Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Historia Económica Código 611G01002
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Lindoso Tato, Elvira
Correo electrónico
elvira.lindoso.tato@udc.es
Profesorado
Lindoso Tato, Elvira
Correo electrónico
elvira.lindoso.tato@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura persegue un dobre obxectivo. Dun lado, a Historia Económica ten que ofrecer ao alumnado os coñecementos sobre a evolución económica en épocas pasadas que lle faciliten aa comprensión do mundo actual. O contexto actual no que vivimos (e no que o alumnado vai actuar como economista) é resultado dunha larga evolución, sen cuya comprensión faltariannos elementos para unha interpretación correcta dos acontecimientos actuais. Nun mundo cada vez máis globalizado, o coñecemento da Historia Económica e das súas raíces máis profundas ten que formar parte da maleta intelectual dun futuro economista. Doutro lado, o coñecemento e reflexión sobre a evolución económica das sociedades (sobre todo europeas) en épocas pasadas ten que introducir o estudante nun tipo de temáticas e razonamientos propios dun economista (o funcionamento dos mercados, o comportamento dos consumidores e das empresas, os mecanismos de distribución e acumulación, a dinámica do crecimiento económico, entre outros), e ten que facelo sen olvidar os factores institucionais que delimitan a acción económica. Ao referirse aos acontecementos económicos que xa sucederon e que son coñecidos, a Historia Económica permite introducir ao estudantado en situacións nas que todos estos elementos interactúan e se condicionan mutuamente. Deste modo, a Historia Económica complementa dende o estudo dunha realidade coñecida os modelos teóricos propios da análise económica.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se producen modificacións nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen Manteñénse todas pero en formato virtual. As actividades iniciais, os estudios de casos, a presentación oral, as sesións maxistrais e a proba obxectiva faránse de maneira non-presencial mediante entrega de tarefas en Moodle, a realización de cuestionarios online e a aplicación Teams para as exposicións dos traballos no calendario marcado a inicios do curso.
*Metodoloxías docentes que se modifican Todas a metodoloxías pasan a formato non presencial no senso antes sinalado.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico e Teams no horario marcado ó comezo do curso.
4. Modificacións na avaliación
A avaliación será non presencial nos mesmos ítems marcados nesta guía docente.
*Observacións de avaliación:
Na primeira oportunidade, a proba práctica faráse mediante unha entrega de tarefa no Moodle. A entrega do traballo faráse de maneira idéntica segundo o sinalado na guía inicialmente (entrega de pdf a través do Moodle) e a exposición deste traballo individual terá lugar online a través da aplicación Teams. A proba obxectiva faráse en formato online a través do Moodle.
Para a segunda oportunidade e a convocatoria adiantada, a realización da proba sinalada nesta guía terá lugar no calendario oficial en formato online (a través do Moodle).
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non existen modificacións.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1- Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público.
A2 CE2-Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público.
A3 CE3-Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica.
A4 CE4-Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos.
A5 CE5-Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma.
A6 CE6-Redactar proxectos de xestión económica a nivel internacional, nacional ou rexional. Integrarse na xestión empresarial.
A7 CE7-Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A8 CE8-Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A9 CE9-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A10 CE10-Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A12 CE12-Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A13 CE13-Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico
B7 CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora
B8 CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce.
B9 CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 CT2-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT3-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT5-Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT6-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Asimilar que as realidades económicas son complexas, interrelacionadas con variables sociais, políticas e culturais, e inmersas nun contexto dinámico A8
Coñecer e entender a realidade económica internacional e española, as súas transformacións no longo prazo, os sectores produtivos, e as institucións económicas e a súa evolución A7
B1
B3
B7
Apreciar o papel desempeñado polos factores económicos e os factores institucionais nos procesos de desenvolvemento económico A3
A4
Análise das variábeis que determinaron o liderado occidental no proceso de crecemento económico contemporáneo A4
A7
Axudar a entender as orixes e persistencia das desigualdades socioeconómicas entre países A6
A7
B2
B8
C5
C8
Aplicar conceptos básicos da economía a diferentes contextos históricos A3
A7
Coñecer as distintas formacións económicas xurdidas na evolución histórica recente, e os factores que condicionaron as súas formas de crecemento A4
C2
Potenciar o emprego de técnicas e instrumentos cuantitativos básicos que impliquen o uso de material estatístico e gráfico A10
A12
Capacidade analítica e sintética A9
C4
Capacidade crítica e autocrítica A13
C4
Capacidade de traballo en grupo A13
C4
C7
Capacidade de expresión, oral e escrita C1
Reforzar a capacidade de comprensión lectora A7
A10
C1
Elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas A4
A5
Resolver problemas sobre as cuestións económicas, facendo uso dos coñecementos sobre as teorías, os modelos e os métodos científicos da economía e a empresa A3
Capacidade de percura, selección e elaboración de información A2
A7
Capacidade de aplicación dos coñecementos adquiridos á interpretación do material estatístico, gráfico e documental A3
A7
B5
B6
Destreza na aplicación de técnicas cuantitativas para o tratamento de repertorios estatísticos A3
A4
Capacidade para o traballo autónomo C7
C8
Capacidade de aplicar o coñecemento na práctica A6
A12
C4
C6
C7
Analizar e interpretar datos básicos da conxuntura económica A4
A12
B4
B9
C4
A materia aporta valores humanísticos e culturais importantes para desenvolver o liderado en empresas e Administración pública ao que están chamados os futuros Graduados en Economía A1
A2
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: As economías europeas preindustriais 1. Rasgos básicos das economías europeas precapitalistas
2. Valoración global: ¿Crecemento económico en Europa durante o período preindustrial?
Tema 2: A Revolución Industrial británica e a difusión do capitalismo, c.1770-c.1870 1. A revolución industrial británica
2. A difusión do proceso de industrialización: modelos de crecemento
Tema 3: A segunda Revolución tecnolóxica, c.1870-1973 1. Revolución tecnolóxica, internacionalización das economías e as orixes da empresa moderna
2. A inestabilidade do periodo de entreguerras, 1914-1945
3. A Idade Dourada do capitalismo
Tema 4: A economía mundial, crecemento e crises (1973-2020) 1. A crise da década de 1970
2. O crecemento económico mundial no marco da segunda globalización
3. As grandes crisis do século XXI


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 A3 A4 A7 A13 B2 B3 B4 B5 2 0 2
Sesión maxistral A2 A8 B1 B6 B7 B8 B9 C4 C5 C7 C8 17 51 68
Estudo de casos A5 A6 A9 A10 A12 C1 C2 C6 19 38 57
Presentación oral A2 A3 A7 A8 A9 A10 A12 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C4 C6 C8 1 11 12
Proba obxectiva A2 A4 A7 A8 A13 B2 B1 B3 B4 C1 C2 3 0 3
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Orientación docente, técnicas de traballo e planificación do curso

Sesión maxistral Nas sesións maxistrais se impartirán as pautas crave da materia que o estudante debe coñecer e preparar con traballo individual utilizando o resto de instrumentos que ofrece o curso.
Estudo de casos Análise das prácticas que conteñen diverso material cuantitativo e cualitativo relacionado co contenido da asignatura
Presentación oral Exposición e discusión en horario lectivo dun traballo individual sobre un aspecto teórico ou práctico da materia
Proba obxectiva Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa nas convocatorias oficiais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Actividades iniciais
Estudo de casos
Presentación oral
Descrición
En cada metodoloxía, procurase a atención persoalizada nas correspondentes sesións de tutoría individual (seguimento do traballo do estudantado, resolución de dúbidas, orientación cara a mellora do estudo, etc.). Ademáis, nas tutorías de grupos reducidos realizaránse actividades de orientación docente, de seguimento do traballo do estudantado, de resolución de dificultades e conflictos na materia, etc. Dita atención terá lugar mediante a aplicación Teams no horario marcado ao inicio do curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A5 A6 A9 A10 A12 C1 C2 C6 Incluen as prácticas con material cuantitativo y cualitativo que serán avaliadas cunha proba ao longo do primeiro cuatrimestre. O calendario da proba facilitarase ao comezo do curso. 30
Presentación oral A2 A3 A7 A8 A9 A10 A12 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C4 C6 C8 Esta presentación correspóndese coa realización, exposición e discusión dun traballo individual durante o primeiro cuatrimestre, basado no material gráfico-estatístico ou teórico que o docente facilitará aos estudantes e que estos deberán analizar a partires de consultas bibliográficas (realizadas individualmente na biblioteca universitaria). O calendario da entrega do traballo e da súa exposición facilitarase durante as primeiras semanas do curso. 30
Proba obxectiva A2 A4 A7 A8 A13 B2 B1 B3 B4 C1 C2 Consistirá na realización dun examen escrito sobre os contidos teóricos do programa na convocatoria oficial da primeira oportunidade. Valoraráse a capacidade de expresión, o manexo e o dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e, por suposto, o coñecemento dos contidos do programa. 40
 
Observacións avaliación

Non se exise asistencia obrigatoria á clase. Porén, recoméndase
a asistencia a clase dende o primeiro día aínda que o estudante esté pendente
de completar o proceso de matrícula porque o calendario da avaliación fixado
aos inicios do curso (para cada apartado anterior) é independente da data de
matrícula individual do alumno.

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta
materia solicitarase en formato pdf a través da plataforma Moodle nas
condicións que os docentes sinalarán ó inicio do curso.

Para superala asignatura, o alumno debe obter como mínimo 50
puntos dos 100 totais.

A calificación de non presentado corresponde ao alumno, cando só
participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao
20% sobre a calificación final, con independencia da calificación alcanzada.

Respecto á convocatoria da segunda oportunidade e a da
extraordinaria adiantada, ambalas dúas consistirán na realización dunha proba
obxectiva cun valor máximo do 70% da nota final. A puntuación obtida nesta
proba engadirase á calificación que o/a estudante obtivera, ou ben na proba
práctica do primeiro cuadrimestre, ou ben no traballo do curso do primeiro
cuadrimestre (seleccionarase só unha desas notas, a maoir obtida polo
alumno/a). Na convocatoria adiantada, se o estudante carece de nota de
evaluación continua durante o curso 2020/21, engadirase á puntuacion obtida
a da avaliación continua do curso inmediatamente anterior. En calqueira caso,
en ambalas dúas oportunidades, aínda que non teñan nota de avaliación
continua, os estudantes poderán superar a materia nas citadas oportunidades
obtendo 5 puntos dos 7 potenciais.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia: excepto para as datas aprobadas
na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas
acordarase ao inicio do curso un calendario específico compatible coa sua
dedicación sempre e cando ese calendario esté integrado na franxa horaria das
exposiciones ou probas prácticas da clase do grupo asinado ó estudante
(porque a proba práctica e a exposición do traballo teñen lugar de maneira
presencial diante do resto do estudantado no horario lectivo do grupo de
clase no que se atope o alumno). O estudante que se atope nestas circunstancias
debe poñerse en contacto cos seus docentes vía correo electrónico antes do 30
de setembro de 2020. Así mesmo, recordamos que non se require asistencia
obrigatoria á materia salvo para as probas e a exposición dos traballos;
éstos sí requiren presenza física do estudante, sempre e cando desexe ser
avaliado neses ítems.

Por tanto, todolos estudantes, incluidos os que teñan
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención
de asistencia, poderán superala materia obtendo a lo menos 50 puntos dos 100
totais entre todalas probas do curso. Aqueles estudantes que non poidan
acudir as probas do curso con motivo debidamente xustificado (xustificado cos
certificados correspondentes para os casos que contempla a normativa académica
-caso de enfermidade ou accidente, por exemplo-), poderán realizar as mesmas
noutra ocasión que lles será comunicada tendo en conta o sinalado polo
regramento académico.

Está prohibido acceder á aula do exame/probas con calquer
dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenaxe de
información.

De igual maneira, é necesario que cada alumno que desexe
realizar as probas se identifique correctamente co D.N.I. na aula onde se
vaia realizar a proba (ten que acreditar a súa personalidade dacordo ca
normativa vixente).

Os alumnos/as deben consultar
obrigatoria e frecuentemente
a plataforma virtual da materia
(moodle), onde os profesores colocan a información mais relevante da mesma.
Ademáis, os estudantes deben
subir unha foto actualizada
ao seu perfil de moodle para a
súa correcta identificación.


Fontes de información
Bibliografía básica

COMO ORIENTACIÓN BÁSICA RECOMÉNDANSE AS SEGUINTES LECTURAS XERAIS

A) Manual preferente:

· FELIU, G., SUDRIÀ, C. (2013): Introducción a la historia económica mundial, Valencia, Universidad de Valencia, 2ª edición.

B) Outros manuais:

· CAMERON, R. (2000): Historia económica mundial. Desde el Paleolítico hasta el presente, Madrid, Alianza Editorial.

· COMÍN, F., HERNÁNDEZ, M. y LLOPIS, E. (2005): Historia Económica Mundial, siglos X-XX, Barcelona, Crítica.

· FOREMAN-PECK, J. (1995): Historia de la economía mundial. Las relaciones eco­nómicas internacionales desde 1850, Madrid, Prentice Hall.

Ademáis, existen en formato electrónico as seguintes obras:

  • Feliu, Gaspar y Sudrià, Carles (2013): Introducción a la Historia Económica Mundial , Valencia, Universitat de València, 2ª edición.
  • Bernardos, J. U. et al. (2014): Historia económica, Madrid, UNED. E-ISBN: 9788436269307. P-ISBN: 9788436267396
  • Williamson, J. G. (2012): El desarrollo económico mundial en perspectiva histórica: cinco siglos de revoluciones industriales, globalización y desigualdad, Zaragoza, Prensas Universitarias de Zaragoza. E-ISBN: 9788415770756 P-ISBN: 9788415538677
  • Tascón, J., López, M. A. (2012): Historia económica mundial: una visión eurocéntrica de la actividad económica, del Neolítico al siglo XXI, Madrid, Biblioteca Nueva. E-ISBN: 9788499407494 P-ISBN: 9788499405254
  • Martín, V. (2006): Lecciones de historia económica, Madrid, McGraw-Hill.E-ISBN: 9788448183707 P-ISBN: 9788448146467
Bibliografía complementaria

BIBLIOGRAFÍA COMPREMENTARIA


v ALDCROFT, D.H. (2003): Historia de la economía europea, 1914-2000, Barcelona, Crítica.

v COMÍN, F. (2011): Historia económica mundial: de los orígenes a la actualidad, Madrid, Alianza.

v DE VRIES, J. (1992): La economía de Europa en un período de cri­sis, 1600-1750, Madrid, Cátedra.

v Di Vittorio, A. (coord.) (2003): Historia económica de Europa: siglos XV-XX, Barcelona, Crítica.

v Fontana, J. (2017): El siglo de la revolución. Una historia del mundo desde 1914, Barcelona, Crítica.

v KENWOOD, A.G. y LOUGHEED, A.L. (1991): Historia del desar­rollo económico in­terna­cional, Ma­drid, Istmo, vol. 1.

v KRIEDTE, P. (1994): Feudalismo tardío y capital mercantil, Bar­celona, Crí­tica.

v OCAMPO SUÁREZ-VALDÉS, J. (1998): Historia económica mundial y de España, Oviedo, Universidad de Oviedo.

v PALAFOX, J. (coord.) (1998): Curso de historia económica, Valencia, Tirant lo Blanch.

v Roberts, M. (2016): La larga depresión. Cómo ocurrió, por qué ocurrió y qué ocurrirá a continuación, El viejo topo.

v Tortella, G. (2017): Capitalismo y revolución. Un ensayo de historia social y económica contemporánea, Madrid, Gadir.

v ZAMAGNI, V. (2001): Historia económica de la Europa contemporánea: de la revolución industrial a la integración europea, Barcelona, Crítica.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A materia non esixe requisitos previos. Nembargantes, considéranse recomendables algúns prerrequisitos e coñecementos previos: coñecementos de Historia Universal, familiaridade con conceptos básicos de Economía así como coñecementos do programa Word a nivel de usuario para a realización dos traballos.

Recoméndase familiarizarse co funcionamento da biblioteca universitaria (uso do catálogo e os servizos que ofrece a biblioteca) de cara a realización do traballo do curso.

Así mesmo, recoméndase dispoñer dun ordenador personal con cámara e conexión a internet estable en caso de que a situación sanitaria empeore e se ordene un novo confinamiento. Tamén recordamos que a Facultade de Economía e Empresa dispón de aulas informáticas con ordenadores para o estudantado (véanse máis detalles na web da Facultade sobre o seu uso).


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías