Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Socioloxía Código 611G01003
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Piñeiro Aguiar, Edeler
Correo electrónico
eleder.pineiro.aguiar@udc.es
Web
Descrición xeral A Socioloxía Económica céntrase no estudo dos fenómenos económicos a través dos referentes teóricos, modelos e variables explicativas propias da socioloxía. Neste curso introductorio, o noso obxectivo consiste , por unha banda, en comprender os fundamentos epistemológicos e teóricos desta disciplina social; por outro, en promover o criterio científico, a facultade crítica e a experiencia práctica en temas teóricos, ao obxecto de capacitar aos estudantes na análise especializada da materia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A11 CE11Leer e comunicarse no ámbito profesional en máis dun idioma, en especial en inglés.
A13 CE13-Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico
B7 CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora
B8 CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce.
B9 CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT5-Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT6-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Cooperar en debates, traballos de equipo e exposicións orais. B4
C1
C6
C7
C8
Coñecemento dos principais conceptos ou nocións da socioloxía; así como, o desenvolvemento da Socioloxía Económica a través dos teóricos clásicos e as principais escolas ata a actualidade. A11
A13
B1
B2
B3
B7
Saber analizar e sintetizar as diferentes perspectivas socioeconómicas e as novas problemáticas sociais. Examinar e razoar as políticas públicas co fin de recoñecer e comprender a complexidade dos fenómenos sociais e as respostas sociais, políticas e económicas aos mesmos. B5
B6
B8
B9

Contidos
Temas Subtemas
1. A socioloxía como ciencia Que é a socioloxía: definicións e perspectivas de análise
O carácter científico da Socioloxía e o seu obxecto de estudo
O desenvolvemento do pensamento sociolóxico. Perspectivas sociolóxicas recentes.
Elementos conceptuais.

2. O enfoque sociolóxico da actividade económica Ecomomía e socioloxía: encontros e desencontros
A socioloxía económica no contexto da socioloxía xeral.
Principais teorías da socioloxía económica.
3. Metodoloxía e técnicas de investigación sociolóxicas As etapas da investigación social
A metodoloxía cuantitativa e cualitativa nas Ciencias Sociais.
Principais técnicas de investigación
A necesidade dun enfoque interdisciplinar
A investigación sociolóxica no ámbito económico: antecedentes e exemplos prácticos.
4. Socioloxía dos Mercados de Traballo A dimensión social das institucións económicas: os mercados como estruturas sociais
Conceptos fundamentais: Actividade, emprego e paro
As transformacións do traballo: Sociedade do traballo ou Sociedade do desemprego?
A dualización e segmentación dos mercados de traballo
As mulleres e o emprego
Os mozos e o emprego
5. Socioloxía da empresa A empresa capitalista. Evolución e perspectivas
Fordismo, postfordismo e empresa en rede.
A empresa como organización.
Socioloxía e xestión de recursos humanos
6. Socioloxía do consumo e investigación de mercados A socioioxía do consumo
A formación da necesidade: Consumo, preferencias e estilos de vida
Formas de consumo e publicidade.
7. Desigualdade social e estado de benestar Estrutura e cambios social
Estratificación social, clases sociais, exclusión social e pobreza
As desigualdades sociais, o estado de benestar e as respostas das políticas públicas
8. Globalización, economía e poboación Comprensión do proceso de globalización. Desafíos futuros e debates teóricos.
Relacións e consecuencias entre o crecemento económico, o aumento da poboación.
Crises económicas globais e as súas consecuencias
Migracións internacionais e cambios demográficos



Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva B4 B5 2 17 19
Traballos tutelados A13 B2 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C1 C6 C8 16 20 36
Obradoiro A11 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C7 C8 25 15 40
Sesión maxistral B2 B5 26 25 51
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Exame correspondente ás convocatorias oficiais sobre a totalidade do temario.
Traballos tutelados Realización dun traballo en grupo, de carácter empírico relacionado coa temática da materia.
Deberase expor oralmente na aula.
Obradoiro Consistirá na realización de actividades prácticas de diverso tipo (individuais e grupáis), discusións dirixidas sobre distintas fontes documentáis e lecturas relacionadas coa materia e dinámicas na aula.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Motivarase e valorarase a participación dos alumnos, mediante preguntas ou/e debates.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada será de carácter individual (ou grupal) para solucionar dúbidas e/ou problemas que xurdan durante as clases, a realización das prácticas ou a elaboración do traballo grupal.

Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial (os que non se acollan á avaliación continua presencial), deberán porse en contacto coa profesora a comenzo de curso. A súa avaliación basearase nun traballo teórico (25% da nota), un traballo empírico sobre un tema de socioeconomía (25% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (50% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados como o exame.

Os/as alumnos/as que se vaian a presentar á "Convocatoria adiantada", deberán contactar coa profesora ao comezo de curso para que lles indique o sistema de avaliación.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A11 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C7 C8 Prácticas, actividades e participación ao longo do curso (30% da nota). 30
Proba obxectiva B4 B5 Exame teórico sobre os contidos do programa, que se celebrará nas datas oficiais.
50
Traballos tutelados A13 B2 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C1 C6 C8
Traballo grupal de carácter práctico relacionado coa materia que será exposto oralmente en clase (20% da nota).
20
 
Observacións avaliación

Todas as actividades, tarefas e traballos a realizar ao longo do cuadrimestre van contabilizarse para a nota final. O conxunto de prácticas, tarefas grupales, asistencia e participación suporán o 30% da cualificación, a realización do traballo en grupo o 20% e o exame final o 50%.
Desta forma valórase e compénsase todo o traballo realizado. As prácticas que se realizarán ao longo do cuadrimestre terán un contido variado. O exame final terá lugar nas datas oficiais marcadas pola UDC.
Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto a parte práctica (traballos e prácticas) como o exame.

Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial (os que non se acollan á avaliación continua presencial), deberán porse en contacto coa profesora ao comenzo do curso. A súa avaliación basearase nun traballo teórico (25% da nota), un traballo empírico relacionado coa socioloxía económica (25% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (50% da nota).

Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados como o exame.

Gardaranse as notas dos traballos e das prácticas para a segunda oportunidade.

Os/as alumnos/as que se vaian a presentar á "Convocatoria adiantada", deberán contactar coa profesora ao comezo de curso para que lles indique o sistema de avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica Hirsch, P., Michaels, S., & Friedman, R. (1987). Dirty hands” versus “clean models. . Theory and society, 16(3), 317-336
Echavarría, J. M. (1942). Economía y Sociología. Investigación Económica, 102-120.
Navarro López, M. (2001). Economía y Sociología: las fronteras de las Ciencias Sociales. En Estructura y cambio social : homenaje a Salustiano del Campo, 757-770. Madrid: CIS
Fernández Enguita, M. (1998). Economía y sociología: para un análisis sociológico de la realidad económica. . Madrid : Siglo XXI
Sandoval Aragón, S. L. (2012). El economista y el sociólogo: el pensamiento relacional como paradigma.. Economía: teoría y práctica, (37), 59-88.
Rème, P. (2005). El mercado de los economistas y el mercado de los sociólogos. Cuadernos de Economía, 24(43), 13-34
Ruíz, M. H. y Valero, J. A. (2002). Sociología y economía: configuraciones, reconfiguraciones y desfiguraciones teóricas y metodológicas.. Economía y Desarrollo, 1(2).
Fernández Steinko, A. (1999). Sociología y teoría económica: cien años de indeseable desencuentro. En Carlos Alberto Castillo Mendoza (Coord.) Economía, organización y trabajo : un enfoque sociológico. Ediciones Pirámide, 19-46

Bibliografía complementaria
IGLESIAS DE USSEL, Julio y TRINIDAD REQUENA, Antonio (coord.) (2010). Leer la sociedad. Capít: 3, 7, 9 y 10. Tecnos ESPING-ANDERSEN, G. (2000). Fundamentos sociales de las economías postindustriales. Ariel GIDDENS, Anthony (2010). Sociología. Cap. 2,4,5,7,13, 14,20. Alianza LIGHT, KELLER Y CALHOUN (2000). Sociología. Cap. 3, 7, 9,15, 16, 17, 20. McGraw-Hill LINDBLON CH. (2002). El sistema de mercado. Alianza Ensayo MACIONIS (). Sociología. Prentice-Hall MARUANI M; ROGERAT CH.; TORNS T. (2000). Las nuevas fronteras de la desigualdad: hombres y mujeres en el mercado de trabajo. Primera y segunda parte.. Icaria MINGIONE E. (1994). Las Sociedades Fragmentadas. Una Sociología De La Vida Más Allá Del Paradigma Del Mercado. Cap. 1, 2,3 y 4. Ministerio de Trabajo y Seguridad Social PHILLIPS, Bernard (). Sociología. McGraw-Hill QUIVY R.; CAMPENHOUDT L., (2002). Manual de investigación en ciencias sociales. Pags. 241-268. Limusa Noriega Editores RECIO, A. (1997). Trabajo, personas, mercados. Manual de economía laboral. Icaria ROCHER, Guy (1996). Introducción a la Sociología. Pags. 659-670. HERDER WATSON, T. (1995). Trabajo y sociedad. Manual introductorio a la sociología del trabajo, industrial y de la empresa. Hacer Ao longo do curso as profesoras poderán incluír bibliografía por temas Bibliografía complementaria DOERINGER, P. Y PIORE, M. (1985). Mercados internos de trabajo y análisis laboral. Madrid, Ministerio de Trabajo y Seguridad Social GORDON, D.M. Y OTROS (1986). Trabajo segmentado, trabajadores divididos. . Madrid, Ministerio de Trabajo y Seguridad Social. KRUGMAN, P. (1994). Vendiendo Prosperidad: Sensatez e insensatez económica en una era de expectativas limitadas. Barcelona, Ariel MARX, K. (1984 (1867-75)). El Capital. Vol.1. Madrid, Ed. SXXI RITZER, G. (1996). La Mcdonalización de la sociedad. Barcelona, Ariel SENNET, R. (1998). La corrosión del carácter. Las consecuencias personales del trabajo en el nuevo capitalismo. Barcelona, Anagrama TOHARIA, L. (Ed) (1983). . El mercado de trabajo: teorías y aplicaciones. Madrid, Alianza VELASCO, R (1996). Los economistas en su laberinto. Madrid, Santillana CASTILLO, J.J. (Ed). (2005). El trabajo recobrado. Madrid, Miño y Dávila

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Historia Económica/611G01002
Estatística I/611G01006
Economía da Empresa: Dirección e Organización/611G01008

Materias que continúan o temario
Economía Mundial/611G01011
Economía Española/611G01016
Economía Regional: Economía de Galicia/611G01030
Análise Económico das Organizacións/611G01032
Investigación de Mercados/611G01040

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías