Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Principios de Microeconomía Código 611G01001
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Couñago Garrido, Celia
Correo electrónico
c.counago@udc.es
Profesorado
Calo Blanco, Aitor
Couñago Garrido, Celia
Correo electrónico
aitor.calo@udc.es
c.counago@udc.es
Web
Descrición xeral Con respecto a docencia:
a- Como é unha materia troncal no grao de Economía, o futuro graduado necesita un dominio riguroso destas temáticas.
b- Abórdase cun nivel introductorio, o que implica que os diversos temas que analizan o comportamento de consumidores, empresas e mercados trátanse dunha maneira intuitiva e sinxela , sin perder por iso rigurosidade na explicación. Preténdese sentar as bases para unha maior profundización en niveis intermedios e avanzados.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manual de teoría (Apuntes sobre Principios de Microeconomía).
Manual de prácticas (Prácticas de Microeconomía para un curso de introducción).
*Metodoloxías docentes que se modifican
Clases en Teams (gravadas)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Tutorías a través emails e en Teams

4. Modificacións na avaliación
1ª oportunidade: Probas de avaliación continua online con posibilidade de acadar o 100% da cualificación.
2ª oportunidade: exame online de toda a temática (poderase incluir resolución de exercicios, preguntas conceptuais, etc) con posibilidade de acadar o 100% da cualificación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1- Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público.
A2 CE2-Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público.
A3 CE3-Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica.
A4 CE4-Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos.
A5 CE5-Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma.
A6 CE6-Redactar proxectos de xestión económica a nivel internacional, nacional ou rexional. Integrarse na xestión empresarial.
A7 CE7-Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A8 CE8-Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A9 CE9-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A10 CE10-Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A11 CE11Leer e comunicarse no ámbito profesional en máis dun idioma, en especial en inglés.
A12 CE12-Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A13 CE13-Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico
B7 CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora
B8 CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce.
B9 CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT2-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT3-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT5-Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT6-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aplicar a análise do comportamento dos axentes microeconómicos no estudo do funcionamento dos diferentes tipos de mercado B1
B2
B3
B4
B9
C1
C2
C3
C4
C5
Entender as decisións dos principais axentes microeconómicos: consumidores e productores A1
A2
A3
A5
A8
A9
A10
A11
A12
A13
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C2
C3
Coñecer os conceptos e relacións básicas da Microeconomía A1
A2
A3
A4
A6
A7
A11
C1
C3
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Bloque 1: Introdución Tema 1: Natureza, obxecto e método da Microeconomía
Tema 2: Teoría elemental da Oferta e a Demanda
Bloque 2: Consumo Tema 3: Teorías da Conducta del Consumidor
Bloque 3: Teoría da Empresa Tema 4: Teoría da Producción
Tema 5: Teoría dos Costes
Bloque 4: Mercados Tema 6: Competencia Perfecta
Tema 7: O poder do mercado

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A7 A8 A11 B1 B4 B7 B8 C4 C6 C8 17 34 51
Solución de problemas A5 A9 A12 B2 5 15 20
Estudo de casos A6 A10 B3 C3 10 10 20
Seminario B5 B6 C1 C2 4 0 4
Discusión dirixida A13 B9 10 14 24
Proba mixta C5 C7 2 18 20
 
Atención personalizada 11 0 11
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuales e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes coa finaliddad de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe
Solución de problemas Cuestións prácticas para resolver en sesións ineteractivas.
Estudo de casos O alumno sitúase ante un problema concreto (caso) que lle describe unha situación real ou suposta da vida profesional e debe ser capaz de analizalo e resolvelo
Seminario
Se impartirá en grupos de 15 alumnos, resolvendo dúbidas relativas á temática da asignatura, á forma de avaliación, etc.
Discusión dirixida Cuestions teóricas e prácticas para resolver en sesions ineteractivas
Proba mixta Proba escrita que pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve e/ou de discriminación

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Estudo de casos
Discusión dirixida
Seminario
Descrición
Nas sesións interactivas aténdese individualmente aos alumnos facendo un seguimiento das diferentes cuestións suscitadas

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A5 A9 A12 B2 Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas suscitadas nas sesións ineteractivas 1
Estudo de casos A6 A10 B3 C3 Valoraranse as solucións propostas polos alumnos á resolución dos casos suscitados 1
Proba mixta C5 C7 Durante o período lectivo realizaranse probas (poderán consistir en preguntas conceptuais, de razoamenteo, resolución de exercicios e/ou casos, etc ) que conformarán a avaliación continua para acadar o 100% da cualificación da 1ª oportunidade. Non hai exame final.
Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade consisten nun exame de toda a temática da asignatura (poderán incluirse preguntas conceptuais, de razoamento, resolución de exercicios e/ou casos, etc) que posibilitarán aos alumnos acadar o 100% da cualificación.
97
Discusión dirixida A13 B9 Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas e teóricas suscitadas nas sesións ineteractivas 1
 
Observacións avaliación

Non presentado: Con respecto á cualificación de non presentado e seguindo a normativa aprobada pola Xunta de Facultade, só serán cualificados con Non Presentados as persoas que unicamente se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final.

 

O criterio de avaliación da segunda oportunidade: Exame de toda a temática da asignatura (no que poderá incluirse preguntas conceptuais, cuestións de razoamento, resolución de problemas e/ou casos, etc.) con posibilidade de acadar o 100% da cualificación.

 

Convocatoria adiantada-. Se houbese un alumno que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade.

 

 

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: ainda que estean exentos de asistencia, serán evaluados cos mesmos criterios que os alumnos a tempo completo.

 

Condicións de avaliación: seguindo a normativa aprobada pola Xunta do Centro, está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

 

Identificación do estudante: o estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa.

 


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
Varian, H.R. (2010). Intermediate Microeconomics.. Norton
Celia Couñago Garrido (2009). Apuntes sobre Principios de Microeconomía. Reprografía noroeste,S.L.
Delgado Alvarez, M. Henandez Romám, A. (2003). Ejercicios de Microeconomía. Cuestiones y problemas. Desclée de Brouwer
Paul Krugman, Robin Wells (2006). Introducción a la Economía. Microeconomía. Reverté
Pindyck, R.S. y Rubindeld,D.I. (2009). Microeconomía. Prentice Hall
Robert H. Frank (2005). Microeconomía y Conducta. McGraw-Hill
Krugman, P and Wells, R (2013). Microeconomics. . Worth publishes
Pindyck R S and Rubinfeld, D L (2013). Microeconomics.. Pearson
Barreiro Viñán, Couñago Garrido, García Lorenzo. (2004). Prácticas de Microeconomía para un curso de Introducción. Reprografia noroeste, S.L.
Karl,E. Case, Ray C. Fair (2008). Principios de Microeconomía. Prentice Hall

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Teoría Microeconómica/611G01023

Observacións

Aínda que non é obrigatorio, recoméndase a asistencia ás clases co maior grado de participación posible. Utilización da bibliografía recomendada no programa. Resolver sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención personalizada cando fose necesario.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías