que o alumno poida intervir nos termos descritos no punto 3 e b) das lecturas, abrirase o correspondente horario de preguntas co fin de aclarar aqueles aspectos que o alumno plantexa sobre o contido das mesmas. .

3. O alumno pode intervir: a) por iniciativa propia, logo de pedir quenda de palabra; b) por iniciativa do profesor, que solicitará expresamente a intervención do alumno.
Sesión maxistral Presentación xeral dos temas de traballo, e coordinación do grupo

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
1. Na sesión maxistral o alumnado pode intervir, logo de petición da palabra, para preguntar, aclarar ou expoñer o seu punto de vista sobre o tema que no momento da súa intervención se estea a tratar.

2. Na solución de problemas e nos traballos tutelados, o alumnado pode intervir tal e como se expón no apartado de metodoloxías.

3. As titorías individualizadas para todo o alumnado (incluído o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia) celebraranse nos horarios anunciados ao inicio do cuadrimestre no que se imparte a materia. Neses horarios, o alumnado será atendido para aclarar aquelas dúbidas que lle xurdan para a preparación da materia. Aínda que non é obrigatorio, se a través do correo electrónico do profesorado que imparte o grupo ao que pertence o alumnado, expón as súas dúbidas e data e hora (dentro das de titorías) en que está interesado en ser atendido, facilitarase a xestión e efectividade destas.

3. Sin citar á persoa que evacuou a consulta, ésta pode ser publicada en Moodle xunto coa resposta, coa finalidade de que o restante alumnado poida sacar proveito da mesma. Todo elo se o profesorado a considera oportuna e de interese xeral.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A2 A7 A9 A10 A11 A21 A22 B14 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B3 B2 C11 C10 C9 C8 C7 C6 C5 C4 C3 C2 C1 Os casos consistirán na preparación e discusión de actividades relacionadas cos contidos específicos da materia 20
Solución de problemas A7 A11 A21 A22 B1 B2 B3 B6 B7 C2 C3 C11 Os problemas consistirán en exercicios individuais e/ou en grupo utilizando follas de cálculo que conteñan datos relacionados coa xestión empresarial e a toma de decisións.
Valorarase i) o grao de participación; ii) creatividade e nivel de asertividade; iii) a capacidade para diagnosticar as situacións suscitadas e facer valiosas achegas; iv) a calidade das solucións propostas; v) o contido da memoria ou memoria presentada; e vi) a capacidade de apoiar as conclusións con argumentos baseados na lóxica financeira, organizativa e competitiva da empresa.
No caso de tarefas grupais, a cualificación poderá individualizarse segundo estes criterios.
40
Traballos tutelados A2 A9 B10 B11 B12 C2 C4 C6 C9 C10 C11 Traballo en grupo autónomo no que cada grupo escollerá unha base de datos que deberá conter variables cualitativas e/ou cuantitativas e elaborará un informe en Word que incluirá os seguintes apartados:
- Características do sistema de información elixido
- Estrutura do sistema de información
- Fontes de información e tipo de datos empregados
- Análise e Visualización de datos mediante follas de cálculo, calquera ferramenta estatística ou “Business Intelligence” O informe explicará os pasos seguidos para realizar a análise correspondente e irá acompañado dos ficheiros de traballo empregados.
- Toma de decisións e conclusións
Adicionalmente, cada grupo fará unha exposición e presentará a análise e os resultados obtidos no Proxecto de Equipo, incluíndo unha reflexión sobre as dificultades atopadas (por exemplo: datos inexactos, información dispoñible, finalidade da análise, habilidades analíticas) e as leccións aprendidas.
A presentación do traballo realizarase e terá unha duración máxima de 10 minutos. Despois da exposición, cada equipo terá que responder ás preguntas ou aclaracións que lle formulen os seus compañeiros ou a profesora.
Todos os membros do equipo deberán participar na exposición oral
40
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1.     Condicións de avaliación: Queda prohibido o
acceso á aula de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co
exterior e/ou o almacenamento de información. A realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará
directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa:
corresponderá unha cualificación de "suspenso" (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

2.     Identificación do alumnado: O alumnado deberá
acreditar a súa personalidade segundo a normativa vixente.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1.     Cualificación de non presentado: Corresponde ao
alumnado, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% da nota final, independentemente da cualificación
acadada.

2.     Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e exención académica de exención de asistencia: agás para o exame
final, para o resto de actividades acordarase un calendario específico de datas
compatible coa súa dedicación ao comezo do cuadrimestre. Por este motivo, este
alumnado deberán poñerse en contacto co profesorado da materia nos dez
primeiros días do cuadrimestre no que se imparte. As actividades terán o mesmo
formato que para o alumnado a tempo completo

C) OPORTUNIDADES DE
AVALIACIÓN:

1.     Primeira oportunidade: Aplicaranse os criterios
de avaliación anteriormente sinalados neste apartado.

2.     Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación
son os mesmos que na primeira oportunidade.

3.     Oportunidade adiantada: Avaliarase mediante unha
proba mixta que suporá o 100% da nota final.

D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DA AVALIACIÓN:

1.     Con carácter xeral, sen perxuízo do sinalado
para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica da exención de asistencia, é necesaria a asistencia a clase para
optar á parte da nota correspondente á avaliación continua, tanto de primeira
como de segunda oportunidade. Rematado o período de avaliación correspondente á
primeira oportunidade, ao alumnado que aínda teña que superar a materia
poderáselle propoñer actividades que lle permitan recuperar a parte da
cualificación correspondente á avaliación continua para a segunda oportunidade,
o que deberá solicitar ao profesorado da materia cunha antelación mínima de dez
días á data do exame de segunda oportunidade.

2.     Os criterios de cualificación de cada unha das
probas anunciaranse no momento da realización da proba e achegaranse co
enunciado da mesma.

 


Fontes de información
Bibliografía básica Andreu, R. (1996). Estrategia y sistemas de información. Madrid: McGraw - Hill
Hirschheim, R. et al. (2002). Information systems outsourcing: enduring themes, emergent patterns, and future directions. New York: Springer Verlag
Alter, S. (1996). Information Systems. A Management Perspective. Menlo Park, California: Benjamin Cummings
O'Brien, J. (2006). Management information systems. Boston: McGraw - Hill
Cardona, J. (ed.) (2011). Sistemas de información empresarial: casos y supuestos prácticos. Granada: GEU
Gómez Vieites, A. (2009). Sistemas de información: herramientas prácticas para la gestión empresarial. Madrid: Ra-ma
Robson, W. (1994). Strategic management and information systems an integrated approach. Londres: Pitman
Li, F. (1995). The geography of business information. Chichester: Wiley

A busca e análise de fontes é unha das metodoloxías desenvolvidas durante o curso e un dos seus obxectivos formativos; neste sentido, a bibliografía aportada debe entenderse como unha reseña básica e xeral, que se completa con referencias específicas para cada capítulo.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
  • Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
  • Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2.Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cosvalores de sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 3.Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docenciauniversitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia.Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas einfluirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto eigualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xéneroe proporanse accións e medidas para corrixilas.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas,sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimente dificultades para unacceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías