Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Historia Económica Código 611G01002
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Lindoso Tato, Elvira
Correo electrónico
elvira.lindoso.tato@udc.es
Profesorado
Lindoso Tato, Elvira
Correo electrónico
elvira.lindoso.tato@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura persegue un dobre obxectivo. Dun lado, a Historia Económica ten que ofrecer ao alumnado os coñecementos sobre a evolución económica en épocas pasadas que lle faciliten aa comprensión do mundo actual. O contexto actual no que vivimos (e no que o alumnado vai actuar como economista) é resultado dunha larga evolución, sen cuya comprensión faltariannos elementos para unha interpretación correcta dos acontecimientos actuais. Nun mundo cada vez máis globalizado, o coñecemento da Historia Económica e das súas raíces máis profundas ten que formar parte da maleta intelectual dun futuro economista. Doutro lado, o coñecemento e reflexión sobre a evolución económica das sociedades (sobre todo europeas) en épocas pasadas ten que introducir o estudante nun tipo de temáticas e razonamientos propios dun economista (o funcionamento dos mercados, o comportamento dos consumidores e das empresas, os mecanismos de distribución e acumulación, a dinámica do crecimiento económico, entre outros), e ten que facelo sen olvidar os factores institucionais que delimitan a acción económica. Ao referirse aos acontecementos económicos que xa sucederon e que son coñecidos, a Historia Económica permite introducir ao estudantado en situacións nas que todos estos elementos interactúan e se condicionan mutuamente. Deste modo, a Historia Económica complementa dende o estudo dunha realidade coñecida os modelos teóricos propios da análise económica.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1- Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público.
A2 CE2-Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público.
A3 CE3-Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica.
A4 CE4-Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos.
A5 CE5-Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma.
A6 CE6-Redactar proxectos de xestión económica a nivel internacional, nacional ou rexional. Integrarse na xestión empresarial.
A7 CE7-Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A8 CE8-Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A9 CE9-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A10 CE10-Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A12 CE12-Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A13 CE13-Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico
B7 CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora
B8 CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce.
B9 CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 CT2-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT3-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT5-Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT6-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Asimilar que as realidades económicas son complexas, interrelacionadas con variables sociais, políticas e culturais, e inmersas nun contexto dinámico A8
Coñecer e entender a realidade económica internacional e española, as súas transformacións no longo prazo, os sectores produtivos, e as institucións económicas e a súa evolución A7
B1
B3
B7
Apreciar o papel desempeñado polos factores económicos e os factores institucionais nos procesos de desenvolvemento económico A3
A4
Análise das variábeis que determinaron o liderado occidental no proceso de crecemento económico contemporáneo A4
A7
Axudar a entender as orixes e persistencia das desigualdades socioeconómicas entre países A6
A7
B2
B8
C5
C8
Aplicar conceptos básicos da economía a diferentes contextos históricos A3
A7
Coñecer as distintas formacións económicas xurdidas na evolución histórica recente, e os factores que condicionaron as súas formas de crecemento A4
C2
Potenciar o emprego de técnicas e instrumentos cuantitativos básicos que impliquen o uso de material estatístico e gráfico A10
A12
Capacidade analítica e sintética A9
C4
Capacidade crítica e autocrítica A13
C4
Capacidade de traballo en grupo A13
C4
C7
Capacidade de expresión, oral e escrita C1
Reforzar a capacidade de comprensión lectora A7
A10
C1
Elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas A4
A5
Resolver problemas sobre as cuestións económicas, facendo uso dos coñecementos sobre as teorías, os modelos e os métodos científicos da economía e a empresa A3
Capacidade de percura, selección e elaboración de información A2
A7
Capacidade de aplicación dos coñecementos adquiridos á interpretación do material estatístico, gráfico e documental A3
A7
B5
B6
Destreza na aplicación de técnicas cuantitativas para o tratamento de repertorios estatísticos A3
A4
Capacidade para o traballo autónomo C7
C8
Capacidade de aplicar o coñecemento na práctica A6
A12
C4
C6
C7
Analizar e interpretar datos básicos da conxuntura económica A4
A12
B4
B9
C4
A materia aporta valores humanísticos e culturais importantes para desenvolver o liderado en empresas e Administración pública ao que están chamados os futuros Graduados en Economía A1
A2
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: As economías europeas preindustriais 1. Rasgos básicos das economías europeas precapitalistas
2. Valoración global: ¿Crecemento económico en Europa durante o período preindustrial?
Tema 2: A Revolución Industrial británica e a difusión do capitalismo, c.1770-c.1870 1. A revolución industrial británica
2. A difusión do proceso de industrialización: modelos de crecemento
Tema 3: A segunda Revolución tecnolóxica, c.1870-1973 1. Revolución tecnolóxica, internacionalización das economías e as orixes da empresa moderna
2. A inestabilidade do periodo de entreguerras, 1914-1945
3. A Idade Dourada do capitalismo
Tema 4: A economía mundial entre dúas crises (1973-2019) 1. A crise da década de 1970
2. O crecemento económico mundial no marco da segunda globalización
3. A crise do século XXI


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 A3 A4 A7 A13 B2 B3 B4 B5 3 0 3
Sesión maxistral A2 A8 B1 B6 B7 B8 B9 C4 C5 C7 C8 17 17 34
Estudo de casos A5 A6 A9 A10 A12 C1 C2 C6 18 30 48
Lecturas A7 A8 A9 B2 B1 8 21 29
Proba obxectiva A2 A4 A7 A8 A13 B2 B1 B3 B4 C1 C2 2 33 35
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Orientación docente, técnicas de traballo e planificación do curso

Sesión maxistral Nas sesións maxistrais se impartirán as pautas crave da materia que o estudante debe coñecer e preparar con traballo individual utilizando o resto de instrumentos que ofrece o curso.
Estudo de casos Inclúen prácticas a partir de textos e datos estatísticos.
Lecturas Haberá varias lecturas de carácter obrigatorio. Os seus contidos servirán como complemento das clases maxistrais e como material para realizar estudos de caso e análise de datos.
Proba obxectiva Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa nas convocatorias oficiais. Valorarase a capacidade de expresión, o manexo e o dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética, e o coñecemento dos contidos do programa.
Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
Así mesmo, é necesario que cada alumno/a que desexe realizar o exame identifíquese correctamente cun D.N.I. na aula onde se vaia a realizar a proba.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Lecturas
Descrición
En cada un dos casos ofrecerase atención personalizada aos estudantes tanto nas sesións de clase como no horario de tutorías (resolución de dúbidas, dificultades ante a materia, orientación bibliográfica, etc.).
Algunhas actividades realizaránse nas tutorías de grupo reducido (4 horas por cada subgrupo dos dous que compoñen cada grupo) onde se resolverán dúbidas sobre a materia impartida en clase, discutiránse en grupo algúns aspectos da mesma e poderán realizarse prácticas complementarias.
Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: empregarase a plataforma moodle e o correo electrónico (con dominio udc) como canal de comunicación principal para as titorías. No se esixe asistencia obrigatoria a clase. Mais terán a mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquiera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A5 A6 A9 A10 A12 C1 C2 C6 Inclúen as prácticas con material cuantitativo e as lecturas. No primeiro caso, refírese ás análises de datos estatísticos desde unha perspectiva de longo prazo. Aínda que ao longo do curso realizaranse máis, 2 destes exercicios serán puntuables para a nota final. Cada un computará con 1,5 puntos na calificación final do estudante. As datas destas probas facilitaranse ao estudante ao comezo do curso. 30
Lecturas A7 A8 A9 B2 B1 O estudante deberá traballar as lecturas para familiarizarse co seu contido. Éste servirá como materia complementaria á impartida nas clases maxistrais. Así mesmo, o contido das lecturas empregarase tamén para elaborar os estudos de caso. En consecuencia, a súa avaliación vai incluída nos outros apartados 0
Proba obxectiva A2 A4 A7 A8 A13 B2 B1 B3 B4 C1 C2 Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa. O exame representa o 70% da avaliación final do estudante. Pero para superar a materia o estudante haberá de obter unha cualificación mínima de 5 puntos na avaliación global (exame + casos prácticos). No exame valorarase a capacidade de expresión, o manexo e dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética, e o coñecemento dos contidos do programa da materia. 70
Sesión maxistral A2 A8 B1 B6 B7 B8 B9 C4 C5 C7 C8 Nestas sesións se impartirán as pautas crave da materia que os estudantes deberán coñecer e preparar con traballo persoal e coa axuda do resto de instrumentos que ofrece o curso 0
 
Observacións avaliación

O exame ou proba obxectiva celebrarase na convocatoria oficial establecida pola Xunta de Facultade e publicada na súa páxina web. Para superar a materia (3 puntos procedentes das dúas prácticas avaliables e 7 puntos do exame final) é preciso alcanzar como mínimo 5 puntos en total.

Os criterios de avaliación serán os mesmos na primeira, na segunda e na oportunidade adiantada.

Aínda que non é obrigatoria a asistencia a clase, recoméndase que os estudantes asistan ás clases con regularidade.

A calificación de non presentado
corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que
teñan una ponderación inferior a o 20% sobre a calificación final, con
independencia da calificación alcanzada.

Os estudantes que teñan
recoñecemento de dedicación a tempo parcial y dispensa académica de exención de
asistencia
, poderán superala materia obtendo a lo menos 5 puntos dos 10 totais entre todalas probas do curso. 

Aqueles estudantes que no poidan acudir
as probas do curso con motivo debidamente xustificado (xustificado cos certificados
correspondentes para os casos que contempla a normativa académica
), poderán
realizar as mesmas noutra ocasión que lles será comunicada tendo en conta o
sinalado polo regramento académico.Está prohibido acceder á aula do exame/probas con cualquer
dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenaxe de
información. De igual maneira, é necesario que cada alumno que desexe realizar as probas se
identifique correctamente co D.N. I., con foto
actualizada, na aula
onde se vaia realizar a proba.











Os alumnos/as deben consultar obrigatoria e frecuentemente a plataforma
virtual da materia (moodle)
, onde se colocará a información mais relevante da mesma.
Ademáis, os estudantes deben subir unha
foto actualizada ao seu perfil de moodle
.


Fontes de información
Bibliografía básica

COMO ORIENTACIÓN BÁSICA RECOMÉNDANSE AS SEGUINTES LECTURAS XERAIS

A) Manual preferente:

· FELIU, G., SUDRIÀ, C. (2007): Introducción a la historia económica mundial, Valencia, Universidad de Valencia.

B) Outros manuais:

· CAMERON, R. (2000): Historia económica mundial. Desde el Paleolítico hasta el presente, Madrid, Alianza Editorial.

· COMÍN, F., HERNÁNDEZ, M. y LLOPIS, E. (2005): Historia Económica Mundial, siglos X-XX, Barcelona, Crítica.

· FOREMAN?PECK, J. (1995): Historia de la economía mundial. Las relaciones eco­nómicas internacionales desde 1850, Madrid, Prentice Hall.

 

Bibliografía complementaria

BIBLIOGRAFÍA COMPREMENTARIA


v ALDCROFT, D.H. (2003): Historia de la economía europea, 1914-2000, Barcelona, Crítica.

v COMÍN, F. (2011): Historia económica mundial: de los orígenes a la actualidad, Madrid, Alianza.

v DE VRIES, J. (1992): La economía de Europa en un período de cri­sis, 1600-1750, Madrid, Cátedra.

v Di Vittorio, A. (coord.) (2003): Historia económica de Europa: siglos XV-XX, Barcelona, Crítica.

v Fontana, J. (2017): El siglo de la revolución. Una historia del mundo desde 1914, Barcelona, Crítica.

v KENWOOD, A.G. y LOUGHEED, A.L. (1991): Historia del desar­rollo económico in­terna­cional, Ma­drid, Istmo, vol. 1.

v KRIEDTE, P. (1994): Feudalismo tardío y capital mercantil, Bar­celona, Crí­tica.

v OCAMPO SUÁREZ-VALDÉS, J. (1998): Historia económica mundial y de España, Oviedo, Universidad de Oviedo.

v PALAFOX, J. (coord.) (1998): Curso de historia económica, Valencia, Tirant lo Blanch.

v Roberts, M. (2016): La larga depresión. Cómo ocurrió, por qué ocurrió y qué ocurrirá a continuación, El viejo topo.

v Tortella, G. (2017): Capitalismo y revolución. Un ensayo de historia social y económica contemporánea, Madrid, Gadir.

v ZAMAGNI, V. (2001): Historia económica de la Europa contemporánea: de la revolución industrial a la integración europea, Barcelona, Crítica.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase que o alumno lea con atención a Guía da materia, os contidos do curso e os criterios de avaliación. En termos xerais, a materia non esixe requisitos previos. Con todo, consideranse como recomendables os coñecementos básicos de Historia Universal e certa familiaridade con conceptos básicos de Economía.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías